RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público de Galicia., - Diario Oficial de Galicia, de 22-05-2014

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 97
  • Fecha de Publicación: 22/05/2014
  • PDF de la disposición

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

Gonzalo José Ordóñez Puime

Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral

do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión celebrada o día 7 de abril de 2014, adoptou o seguinte acordo:

1º Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación coa disposición derradeira décimo primeira da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público de Galicia.

2º Designar un grupo de traballo para propor á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 7 de abril de 2014

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela

Ministro de Facenda Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,

e Administracións Públicas Administracións Públicas e Xustiza


No hay versiones para esta norma