Resolucion do 2 de xullo de 2007, da Secretaria Xeral e de Relacions Institucionais, pola que se ordena a publicacion do Acordo da Comision Bilateral de Cooperacion Administracion Xeral do Estado-Comunidade Autonoma de Galicia en relacion coa Lei 5/2007, do 3 de abril, da rede de parques nacionais. - Diario Oficial de Galicia, de 10-07-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 133
  • Fecha de Publicación: 10/07/2007
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificada pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta secretaría dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2007.

Antonio Losada Trabada

Secretario xeral e de Relacións Institucionais

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei do Estado 5/2007, do 3 de abril, da rede de parques nacionais.

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión celebrada o día 2 de xullo de 2007, adoptou o seguinte acordo:

1. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas sobre o artigo 16.2º da Lei 5/2007, do 3 de abril, da rede de parques nacionais.

2. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do próximo día 4 de xullo de 2007, por calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2º da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos que no propio precepto se recollen, así como inserir este acordo no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 2 de xullo de 2007.

Ministro de Administracións Públicas: Jordi Sevilla Segura.

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar: Anxo Manuel Quintana González.


No hay versiones para esta norma