Resolución do 28 de marzo de 2005 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas. - Diario Oficial de Galicia, de 05-04-2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 64
  • Fecha de Publicación: 05/04/2005
  • Este documento NO tiene versiones

En execución do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2005, a EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos. Con motivo de declarar a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas de 2005 dedicado a Lorenzo Varela, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe deste galego insigne ao organizar unha mesa redonda sobre a súa vida e obra. Esta acción formativa completarase cunha viaxe de interese cultural.

2. Destinatarios. Na mesa redonda poderá participar o persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas) ; no caso de presentárense máis solicitudes que prazas terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia. A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir á mesa redonda.

3. Desenvolvemento.

3.1.Mesa redonda:

-Data: 10 de maio.

-Hora: das 13.00 ás 14.30.

-Lugar: EGAP.

3.2.Viaxe cultural:

-Data: 17 de maio. Para coñecer o desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información, prégase contactar co Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións.

Teléfono: 981 54 62 49.

4. Inscrición. As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ao final desta convocatoria, irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

As solicitudes deberán entrar no rexistro da EGAP antes das 10.00 horas do día 6 de maio.

5. Publicación e notificación da selección. A confirmación da súa selección poderá obterse chamando por teléfono á EGAP os días laborables de 12.00 a 14.00 horas ao número 981 54 62 49 ou ben consultando a lista de seleccionados, que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2005. Domingo Bello Janeiro Director da Escola Galega deAdministración Pública

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma