Resolucion do 25 de marzo de 2009 pola que se convoca un curso de intervencion policial. - Diario Oficial de Galicia, de 31-03-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 62
  • Fecha de Publicación: 31/03/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Gallega de Seguridad Pública, anúnciase a convocatoria dun curso de intervención policial conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: intervención policial.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 25.

Modalidade: presencial.

Obxectivos.

-Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación ante as distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Contido.

Curso fundamentalmente práctico.

-Módulo I: técnicas básicas de intervención policial ante distintas situacións.

-Módulo II: prácticas de técnicas operativas de intervención policial.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Persoal dos corpos de policía local de Galicia e da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas ofertadas.

27 prazas.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación finalizará o día 20 de abril.

Para inscribirse os solicitantes cubrirán a solicitude de participación que se encontra na páxina web da Agasp http:/agasp.xunta.es, na epígrafe Actividades formativas, cursos con inscrición aberta, non sendo admisibles outros modelos de solicitude, e remitirana telematicamente.

Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través da web, deberán imprimila, asinala a/o solicitante e obter tamén a sinatura da autoridade de que dependan, enviándoa á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n 36680 A Estrada, a través do fax 886 20 61 22, por correo postal ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 22 de abril de 2009 a Academia Galega de Seguridade publicará no taboleiro de anuncios e no sitio web http:/agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultaren seleccionadas segundo os criterios previstos no artigo 20 do Regulamento de réxime interior da Agasp (Orde do 4 de febreiro de 2009, DOG nº 30, 12-2-2009), en relación co artigo 45 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.

Obrigas das persoas seleccionadas.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con, cando menos, 48 horas de antelación ao comezo daquela. Esta renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as cales reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario:

Días 28 e 30: das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas.

Día 29: das 9.30 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.30 horas.

Data de comezo: 28 de abril.

Data de finalización: 30 de abril.

Certificado de asistencia.

Ao final da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela.

Vestiario, equipamento e material.

Dado o carácter práctico do curso, a asistencia a el será con roupa deportiva e será necesario dispor de cinto, defensa e grillóns, agás a arma.

5. Baremación da actividade.

Para os efectos do previsto nos anexos II e III da Orde do 28 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no DOG do 2 de febreiro de 2009, esta actividade terá unha baremación de 0,375 puntos.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 25 de marzo de 2009.

P.S. (Disposición primeira Orde 31-1-2008;

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior


No hay versiones para esta norma