Resolución do 28 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se convoca un curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD) . - Diario Oficial de Galicia, de 05-04-2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 64
  • Fecha de Publicación: 05/04/2005
  • Este documento NO tiene versiones

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados pola Asociación Nacional de Empresas de Control de Pragas

(Anecpla) , de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso. Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora. Anecpla (Asociación Nacional de Empresas de Control de Pragas) .

3. Data. Do 18 ao 29 de abril de 2005.

4. Lugar de celebración. Feuga. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Universitario Sur. 15705 Santiago de Compostela.

5. Número de prazas. Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido. Responsables técnicos de empresas de servizos de control de pragas.

7. Criterios de selección. Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes. Enviaranse a Anecpla (polígono industrial Vallecas. Estrada Villaverde-Vallecas nº 265. Edificio

Hormigueras, 3º esq., 28031 Madrid.

Teléfono: 913 80 76 70. Fax: 917 77 99 45 anecpla* anecpla. com) por fax, carta ou e-mail, acompañado da seguinte documentación:

-Solicitude segundo modelo anexo I.

-Resgardo de ter ingresado a cota de 300 A/alumno (asociados Anecpla) e 460 A/alumno (non asociados) na conta Anecpla número 0049/5115/31/2716094078, do Banco Santander Central Hispano.

9. Data límite para a presentación de solicitudes. Ata o 8 de abril de 2005.

10. Programa.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

11. Certificado de superación do curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2005. Jorge Suanzes Hernández Director xeral de Sanidade

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma