Resolución do 31 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD) . - Diario Oficial de Galicia, de 07-04-2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 66
  • Fecha de Publicación: 07/04/2005
  • Este documento NO tiene versiones

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se realice.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados pola Asociación Nacional de Empresas de Control de Plagas (Anecpla) , de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso. Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico.

2. Entidade organizadora. Anecpla (Asociación Nacional de Empresas de Control de Plagas) .

3. Data. Do 25 ao 29 de abril de 2005.

4. Lugar de celebración. Feuga. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Universitario Sur. 15705 Santiago de Compostela.

5. Número de prazas. Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección. Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes. Enviaranse a Anecpla (polígono industrial Vallecas. Estr. Villaverde-Vallecas nº 265. Edificio Hormigueras, 3º esq. 28031 Madrid. Teléfono 913 80 76 70. Fax 917 77 99 45, anecpla* anecpla. com) por fax, carta ou correo electrónico, xunto coa seguinte documentación:

-Solicitude segundo o modelo anexo.

-Xustificante de ter ingresada a cota de 150 A/alumno (asociados Anecpla) e 250 A/alumno (non asociados) na conta Anecpla número 0049/5115/31/2716094078, do Banco Santander Central Hispano.

9. Data límite para a presentación de solicitudes. Ata o 18 de abril de 2005.

10. Programa.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

11. Certificado de superación do curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2005. Jorge Suanzes Hernández Director xeral de Saúde Pública

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma