RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible., - Diario Oficial de Galicia, de 16-05-2012

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 93
  • Fecha de Publicación: 16/05/2012
  • PDF de la disposición

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 28 de outubro de 2011 (publicado no BOE do 25 de novembro de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible

Rama de coñecemento: Ciencias Xurídicas e Sociais.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

41

Optativas

0

Prácticas externas

13

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Ciencia e Tecnoloxía I

3

Obrigatorio

Ciencia e Tecnoloxía

Ciencia e Tecnoloxía II

3

Obrigatorio

Lexislación Ambiental

3

Obrigatorio

Economía e Lexislación Ambiental

Economía Ambiental

3

Obrigatorio

Fundamentos e Estrutura da Avaliación de Impacto Ambiental

3

Obrigatorio

Avaliación Ambiental de Proxectos

Desenvolvemento da Avaliación de Impacto Ambiental

3

Obrigatorio

As Bases da Avaliación Ambiental Estratéxica

2

Obrigatorio

Avaliación Ambiental Estratéxica

A Práctica da Avaliación Ambiental Estratéxica

3

Obrigatorio

A Responsabilidade Social e o Goberno Corporativo

3

Obrigatorio

Responsabilidade Social Corporativa

Verificación e Implantación da Responsabilidade Social Corporativa

4

Obrigatorio

Normas de Xestión Medioambiental e Auditorías

3

Obrigatorio

Xestión Medioambiental da Empresa

Instrumentos de Xestión Medioambiental e Optimización de Custos

2

Obrigatorio

Enerxías Renovables

3

Obrigatorio

Enerxía e Cambio Climático

O Protocolo de Quioto na Xestión Empresarial

3

Obrigatorio

Prácticas en empresas

13

Obrigatorio

Prácticum

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Proxecto final

Para a obtención do título de máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.


No hay versiones para esta norma