Resolucion do 3 de xuño de 2009, da Direccion Xeral de Educacion, Formacion Profesional e Innovacion Educativa, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucions no procedemento de admision do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos publicos para impartir ciclos formativos de formacion profesional de graos medio e superior en rexime ordinario e para as persoas adultas para o curso academico 2009-2010. - Diario Oficial de Galicia, de 16-06-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 116
  • Fecha de Publicación: 16/06/2009
  • PDF de la disposición

O Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu título V os criterios de admisión nos ciclos formativos de graos medio e superior de formación profesional específica.

A Orde do 5 de xuño de 2007, pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, na súa disposición derradeira primeira autoriza a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as normas precisas para o seu desenvolvemento, así como para fixar prazos diferentes aos previstos nesta orde para a admisión de solicitudes e para a formalización de matrícula.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación.

1. Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou de persoas adultas, e consonte o disposto na Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2009-2010 serán os seguintes:

a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 14 de setembro, ambos os dous incluídos.

2. Para os efectos do procedemento de adxudicación e matriculación nas ensinanzas de formación profesional do citado curso académico, entenderase por período ordinario o comprendido entre o 17 de xuño e o 31 de xullo.

O período extraordinario abranguerá desde o 1 de setembro ata o 31 de outubro.

3. A documentación que hai que presentar será a establecida no artigo 12 da devandita orde para ciclos formativos polo réxime ordinario, e no artigo 13 para módulos profesionais polo réxime para as persoas adultas.

4. Con independencia dos requisitos xerais de acceso e de acordo coa disposición adicional segunda da citada Orde do 5 de xuño de 2007 e do artigo 31º da Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, a admisión ao ciclo forma-tivo de grao medio de mergullo a media profundidade requirirá ter dezaoito anos cumpridos no mo-mento de presentación da solicitude, así como superar unha serie de probas físicas en instalacións en terra, en piscina, un exame médico, unha avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional e unha proba de compresión e tolerancia ao oxíxeno hiperbárico.

Dado que por motivos de seguranza ou saúde a admisión neste ciclo formativo está ligada á supera-ción de probas de carácter psicofísico, unicamente se terán en conta as solicitudes presentadas nos centros que impartan estas ensinanzas.

Para a realización das devanditas probas os aspirantes deberán achegar un certificado médico vixente no momento de presentación da solicitude.

Segundo.-Procedemento de admisión e matrícula no período ordinario polo réxime ordinario.

1. As secretarías dos centros, ademais de recolleren as solicitudes para a admisión a ciclos formativos de graos medio e superior, cargarán os datos de inscrición para o primeiro curso na aplicación informática Ciclosweb, facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

A formalización dos datos na aplicación informática realizarase desde o 17 de xuño ata as 14.00 horas do día 3 de xullo.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español deben formalizar os datos na aplicación informática, agás a puntuación outorgada polo expediente académico, que corresponde á Subdirección Xeral de Xestión e Calidade da Formación Profesional. Segundo se vaian recibindo estas solicitudes, enviarase á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, polo trámite de urxencia, copia cotexada delas e da documentación xustificativa dos requisitos académicos referidos no artigo 12 da Orde do 5 de xuño de 2007. O prazo para a súa recepción na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa finalizará o día 3 de xullo ás 14.00 horas.

3. Nos centros que reciban solicitudes de alumnado que acredite algún tipo de discapacidade, o xefe ou xefa do departamento de orientación realizará un ditame de escolarización para o que contará, de ser necesario, coa axuda do equipo de orientación específico da provincia correspondente. Neste ditame incluirase a proposta razoada de escolarización en función das necesidades do alumno ou alumna e das características e posibilidades do centro.

O centro enviará polo trámite de urxencia á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a solicitude do alumno ou alumna, o ditame e a documentación a que fai referencia o alínea e) do artigo 12 da Orde do 5 de xuño de 2007.

A comisión autonómica de escolarización, á vista desta documentación, valorará as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas, co obxecto de garantir a eficacia da formación e do posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título.

O prazo para a súa recepción na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa finalizará o día 3 de xullo ás 14.00 horas.

A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame provisional de escolarización o día 9 de xullo, que se fará público no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp

Publicado o ditame provisional de escolarización, pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta da comisión autonómica de escolarización nos días 10 e 13 de xullo. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 16 de xullo, e farase público no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp.

4. Os centros farán pública o día 6 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http:/www.edu.xunta.es/fp.

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 13 de xullo ás 14.00 horas.

5. As persoas solicitantes de admisión ao ciclo formativo de grao medio de mergullo a media profun-didade serán informadas no momento da inscrición polo centro que imparta o devandito ciclo da data, o lugar e a hora en que se vaia celebrar a proba a que se fai referencia no punto cuarto da disposición primeira desta resolución. Os resultados destas probas exporanse antes do 21 de xullo no taboleiro de anuncios do centro.

6. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o presidente ou a presidenta do consello escolar, ou do consello social no caso dos centros integrados de formación profesional, os centros terán de prazo ata o día 15 de xullo ás 14.00 horas para cargaren os datos coas modificacións que houber na aplicación informática. Esta listaxe definitiva exporase o día 16 de xullo no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp.

7. O día 21 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp a primeira relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación. Estas relacións elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

8. No prazo abranguido desde o día 21 ao día 24 de xullo, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en lista de espera das opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 24 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.

9. O día 28 de xullo, a comisión autonómica de escolarización publicará a segunda relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde han aparecer as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.

Esta relación deberá contar en cada centro coa aprobación do consello escolar ou consello social correspondente.

10. No prazo abranguido desde o día 28 ao día 31 de xullo, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en lista de espera das opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 31 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.

11. Se despois de cada unha das adxudicacións a que se fai referencia nos números 7 e 9 anteriores existiren prazas vacantes e non houber lista de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo ata o 31 de xullo para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos académicos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en todo momento na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp.

12. No procedemento de admisión ao segundo curso, os órganos competentes serán os establecidos no artigo 14 da Orde do 5 de xuño de 2007.

13. No caso do alumnado que deba formalizar a matrícula no segundo curso por ter pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo, entenderase a presentación da solicitude como formalización de matrícula, para os efectos de tramitación dos correspondentes convenios para o desenvolvemento do dito módulo.

14. A comisión autonómica de escolarización poderá realizar a acumulación de prazas de acceso mediante proba e por acceso directo a partir da primeira adxudicación do mes de xullo.

Terceiro.-Procedemento de admisión e matrícula no período extraordinario polo réxime ordinario.

1. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español procederán segundo se establece no punto 2 da disposición segunda desta resolución. O prazo para a recepción das solicitudes na Subdirección Xeral de Xestión e Calidade da Formación Profesional para proceder á baremación dos expedientes finalizará o día 14 de setembro ás 14.00 horas.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado con necesidades educativas especiais ou que acrediten algún tipo de discapacidade procederán segundo se establece no punto 3 da disposición segunda desta resolución.

O prazo para a súa recepción na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa finalizará o día 14 de setembro ás 14.00 horas.

A comisión autonómica de escolarización, emitirá ditame provisional de escolarización o día 15 de setembro, que se fará público no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp.

Publicado o ditame provisional de escolarización pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta da comisión autonómica de escolarización nos días 16 e 17 de setembro. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 18 de setembro, e farase público no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp.

3. O día 16 de setembro os centros farán pública a relación provisional de solicitantes. Establécese un prazo de reclamacións ata o día 18 ás 14.00 horas.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social correspondente, os centros teñen de prazo ata o día 18 de setembro ás 15.00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións.

O día 21 de setembro farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp a listaxe definitiva de solicitantes.

O día 21 de setembro farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp a primeira relación extraordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior por orde decrecente de puntuación.

No prazo comprendido entre o día 21 e o día 24 de setembro ata as 14.00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en lista de espera das opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

4. No mes de setembro elaboraranse sucesivas relacións de alumnado en cada ciclo formativo de graos medio e superior, nas cales se adxudicarán as prazas non cubertas polas persoas admitidas na fase anterior, coas persoas solicitantes en orde decrecente de puntuación. Estas relacións elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e deberanas aprobar a comisión autonómica de escolarización e, en cada centro, o consello escolar ou consello social correspondente. O calendario para a publicación destas novas relacións de persoas admitidas, cos correspondentes prazos de matrícula, é o seguinte:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

5. A comisión autonómica de escolarización poderá realizar a acumulación de prazas de acceso mediante proba e por acceso directo a partir da primeira adxudicación do mes de setembro.

6. Se, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes ou despois de cada unha das adxudicacións a que se fai referencia no número 4, existiren prazas vacantes e non houber lista de espera, liberaranse as prazas do correspondente ciclo formativo para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos académicos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en todo momento na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp.

7. O proceso de matriculación rematará o día 31 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Cuarto.-Procedemento de admisión e matrícula polo réxime para as persoas adultas nos períodos ordinario e extraordinario.

1. Os prazos de presentación de solicitudes serán os mesmos que os establecidos na disposición primeira desta resolución.

2. No caso do alumnado que acredite algún tipo de discapacidade ou do alumnado con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español, procederase de acordo co establecido nos números 2 e 3 da disposición segunda desta resolución, ou 1 e 2 da disposición terceira desta resolución.

3. As datas de publicación das relacións provisionais do alumnado solicitante, os correspondentes prazos de reclamacións, as datas de publicación das relacións definitivas, as datas de publicación das relacións de persoas solicitantes adxudicadas, así como os prazos de matriculación, serán os mesmos que os establecidos para o réxime ordinario nas disposicións segunda e terceira desta resolución.

4. No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo, entenderase a presentación da solicitude como formalización de matrícula, para os efectos de tramitación dos correspondentes convenios para o desenvolvemento do dito módulo.

Quinto.-Solicitude de convocatoria extraordinaria.

1. O alumnado que esgotase as convocatorias a que tiña dereito polo réxime ordinario e teña módulos pendentes de superación dun ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, deberá rematar os seus estudos polo réxime de persoas adultas, e terá dereito a un máximo de catro convocatorias por este réxime.

Non obstante o anterior, este alumnado poderá solicitar a autorización dunha única convocatoria extraordinaria para poder rematar os seus estudos polo réxime ordinario, de acordo co procedemento e nas condicións que se establecen no artigo 24 da Orde do 5 de xuño de 2007, pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

No caso dos centros privados, a dirección dará traslado das solicitudes ao centro público a que estea adscrito no prazo máximo de cinco días hábiles.

2. O prazo de presentación de solicitudes de convocatoria extraordinaria abranguerá desde o 17 de xuño ata o 30 de setembro, de acordo co establecido no artigo 24.5º da citada Orde do 5 de xuño de 2007. No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo, poderá solicitala en calquera momento do curso académico a fin de efectuar a matrícula no devandito módulo nas condicións establecidas no artigo 6.5º da Orde do 28 de febreiro de 2007, pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. De acordo co artigo 24.4º da citada Orde do 5 de xuño de 2007, unha vez concedida a convocatoria extraordinaria, o alumno ou a alumna deberán formalizar a matrícula no ciclo formativo dun centro educativo que teña a condición de liberado para rematar os seus estudos.

Para os efectos de formalización da matrícula de convocatoria extraordinaria terase en conta o establecido na disposición transitoria primeira desta resolución.

Disposición adicional

Primeira.-Erros no número do documento de identificación.

De detectárense erros na aplicación informática no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través de reclamación, segundo o modelo de solicitude do anexo I desta resolución e dispoñible na páxina web http:/www.edu.xunta.es/fp.

A esta solicitude deberáselle achegar unha fotocopia do documento de identificación e deberá estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Xestión e Calidade da Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

Segunda.-Número mínimo de solicitudes de matrícula.

De acordo co artigo 19.4º da Orde do 5 de xuño de 2007, a formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quedará condicionada a que estea cargado na aplicación informática antes das 12.00 horas do 15 de setembro un número mínimo de oito solicitudes de matrícula admitidas por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de seis solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos ciclos formativos de grao medio ou superior, tanto no réxime ordinario como na oferta modular polo réxime para as persoas adultas.

Terceira.-Modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas para cada ciclo formativo de grao superior.

1. No caso do acceso a ciclos formativos de grao superior, a relación de modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas será a que se recolle nos anexos II A) e II B) desta resolución.

2. En relación coa preferencia no acceso a ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, as modalidades de bacharelato de tecnoloxía e de ciencias da natureza e da saúde establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, terán a mesma consideración para efectos de acceso que a modalidade de ciencias e tecnoloxía establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cuarta.-Comunicación a través de mensaxes a teléfonos móbiles.

A persoa solicitante que indique un número de teléfono móbil na solicitude de admisión ao primeiro curso de ciclos formativos polo réxime ordinario recibirá unha comunicación vía SMS en que se lle indicará o centro e o ciclo adxudicados, e o prazo en que deberá formalizar a matrícula correspondente. Esta comunicación terá carácter simplemente informativo e non substituirá a notificación oficial no xeito establecido nesta resolución.

Quinta.-Admisión a ciclos formativos de grao medio mediante a acreditación de titulacións académicas de acceso directo ao grao superior.

As persoas solicitantes de admisión mediante acceso directo a ciclos formativos de grao medio que en lugar de presentar algunha das titulacións ou estudos superados a que se fai referencia no artigo 5 da citada Orde do 5 de xuño de 2007 presenten directamente un título universitario, un título de técnico superior ou un título de bacharel da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ou estudos equivalentes aos anteriores, participarán no proceso de admisión cunha puntuación de cinco puntos, con independencia de que por estas titulacións tiveran unha maior pun-tuación no caso de solicitaren o acceso a ciclos formativos de grao superior.

Sexta.-Constitución de grupos.

1. De acordo co artigo 18 da citada Orde do 23 de abril de 2007, pola que se regula o desenvolvemen-to dos ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior, o alumnado repetidor contabilizará para os efectos de constitución de grupos no curso que corresponda.

2. Non computará para os efectos de constitución de grupos o alumnado de 2º curso do réxime ordina-rio que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo e/ou o módulo de proxecto, de ser o caso.

Sétima.-Reserva de prazas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego ou nacional de alto nivel.

1. De acordo co artigo 3.3º da Orde do 5 de xuño de 2007, pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, todos os ciclos formativos disporán con carácter xeral dun 3% adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel, segundo o establecido no Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, ou de deportista nacional de alto nivel, de conformidade co artigo 11 do Real decreto 1467/1997, do 19 de setembro.

2. A reserva de prazas a que se fai referencia no punto anterior para o ciclo medio de mergullo a media profundidade realizarase descontando as prazas reservadas respecto do total das prazas ofertadas. En ningún caso se incrementará o número de prazas ofertadas.

Disposición transitoria

Primeira.-Aplicación informática Xade.

Para os efectos de formalización dunha nova matrícula na aplicación informática Xade do alumnado afectado pola disposición transitoria segunda da Orde do 23 de abril de 2007, pola que se regulan o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior, entenderase por compatibilidade ou incompatibilidade horaria o cumprimento ou non dos requisitos de promoción ao segundo curso.

Segunda.-Matriculación no réxime ordinario do alumnado afectado pola implantación dos novos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

1. O alumnado que formalizase nos anos académicos 2007-2008 ou 2008-2009 a súa primeira matrícula no primeiro curso dun ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, non cumpra os criterios de promoción ao segundo curso e se vexa afectado pola entrada en vigor das novas ensinanzas a que se fai referencia no anexo III desta resolución, deberá matricularse como alumno de primeiro curso das novas ensinanzas, para o cal se aplicará o réxime de validacións establecido no anexo IV do real decreto polo que se establece o título correspondente.

