Resolucion do 20 de maio de 2009, da Direccion Xeral de Saude Publica e Planificacion, pola que se fai publica a celebracion dun curso homologado de nivel cualificado para a obtencion do carne de aplicador/manipulador de biocidas. - Diario Oficial de Galicia, de 11-06-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 113
  • Fecha de Publicación: 11/06/2009
  • PDF de la disposición

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola Sociedad Cooperativa de Profesores de Autoescuelas Coruña Copaco, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Sociedade Cooperativa de Profesores de Autoescolas Coruña Copaco.

3. Data.

Do 19 de xuño ao 4 de xullo de 2009.

4. Duración.

60 horas (avaliación 1 hora).

5. Lugar de celebración.

Instalacións de Autoescolas Copaco. Rolda de Outeiro, 112, 1º. 15007 A Coruña.

O día 4 de xullo en horario de 13.00-15.00 h realizaranse prácticas nas instalacións de Carnicosa, polígono da Grela. R/Gambrinus, parcelas 20 a 28. 15008 A Coruña.

6. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos.

7. Dirixido a.

Responsables técnicos das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

8. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

9. Presentación de solicitudes.

Segundo o modelo do anexo I.

10. Data límite de presentación de instancias.

Ata o 17 de xuño de 2009.

11. Programa.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

12. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2009.

Sagrario Pérez Castellanos

Directora xeral de Saúde Pública e Planificación

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma