Resolución do 3 de xaneiro de 2006, conxunta da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde. - Diario Oficial de Galicia, de 13-01-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 9
  • Fecha de Publicación: 13/01/2006
  • Este documento NO tiene versiones

Os coñecementos e capacidades dos profesionais das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde determinan, en gran medida, a calidade dos servizos sanitarios dispensados aos usuarios.

Neste senso, a formación continua amósase como unha das ferramentas máis axeitadas para mellorar e adecuar, pola vía da capacitación dos profesionais, os servizos sanitarios ás demandas dos usuarios.

Para tal fin, xa en anos anteriores foron aprobados e executados, no marco dos acordos de formación continua, os plans de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

Os citados plans tiveron un alto grao de participación e aceptación por parte dos profesionais receptores, abranguendo a totalidade das profesións que desenvolven os seus servizos neste organismo.

Xa que logo, cómpre continuar co presente plan na liña de actuación seguida, na procura de completar os aspectos formativos máis relevantes xa impartidos en anos anteriores e iniciar o tratamento en materias novas de notoria e notable relevancia no marco da asistencia sanitaria.

Tras a creación, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 19 de decembro de 1997, da Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) , que ten como finalidade primordial a formación continua e o perfeccionamento técnico de todo o persoal do Servizo Galego de Saúde, asinouse entre este organismo e a Escola un convenio de colaboración a través do cal a organización, xestión e execución de toda a actividade docente incluída nos plans de formación continua dos anos 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005 lle correspondeu á Escola, reservando para si a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas a negociación coas organizacións sindicais do contido do plan, así como a negociación e aprobación dos criterios de selección dos participantes nos distintos cursos de formación.

Para o presente ano prorrogouse o devandito convenio, polo que a Fegas organizará, xestionará e executará todas as actividades docentes do Plan do ano 2006.

O presente plan foi impulsado no seu deseño e elaboración pola División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas a través do Consello de Formación Continua, composto por representantes do Sergas, da Fegas e das organizacións sindicais CIG, CC. OO., UGT e CSI-CSIF, asinantes do Acordo de Formación Continua.

Así, tras unha primeira proposta de actividades formativas elaboradas pola Fegas, que foi ratificada polo Consello, e escoitadas as comisións de formación de cada centro (nas cales tamén están representadas as ditas organizacións sindicais) , someteuse o conxunto do plan á consideración do Consello de Formación Continua do Sergas, quen emitiu, por unanimidade, informe favorable, para a súa remisión e posterior aprobación polo Ministerio para as administracións públicas.

Por outra parte, no seo do dito Consello acordouse tamén, coa finalidade de acadar unha maior racionalidade na confección do calendario docente, desenvolvendo as actividades incluídas no plan no maior número de meses factible, proceder á súa convocatoria o máis axiña posible.

Por todo isto e coa finalidade de lle dar á formación a continuidade axeitada que a faga realmente efectiva, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas, logo do informe das centrais sindicais CIG, CC. OO., UGT e CSI-CSIF, xunto coa Escola Galega de Administración Sanitaria, resolve facer pública a convocatoria para participar nos cursos que conforman o Plan de Formación Continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas para o ano 2006 e que figuran no anexo a esta resolución, que deberá resolverse conforme as seguintes

BASES:

Primeira.-Obxecto. Estas bases teñen por obxecto regular o acceso de aspirantes ao Plan de Formación Continua do

Sergas do ano 2006 elaborado no marco do Acordo Nacional de Formación Continua das Administracións Públicas.

Segunda.-Ámbito de aplicación. O plan vai dirixido ao persoal que presta servizos nas institucións sanitarias xestionadas polo Sergas, así como tamén nos servizos centrais e periféricos do citado organismo.

Poderá participar nas accións formativas todo o persoal que preste servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e que cumpra os requisitos exixidos para cada curso.

Os traballadores das fundacións públicas adscritas á Consellería de Sanidade teñen acceso á formación polo disposto no Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, polo que se regula o Subsistema de Formación Profesional Continua, e non teñen, polo tanto, acceso a este plan.

Terceira.-Solicitudes. I. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar a solicitude cuberta no modelo normalizado, que se poderá recoller nos servizos de recursos humanos das institucións sanitarias do Sergas ou descargar da páxina web da Fegas-www.fegas. es-, e na cal constará, necesariamente, o informe expedido polo director da área correspondente ou persoa na cal delegue da institución sanitaria de que dependa. Os traballadores incluídos no artigo 45 da Lei 7/2004, galega para a igualdade de mulleres e homes, deberán facer constar este dato no espazo especificamente reservado para o efecto no modelo normalizado de solicitude e, ademais, xuntar a certificación orixinal ou fotocopia legalizada desta que acredite a súa situación. A antigüidade ou os servizos prestados no Sistema Nacional de Saúde serán acreditados polos aspirantes mediante a presentación da correspondente certificación ou certificacións orixinais, ou, no seu defecto, das fotocopias debidamente compulsadas ou legalizadas destas, totalizadas en días, que serán expedidas pola institución sanitaria en que o solicitante estea prestando os seus servizos. A devandita certificación ou certificacións recollerán exclusivamente os servizos prestados polos aspirantes ata a data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As certificacións presentadas polos aspirantes que non cumpran os requisitos exixidos anteriormente non serán en ningún suposto tidas en conta para participar nos cursos solicitados.

II. Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

a) Para as edicións das accións formativas que inician a súa actividade con anterioridade ao día 31 de xuño de 2006, o prazo comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 15 de febreiro de 2006.

b) Para as edicións das accións formativas que inician a súa actividade a partir do día 1 de setembro de 2006, o prazo comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 20 de xuño de 2006.

III. As solicitudes, coa documentación acreditativa, dirixiranse á institución sanitaria onde terá lugar o desenvolvemento do curso. Non obstante, de optar o aspirante por presentar a citada documentación noutra institución, de conformidade co artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a institución receptora remitiralle a dita documentación á institución sanitaria onde terá lugar o desenvolvemento do curso solicitado. Os aspirantes, con independencia do medio elixido para a presentación das súas solicitudes, deberán conservar tanto a parte inferior do modelo oficial de solicitude como as copias da certificación ou, de ser o caso, certificacións dos servizos prestados presentadas, nas cales deberán figurar a data concreta da súa presentación ante a correspondente institución sanitaria.

Cuarta.-Selección. I. Os criterios selectivos para participar nos cursos serán, con carácter xeral, os que a seguir se relacionan, agás que se estableza outro criterio ou criterios específicos para aqueles cursos en que así se especifique expresamente no anexo á presente resolución:

1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. Excluiranse os solicitantes que xa teñan feito o mesmo curso en edicións anteriores.

O persoal MIR, FIR, BIR, QUIR e PIR, así como o ATS/DUE en formación obstétrico-xinecolóxica (matronas) e en saúde mental, poderá ser seleccionado para participar nos cursos incluídos no plan sempre que o contido do curso teña relación coa súa formación e, subsidiariamente, aos destinatarios preferentes. Non obstante o anterior, a asistencia deste persoal aos cursos realizarase, en todo caso, sen menoscabo da súa formación posgraduada, tras a autorización do seu titor, coordinador ou comisión docente.

2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existiren máis solicitudes que prazas, terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso, agás que houbese determinados criterios específicos de selección.

A relación directa das tarefas do posto de traballo do solicitante co contido básico e cos obxectivos virá acreditada pola certificación emitida polo centro de orixe do aspirante.

3. De continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, terán prioridade, en primeiro lugar, os profesionais destinatarios que, cumprindo os requisitos anteriores, presten os seus servizos nas

institucións sanitarias do Sergas con praza en propiedade; en segundo lugar, os profesionais que acrediten un vínculo temporal de duración, realizada ou prevista, igual ou superior a un ano ou figuren inscritos na categoría destinataria do curso como aspirante na lista de promoción profesional temporal; en terceiro lugar seleccionaranse os profesionais solicitantes con vínculos temporais, con prioridade para os de maior número de tempo de servizos prestados acreditados, polo tanto, con maior antigüidade ou servizos prestados no Sistema Nacional de Saúde, na categoría destinataria do curso.

4. Por último, en caso de empate, resolverase ao chou.

En cada un dos puntos anteriores, terán preferencia os aspirantes que nos últimos dous anos estean utilizando ou utilicen unha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou excedencia para coidado de familiares, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 7/2004, para a igualdade de mulleres e homes na Comunidade Autónoma de Galicia.

II. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á súa exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

III. Todo aquel traballador que ao inicio do curso, se atope na situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluído da listaxe de admitidos.

IV. Nas institucións sanitarias responsables da execución das correspondentes accións formativas procederase á constitución dunha comisión paritaria de baremación das solicitudes presentadas, en que estarán presentes representantes da institución e das centrais sindicais asinantes do plan.

Quinta.-Publicación das listas de admitidos. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e unha vez efectuada a súa baremación polas correspondentes comisións paritarias de baremación constituídas nas institucións sanitarias responsables da selección dos participantes nas diferentes accións formativas, estas, en función das puntuacións obtidas por aplicación do baremo, publicarán nos taboleiros de anuncios das devanditas institucións, cunha antelación máxima de 30 días hábiles e mínima de 15 días hábiles sobre as datas previstas para o comezo das actividades docentes, as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos aos cursos convocados, con indicación, en todo caso, das causas de exclusión. A partir do día seguinte ao da súa publicación ou exposición ao público, os interesados disporán dun prazo de 5 días hábiles para formularen reclamacións ou solicitudes de revisión contra as puntuacións contidas nelas mediante escrito dirixido ás comisións paritarias de baremación.

Rematado o citado prazo e á vista das alegacións dos interesados, as comisións paritarias de baremación publicarán as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos dos cursos, que se publicarán nos mesmos lugares establecidos no punto anterior. Neste senso, a estimación ou, de ser o caso, desestimación das devanditas alegacións, entenderase implícita nos acordos das comisións que publiquen as listas definitivas. En todo caso, as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos dos cursos publicaranse nos taboleiros de anuncios das institucións sanitarias en que se realicen cunha antelación mínima de cinco días hábiles aos das datas previstas para o seu comezo.

Sexta.-Certificación de asistencia ou superación. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións dos cursos. Calquera ausencia non xustificada ou xustificada insuficientemente será impeditiva da expedición do certificado acreditativo da participación no curso.

Unicamente se poderá autorizar a ausencia por causas xustificadas documentalmente e que, en ningún caso, poderá superar o 15% das horas lectivas.

O certificado ou diploma acreditativo de asistencia será expedido pola Escola Galega de Administración Sanitaria.

Ademais, no suposto de que os cursos incluídos no presente plan exixan a realización dalgunha proba de avaliación de coñecementos dos participantes, xa sexa por establecelo así a súa normativa reguladora ou o propio programa e contido do curso, a Escola Galega de Administración Sanitaria expedirá o correspondente certificado de superación do curso exclusivamente aos alumnos que sexan declarados aptos na dita proba de avaliación.

Sétima.-Modificacións. I. A Escola Galega de Administración Sanitaria poderá modificar os contidos e o desenvolvemento dos cursos, co fin de adaptalos ás continxencias que poidan xurdir.

Así mesmo, as datas e os horarios previstos no anexo para cada unha das actividades formativas poderán ser modificadas por cuestións organizativas. En tal suposto, notificaráselles o cambio de xeito individual aos participantes seleccionados con anterioridade ao comezo do curso.

II. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas e a Escola Galega de Administración Sanitaria reservarán para si o dereito de suspender a realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación aos interesados previstos na normativa vixente.

Oitava.-Medios materiais. Os distintos centros de atención primaria e especializada do Sergas en que se impartan as actividades incluídas no presente plan deberanlle proporcionar

á Fegas as aulas, co equipamento de medios audiovisuais axeitados para a actividade de que se trate.

Igualmente, correrá a cargo dos centros o aseguramento e a responsabilidade civil derivada da celebración neles dos distintos cursos incluídos no presente plan.

Novena.-Financiamento. En razón dos fondos con que se financian estas accións formativas, a súa realización efectiva está condicionada á aprobación definitiva do acordo e a transferencia de fondos por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2006. Antonio José Fernández Paniagua José Manuel Peña Penabad Director xeral da División de Director da Escola Galega Recursos Humanos e Desenvolvemento de Administración Sanitaria Profesional do Sergas

A) Comúns a distintas categorías de persoal.

1. A entrevista ao adolescente en atención primaria.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: médicos de familia, pediatras, persoal de enfermaría de atención primaria e traballadores/as sociais.

Obxectivos: dotar os profesionais sanitarios de habilidades na comunicación cos pacientes adolescentes co fin de facilitar as actividades preventivas neste grupo de idade e de favorecer o acceso e a continuidade do proceso asistencial.

Contidos: A adolescencia: características do entrevistado. Barreiras para acceder aos servizos de saúde.

O rol do persoal sanitario ante o adolescente. Características do entrevistador. A entrevista. A exploración física. A familia do adolescente. A confidencialidade e outros aspectos. Aspectos éticos e legais na atención aos pacientes adolescentes. Abordaxe das entrevistas conflitivas. Actividades preventivas na adolescencia.

Educación sanitaria: prevención do embarazo non desexado e das enfermidades de transmisión sexual. Prevención desde a consulta de atención primaria de accidentes de tráfico (seguridade vial) . Prevención do consumo de drogas. Hábitos saudables de vida: alimentación, exercicio.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

2. A intelixencia emocional. Nº de edicións: 9. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas. Contidos: ¿que é a intelixencia ou capacidade emocional? Autodiagnóstico da propia consistencia emocional. Diferenciar pensamento e sentimento. As emocións auténticas e funcionais. Etapas do adestramento emocional: utilizar as emocións como habilidade relacional.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

3. A xestión eficaz do tempo no traballo. Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: persoal que realiza funcións administrativas, con prioridade para os grupos A e B.

Obxectivos: aprender a detectar as causas dos seus problemas co tempo. Avaliar o propio estilo de traballo en relación co emprego do tempo. Elaborar un plan de mellora para o uso efectivo do tempo de traballo.

Contidos: o tempo como recurso de traballo. Estruturación do tempo: as seis maneiras de empregar o tempo. O estrés e o uso do tempo. As causas dos problemas co tempo. Medidas para manexar eficazmente o tempo. Ferramentas para o dominio do tempo.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

4. Accidentes de traballo. Nº de edicións: 12. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 4. Destinatarios: por orde preferente: 1º) mandos intermedios. 2º) delegados de prevención das institucións

sanitarias do Sergas. 3º) outro persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: adquirir coñecementos básicos sobre accidentes de traballo (AT) . Coñecer as consecuencias dos accidentes e a importancia da súa prevención. Coñecer as compentencias dos traballadores, mandos intermedios e do servizo de prevención de riscos laborais na prevención de AT.

Contidos: consideracións legais e técnicas do accidente de traballo. Consecuencias laborais, sociais e económicas dos AT. Accidentes máis frecuentes na actividade sanitaria. Comunicación e rexistro de AT. Índices de sinistralidade. Investigación de incidentes e de accidentes: a participación dos traballadores, mandos intermedios e técnicos de prevención. Importancia desde o punto de vista preventivo.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

5. Análise e solución de problemas. Toma de decisións.

Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: identificación e descrición específica dos problemas e/ou conxuntos de problemas a que deben enfrontarse de forma cotiá no traballo. Adaptar as súas necesidades e practicar a metodoloxía, ferramentas e técnicas máis apropiadas para optimizar o proceso completo de solución de problemas e de toma de decisións.

Contidos: os problemas cotiáns. O traballo en equipo. ¿Usamos algún tipo de análise? ¿Como decidimos? A metodoloxía de análise: problemas e situacións. Técnicas e ferramentas para a toma de decisións.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

6. Acreditación electrónica dos profesionais, CNP e tarxeta electrónica.

Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 8. Destinatarios: médicos, persoal de admisión e control de xestión, secretarias de dirección e persoal de recursos humanos das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: formar o persoal dos centros sobre o código numérico persoal e a acreditación electrónica dos profesionais. A utilización da sinatura electrónica é fundamental para permitir o acceso á historia clínica informatizada que se está implantando nas áreas.

Contidos: sistema de información de referencia na Consellería de Sanidade, cidadáns e profesionais, asignación do CNP. Solicitude do CNP e da tarxeta electrónica, solicitude da sinatura electrónica, gravación e acreditación da sinatura.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

7. Comunicación e traballo en equipo. Nº de edicións: 3. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: analizar a actividade cotiá co obxectivo de obter un diagnóstico/balance dos puntos fortes e débiles na utilización das habilidades e técnicas obxecto do curso. Analizar os principais obstáculos, tanto internos como externos, existentes para unha utilización óptima da comunicación interpersoal. Practicar algunas técnicas para a mellora das habilidades comunicativas. Analizar as vantaxes e as posibles dificultades que representa o traballo en equipo.

Contidos: ¿Con quen e para que nos comunicamos? Problemas e barreiras na comunicación interpersoal. Actitudes, comportamentos e aptitudes e a súa influencia na comunicación. A mellora das habilidades persoais de comunicación. Vantaxes e inconvenientes de traballar en equipo. O papel dos compoñentes do equipo de traballo. A organización e as fases de desenvolvemento dun equipo de traballo.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

8. Control e tratamento de residios hospitalarios. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: auxiliares de enfermaría da área de hospitalización, celadores e persoal de limpeza que teña relación co tratamento, illamento e evacuación dos residuos hospitalarios.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente de aplicación ao tratamento dos residuos hospitalarios en España. Analizar o trato dos residuos hospitalarios segundo os proxectos de diferentes países e comparalos cos españois.

Contidos: Módulo I: introdución e obxectivos. Marco legal español. Marco legal europeo. Clasificación de residuos. Tipos de xestión.

Módulo II: proceso e tratamento. Simplificación de procesos. Proxectos de simplificación. Alternativas de simplificación.

Módulo III: residuos urbanos. Residuos hospitalarios. Residuos radioactivos. Clasificación de residuos hospitalarios.

Módulo IV: separación de residuos. Tratamento de residuos. Vertedoiros controlados. Incineradoras.

Módulo V: esterilización. Desinfección. Radiación. Microondas. Reciclaxe.

Módulo VI: accións preventivas. Accións alternativas. Accións formativas. Seguimento e control.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

9. Danos á saúde de orixe laboral. Nº de edicións: 9. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 4. Destinatarios: persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer o marco normativo dos danos á saúde de orixe laboral: accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Coñecer e saber identificar os danos á saúde que poden derivar da actividade profesional no sector sanitario. Coñecer a importancia e as funcións da vixilancia da saúde dos traballadores como instrumento de prevención de riscos laborais. Coñecer as compentencias dos traballadores, mandos intermedios e do servizo de PRL na identificación dos danos á saúde.

Contidos: consideracións legais e técnicas do accidente de traballo e das enfermidades profesionais. Accidentes e enfermidades máis frecuentes na actividade sanitaria. Vixilancia específica da saúde dos traballadores. A vixilancia da saúde como técnica de

avaliación de riscos laborais. Métodos de identificación e de investigación individual e colectiva dos danos á saúde. A participación dos traballadores, mandos intermedios e técnicos de prevención na prevención de danos á saúde.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

10. Dereitos e obrigas do paciente: información, intimidade, consentimento informado, historia e documentación clínica.

Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: por orde preferente: 1º) médicos, enfermeiros/as e persoal técnico e administrativo relacionado con tarefas de atención ao paciente. 2º) outro persoal técnico e administrativo relacionado coa documentación clínica.

Obxectivos: coñecemento e actualización da normativa legal vixente en materia de autonomía do paciente e de dereitos e obrigas sobre información e documentación clínica, tanto no ámbito estatal como no autonómico. Aplicación desta normativa á práctica diaria do persoal dedicado a estas tarefas. Resolución de dúbidas que poidan xurdir en relación con esta aplicación.

Contidos: dereitos e deberes do usuario do Sistema Nacional de Saúde: regulación legal estatal e autonómica. Dereito de información sanitaria. Dereito á intimidade. Respecto á autonomía do paciente, consentimento informado. A historia clínica: definición e arquivo, contido, usos, conservación, acceso, custodia. O informe de alta e outra documentación clínica. Manexo do paciente con problemas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

11. Elementos básicos do servizo de comidas nas institucións sanitarias.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30.

Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: personal de cociña e persoal de enfermaría involucrado nas tarefas do servizo de alimentos aos doentes hospitalizados.

Obxectivos: análise e mellora do protocolo de servizo de alimentos ao doente.

Contidos: Introdución. O servizo de cociña e o control de enfermaría. Instalacións:

-Funcionamento xeral dos servizos involucrados.

-Planificación e deseño da distribución dos alimentos desde a cociña.

-Bandexas isotermas.

-Empratamento de comidas.

-Transporte. Sistemas de distribución de comidas:

-Liña fría, liña quente. Tipos de alimentación (oral, enteral, parenteral) . Principiais enfermidades relacionadas coa alimentación.

Coordinación do servizo de cociña cos controis de enfermaría:

-Sistemas de petición de dietas.

-Menú opcional.

-Características dos menús.

-Repaso xeral de dietas terapéuticas e basais.

-Horarios. Recolla dos cuartos:

-Limpeza de utensilios, procedementos. Lexislación básica en hixiene alimentaria.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

12. Factores de risco laboral de orixe psicosocial. Estrés.

Nº de edicións: 6. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 6. Destinatarios: persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer o marco normativo da prevención de riscos laborais (PRL) e o Plan xeral de PRL do Sergas. Adquirir coñecementos básicos sobre os riscos laborais de orixe psicosocial. Adquirir coñecementos para identificar, avaliar e establecer as medidas de prevención fronte aos riscos laborais de orixe psicosocial.

Contidos: marco normativo en prevención de riscos laborais. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Factores de organización e psicosociais e as súas consecuencias para a saúde dos traballadores. Estrés. Sistemas de control dos riscos: medidas de prevención colectivas e individuais. Mecanismos de intervención a nivel colectivo e individual para previr e controlar as situacións de estrés. Vixilancia da saúde.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

13. Formación de formadores. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas que teñen responsabilidade na formación doutras persoas.

Obxectivos: capacitar os asistentes na preparación, impartición, seguimento e control de accións formativas.

Contidos: introdución ao concepto de acción formativa. A programación da aprendizaxe. Os métodos pedagóxicos. Os recursos didácticos. A avaliación das accións formativas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

14. Formación para manipulación de alimentos de alto risco (nivel I) .

Nº de edicións: 10. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 4. Destinatarios: traballadores implicados na manipulación de alimentos.

Obxectivos: ter toda a información e documentación sobre a normativa e regulamentación española e autonómica propia actual para promover a súa aplicación e cumprimento en relación coa actividade laboral que desenvolve. Coñecer as bases da hixiene alimentaria, principais enfermidades de orixe alimentaria e medidas de prevención para manipular produtos alimentarios con garantías hixiénico-alimentarias e de segu ridade. Desenvolver actitudes e aptitudes básicas

especialmente en prácticas correctas de hixiene alimentaria e normas de hixiene persoal para afrontar a prevención de riscos nos procedementos habituais das empresas relacionadas directa ou indirectamente na manipulación de alimentos e moi especialmente nas tarefas de manufactura. Estar sensibilizado respecto á importancia da saúde e a seguridade nesta materia debido ás súas repercusións na calidade de vida. Coñecer as poboacións de risco na transmisión alimentaria de enfermidades e os perigos e responsabilidades que implican este tipo de colectivos a que van destinados os alimentos. Estar concienciado do risco involucrado na utilización de materias primas, aditivos, ingredientes, envases, utensilios e equipamentos nos procesos de elaboración, conservación, distribución e servizo.

Contidos: introdución: antecedentes e importancia da hixiene dos alimentos. Lexislación aplicable na elaboración de comidas en centros de restauración colectiva. Enfermidades de orixe alimentaria. Perigos presentes nos alimentos, perigos biolóxicos. Factores contribuíntes e alimentos implicados. O manipulador de alimentos. Concepto de portador. Hixiene persoal. Condutas hixiénicas positivas.

Nota: neste curso os aspirantes seleccionados deberán superar a correspondente proba de avaliación de coñecementos por exixilo así o Decreto 290/2003, do 4 de xuño, polo que se fixan as normas relativas á formación de manipuladores de alimentos, o procedemento de autorización de empresas e entidades de formación e se crea o rexistro delas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

15. Formación para manipulación de alimentos de alto risco (nivel II) .

Nº de edicións: 7. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 8. Destinatarios: traballadores implicados na implantación dos sistemas de autocontrol.

Obxectivos: ter toda a información e documentación sobre a normativa e regulamentación española e autonómica propia actual para promover a súa aplicación e cumprimento en relación coa actividade laboral que

desenvolve. Coñecer as bases da hixiene alimentaria, principais enfermidades de orixe alimentaria e medidas de prevención para manipular produtos alimentarios con garantías hixiénico-alimentarias e de seguridade. Desenvolver actitudes e aptitudes básicas especialmente en prácticas correctas de hixiene alimentaria e normas de hixiene persoal para afrontar a prevención de riscos nos procedementos habituais das empresas relacionadas directa ou indirectamente na manipulación de alimentos e moi especialmente nas tarefas de manufactura. Estar sensibilizado respecto á importancia da saúde e a seguridade nesta materia debido ás súas repercusións na calidade de vida. Coñecer as poboacións de risco na transmisión alimentaria de enfermidades e os perigos e responsabilidades que implican este tipo de colectivos a que van destinados os alimentos. Estar concienciado do risco involucrado na utilización de materias primas, aditivos, ingredientes, envases, utensilios e equipamentos nos procesos de elaboración, conservación, distribución e servizo.

Contidos: desenvolvemento lexislativo. Obxectivos. Vantaxes e inconvenientes na implantación de sistemas de autocontrol baseados nos principios do APPCC. Identificación da lexislación que regula os sistemas APPCC. Definir os obxectivos do sistema e o ámbito de aplicación. Beneficios na implantación dos sistemas de autocontrol. Erros máis comúns na implantación do sistema. Principios xerais do sistema APPCC. Concepto e definición dos sete principios do sistema APPCC. Definición dos conceptos clave: perigo, tipos de perigo, risco, punto crítico de control, límite crítico, etc. Interpretación da árbore de decisións na determinación de puntos críticos de control. Implantación dun sistema baseado nos principios do APPCC. Coñecementos das diferentes etapas a seguir na implantación dun sistema APPCC. Pasos a seguir e técnicas a planificar nas fases posteriores á implantación.

Fases e elementos claves do sistema:

-Concienciación do grupo impulsor APPCC.

-Comprensión e asimilación do concepto APPCC.

-Identificación e formación do grupo APPCC.

-Auditoría inicial: avaliación da situación existente.

-Planificación da aplicación e proxecto da implantación.

-Implantación do sistema APPCC.

-Elementos previos á implantación.

-Sistemas de rexistro de datos.

-Modelo de rexistros.

-Aplicación do sistema APPCC.

-Coñecemento da aplicación do sistema nos puntos da cadea de produción.

-Aplicación do sistema APPCC no aumento da calidade da alimentación hospitalaria.

-Casos prácticos. Nota: neste curso os aspirantes seleccionados deberán superar a correspondente proba de avaliación de coñecementos por exixilo así o Decreto 290/2003, do 4 de xuño, polo que se fixan as normas relativas á formación de manipuladores de alimentos, o procedemento de autorización de empresas e entidades de formación e se crea o rexistro delas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

16. Habilidades de comunicación nun equipo multidisciplinar.

Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: analizar a actividade cotiá co obxectivo de obter un diagnóstico/balance dos puntos fortes e débiles na utilización das habilidades e técnicas obxecto do curso. Analizar os principais obstáculos, tanto internos como externos, existentes para unha utilización óptima da comunicación interpersoal. Practicar algunhas técnicas para a mellora das habilidades comunicativas. Analizar as vantaxes e as posibles dificultades que representa o traballo en equipo.

Contidos: ¿Con quen e para que nos comunicamos? Problemas e barreiras na comunicación interpersoal. Actitudes, comportamentos e aptitudes e a súa influencia na comunicación. A mellora das habilidades persoais de comunicación. Vantaxes e inconvenientes de traballar en equipo. O papel dos compoñentes do equipo de traballo. A organización e as fases de desenvolvemento dun equipo de traballo.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

17. Protección de datos e adaptación á LOPD. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 25.

Nº de horas por edición: 8. Destinatarios: xefaturas, coordinadores, encargados, directores, mandos intermedios e supervisores que pertenzan aos grupos A e B.

Obxectivos: comprender a problemática da función de seguridade nos sistemas de información. Identificar os principais elementos dun plan de seguridade, de acordo co estipulado no Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados (Real decreto 994/1999, do 11 de xuño) . Coñecer os requisitos de seguridade exixidos pola Lei orgánica de protección de datos (LOPD) , así como as obrigas das empresas e institucións públicas no referente á inscrición e manipulación dos ficheiros de datos de carácter persoal.

Contidos: a función de seguridade. A seguridade nas redes de ordenadores. Implantación dunha política de seguridade. Protección dos datos de carácter persoal: da Lei orgánica de protección de datos (LOPD) . Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

18. Riscos laborais das pantallas de visualización de datos (PVD) .

Nº de edicións: 7. de prazas: 30. Nº de horas por edición: 4.

por orde preferente: 1º) persoal de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas. 2º) Resto do persoal das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer o marco normativo da prevención de riscos laborais e o Plan xeral de PRL do Sergas. Adquirir coñecementos básicos sobre os riscos laborais dos postos de traballo con PVD. Adquirir coñecementos para identificar, avaliar e establecer medidas de prevención fronte aos riscos derivados das PVD.

Contidos: marco normativo en prevención de riscos laborais. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Pantallas de visualización de datos. Conceptos xerais. Identificación de perigos e avaliación de riscos. Sistemas de control dos riscos: medidas

prevención colectivas e individuais. Vixilancia da saúde.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

19. Riscos laborais derivados da mobilización de pacientes e de cargas.

Nº de edicións: 9. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 6. Destinatarios: por orde preferente: 1º) celadores, PSX e persoal de almacéns. 2º) Outro persoal das institucións sanitarias do Sergas que realice tarefas de mobilización de pacientes.

Obxectivos: coñecer o marco normativo da prevenrequisitos ción de riscos laborais (PRL) e o Plan xeral de PRL do Sergas. Adquirir coñecementos básicos sobre os riscos laborais relacionados coa mobilización de pacientes e manipulación manual de cargas (MMC) . Adquirir coñecementos para identificar, avaliar e establecer medidas de prevención fronte aos riscos deri06-vados da mobilización de pacientes e cargas.

Contidos: Lei de prevención de riscos laborais e outras normativas relacionadas. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Conceptos xerais en prevención de riscos laborais. Metodoloxías de identificación e avaliación de riscos. Manipulación manual de cargas: concepto, identificación de perigos, avaliación de riscos. Criterios e técnicas para a maniNº pulación segura de pacientes. Criterios e técnicas para a manipulación segura de cargas. Sistemas de control dos riscos: medidas de prevención colectivas e indiDestinatarios: viduais. Vixilancia da saúde.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

20. Riscos laborais derivados das tarefas de asisde tencia sanitaria.

Nº de edicións: 7 Nº de prazas: 30 Nº de horas por edición: 12 Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal sani06-tario e celadores que realice tarefas de atención directa ao paciente. 2º) outro persoal das institucións sani06-tarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente en prevención de riscos laborais. Coñecer o plan xeral de prevención de riscos laborais e o seu desenvolvemento. Identificar e avaliar os riscos laborais derivados das tarefas de asistencia sanitaria. Coñecer as medidas de prevención e de protección fronte aos riscos laborais.

Contidos: Lei de prevención de riscos laborais e outras normativas relacionadas. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Conceptos xerais en prevención de riscos laborais. Metodoloxía de identificación e avaliación de riscos. Seguridade dos lugares, instalacións e equipamentos de traballo.

hixiénicos asociados ao posto de traballo. Riscos ergonómicos asociados ao posto de traballo. Sistemas control dos riscos: medidas de prevención

e individuais. Vixilancia da saúde.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

21. Riscos laborais das radiacións ionizantes. Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 4. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal de radiodiagnose e radioterapia. 2º) persoal doutros servizos en que se utilicen equipamentos de radiacións ionizantes. 3º) outro persoal das institucións sanitarias

Sergas. Obxectivos: coñecer a normativa vixente e os conceptos básicos sobre riscos laborais derivados da exposición a radiacións ionizantes (RI) . Adquirir coñecementos identificar e avaliar os riscos laborais por exposición a RI en centros sanitarios. Coñecer as medidas de prevención e de protección fronte aos riscos derivados dos distintos tipos de radiacións.

Contidos: marco normativo de prevención de riscos laborais (PRL) . Plan xeral de PRL do Sergas. Radiacións ionizantes: R. D. 783/2001 e outras normativas

Identificación e avaliación da exposición laboral. Radiacións ionizantes e embarazo. Medidas de prevención e de protección.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

22. Riscos laborais das radiacións non ionizantes: campos electromagnéticos, láser, radiacións ultravio leta e infravermella, radiofrecuencias e microondas.

Nº de edicións: 3. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 4. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal de rehabilitación. 2º) persoal doutros servizos en que se utilicen equipamentos de radiacións non ionizantes. 3º) outro persoal das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente e os conespazos, ceptos básicos sobre riscos laborais derivados da expoRiscos sición a radiacións non ionizantes (RNI) . Adquirir coñecementos para identificar e avaliar os riscos labode rais por exposición a RNI en centros sanitarios. Coñecolectivas cer as medidas de prevención e de protección fronte aos riscos derivados dos distintos tipos de radiacións.

Contidos: marco normativo de prevención de riscos laborais (PRL) . Plan xeral de PRL do Sergas. Radiade cións non ionizantes: campos electromagnéticos, láser, radiacións ultravioleta e infravermella, radiofrecuen06-cias e microondas. Identificación e avaliación da expo06-sición laboral. Sistemas de avaliación e control da exposición. Medidas de prevención.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

23. Riscos laborais dos axentes biolóxicos. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 6. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal sanido tario que sexan mandos intermedios ou delegados de prevención. 2º) outro persoal sanitario. 3º) resto do persoal das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente en prepara vención de riscos laborais derivados da exposición a axentes biolóxicos. Adquirir coñecementos para identificar e avaliar os riscos laborais por exposición a axentes biolóxicos en centros sanitarios. Coñecer as medidas de prevención e de protección fronte aos axentes biolóxicos.

Contidos: conceptos básicos e normativa de referelacionadas. rencia dos riscos laborais derivados da exposición a axentes biolóxicos. Riscos biolóxicos na asistencia sanitaria. Medidas de prevención e correctoras. Riscos biolóxicos en laboratorios. Niveis de contención. Medidas preventivas e correctoras. Actuación en caso de accidente con risco biolóxico. Residuos sanitarios.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

24. Riscos laborais dos axentes químicos. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 4. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal de laboratorios, esterilización, farmacia e quirófanos. 2º) outro persoal das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente e os conceptos básicos sobre riscos laborais derivados da exposición a axentes químicos. Adquirir coñecementos para identificar e avaliar os riscos laborais derivados dos axentes químicos en centros sanitarios. Coñecer as medidas de prevención e de protección fronte aos riscos derivados dos axentes químicos. Coñecer os riscos laborais derivados da exposición a fármacos citostáticos.

Contidos: conceptos básicos e normativa de referencia dos riscos laborais dos axentes químicos. Axentes químicos canceríxenos ou mutáxenos. Avaliación da exposición a axentes químicos. Medidas preventivas e correctoras. Os fármacos citostáticos.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

25. Riscos laborais en servizos xerais. Nº de edicións: 5. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal de mantemento, cociña e lavandarías. 2º) outro persoal das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente en prevención de riscos laborais. Coñecer o plan xeral de prevención de riscos laborais e o seu desenvolvemento. Identificar e avaliar os riscos laborais nas instalacións xerais: cociñas, lavandarías. Coñecer as medidas de prevención e de protección fronte aos riscos laborais.

Contidos: Lei de prevención de riscos laborais e outras normativas relacionadas. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Conceptos xerais en prevención de riscos laborais. Metodoloxía de identificación e avaliación de riscos. Seguridade dos lugares, espazos, instalacións e equipamentos de traballo. Riscos hixiénicos: contaminantes físicos, químicos e biolóxicos. Riscos ergonómicos asociados aos postos de traballo. Sistemas de control dos riscos: medidas de prevención colectivas e individuais. Vixilancia da saúde.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

26. Riscos laborais nas áreas administrativas. Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal de xestión e servizos xerais dos grupos C e D que realice tarefas administrativas. 2º) outro persoal das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente en prevención de riscos laborais (PRL) . Coñecer o plan xeral de prevención de riscos laborais e o seu desenvolvemento. Adquirir coñecementos para identificar e avaliar os riscos laborais derivados do traballo en áreas administrativas.

Contidos: marco normativo de prevención de riscos laborais. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Seguridade dos lugares, espazos, instalacións e equipamentos de traballo. Riscos hixiénicos: físicos (ruído, temperatura, iluminación, etc) , químicos e biolóxicos. Riscos ergonómicos asociados a postos de traballo. Medidas de prevención.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

27. Riscos laborais nos laboratorios. Nº de edicións: 5. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal dos laboratorios. 2º) outro persoal das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: coñecer a normativa vixente e conceptos básicos en prevención de riscos laborais en laboratorios. Adquirir coñecementos para identificar e avaliar os riscos laborais nos laboratorios. Coñecer as medidas de prevención e de protección fronte aos riscos laborais.

Contidos: de prevención de riscos laborais e outras normativas relacionadas. Conceptos xerais. Riscos de seguridade en laboratorios. Conceptos básicos de hixiene. Riscos hixiénicos en laboratorios derivados dos distintos tipos de contaminantes. Medidas preventivas e correctoras. Conceptos básicos de ergonomía e psicosocioloxía. Riscos ergonómicos e psicosociais en laboratorios. Medidas preventivas e correctoras.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

28. Saúde sexual e reprodutiva no ciclo vital da muller.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 24. Destinatarios: médicos, enfermeiros/as, matronas e traballadores/as sociais.

Obxectivos: revisión dos novos métodos anticonceptivos e futuro da contracepción. Formación na anticoncepción nas diferentes etapas da muller. Abordaxe dos aspectos sociais e sexuais e do papel da enfermaría de atención primaria neles. Embarazo nas adolescentes e na muller de 40-50 anos.

Contidos: aspectos sociais da adolescencia, aborto e perimenopausa. Educación maternal e recuperación posparto. Sexualidade, adolescencia, embarazo e perimenopausa. Consulta preconcepcional. Control do embarazo. Ecografía procolóxica: da adolescencia á menopausa. Novos métodos anticonceptivos. Papel de enfermaría no coidado da saúde da muller. Abordaxe de infertilidade-esterilidade.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

29. Sistemas de recoñecemento profesional. Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: personal licenciado sanitario con vínculo fixo e persoal en postos de xefaturas de recursos humanos das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: explicar a normativa básica e autonómica sobre sistemas de recoñecemento profesional.

Contidos: Lei de ordenación das profesións sanitarias: aplicación. Decreto 55/2005, de recoñecemento extraordinario para o persoal licenciado sanitario do Sergas. Outros sistemas de recoñecemento profesional.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

30. Traballo social de grupos en saúde. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 9. Destinatarios: personal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: facilitar os coñecementos e ferramentas técnicas necesarios para deseñar e implantar o traballo social con grupos. Fomentar os grupos de apoio para os coidadores informais.

Contidos: marco teórico do traballo en grupo orientado a coidadores.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

31. Xeral de prevención de riscos laborais. Nº de edicións: 7. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 6. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal sanitario e de xestión e servizos xerais que sexan mandos intermedios ou delegados de prevención. 2º) resto de persoal sanitario e de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: formar en conceptos básicos e en lexislación de prevención de riscos laborais. Sensibilizar os traballadores en prevención de riscos. Divulgar a política preventiva do Sergas. Informar das actividades preventivas levadas a cabo no Sergas. Cumprir cos principios e obxectivos do Plan xeral de prevención de riscos laborais. Cumprir coa lexislación vixente en materia de formación a traballadores e delegados de prevención.

Contidos: módulo 1: Lei de prevención de riscos laborais e regulamento dos servizos de prevención. Lexislación en prevención de riscos laborais aplicable ao Sergas. Conceptos básicos en prevención de riscos laborais. Módulo 2: sistema de xestión da prevención de riscos laborais. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Metodoloxía de avaliación de riscos no Sergas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

B) Persoal sanitario.

32. A responsabilidade dos profesionais sanitarios. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal sanitario de atención primaria e especializada.

Obxectivos: informar os profesionais sanitarios sobre as principais cuestións polémicas con que se poden atopar no desenvolvemento da súa profesión e que poden dar lugar a unha reclamación de responsabilidade patrimonial, así como cal debe ser a súa actuación no caso de que esta se produza.

Contidos: responsabilidade civil e penal dos profesionais sanitarios. As reclamacións de responsabilidade patrimonial. O necesario nexo de causalidade. As novas tecnoloxías e a súa aplicación na área sanitaria. A historia clínica: deseño, tratamento informático e confidencialidade dos datos recollidos nela. O consentimento informado: alcance do dereito do enfermo a recibir información. Os protocolos de actuación médica: deseño e contido.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

33. A xestión básica dos servizos de enfermaría. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 28. Destinatarios: 1º) supervisores de atención especializada e coordinadores de atención primaria. 2º) enfermeiras/os, matronas e fisioterapeutas de atención primaria e especializada.

Obxectivos: adestrar habilidades para a mellora da dirección e xestión de grupos de traballo. Facilitar a metodoloxía para xestionar os coidados.

Contidos: concepto de dirección, planificación, organización e avaliación. Toma de decisións e niveis. Dirección participativa por obxectivos (DPO) . Funcións básicas do mando intermedio: delegación, análise e resolución de problemas. Perfil do posto. Liderado. Xestión de persoal. Técnicas de valoración, descrición e definición de postos. Motivación e estímulos. Sistemas de clasificación de pacientes: definición e utilización. Criterios de asignación de persoal. Xestión de coidados: conceptos xerais. Marco teórico. Planificación de coidados e metodoloxía para a súa implantación.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

34. A xestión do estrés para persoal sanitario. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 24. Destinatarios: persoal sanitario das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: identificar os factores estresantes na vida dunha persoa. Analizar os efectos do estrés no ser humano. Identificar os recursos da persoa para o afrontamento eficaz das situacións estresantes. Adquirir habilidade no emprego de recursos para xestionar saudablemente as causas que xeran estrés no ámbito laboral, familiar e social. Valorar o cambio de actitudes conducentes a desenvolver estilos de vida saudables.

Contidos: concepto de estrés e tipos de estrés. Síndrome xeral de adaptación e as súas fases. Efectos da activación do eixe adrenal hipofisario e do eixe neuroendrócrino como resposta a unha situación de estrés. Manifestacións para identificar o estrés e efectos do estrés no ser humano. Relación do estrés coa saúde e cos procesos patolóxicos. Factores estresantes no ámbito laboral, familiar e persoal. Formas de afrontamento e a súa efectividade. Características das persoas que xestionan o seu estrés saudablemente. Plan de xestión do estrés.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

35. Abordaxe do tabaquismo: diagnostico e tratamento do paciente fumador.

Nº de edicións: 1 Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: médicos, odontólogos, farmacéuticos, psicólogos clínicos e persoal de enfermaría.

Obxectivos: mellorar os coñecementos e habilidades dos profesionais sanitarios na intervención do paciente fumador: historia clínica específica, diagnóstico da dependencia á nicotina, consello antitabaco, e tratamento. Reforzar o papel modélico e educativo dos profesionais sanitarios. Sensibilizar os profesionais sanitarios sobre a problemática do consumo de tabaco. Mellorar as habilidades de aplicación do consello antitabaco adaptado a cada individuo. Mellorar os coñecementos e habilidades dos profesionais sanitarios no diagnóstico (historia clínica específica, tests e probas

complementarias) e tratamento da dependencia nicotínica. Adestramento na utilización dos distintos protocolos de intervención na consulta.

Contidos: pretest: resolución dun caso práctico. Diagnóstico do fumador e intervención básica: fases do proceso de deixar de fumar. Motivación e dependencia. Cooximetría. Elementos da intervención. Casos prácticos: rol-play e discusión en grupo. ¿Que facer ante un fumador que nos pide axuda? Historia clínica e probas complementarias. Tratamento de eficacia probada da dependencia nicotínica. Tratamento farmacolóxico: terapia substitutiva, bupropion... Individualización do tratamento en función da patoloxía asociada, embarazo... Tratamento psicolóxico. Casos prácticos. Problemas máis frecuentes no seguimento: período de esvaecemento. Síndrome de abstinencia: diagnóstico e abordaxe. Fracaso terapéutico. Recaídas. Protocolos de actuación. Obradoiro de casos prácticos: rol-playing, vídeo...

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

36. Actuación do profesional sanitario ante un caso de malos tratos.

Nº de edicións: 5. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: médicos, pediatras e persoal de enfermaría.

Obxectivos: asegurar que calquera profesional sanitario do ámbito público galego siga unhas pautas de actuación ante a sospeita ou caso confirmado de malos tratos que garanta unha correcta asistencia e facilite as actuacións xudiciais e sociais á vítima ao mesmo tempo que se protexe a intimidade e os dereitos da persoa agredida.

Contidos: introdución: estado actual do problema. Legalidade vixente. Responsabilidade dos profesionais sanitarios e implicacións legais na atención a un caso de malos tratos. Legalidade que ampara a vítima dos malos tratos. Protocolos de actuación sanitaria vixentes na nosa comunidade autónoma. Coordinación con outras entidades implicadas na atención a un caso de malos tratos. Asistencia sanitaria: detección dos casos de malos tratos na consulta de atención primaria. Recoñecemento médico e recolla de probas. Documentación específica e a súa tramitación. Recomendacións. Recursos comunitarios existentes.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

37. Actualización en terapéutica farmacolóxica. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: médicos de atención primaria e especializada.

Obxectivos: aumentar os coñecementos sobre terapéutica farmacolóxica de problemas de saúde prevalentes no ámbito da atención primaria; avances e controversias. Promover a difusión do aprendido aos servizos de atención primaria.

Contidos: diabete, dislipemias, manexo da dor, antiagregación e anticoagulación, asma e EPOC.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

38. Adaptación ao novo programa da especialidade de MFYC.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: titores MIR de MFYC. Obxectivos: adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para a aplicación do novo programa da especialidade de MFYC.

Contidos: detección de necesidades formativas. Elaboración de plans individualizados. Ferramentas e métodos para a avaliación formativa.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

39. Asma infantil. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: pediatras de atención primaria. Obxectivos: actualizar os coñecementos e habilidades necesarias para o correcto control dos pacientes con asma.

Contidos: impacto da asma na infancia e na adolescencia. Diagnóstico clínico e funcional. Interpretación de espirometrías. Medición do FEM. Manexo das crises de asma. Diagnóstico de factores etiopatoxénicos e desencadeantes. Diagnóstico das alerxias. Prick test. Tratamento de fondo da enfermidade asmática. Clasificación da severidade, medidas de evitación, tratamento farmacolóxico. Outros tratamentos. Sistemas de inhalación. Educación sanitaria nos aspectos relevantes. Autocontrol no domicilio.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

40. Atención ao paciente inmobilizado. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: persoal de enfermaría de atención primaria.

Obxectivos: actualizar os coñecementos sobre o manexo dos pacientes con deterioración cognitiva.

Contidos: concepto. Epidemioloxía. Enfermidade de Alzheimer e outras demencias. Outros tipos de pacientes inmobilizados. Seguimento do paciente. Valoración funcional. Plan de coidados. Interacción coa familia. Coidador principal. Os recursos sanitarios e sociais.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

41. Atención aos pacientes inmigrantes. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: médicos e persoal de enfermaría de atención primaria.

Obxectivos: coñecer as características culturais diferenciais e as enfermidades máis prevalentes dos inmigrantes para facilitar o labor dos profesionais de atención primaria e mellorar o desenvolvemento dos programas de atención e prevención. Formar os profesionais nas habilidades específicas que eviten os problemas de comunicación co inmigrante. Coñecer a lexislación vixente en materia de inmigración.

Contidos: o fenómeno migratorio. A situación dos inmigrantes en Galicia e as súas repercusións en saúde. A diversidade cultural e a súa relación coa saúde. Comunicación e relación na atención sanitaria a este colectivo. Entrevista clínica. Factores de risco e patoloxía prevalente na poboación inmigrante en Galicia. Recursos para a atención ao inmigrante.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

42. Avances en metodoloxía de investigación. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: médicos de atención primaria e especializada.

Obxectivos: facilitar ferramentas avanzadas para a investigación. Promover a investigación de diferentes grupos profesionais. Presentar experiencias de investigación en atención primaria e o traballo en rede.

Contidos: mostraxe. Avaliación de tecnoloxías. Investigación en servizos de saúde.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

43. Básico de actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermaría.

Nº de edicións: 5. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 36. Destinatarios: auxiliares de enfermaría de atención especializada.

Obxectivos: establecer criterios claros respecto ao rol e función do auxiliar de enfermaría dentro do equipo de saúde. Humanizar as relacións interpersoais, favorecendo o crecemento e o desenvolvemento persoal. Detectar e conectar coas áreas que proporcionan motivación e satisfacción na práctica específica desenvolta polo auxiliar de enfermaría. Desenvolver as capacidades clave do auxiliar de enfermaría.

Contidos: Módulo I: clarificación e funcións do rol do auxiliar de enfermaría dentro do equipo de saúde.

Módulo II: comunicación: coñecemento e funcionamento da estrutura da personalidade, como ferramenta básica para a resolución de problemas e o acompañamento. Exercicios teóricos e prácticos.

Módulo III: recoñecemento: desenvolvemento para o bo contacto a nivel relacional. Exercicios teórico-prácticos. Capacidades clave para a axuda.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

44. Bioética asistencial. Enfoques actuais. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal sanitario das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: formación básica e adquisición de metodoloxía para análise e toma de decisións en cuestións éticas relevantes no ámbito asistencial.

Contidos: conceptos básicos. Metodoloxía de análise e toma de decisións en ética clínica. Consentimento informado. Confidencialidade. Aspectos éticos da relación clínica. Problemas éticos prevalentes segundo ciclo vital. Documentación clínica, investigación, problemas éticos, técnicos e xurídicos. Os comités de ética asistencial. Funcións, procedementos de análise e toma de decisións. Análise de casos prácticos.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

45. Calidade asistencial. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 9. Destinatarios: persoal sanitario das institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: actualización do coñecemento e da metodoloxía de xestión da calidade no Sergas. Mellorar as habilidades de xestión dos procesos de calidade nos diversos centros de atención primaria e de atención especializada no Sergas. Práctica simulada da metodoloxía de xestión na calidade no Sergas.

Contidos: os modelos de xestión da calidade (ISO, modelo europeo de xestión da excelencia, etc.) . O modelo de autoavaliación. O modelo europeo de excelencia empresarial.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

46. Cirurxía menor en atención primaria. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: médicos, pediatras e enfermeiros/as de atención primaria.

Obxectivos: actualizar os coñecementos teóricos dos médicos e enfermeiros de atención primaria para a implantación do programa de cirurxía menor nos centros de saúde. Dotar das habilidades prácticas necesarias para o seu desenvolvemento nos centros de saúde.

Contidos: Módulo 1: conceptos e técnicas básicas da cirurxía menor.

Módulo 2: taller práctico sobre tecidos animais. Módulo 3: taller práctico en quirófano hospitalario.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

47. Cirurxía menor para enfermaría. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: enfermeiros/as de atención primaria. Obxectivos: formar para exercer con calidade e competencia as funcións de enfermaría na área de cirurxía menor.

Contidos: aspectos históricos e legais da cirurxía menor. Anestésicos locais, riscos e complicacións. Suturas, materiais e técnicas. Cicacitración. Medicación tópica. Curas locais. Técnicas: úlceras, tipos e abordaxe terapéutica. Abscesos, paroniquias, verrugas e tumoracións cutáneas. Uña encarnada. Corpos estraños encravados. Crioterapia. Apósitos. Cura seca e cura húmida.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

48. Fomento e consello da lactación materna. Nº de edicións: 3. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: pediatras, matronas e persoal de enfermaría de atención primaria e atención especializada.

Obxectivos: proporcionar aos axentes da saúde as ferramentas precisas para apoiar prácticas óptimas de lactación materna. Aproximación ás accións, fontes de información e actividades orientadas á defensa e fomento da lactación materna e actualización de coñecementos teórico-prácticos en lactación materna.

Contidos: importancia e situación actual da lactación materna. Fisioloxía e anatomía. Como colocar o bebé no peito. Como escoitar e aprender. Como reforzar a confianza e dar apoio. Promoción da lactación materna no embarazo, parto, e puerperio. Alimentación da nai. Lactación materna e anticoncepción. Hospitais amigos dos nenos. Promoción comercial de sucedáneos de leite materno. Lexislación española. Diagnóstico e tratamento da hipogalactia. Falsa hipogalactia. Lactación en situacións especiais. Prácticas de atención

á saúde e rutinas de maternidade. Fármacos durante a lactación. Alimentación complementaria do neonato. Aumento da produción de leite e relactación.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

49. Coidados de enfermaría psicoxeriátricos. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: por orde preferente: 1º) enfermeiros/as e auxiliares de enfermaría relacionados co coidado de anciáns. 2º) Outros enfermeiros/as e auxiliares de enfermaría.

Obxectivos: enumerar as principais características da vellez e da enfermidade mental. Clasificar as enfermidades mentais no ancián. Describir o cadro clínico da enfermidade de Alzheimer. Distinguir a enfermidade de Alzheimer de patoloxías vasculares. Enumerar as principais características de cada fase da enfermidade de Alzheimer. Intervir fronte ás alteracións cognitivas, sensoriais, emocionais e condutuais do enfermo de Alzheimer, aplicando os coidados auxiliares adecuados en cada caso. Manexar situacións difíciles con enfermos de Alzheimer. Formar a familia e coordinarse con ela para unha mellor atención ao enfermo de Alzheimer. Manexar situacións na relación coa familia do enfermo. Enumerar os aspectos legais máis importantes asociados á enfermidade de Alzheimer e outras demencias.

Contidos: introdución á vellez. Introdución á enfermidade mental. Clasificación das demencias. A enfermidade de Alzheimer. Concepto. Evolución. Cadro clínico. Alteracións cognitivas. Alteracións sensoriais. Alteracións emocionais. Empatía e intervención. Coordinación coa familia e formación desta. Manexo de situacións coa familia. Aspectos legais da enfermidade de Alzheimer. Alteracións condutuais. Manexo de situacións.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

50. Coidados de enfermaría en cardioloxía. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 18. Destinatarios: persoal de enfermaría de atención especializada.

Obxectivos: actualización dos coñecementos en relación cos coidados en cardioloxía. Incrementar as habi lidades no manexo da nova tecnoloxía relacionada cos

coidados en enfermaría cardiolóxica. Contidos: valoración inicial de enfermaría do paciente cardiolóxico. Patoloxías máis frecuentes. Monitorización e telemetría. Interpretación dos ECG. Complicacións máis habituais. Planificación de coidados. Educación sanitaria nos coidados cardiolóxicos.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

51. Coidados de enfermaría no paciente sometido a ventilación mecánica.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: por orde preferente: 1º) enfermeiros/as das áreas de críticos e unidades de pneumoloxía de atención especializada. 2º) resto de enfermeiros/as de atención primaria e especializada.

Obxectivos: xeral da actividade: facilitar os coñecementos e habilidades necesarias para o correcto coidado do paciente sometido a ventilación mecánica e así minimizar riscos e previr lesións. É imprescindible para os profesionais da enfermaría actualizaren o coñecemento básico dos diferentes ventiladores utilizados nas diferentes unidades de críticos, hospitalización e domicilio; o seu funcionamento, modalidades ventilatorias, parámetros, controis, así como tamén os coidados de enfermaría dos pacientes con ventilación mecánica, tanto invasiva como non invasiva.

Contidos: Módulo I: xeneralidades. Oxixenoterapia: recordo anátomo-fisiolóxico do sistema respiratorio e da respiración. Fallo ventilatorio. Indicacións da ventilación. Gasometría arterial: técnica e interpretación mecánica. Monitorización da ventilación mecánica. Ventilación controlada por volume. Ventilación controlada por presión. Modos ventilatorios asistidos.

Módulo II: talleres prácticos:

-Taller 1: respiradores. Estrutura xeral. Axustes básicos.

-Taller 2: modos ventilatorios asistidos.

-Taller 3: ventilación mecánica non invasiva. CIPAB; BIPAP.

Módulo III: coidados de enfermaría no paciente sometido a ventilación mecánica: aspiración de secrecións. Toma de mostras para o cultivo de secrecións. Coidados da boca do paciente intubado. Simulación con manequíns. Desteta. Complicacións da intubación.

Intervención e coidados de enfermaría ao paciente con soporte ventilatorio no domicilio.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

52. Coidados de enfermaría en saúde mental. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 28. Destinatarios: por orde preferente: 1º) enfermeiras/os e auxiliares de enfermaría das áreas de saúde mental de atención primaria e especiliazada. 2º) resto de enfermeiros/as e auxiliares de enfermaría de atención primaria e especializada.

Obxectivos: unificar criterios e metodoloxía no proceso de atención de enfermaría de saúde mental.

Contidos: modelo de coidados e patróns disfuncionais en saúde mental. O proceso de enfermaría: valoración, planificación e avaliación. Rexistros e a súa organización. Actividades terapéuticas con pacientes agudos. Programas comunitarios e continuidade de coidados nas unidades de saúde mental. Experiencias en rehabilitación comunitaria.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

53. Coidados paliativos e acompañamento a procesos terminais.

Nº de edicións: 3. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 36. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal sanitario de atención primaria e especializada dedicado ao coidado de pacientes terminais. 2º) outro persoal sanitario de atención primaria e especializada.

Obxectivos: fomentar o uso da comunicación como arma terapéutica e dotar de coñecementos e habilidades que permitan prestar unha atención integral ao paciente terminal.

Contidos: Módulo I: principios dos coidados paliativos. Xeneralidades. Aspectos psicosociais da morte.

Módulo II: tratamento de síntomas, dor e outros síntomas neuropsicolóxicos, dixestivos, respiratorios e tratamentos. Dor. Dor difícil. Tipos de analxesia. Tratamento con opioides. Coidados da pel. Mucosas. Eliminación. Alimentación.

Módulo III: a comunicación. Información e outros dereitos do paciente. ¿Como informar? Malas noticias. Manexo da negación. Dereito á información, á verdade e a unha morte digna.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

54. Comunicación e relación co enfermo e os seus familiares.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 24. Destinatarios: enfermeiros/as e auxiliares de enfermaría de atención primaria e especializada.

Obxectivos: desenvolver e potenciar habilidades que permitan manter relacións eficaces cos pacientes e o seu contorno. Mellorar a atención e a comunicación co paciente para conseguir unha diminución da tensión.

Contidos: actitudes necesarias na atención ao paciente. A comunicación. Asertividade. Condutas de saúde e enfermidade. Control do enfado e manexo de situacións conflitivas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

55. Comunicación terapéutica: un instrumento dos profesionais sanitarios.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas por edición: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal sanitario de atención especializada.

Obxectivos: instruír os profesionais no manexo da comunicación como elemento terapéutico. Fomentar a comunicación e as relacións humanas na atención sanitaria. Mellorar a adaptación da persoa ao seu contorno.

Contidos: o esquema da comunicación. Partes do proceso comunicativo. Modos de expresar a demanda. Técnicas comunicativas: a empatía, a autenticidade, o respecto, o feed-back, escoita activa, escoita pasiva, etc. Obstáculos na comunicación. Proceso da comunicación: «mensaxes ti», «mensaxes eu». Método do consenso ou da concentración.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

56. Educación sanitaria. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: persoal de enfermaría de atención primaria, fisioterapeutas e matronas.

Obxectivos: coñecer como ten evolucionado historicamente a educación para a saúde e o seu concepto actual. Coñecer os seus campos de acción con especial atención ao papel dos profesionais sanitarios. Comprender as bases teóricas da adquisición e modificación de condutas. Coñecer os principais métodos de educación para a saúde, especialmente aqueles de aplicación máis frecuente no ámbito sanitario. Describir os compoñentes do proceso da comunicación e ser capaz de aplicar as principais metodoloxías de educación para a saúde indicadas no ámbito sanitario. Coñecer a metodoloxía FACILE de planificación en educación para a saúde.

Contidos: evolución histórica e concepto actual da educación para a saúde. Campos de acción da educación para a saúde. Axentes de educación para a saúde. Educación para a saúde formal e informal. Bases teóricas da educación para a saúde. O proceso da comunicación. Un modelo de aprendizaxe da conduta. Métodos de educación para a saúde. Planificación dunha intervención de educación para a saúde. guía FACILE: unha proposta de modelo de planificación en educación para a saúde. Fase 1: Formar o escenario da conduta principal.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

57. Elaboración e publicación de documentos científicos.

Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: médicos, farmacéuticos/as, psicólogos clínicos e enfermeiros/as.

Obxectivos: dar os coñecementos para que os alumnos poidan facer artigos científicos. Describirlles aos alumnos o proceso de publicación científica. Proporcionarlles aos alumnos a información suficiente para acadar a publicación das súas investigacións en revistas científicas.

Contidos: Módulo I: o artigo. O artigo científico como paradigma do documento científico. Outros documentos científicos. A estrutura do artigo. Introdución, obxectivos, suxeitos e métodos, resultados, discusión e bibliografía. Características principais de cada unha das partes. O estilo científico.

Módulo II: a publicación científica. ¿Por que publicar? O proceso de publicación. Elección da revista. A comunicación autor-editor. O proceso de revisión por pares. Contestación aos revisores.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

58. Enfermaría clínica e relación de axuda. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 160. Destinatarios: por orde prioritaria: 1º) enfermeiros/as e matronas de unidades de hospitalización. 2º) outros/as enfermeiros/as de atención especializada.

Obxectivos: establecer criterios claros respecto á natureza das prestacións de enfermaría. Clarificar o rol profesional a partir de coñecementos científicos avanzados. Determinar e definir os campos de acción na práctica profesional. Definir os ámbitos e niveis específicos da práctica da profesión, tendo en conta os aspectos económicos, sociais e sanitarios. Potenciar procesos de desenvolvemento persoal e profesional conducentes a desempeñar un rol profesional máis adaptado ás necesidades dos sistemas de saúde. Capacitar o profesional de enfermaría, mediante a relación de axuda, a adquirir consciencia do valor que ten a redución do gasto nas prestacións de enfermaría, diminuír os custos e aumentar a eficiencia dos equipos. Capacitar o profesional de enfermaría para o desenvolvemento de estándares na mellora da calidade nas prestacións de enfermaría.

Contidos: Módulo I: sociedade, cultura e educación. Sistemas de saúde. Sistemas de persoal de saúde. Incidencia nas prestacións de saúde, de enfermaría e na saúde da poboación.

Módulo II: xénese e natureza da profesión de enfermaría. As prestacións de enfermaría e o seu impacto na práctica dentro do Sistema de Saúde e do equipo pluridisciplinar. A enfermaría como unha profesión de axuda dinámica e cualitativa con incidencia directa na redución do gasto nas prestacións de saúde e mellora da calidade nas prestacións globais de saúde.

Módulo III: comprensión da natureza do ser humano como núcleo e obxecto de atención nas prestacións de enfermaría. A educación, a cultura, a sociedade, o ambiente e o hábitat como factores de alta incidencia na saúde, desenvolvemento e benestar da persoa. Indicadores de saúde. Capacidades clave para o desenvolvemento de potencialidades para a saúde, a vida e o benestar.

Módulo IV: a relación de axuda, peza clave nas prestacións de enfermaría. Acompañamento e axuda nas prestacións de enfermaría. Natureza da relación de axuda. Profesións de relación de axuda. Modelos de relación de axuda. Presentación do modelo de aproximación terapéutica dentro da liña de pensamento humanista inserto na corrente holística para a saúde. Enfoque actitudinal, cognitivo e metodolóxico na práctica profesional. Desenvolvemento humano e aprendizaxe para os mecanismos de supervivencia.

Posición de alto risco e morte prematura, posición neutra, posición creativa e de autorrealización. A relación de axuda como medio de acompañamento e soporte nos procesos de toma de consciencia, cambios de estilos de vida, crecemento e autorrealización persoal e profesional. A especificidade da relación de axuda en enfermaría. Obxectivos, límites e diferenzas con outras profesións de relación de axuda.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

59. Ética e lexislación profesional. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 28. Destinatarios: enfermeiras/os, matronas e fisioterapeutas de atención primaria e especializada.

Obxectivos: impulsar a utilización dos principios éticos e deontolóxicos no desenvolvemento da actividade profesional. Coñecer a implicación do persoal de enfermaría no consentimento informado. Concienciar os profesionais sobre a consecuencia de transgresión das leis en que se vexa comprometida a responsabilidade.

Contidos: ética profesional: concepto. Deontoloxía e bioética. Aspectos xerais. Problemas éticos ante o enfermo. Código deontolóxico de enfermaría. Consentimento informado. Implicación da enfermaría na información ao enfermo. Implicacións legais da enfermaría. Cómo transmitir información ao enfermo en situacións especiais. Os dereitos dos usuarios na lexislación española. Lexislación en enfermaría. Responsabilidades legais dos profesionais de enfermaría. Clases. Consecuencias penais e civís dunha mala praxe.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

60. Exploración articular do aparello músculo-esquelético. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: médicos de atención primaria e de PAC.

Obxectivos: estudo e exploración do aparello locomotor. Contidos: columna vertebral, cadeira e xeonllo, ombreiro e cóbado, man e nocelo, farmacoloxía.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

61. Formación e calidade en mamografías. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 23. Destinatarios: TER. Obxectivos: cualificación do persoal citado nas técnicas de aplicación e utilización dos equipamentos e nas normas de protección radiolóxica de acordo co establecido no programa de garantía de calidade e na normativa vixente. Todo isto para intentar conformar unha cualificación de entrada do persoal novo que entre a traballar nestas unidades, de xeito que a falta de experiencia non inflúa no cumprimento dos criterios de calidade establecidos.

Contidos: abordaranse temas tales como: mamografía de cribaxe. Probas complementarias. Control de calidade. Programas de detección precoz do cancro de mama.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

62. Habilidades sociais para a calidade na atención ao paciente.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 28. Destinatarios: persoal de enfermaría de atención primaria e atención especializada.

Obxectivos: reflexionar sobre o desempeño das súas tarefas e mellorar a imaxe da institución que dá un servizo ao paciente, así como analizar quen é o usuario. Conseguir dos asistentes unha forma de comportamento máis competente e adecuada, evitando calquera conduta agresiva. Instaurar destrezas comunicativas e de relación co usuario interno e externo, mellorando as relacións a todos os niveis. Adestrar en habilidades sociais para favorecer o desenvolvemento de patróns máis eficaces, nun contorno de saúde e enfermidade. Mellorar a atención e a comunicación co paciente para conseguir unha diminución da tensión e ansiedade. Conseguir unha maior colaboración e obediencia ás prescricións terapéuticas co paciente.

Contidos: Módulo I: a empresa orientada cara ao usuario, paciente. Actitudes necesarias na atención do paciente. A calidade de atención ao paciente: cómo mellorala.

Módulo II: a comunicación: aspectos profesionais, laborais e sociais.

Módulo III: asertividade.

Módulo IV: comunicación co paciente: principios fundamentais. Influencia do grupo social e familiar nas condutas de saúde ou enfermidade.

Módulo V: control do enfado e manexo de situacións conflitivas.

Módulo VI: definición de estrés, teorías. Avaliación. Causas de estrés en enfermaría. Principais efectos do estrés laboral sobre o profesional de enfermaría. Emocións máis importantes asociadas ás causas do estrés. Intervención e manexo do estrés: o modelo de competencia. Métodos para a redución da ansiedade; o estrés e as súas aplicacións na práctica de enfermaría.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

63. Iniciación á metodoloxía da investigación científica. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 24. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: enfermeiros/as, matronas e fisioterapeutas.

Obxectivos: proporcionar os coñecementos básicos sobre técnicas e métodos que lles permitan iniciar e desenvolver proxectos de investigación. Achegar aos participantes as habilidades necesarias para a súa capacitación no deseño, redacción e presentación de traballos científicos tanto a nivel escrito como oral e visual.

Contidos: Módulo I: a investigación e o método científico. Métodos de investigación. Fases no deseño da investigación. Técnicas de obtención da información. Introdución á mostraxe.

Módulo II: introdución ao tratamento e análise de datos. Selección da técnica estatística a utilizar. Prácticas na aula informática.

Módulo III: estratexias de buscas bibliográficas. Bases de datos. Prácticas.

Módulo IV: difusión e presentación dos traballos de investigación. Metodoloxía, estrutura e estilos da comunicación oral (elaboración de abstracts, pósters, etc.) .

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

64. Intervención en traumas. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 12.

Destinatarios: psicólogos clínicos. Obxectivos: tratamento dos fundamentos polos cales se instala unha experiencia traumática e as particularidades do seu tratamento.

Contidos:

1. El EMDR de F. Shopiro.

2. Fundamentos sobre o impacto do trauma no ser humano.

3. Respostas defensivas ante a ameaza do recordo: disociación, parálise e estrés postraumático.

4. As 8 etapas do protocolo EMDR.

5. Aplicacións especiais: trauma, trastornos por ansiedade, pánico.

6. Prácticas supervisadas.

7. Medidas cando se bloquea o proceso.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

65. Limpeza, desinfección e esterilización de material sanitario.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 24. Destinatarios: auxiliares de enfermaría de atención primaria e especializada.

Obxectivos: capacitar os profesionais para poder establecer as diferenzas entre limpeza, desinfección e esterilización. Proporcionar os coñecementos para poder clasificar os distintos métodos de desinfección en función da súa utilización. Proporcionar información sobre os distintos pasos a seguir na esterilización.

Contidos: limpeza do material: cando debe iniciarse, como e por que. Desinfección e antisepsia: métodos físicos e químicos. Esterilización: métodos físicos e químicos. Sistemas de esterilización. Controis de calidade. Organización e funcionamento dun servizo de esterilización.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

66. Localización da información biomédica en internet e xestión das referencias bibliográficas.

Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: médicos, farmacéuticos/as, psicólogos clínicos e enfermeiros/as.

Obxectivos: aproveitar de maneira máis eficaz as posibilidades da rede internet. Localizar literatura científica a texto completo. Facilitar a escritura científica co uso de xestores bibliográficos.

Contidos: recursos gratuítos. Bases de datos de referencias bibliográficas. Bases de datos de texto completo. Ferramentas de axuda á escritura científica.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

67. Manexo de novas tecnoloxías de imaxe: rM, TAC. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: TER. Obxectivos: actualización dos coñecementos dos profesionais TER nas técnicas de aplicación e utilización dos equipamentos correspondentes ás novas tecnoloxías de TC e RMN.

Contidos: consideracións xerais sobre o equipamento e as instalacións. Aspectos técnicos e físicos da TC e da RMN. Atención ao paciente, posicionamentos deste e técnica da exploración. Artefactos. Exemplos de boa práctica radiolóxica. Particularidades dos estudos de cabeza, pescozo, columna, tórax, abdome e extremidades. Perspectivas de futuro de ambas as técnicas de imaxe.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

68. Obradoiro de educación diabetolóxica. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: médicos e persoal de enfermaría de atención primaria.

Obxectivos: adquirir as habilidades necesarias para a educación do paciente con diabete. Promover hábitos saudables e autocoidados destes pacientes.

Contidos: habilidades de educación terapéutica e comunicación. Ensino de técnicas de autocontrol e autocoidado na diabetes Mellitus.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

69. Obradoiro sobre a muller na etapa do climaterio: abordaxe na atención primaria de saúde.

Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 8. Destinatarios: médicos, matronas e persoal de enfermaría de atención primaria. Obxectivos: actualizar os coñecementos sobre a menopausa e adquirir habilidades cara á información deste período da vida das mulleres. Metodoloxía: breves exposicións teóricas e obradoiro de casos prácticos.

Contidos: aspectos epidemiolóxicos da menopausa na comunidade galega. Concepto e definición da menopausa e climaterio; síntomas asociados; síntomas controvertidos. Actividades preventivas recomendadas: anticonceptivo na perimenopausa, osteoporose, etc. Abordaxe na atención primaria: tratamentos farmacolóxicos. Estilos de vida saudable: nutrición, actividade física, tabaco...; estratexias de promoción da saúde. Obradoiro de casos prácticos.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

70. Obradoiro sobre alimentación e nutrición. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: enfermeiros/as da atención primaria. Obxectivos: actualizar os coñecementos sobre os hábitos de alimentación na poboación galega. Capacitar os participantes para detectar os hábitos non saudables na poboación.

Contidos: aspectos epidemiolóxicos da obesidade na nosa comunidade autónoma. Revisión do concepto de dieta equilibrada. A alimentación nas diferentes idades e circunstancias. O consello dietético. Fundamentos da elaboración de dietas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

71. Planificación de coidados de enfermaría: diagnósticos e intervencións (NIC, NOC) .

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 28. Destinatarios: por orde preferente: 1º) enfermeiros/as e matronas de atención primaria. 2º) enfermeiros/as e matronas das unidades de hospitalización.

Obxectivos: mellorar as habilidades para a aplicación dunha metodoloxía científica no proceso integral dos coidados de enfermaría.

Contidos: teorías, tendencias e modelos conceptuais de enfermaría na aplicación dos coidados. Estandarización dos coidados. Estrutura da planificación dos coidados. Definición de problemas dependentes e interdependentes. Criterios de priorización. Técnicas de obtención de datos. Informe de enfermaría á alta. Sistema para a súa coordinación. Metodoloxía para o seguimento e avaliación do proceso de planificación. A informatización dos coidados.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

72. Rexistros de enfermaría como evidencia da continuidade dos coidados.

Nº de edicións: 7. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal de enfermaría. Obxectivos: evidenciar o grao de rexistro dos profesionais enfermeiros e súa importancia como continuidade do proceso de coidados.

