Resolución do 4 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia., - Diario Oficial de Galicia, de 17-03-2011

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 54
  • Fecha de Publicación: 17/03/2011
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Consonte o establecido no artigo 33º da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do Acordo que figura como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2011.

Roberto Castro García

Director xeral de Relacións Institucionais

e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación da Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 15 de febreiro de 2011, adoptou o seguinte acordo:

1. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co artigo 81º.2 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

2. Designar un grupo de traballo para propor á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, por calquera dos órganos mencionados no artigo 33º.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do tribunal constitucional, para os efectos que no propio precepto se establecen, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 15 de febreiro de 2011. Manuel Chaves González, vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial e Administración Pública; Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.


No hay versiones para esta norma