RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Nutrición., - Diario Oficial de Galicia, de 21-05-2012

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 95
  • Fecha de Publicación: 21/05/2012
  • PDF de la disposición

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Nutrición, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Nutrición

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

39

Optativas

6

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Bioquímica e Bioloxía Molecular

4,5

Obrigatorio

Módulo O: Competencias Mínimas (Alumnado de Ciencias Agroalimentarias, segundo a Comisión Académica do máster)

Estructura do Corpo Humano

4,5

Obrigatorio

Fisioloxía Humana

6

Obrigatorio

Fisiopatoloxía

6

Obrigatorio

Endocrinoloxía Básica e Clínica

5

Obrigatorio

Metabolismo

Metabolismo e a súa Patoloxía

5

Obrigatorio

Neuroendocrinoloxía

5

Obrigatorio

Dietotecnia

3

Obrigatorio

Nutrición

Nutrición Clínica

6

Obrigatorio

Dietética

4,5

Obrigatorio

Nutrición Humana

6

Obrigatorio

Dietoterapia

4,5

Obrigatorio

Química e Bioquímica Alimentaria

3

Optativo

Manipulación de Alimentos

3

Optativo

Composición de Alimentos

3

Optativo

Teonoloxía Culinaria e Alimentaria

3

Optativo

Traballo Fin de Máster

15

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Nutrición, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.

O módulo 0, de competencias mínimas, está composto de 4 materias, que só serán obrigatorias para o alumnado que, segundo a súa solicitude de acceso, considere a Comisión Académica do máster. Procederase á matrícula nunha, dúas, tres ou todas as materias deste módulo tras o informe da comisión, valorando as necesidades do alumnado.


No hay versiones para esta norma