Contidos: introdución. Marco teórico: concepto de rexistro. Sistemas de rexistro. Normas de calidade dos rexistros. Marco legal: responsabilidades civís e penais. Faltas de dilixencia nos rexistros da enfermaría: espazos en branco. Rexistros sen sinatura responsable. Letra pouco lexible e clara. Riscaduras e emendas. Siglas e falta de data. O rexistro dentro do proceso de coidados. Importancia dos rexisros como elemento investigador. O rexistro informático.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

73. Reflexoterapia podal. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 22. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: fisioterapeutas de atención primaria e atención especializada.

Obxectivos: adquirir un mellor coñecemento da reflexoterapia podal. Coñecer os puntos reflexos e mapas reflexolóxicos actuais. Aprender a realización dunha masaxe reflexolóxica básica. Adquirir as habilidades necesarias para o tratamento de diversas patoloxías.

Contidos: xustificación científica da técnica. Anatomía do pé. Exploración clínica elemental. Indicacións e contraindicacións da técnica. Masaxe reflexolóxica básica. Masaxe reflexolóxica no aparello locomotor, dixestivo, excretor, circulatorio e endócrino. Masaxe reflexolóxica para o tratamento de patoloxías: lumbalxia, dismenorrea, estrinximento, cefalea, lindefema, etc.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

74. Relaxación e técnicas de control do estrés (para enfermaría) .

Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal de enfermaría. Obxectivos: identificar as técnicas de redución da ansiedade. Distinguir as aplicacións das técnicas de relaxación no tratamento dos problemas de saúde. Aplicar as técnicas de relaxación a si mesmos e aos usuarios dos servizos sanitarios.

Contidos: introdución: a ansiedade e a resposta do estrés. Adestramento en técnicas de relaxación muscular. Adestramento en técnicas de relaxación por suxestión. Adestramento en técnicas de relaxación rápidas. Outras técnicas de control do estrés.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

75. Síndrome da dor miofacial. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 28. Destinatarios: fisioterapeutas. Obxectivos: coñecer as manifestacións e alteracións dos tecidos brandos. Coñecer os tratamentos e técnicas dos «puntos gatillo».

Contidos: descricións anatómicas e tratamentos. Características clínicas dos «puntos gatillo» miofaciais. Factores de perpetuación. Tratamento fisioterápico da síndrome miofacial. Descrición de terapias.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

76. Soporte vital avanzado. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 24. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: médicos e enfermeiros/as das institución sanitarias do Sergas.

Obxectivos: recoñecer a perda de consciencia. Realizar apertura da vía aérea. Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria. Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica en neonatos, lactantes e nenos. Realizar o illamento da vía aérea. Manexo das vías venosas. Monitorizacion e diagnóstico de arritmia máis frecuente. Realización da desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardíaca transcutánea.

Nota: neste curso os aspirantes seleccionados deberán superar a correspondente proba de avaliación de coñecementos.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

77. Técnicas básicas de hematoloxía. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: TEL. Obxectivos: actualización e ampliación de coñecementos en relación coas diferentes técnicas que se realizan no laboratorio de hematoloxía.

Contidos:

1. Organización e xestión do laboratorio de hematoloxía. Fase preanalítica. Fase analítica. Fase postanalítica. Conservación de mostras.

2. Técnicas de hematimetría básica: contaxe de hemacias, leucocitos e plaquetas. Reticulocitos. Fórmula diferencial. A concentración de Hb, hematocrito, VDM, HCM, CHCM. ADE. Frotis de sangue periférico. Velocidade de sedimentación eritrocitaria (VSG) .

3. Banco de sangue: conceptos e requisitos básicos. Determinacións analíticas realizadas ás doazóns. Etiquetaxe. Almacenamento. Probas de compatibilidade.

4. Área de hemostasia e trombose: tempo de coagulación. Tempo de protrombina. ATIII. Outras.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

78. Urxencias extrahospitalarias. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 40.

Destinatarios: médicos e enfermeiras/os de atención primaria.

Obxectivos: practicar as manobras de atención ao paciente crítico.

Contidos: o manexo do paciente crítico: as urxencias cardiopatolóxicas e pulmonares. A RCP básica e avanzada. A atención ao paciente politraumatizado.

Nota: neste curso os aspirantes seleccionados deberán superar a correspondente proba de avaliación de coñecementos.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

C) Persoal de xestión e servizos xerais. 79. A protección de datos de carácter persoal. Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 8. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos C e D) .

Obxectivos: dar a coñecer a normativa sobre protección de datos de carácter persoal, facendo especial fincapé na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no Real decreto 994/1999, do Regulamento de medidas de seguridade. É de especial interese concienciar o persoal ao servizo da Consellería de Sanidade, xa sexa funcionario ou laboral, que ten acceso os datos de carácter persoal, para que realice un uso axeitado deles, axustándose en todo momento aos límites, prohibicións e exixencias contidos na normativa. O presente curso realizarase desde o punto de vista dos centros sanitarios, dando a coñecer as excepcións que a actual Lei orgánica de protección de datos establece para o tratamento dos datos de saúde levados a cabo por un profesional sanitario suxeito ao segredo profesional ou por outra persoa suxeita, así mesmo, a unha obriga equivalente de segredo.

Contidos:

1. Introdución: a protección de datos en relación co dereito fundamental á intimidade persoal e familiar. O dereito fundamental á protección de datos, declarado polo Tribunal Constitucional en Sentenza 292/2000. Evolución histórica da normativa nacional e comunitaria.

2. Principios fundamentais da protección de datos: calidade dos datos. Dereito de información na recolla de datos. Consentimento do afectado. Datos especialmente protexidos, facendo especial fincapé nos datos referentes á saúde e a normativa sanitaria aplicable. Datos relativos á saúde. Seguridade dos datos. Deber de segredo. Comunicación dos datos. Acceso aos datos por conta de terceiros. Obrigas derivadas dos principios fundamentais da protección de datos. En cada un dos puntos exporase aos asistentes casos prácticos reais sobre procedementos sancionadores incoados pola Axencia de Protección de Datos que finalizaron coa imposición de importantes sancións.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

80. A xestión do estrés para persoal de xestión e servizos xerais.

Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 24. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais das institucións sanitarias do Sergas. Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente, persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e nas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente, persoal de atención especializada.

Obxectivos: identificar os factores estresantes na vida dunha persoa. Analizar os efectos do estrés no ser humano. Identificar os recursos da persoa para o afrontamento eficaz das situacións estresantes. Adquirir habilidade no emprego de recursos para xestionar saudablemente as causas que xeran estrés no ámbito laboral, familiar e social. Valorar o cambio de actitudes conducentes a desenvolver estilos de vida saudables.

Contidos: concepto de estrés e tipos de estrés. Síndrome xeral de adaptación e as súas fases. Efectos da activación do eixe adrenal hipofisario e do eixe neuroendrócrino como resposta a unha situación de estrés. Manifestacións para identificar o estrés e efectos do estrés no ser humano. Relación do estrés coa saúde e cos procesos patolóxicos. Factores estresantes no ámbito laboral, familiar e persoal. Formas de afrontamento e a súa efectividade. Características das persoas que xestionan o seu estrés saudablemente. Plan de xestión do estrés.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

81. Acceso á información nun centro sanitario. Nº de edicións: 3. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 28. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal de xestión e servizos xerais que desenvolvan funcións

administrativas (grupos C e D) . 2º) outro persoal de xestión e servizos xerais. Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente, persoal de atención primaria e nas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente, persoal de atención especializada.

Obxectivos: dar a coñecer ao persoal a importancia da confidencialidade da información.

Contidos: como circula a información no hospital. Quen a manexa. Diferentes soportes. Puntos críticos. Confidencialidade. Seguridade da información. Calidade. Bases de datos.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

82. Actuación da lavandaría na hixienización do téxtil hospitalario.

Nº de edicións: 3. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: lavandeiros/as, persoal que pasa o ferro, gobernantes/as, costureiros/as, xefes/as de hostalaría.

Obxectivos: formar a todo o persoal que traballa ou ten relación coas lavandarías hospitalarias, tanto en materia de hixiene á hora de manipular roupa sucia, como dos riscos que corremos ao manipular a dita roupa. Facilitar os coñecementos necesarios para mellorar a súa cualificación dentro da lavandaría, coas cales poder desenvolver o seu cometido adquirindo seguridade no seu traballo diario e no traballo en equipo.

Contidos: definición de lavandaría. Clasificación e tipos das diferentes de lavandarías hospitalarias. Tipos e características da roupa hospitalaria. Clases de transporte da roupa sucia. Recepción e pre-clasificación da roupa na zona sucia. Clasificación e tratamento dos distintos tecidos. O lavado da roupa. Maquinaría para o lavado. Maquinaría para o secado e pasada de ferro. Almacenamento e expedición da roupa limpa. Transporte da roupa limpa. Descricións de diferentes lavandarías do Sergas. Medicina preventiva no servizo de lavandaría. Prevención de riscos laborais na lavandaría. Normas xerais nunha lavandaría hospitalaria.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

83. Actuación na lenzaría hospitalaria. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 9. Destinatarios: pinches de cociña, gobernantes/as, costurerios/as, xefes/as de hostalaría.

Obxectivos: formar o persoal que traballa ou ten relación co servizo de lenzaría dun centro hospitalario.

Contidos: definición do servizo de lenzaría. Funcións. Sistema de dotación. A roupa limpa. A lenzaría hospitalaria. Mantemento do stock de lenzaría. Circuíto limpo-sucio: precaucións hixiénico-sanitarias. Almacenamento da roupa sucia. Percorrido da roupa.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

84. Análise de riscos e puntos críticos dunha lavandaría hospitalaria.

Nº de edicións: 3. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: pasadores/as de ferro, lavandeiros/as, gobernantes/as, xefes/as de hostalaría e costureiros/as.

Obxectivos: adestramento do persoal das lavandarías hospitalarias públicas en métodos de traballo no servizo. Instruír sobre as normas hixiénicas e de procedementos.

Contidos: Plan de hixiene e desinfección:

-Métodos de hixiene (mans, carros, pavimentos, maquinaria) .

-Métodos de desinfección. Metódica de traballo:

-Diagrama do fluxo da roupa. HACCP (Análise de perigos e puntos críticos) :

-Identificación de riscos e puntos críticos.

-Control e seguimento. Guía de procedementos:

-Proceso da roupa sucia.

-Proceso da roupa limpa.

-Aseguramento da calidade do proceso. Normas de actuación do persoal da lavandaría:

-Normas xerais.

-Normas dentro da zona sucia.

-Normas dentro da zona limpa.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

85. Aprovisionamento de produtos sanitarios. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: por orde preferente: 1º) persoal de xestión e servizos xerais (grupos A, B,C e D) das áreas de compras e subministracións. 2º) resto do persoal de xestión e servizos xerais (grupos A, B, C e D) .

Obxectivos: coñecer os procedementos de aprovisionamento de produtos sanitarios do Servizo Galego de Saúde e o desenvolvemento de programas específicos desta área.

Contidos: aprovisionamento de produtos no Sergas. Intercambio electrónico de datos con provedores (EDI) . Proxecto de calidade Aproviso 9mil. Outros proxectos corporativos do Sergas.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

86. Atención ao usuario. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 35. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos C e D) e celadores/as de atención primaria. Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente, persoal de atención primaria e nas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente, persoal de atención especializada.

Obxectivos: ampliar a súa capacidade de relación, tanto co usuario como no contorno laboral e persoal. Desenvolver e comunicar unha mentalidade de servizo total ao usuario. Avanzar no aprecio da profesión e sentirse valiosos no desempeño desta. Desenvolver habilidades ou destrezas aplicables no posto de traballo respecto á atención ao usuario.

Contidos: módulo I: a organización orientada ao usuario. Módulo II: comunicación co usuario. Módulo III: habilidades de comunicación co usuario. Módulo IV: manexo de conflitos. Módulo V: control do enfado. Módulo VI: Tratamento de queixas. Módulo VII: atención telefónica.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

87. Aseguramento e tarxeta sanitaria. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 24. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada.

Obxectivos: formar o persoal nas normas de aseguramento e sobre tarxeta sanitaria, para que poidan manexar os aplicativos e dar información aos cidadáns sobre os trámites para acceder aos servizos sanitarios, solicitar a tarxeta, cambio de médico, hospital de referencia, e modo de acceso á asistencia. A formación sobre estas materias é imprescindible para dar un bo servizo aos cidadáns.

Contidos: a tarxeta sanitaria como sistema de información. O dereito á asistencia sanitaria en Galicia. Trámites para a solicitude da tarxeta. Aplicación informatica: tarxeta sanitaria.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

88. Aspectos do traballo social no ámbito sociosanitario. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 12. Destinatarios: asistentes/as sociais. Obxectivos: afondar no coñecemento e aplicación da metodoloxía e técnicas para a intervención clínica individual e familiar. Dotar os participantes de coñecementos actualizados para a xestión do voluntariado e grupos de autoaxuda. Mellorar as habilidades dos profesionais en relación coa información e asesoramento; e derivación/coordinación con outras institucións sociais.

Contidos: Módulo I: a intervención clínica individual e familiar no campo da saúde. O apoio psicosocial.

Módulo II: a xestión do voluntariado e dos grupos de autoaxuda na saúde.

Módulo III: a información e derivación/coordinación en saúde coas distintas institucións sociais.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

89. Calidade na atención telefónica. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 24.

Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos C e D) , celadores/as e telefonistas. Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente, persoal de atención primaria e nas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente, persoal de atención especializada.

Obxectivos: adquisición de novas habilidades profesionais. Dotar de ferramentas que aumenten a eficiencia laboral. Reflexionar sobre o desenvolvemento das súas tarefas e mellorar a imaxe da institución que dá un servizo ao paciente/usuario. Ofrecer unha imaxe adecuada do hospital a través dun medio directo (teléfono) . Manexar os recursos da linguaxe como unha ferramenta de traballo.

Contidos: Módulo I: o servizo ao usuario/paciente. Actitudes indispensables no tratamento ao paciente. Calidade na atención ao paciente: como mellorar a importancia do contorno hospitalario. Importancia da calidade. Imaxe de calidade. A calidade afecta a todos os niveis e todos a transmiten.

Módulo II: o servizo de admisión e control. Ingreso no hospital. Humanización da asistencia.

Módulo III: a atención telefónica: acollida e resolución de chamadas. Introdución. A comunicación telefónica: a escoita activa no desenvolvemento de chamadas. Recepción de chamadas: técnicas para a correcta acollida de chamadas. Emisión de chamadas: técnicas para mellorar a emisión. As reclamacións.

Módulo IV: a palabra e a voz. Introdución. A voz como recurso suxestivo. Uso dos recursos expresivos. Silencio.

Módulo V: os contestadores automáticos como imaxe de empresa. Introdución. Relación da acollida telefónica a través do contestador automático. Cómo contestar a unha mensaxe recibida a través do contestador automático.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

90. Estrés, técnicas de relaxación, motivación e autoestima.

Nº de edicións: 3. Nº máximo de prazas por edición: 35. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos C e D) e celadores de atención primaria e especializada.

Obxectivos: crear novos marcos de referencia para contribuír ao desenvolvemento persoal. Modificar o comportamento e conseguir o equilibrio indispensable mediante o adestramento diario da relaxación. Comprender que o comportamento humano está determinado por un conxunto de elementos que activan e manteñen as condutas dos individuos.

Contidos:

a) Estrés e técnicas de relaxación: Módulo I: ansiedade e estrés: definición. Causas. Módulo II: tratamento do estrés. Módulo III: a relaxación. Módulo IV: a respiración. Módulo V: a consciencia. Módulo VI: a relaxación e o noso corpo. Módulo VII: proxección laboral.

b) Estrés e técnicas de relaxación: Módulo I: a motivación. Módulo II: a frustración como cara oposta da motivación.

Módulo III: autoestima.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

91. Ferramentas na área administrativa. Nº de edicións: 2. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 5. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos A, B,C e D) .

Obxectivos: mellorar a atención e a información ao cidadán.

Contidos: procedementos na área administrativa. Organización do traballo.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

92. Frío industrial aplicado ao aire acondicionado. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20.

Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que realice labores de mantemento e control de instalacións e persoal relacionado coas infraestruturas hospitalarias.

Obxectivos: formar e actualizar o persoal en temas de frío industrial.

Contidos: frío industrial aplicado ao aire acondicionado.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

93. Instalacións de protección contra incendios en hospitais.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 9. Destinatarios: por orde preferente: 1º) técnicos de mantemento. 2º) PSX.

Obxectivos: dotar os asistentes de coñecementos básicos acerca dos sistemas de protección contra incendios existentes no hospital, como empregalos en caso de emerxencia e sensibilizalos en prevención de riscos.

Contidos: Módulo I: o lume. Cadea do incendio. Evolución do incendio. Condicións para que se inicie o lume. Fontes de ignición. Velocidade de propagación. Iniciación. Desenvolvemento. Propagación.

Módulo II: consecuencias dos incendios. Produtos da combustión. Lapas. Fume. Gases. Calor.

Módulo III: clasificación do lume. Normativa UNE e internacional. Normativa UNE. Normativa francesa «AFNOR» e alemá «DIN». Símbolos internacionais para designar as distintas clases de lume.

Módulo IV: axentes extintores adecuados ás distintas clases de lume. Axentes sólidos. Axentes líquidos. Axentes gasosos. Técnicas de extinción.

Módulo V: sistemas de detección de incendios. Detectores. Sistemas de detección. Instalacións de extinción.

Módulo VI: normativa aplicable. Normativa actual contra incendios NBE-CPI/96. Regulamento de protección contra incendios (RIPI) . Mantemento de sistemas CPI.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

94. Habilidades de comunicación para traballadores de atención directa ao público.

Nº de edicións: 3. Nº de prazas por edición: 30. Nº de horas por edición: 24.

Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais e celadores en postos de atención directa ao público.

Obxectivos: potenciar habilidades sociais e psicolóxicas para afrontar con eficacia situacións de crise. Estudar a importancia da comunicación e as súas técnicas na atención ao público. Desenvolver nos profesionais condutas tendentes a optimizar a atención ao público como peza indutora da mellor valoración do seu posto de traballo. Manexar os recursos da linguaxe como unha ferramenta de traballo.

Contidos: habilidades sociais. Comunicación co público. Habilidades de comunicación co público. A palabra e a voz. Control do enfado e manexo de situacións conflitivas.

__73__

06-9250 Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de

Compostela 20, 21, 22, 23, 27 e 28 de

marzo 16.30-20.30 06-9251 Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo 18, 19, 20, 21, 25 e 26 de setembro 16.30-20.30 06-9252 Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela 20, 21, 22, 23, 27 e 28 de novembro__F

95. Mantementos de instalacións de climatización. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 20. Nº de horas por edición: 16. Destinatarios: persoal das institucións do Sergas que realice labores de mantemento e control de instalacións de climatización.

Obxectivos: ofrecer aos asistentes ao curso unha formación acorde co seu posto que lles permita mellorar a realización das súas tarefas. Incorporar novos procesos con aplicabilidade ao mantemento de instalacións hospitalarias. Facilitar a adaptación dos profesionais ás novas instalacións.

Contidos: definición. Necesidades. Tipos. Procedementos. Telemantemento.

__73____F

96. Medio de linguaxe administrativa galega. Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 60. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos A, B,C e D) .

Instrucións: Están exentos de realizar o curso medio de linguaxe administrativa galega as persoas que teñan asistido e posúan os certificados dos cursos básico e superior de linguaxe administrativa galega organizados pola Fegas entre os anos 1998 e 2003 (orde da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria do 19-11-2003; DOG nº 230, do 26 de novembro de 2003) .

Os que aspiren a participar no curso medio de linguaxe administrativa galega engadiranlle ao modelo de solicitude unha copia compulsada da certificación que acredite que teñen superado ou validado o curso básico de linguaxe administrativa galega impartido pola Fegas, o curso básico de linguaxe administrativa galega impartido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou o curso de perfeccionamento de lingua galega.

Obxectivos: afianzar e ampliar os coñecementos adquiridos no curso básico. Lograr unha mellora na comunicación cos usuarios das institucións sanitarias.

Contidos: a redacción administrativa, con especial incidencia no estilo e na terminoloxía empregados. Pautas para unha linguaxe sinxela, accesible aos usuarios das institucións sanitarias.

__73__

06-9254 Complexo Hospitalario de Ourense 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27, 28

de setembro e 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de outubro

__F

97. O celador hospitalario. Nº de edicións: 6. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: 1º) celadores de atención especializada. 2º) outro persoal de xestión e servizos xerais de atención especializada.

Obxectivos: proporcionar ao persoal destinatario do curso coñecementos que faciliten un maior desenvolvemento no seu posto de traballo.

Contidos: tarefas do celador nos diferentes servizos do hospital. A responsabilidade do celador na calidade asistencial. Recolla e transporte de mostras. Necesidades de seguridade. Necesidades de mobilización. Recepción de doentes, situacións tipo, técnicas de mobilización axeitadas. Como evitar riscos. Técnicas de manutención. Funcións do celador (normativa xurídica aplicable ao persoal subalterno) . A comunicación e a imaxe. Habilidades básicas.

__73__

06-9255 Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Compostela 3, 4, 5,6 e 7 de abril 16.30-20.30

06-9256 Complexo Hospitalario Universitario de Vigo 17, 18, 19, 20 e 21 de abril 16.30-20.30

06-9257 Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo 8, 9, 10, 11 e 12 de maio 16.30-20.30

06-9258 Complexo Hospitalario Xeral Calde 22, 23, 24, 25 e 26 de maio 16.30-20.30

06-9259 Complexo Hospitalario de Pontevedra 19, 20, 21, 22 e 23 de xuño 16.30-20.30

__F

98. Técnicas de manexo e condución de utensilios dun traslado sanitario

Nº de edicións: 4. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 6. Destinatarios: celadores, PSX, condutores, encargados de quenda e xefes de persoal subalterno.

Obxectivos: colocación correcta do persoal, ensinando a manexar e conducir camas e cadeiras de rodas, transpalés e padiolas por diversas superficies, corredores, ascensores, ramplas, etc. Aplicar as técnicas de traslado correctas de pacientes con total seguridade, utilizando os medios axeitados ás súas necesidades. Técnicas do traslado do material, con traspalés, con padiolas, carros, etc., desde o almacén. Dar seguridade no traballo dunha institución sanitaria tendo plena consciencia de cal é a forma correcta a desempeñar en cada situación e en cada momento.

Contidos:

a) Contidos teóricos:

-Características e funcionamento dos equipos utilizados nos traslados:

-Tipos de padiolas.

-Tipos de cadeiras de rodas.

-Tipos de camas.

-Tipos de transpalés.

-Accesorios para o traslado.

-Normas de mantemento dos equipamentos. Técnicas de suxeición e de traslado de pacientes:

-Suxeición na cama.

-Suxeición na padiola. Formas de traslado: en cadeiras de rodas, en padiola e en cama.

Tipos de traslado: de cama a padiola e de cama a cadeiras de rodas.

Traslado de cadáveres. Normativa relacionada cos traslados. Circuítos de traslado.

Traslados nunha situación de emerxencia e evacuación.

b) Contidos relacionados coa profesionalidade. Determinar o circuíto de traslado. Seleccionar o medio de transporte adecuado para o traslado de material no almacén.

Determinar o material accesorio necesario para realizar o traslado.

Manipular o equipo mediante a técnica axeitada. Trasladar o paciente en cadeiras de rodas, padiola e cama, manobrando con destreza.

Circular á velocidade indicada en función da urxencia e das condicións físicas do contorno.

Trasladar falecidos ao depósito de cadáveres polos circuítos establecidos e preservando o debido respecto durante o traslado.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

99. Tendencias e reformas na xestión administrativa. Nº de edicións: 9. Nº de prazas: 30. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos C e D) .

Destinatarios para a edición de Santiago de Compostela: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (grupos A e B) .

Obxectivos: actualizar os coñecementos do persoal estatutario sobre reformas administrativas e tendencias na xestión administrativa.

Contidos: procedemento administrativo: intimidade de datos e informática. Dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos. A responsabilidade penal, disciplinaria e civil do persoal estatutario. Comunicación e relación co administrado (usuario) . Fundamentos de dereito comunitario para práctica administrativa.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

100. Xestión económica e orzamentaria no Servizo Galego de Saúde.

Nº de edicións:

1. Nº de prazas: 25. Nº de horas por edición: 20. Destinatarios: persoal de xestión e servizos xerais de atención primaria e especializada que desenvolvan funcións administrativas (C e D) .

Obxectivos: coñecer os procedementos en materia de xestión económica e orzamentaria da Comunidade Autónoma de Galicia e, especialmente, no Servizo Galego de Saúde.

Contidos: o orzamento da Administración pública, especialmente o Servizo Galego de Saúde. A xestión económico-orzamentaria. Modificacións de crédito. Fases de gasto. Contabilización. Control interno da xestión económica.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma