RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se modifica parcialmente a Resolución da mesma dirección xeral do 22 de agosto de 2011, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2012., - Diario Oficial de Galicia, de 18-11-2011

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 221
  • Fecha de Publicación: 18/11/2011
  • PDF de la disposición

Segundo o disposto no artigo 34 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, os sorteos de permisos de pesca en coutos celebraranse nos servizos provinciais de Conservación da Natureza, segundo a normativa que fixou a Dirección Xeral de Conservación da Natureza na citada resolución.

Nesa resolución non se tivo en conta a situación especial que afecta os coutos compartidos de pesca de salmón no río Eo por ser este límite entre as comunidades autónomas de Galicia e Asturias.

Tendo en conta que a tempada de pesca do salmón nos coutos compartidos do río Eo comenza o terceiro domingo de marzo, faise necesaria unha rectificación parcial das datas recollidas no sorteo de salmón e que afecta exclusivamente a provincia de Lugo, que quedan como segue:

- Calendario.

1. Sorteo de salmón.

Inicio da escolla: 18 de xaneiro de 2012.

Inicio da segunda venda: 23 de febreiro de 2012, ás 9.00 horas.

Inicio da venda libre de permisos sobrantes: 9 de marzo de 2012, ás 9.00 horas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2011.

Ricardo García-Borregón Millán

Director xeral de Conservación da Natureza


No hay versiones para esta norma