2. Para os efectos de formalización dunha nova matrícula do alumnado afectado pola disposición transitoria segunda da citada Orde do 23 de abril de 2007 e pola entrada en vigor das novas ensinanzas establecidas ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a que se fai referencia no punto anterior, terase en conta o seguinte:

a) No caso de que non cumpra os criterios de promoción ao segundo curso, deberá matricularse como alumno de primeiro curso das novas ensinanzas, para o cal se aplicará o réxime de validacións establecido no anexo IV do real decreto polo que se establece o título correspondente.

b) No caso de que cumpra os criterios de promoción ao segundo curso, deberá formalizar a matrícula no segundo curso das ensinanzas do título correspondente establecido pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, con independencia de que os módulos pendentes sexan de 1º e/ou 2º curso.

3. O alumnado que ao remate do curso académico 2008-2009 teña módulos superados dun ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, se vexa afectado pola implantación do segundo curso das novas ensinanzas a que se fai referencia no anexo IV da presente resolución, deberá matricularse no curso que corresponda das novas ensinanzas, logo da aplicación do réxime de validacións establecido no anexo IV do real decreto polo que se establece o título correspondente.

Terceira.-Matriculación no réxime para as persoas adultas do alumnado afectado pola implantación dos novos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O alumnado con módulos superados do título correspondente establecido pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, que se vexa afectado pola entrada en vigor das novas ensinanzas establecidas ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a que se fai referencia nos puntos primeiro e terceiro da disposición transitoria segunda desta resolución, e desexe continuar os seus estudos polo réxime para as persoas adultas, deberá matricularse nas novas ensinanzas con aplicación do réxime de validacións establecido no anexo IV do real decreto polo que se establece o título correspondente.

Cuarta.-Matrícula en ciclos formativos de 2.000 horas do alumnado pro-posto para a realización do módulo de FCT en período extraordinario.

O alumnado de ciclos formativos de 2.000 horas proposto para a realización do módulo de FCT en período extraordinario e afectado pola disposición transitoria segunda da Orde do 23 de abril de 2007, pola que se regulan o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior, deberá formalizar unha nova matrícula no 2º curso para poder cursar o devandito módulo de FCT.

Quinta.-Realización do módulo de formación en centros de traballo en títulos extinguidos.

O alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traba-llo dun título extinguido establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderá cursalo no ano académico 2009-2010 nalgún dos centros educativos que ofertasen o devandito ciclo formativo no curso académico 2008-2009.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 2009-2010.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2009.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

ANEXO III

Relación de reais decretos de títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, nos que se inicia a implantación do primeiro curso no ano académico 2009-2010 substituíndo os equivalentes establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

-Real decreto 1685/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en audioloxía protésica e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 1686/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en xestión de aloxamentos turísticos e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 1687/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en programación da produción en fabricación mecánica e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 1689/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico en farmacia e parafarmacia e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 1692/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico en soldadura e caldeiraría e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 1691/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico en sistema microinformáticos e redes, e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 1690/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico en servizos en restauración e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 177/2008, do 8 de febreiro, polo que se establece o título de técnico en instalacións eléctricas e automáticas, e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 219/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 220/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en mantemento de instalacións térmicas e de fluídos, e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 176/2008, do 8 de febreiro, polo que se establece o título de técnico en carrozaría e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 175/2008, do 8 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en química industrial e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 174/2008, do 8 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en construcións metálicas e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 954/2008, do 6 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en patronaxe e moda, e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 955/2008, do 6 de xuño, polo que se establece o título de técnico en confección e moda, e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

-Real decreto 1796/2008, do 3 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en automoción e se fixan as súas ensinanzas mínimas

-Real decreto 1798/2008, do 3 de novembro, polo que se establece o título de técnico en aceites de oliva e viños, e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

ANEXO IV

Relación de reais decretos de títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, nos que se inicia a implantación do segundo curso no ano académico 2009-2010 substituíndo os equivalentes establecidos pola Lei orgánica 1/1990,

do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

-Real decreto 1394/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico superior en educación infantil.

-Real decreto 1396/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico en cociña e gastronomía.

-Real decreto 1398/2007, do 29 do outubro, polo que se establece o título de técnico en mecanizado.

-Real decreto 1395/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico superior en laboratorio de análise e de control de calidade.

-Real decreto 1399/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico en panadaría, repostaría e confeitaría.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma