Resolucion do 7 de maio de 2010 pola que se fai publica a modificacion das bases para a xestion economico-financeira do Instituto Galego de Promocion Economica (Igape). - Diario Oficial de Galicia, de 19-05-2010

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 93
  • Fecha de Publicación: 19/05/2010
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Consello de Dirección do Igape, por Acordo do 30 de marzo de 2000, aprobou as bases para a xestión económico-financeira do instituto, como instrumento delimitador dun marco estable de regulación da totalidade dos procesos de xestión económico-financeira e dun contorno competencial definido no ámbito orzamentario.

A referida regulación mantén aínda a súa idoneidade, malia o tempo transcorrido, ben que a distribución de competencias, en materia de aprobación do gasto e de xestión dos ingresos, precisa dunha actualización, co obxecto de redistribuír entre os titulares da Dirección Xeral e da Secretaría Xeral as correspondentes funcións, mediante o axuste do criterio cuantitativo fixado orixinariamente.

Por outra parte, tamén os procesos de validación das operacións contables, atribuídos neste momento á Subdirección de Xestión Económico-Financeira, requiren unha redistribución, motivada polo incremento dos procedementos de xestión de axudas con sinatura electrónica, o que aconsella precisar a implicación do titular da Secretaría Xeral neste ámbito, co obxectivo último de acadar unha xestión máis áxil e axeitada aos principios de economía, eficacia e demais aplicables á actividade deste Instituto.

Por todo o anterior e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.-Modifícanse os puntos das bases de xestión económico financeira do Igape que se indican, que quedan redactados do seguinte xeito:

-Base II, parágrafo sexto: con carácter xeral, o director xeral do Igape, nos casos de modificacións vinculadas a minoracións ou incrementos, ou o secretario xeral do Instituto, nos restantes supostos, poderán acordar reaxustes internos entre programacións, por proposta da Secretaría Xeral ou da Subdirección de Xestión Económico-Financeira, por iniciativa propia ou do correspondente responsable de área, coa finalidade de adecualas ás necesidades reais, en cada momento.

-Base III, letra b), 2.2 parágrafo sétimo: resolver os procedementos de concesión de subvencións e axudas públicas, nos casos no que así delegue o Consello de Dirección do Igape. Nos procedementos tramitados en concorrencia competitiva, resolver os arquivos dos expedientes polas causas previstas na lexislación vixente, na fase de resolución do procedemento.

-Base III, letra b), 2.3 parágrafos segundo e terceiro: resolver o arquivo dos expedientes, nos casos previstos pola lexislación vixente, agás nos casos que son competencia do director xeral.

Resolver a desistencia e a renuncia de dereitos, nos casos previstos na lexislación vixente, agás nos casos que son competencia do director xeral.

-Base III, lera b), 2.4 parágrafos segundo e terceiro: resolver o arquivo dos expedientes, nos casos previstos pola lexislación vixente, agás nos casos que son competencia do director xeral.

Resolver o desestimento e a renuncia de dereitos, nos casos previstos na lexislación vixente, agás nos casos que son competencia do director xeral.

-Base III, letra b), 2.5: a contratación de bens e servizos, e, en xeral, a aprobación de calquera gasto, que non supere os 12.000 €.

Acordar, de forma mancomunada co director xeral do Igape, actos de disposición contra as contas correntes aperturadas, autorizándolle o establecemento de sinaturas suplentes, as que, en todo caso, deberán actuar mancomunadamente co director xeral ou o secretario xeral do instituto, ou entre eles, nos casos de ausencia dos anteriores.

-Base III, letra c): … A Secretaría Xeral, de ordinario por medio da Subdirección de Xestión Económico-Financeira, validará as operacións, logo de comprobación da adopción de acordo polo órgano competente e do soporte documental correspondente a cada fase.

-Base IV, a) parágrafo sexto: os documentos contables correspondentes a estas fases serán autorizados, a proposta da Secretaría Xeral, pola Dirección Xeral do Instituto, sempre que a súa contía exceda de 12.000 €.

-Base VI), a): De acordo coa delegación de competencias establecida nestas bases, o director xeral do Igape é o tesoureiro e ordenador de pagamentos, ayuda que se delga esta atribución por razón de contía e ata un importe máximo de 12.000 € no secretario xeral. Nos casos de ausencia, o director xeral deberá habilitar expresamente o secretario xeral ou a calquera dos directores de área para que o substitúan nas súas facultades.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica


No hay versiones para esta norma