Resolucion do 22 de decembro de 2009, da Direccion Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a data do sorteo para determinar a composicion das comisions que deberan valorar os meritos presentados polos participantes nos concursos xerais de traslados. - Diario Oficial de Galicia, de 31-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 254
  • Fecha de Publicación: 31/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

A base décimo sétima da Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de catedráticos de ensino secundario, catedráticos de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e de inspectores de educación do departamento de orientación, e a base oitava da Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se convoca concurso de traslados de ámbito autonómico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, establecen que para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire ás publicacións, constituirase unha ou máis comisións, constituídas por unha presidencia designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e catro vogais designados por sorteo público entre o persoal funcionario de carreira do corpo correspondente.

Ao resultar necesario facer pública a data e a hora en que terá lugar o sorteo público, de acordo co preceptuado nas referidas ordes, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

RESOLVE:

Primeiro.-No corpo de mestres constituirase unha única comisión, que avaliará todas as especialidades.

Segundo.-Nos restantes corpos constituiranse as seguintes comisións:

-2 comisións das especialidades de letras.

-1 comisión das especialidades de ciencias.

-1 comisión de tecnoloxía.

-1 comisión de prácticas de FP.

-1 comisión de conservatorios de música e artes escénicas.

-1 comisión de escolas oficiais de idiomas.

-1 comisión de escolas de artes plásticas e deseño.

-1 comisión de inspección educativa.

Terceiro.-O sorteo terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, o día 18 de xaneiro de 2010, ás 10.00 horas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2009.

José Manuel Pinal Rodríguez

Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos


No hay versiones para esta norma