Resolucion do 28 de decembro de 2009, da Direccion Xeral da Funcion Publica, pola que se da publicidade a exposicion das declaracions de actividades dos altos cargos desta Administracion nomeados por decreto. - Diario Oficial de Galicia, de 31-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 254
  • Fecha de Publicación: 31/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

A Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, modificou o artigo 10 da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, garantindo a máxima transparencia, publicidade e difusión pública, ao dispoñer que o contido das declaracións inscritas no Rexistro de Actividades de Altos Cargos pertencentes aos titulares daqueles postos cuxo nomeamento foi efectuado por decisión do Consello da Xunta, estará dispoñible na internet.

En cumprimento desta previsión, o artigo 8 do Decreto 205/2008, do 4 de setembro, polo que se regulan os rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos da Xunta de Galicia, recolle esta obriga e dispón que se poderá consultar na internet no prazo máximo dun mes contado desde a cualificación da declaración de actividades no Rexistro de Actividades de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido das declaracións de actividades, inscritas no rexistro, dos altos cargos desta Administración cuxo nomeamento foi efectuado en virtude de decreto do Consello da Xunta de Galicia, que xa están cualificadas.

Esta dirección xeral, no uso das competencias que ten atribuídas polo Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda,

RESOLVE:

Dar publicidade ao contido das declaracións de actividades inscritas no Rexistro de Actividades de Altos Cargos pertencentes aos titulares de postos cuxo nomeamento foi efectuado por decreto do Consello da Xunta de Galicia, e que xa están cualificadas.

O seu contido está dispoñible na internet na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.funcionpublica.xunta.es/).

Este contido actualizarase a medida que se presenten e cualifiquen novas declaracións de actividades formuladas polos titulares dos cargos cuxo nomeamento é efectuado por decreto do Consello da Xunta.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2009.

José María Barreiro Díaz

Director xeral da Función Pública


No hay versiones para esta norma