Resolucion do 26 de abril de 2007 pola cal se anuncian os actos conmemorativos do Dia das Letras Galegas. - Diario Oficial de Galicia, de 07-05-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 87
  • Fecha de Publicación: 07/05/2007
  • PDF de la disposición

En execución do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2007, a EGAP anuncia a realización dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A Real Academia Galega (RAG) dedícalle o Día das Letras Galegas de 2007 a María Mariño. Por este motivo a EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe desta galega insigne e aos actos conmemorativos que con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2007 programou a RAG, organizando unha viaxe de interese cultural polo Courel, escenario en que se desenvolveu boa parte da vida de María Mariño e que condicionou a súa obra poética.

2. Destinatarios.

Na viaxe cultural poderá participar o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas). No caso de se presentaren máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia.

Para a selección dos participantes nesta viaxe cultural terase en conta a data de entrada da solicitude no rexistro xeral da EGAP ou a data do fax, sempre de acordo coa preferencia sinalada no parágrafo anterior.

3. Desenvolvemento da viaxe cultural.

Data: 17 de maio de 2007.

O programa da viaxe desenvolverase do seguinte xeito:

-Saída da Coruña ás 8.00 horas (Obelisco).

-Saída de Santiago de Compostela ás 9.00 horas (EGAP).

-Visita ao Cebreiro: significación, historia, arte e mitos en relación co Graal e o milagre eucarístico.

-Visita ao Courel, a Pacios e á mina da Toca ata chegar a Seoane.

-Asistencia aos actos organizados pola RAG:

-11.30 horas: ofrenda floral e recital poético no cemiterio de Seoane.

-12.00 horas: sesión plenaria extraordinaria e pública da RAG na antiga escola de Seoane, coa intervención dos académicos:

-Darío Xohán Cabana Yanes.

-Rosario Álvarez Blanco.

-Xosé Luís Méndez Ferrín.

-Peche do acto polo presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández.

-Xantar enxebre en Folgoso do Courel.

-Visita a Parada do Courel e o seu souto, tan relacionado con Uxío Novoneyra e María Mariño.

-Visita ao Castro de Sobredo e á aldea de Seceda.

-Retorno por Quiroga e Sarria.

-Chegada a Santiago de Compostela sobre as 22.30 horas.

A visita será guiada polo historiador de arte e arqueólogo Felipe-Senén López Gómez.

4. Inscrición.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ao final desta convocatoria, irán dirixidas ao director da EGAP; rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela; presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por fax ao número 981 54 63 30.

As solicitudes deberán entrar no rexistro da EGAP antes das 10.00 horas do día 14 de maio.

5. Publicación e notificación da selección.

A confirmación da súa selección poderase ter chamando por teléfono á EGAP, aos números 981 54 62 47/981 54 62 49, ou ben consultando a lista de persoas seleccionadas, que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro e no seu portal web.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2007.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega de Administración Pública

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma