Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 019 de 08 de julio de 2020
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2020

Última revisión

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 019 de 08 de julio de 2020

Tiempo de lectura: 57 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 08/07/2020

Num. Resolución: 019

Tiempo de lectura: 57 min


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., en nome e representación de L.,, polos danos sufridos como consecuencia do tratamento dunha fístula anal no Hospital Universitario da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 11.1.2019 C., en representación de L., interpuxo unha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración

polos supostos danos derivados da asistencia sanitaria que lle foi prestada no centro concertado Hospital San Rafael.

A respecto da indemnización solicitada, a parte reclamante indica que ?esta cantidad queda pendiente de concretar de forma definitiva hasta que se conozca con exactitud la medida en que la mala

praxis médica incidió en los daños soportados por el paciente y los daños morales ocasionados?, mais ?no inferior a 100.000 euros?.

2.- Na instrución do procedemento incorporáronse a este, entre outros documentos, as historias clínicas do paciente no Complexo

Hospitalario Universitario da Coruña (en diante, CHUAC) e no centro concertado Hospital San Rafael, en relación coa proceso

asistencial cuestionado, así como o informe do xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo do CHUAC, de data

20.9.2019.

3.- Rematada a instrución, e logo do tramite de audiencia, no que o representante do Sr. L. formulou as alegacións que tivo por

conveniente, con data 13.1.2020 a instrutora elaborou unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación

presentada, ao entender que a asistencia sanitaria prestada ao doente se axustou á lex artis.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 22.1.2020.

5.- Na Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, en sesión realizada o día 12.2.2020, acordouse, ao abeiro do previsto

no artigo 34.4 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello

Consultivo de Galicia, devolver o expediente para que pola instrución se considerase, con traslado á parte reclamante, a eventual

prescrición do dereito a reclamar.

6.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 15.6.2020.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No que respecta aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido, por canto o artigo

67.1 da LPAC dispón que: ?os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas)?.

Cuarta.

Dito o que precede, cómpre, en primeiro termo, examinar a eventual extemporaneidade da acción, sendo así que a reclamación se presentou o 11.1.2019, transcorrido amplamente o prazo dun ano

dende aquela data.

Por outra banda, a representación da parte reclamante afirma a interrupción da prescrición mediante o envío dun burofax, en data 30.4.2018 á aseguradora do Servizo Galego

de Saúde; documento que consta no expediente logo de que a instrutora requirise a súa achega.

Considerando esta circunstancia debe facerse, en primeiro termo, unha expresa consideración á posibilidade de interrupción da prescrición do dereito a reclamar por mor da remisión dun burofax á entidade

aseguradora do Servizo Galego de Saúde.

En efecto, é unha cuestión pacífica, tanto legal como xurisprudencialmente, que o prazo dun ano para a presentación da reclamación por responsabilidade patrimonial da Administración establecido polo artigo

142.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común (actual artigo 67.1 da LPAC) é un prazo de prescrición e non de caducidade e, polo tanto, susceptible de interrupción,

reiniciándose o seu cómputo unha vez desaparecida a causa xeradora da súa interrupción.

Aínda que a posición deste Consello Consultivo de Galicia inicialmente foi favorable á eficacia interruptiva do burofax remitido e recibido pola entidade aseguradora (por todos, vide CCG 629/2014 e CCG 427/2019), o certo é que posteriormente este órgano consultivo ten mudado o seu posicionamento (neste

sentido, o CCG 187/2019 e 427/2019), con base na doutrina fixada pola Sala 3.ª do Tribunal Supremo na súa sentenza 671/2018,

do 24.4.2018.

En concreto, a referida sentenza, resumindo a doutrina fixada pola Sala, estableceu que:

?En la legislación administrativa no existe una previsión concreta sobre las causas interruptivas del plazo de prescripción contemplado por el artículo 142.5 de la Ley 30/1992 (actual artigo 67.1 da LPAC). Pero nuestra jurisprudencia ha contribuido a esclarecer este pormenor. Nuestra Sentencia de 2 de marzo de 2011 (RC 1860/2009

), que por lo demás vino a confirmar la resolución dictada por el Tribunal Superior de Justicia de Canarias (Sentencia de

2 de noviembre de 2008), vino así a establecer: ?La invocación del Art. 1973 del Código Civil es superflua y carece de virtualidad

en este proceso porque la responsabilidad patrimonial de las Administraciones Públicas es exigible exclusivamente de acuerdo

con la Ley 30/1992, que regula tanto sus aspectos sustantivos como procesales, en el título X, capítulo primero, y en el Real

Decreto 429/1993, de 26 de marzo...??.

Segundo o razoado na aludida sentenza do 24.4.2018, ?... no cabe aplicar miméticamente en sede administrativa las mismas reglas que pudieran deducirse de la normativa civil;

por razón de los intereses públicos en presencia que es lo que a la postre acaso puede justificar el establecimiento de reglas

propias en el ámbito administrativo y modular la aplicación de las reglas generales (como, por otra parte, también cabría

en dicho ámbito llegar a apreciar de oficio la prescripción extintiva sin que resulte imprescindible que se alegue o excepcione

por la Administración, aun cuando ello sea desde luego lo más frecuente; o como tampoco cabe con carácter general la renuncia

a la prescripción ganada; frente a lo que sucede en ambos casos en el ámbito de la legislación civil, en que la prescripción

se configura como una excepción perentoria que debe ser necesariamente opuesta por el deudor en el correspondiente proceso

y en el que cabe la renuncia a la prescripción).

Así las cosas, la sola comunicación de la intención de plantear una reclamación sin acompañar explicaciones atendibles y suficientemente consistentes que pudieran justificar una dilación en su presentación,

no resulta idónea de por sí para poseer la virtualidad interruptiva que se le pretende asignar.

Y la sola manifestación de la voluntad de reclamar, y del fundamento sobre el que descansa la reclamación, no sirve a los efectos pretendidos, por la sencilla razón de que en tal caso de manera artificial

podía alargarse sin remedio el plazo legalmente establecido y volver a tener que proceder al inicio de su cómputo. Incluso,

de admitirse así, tampoco se atisba por qué no cabría, llegado el caso, tratar de reincidir en el intento -interrumpir el

plazo de prescripción- en más de una ocasión con la sola manifestación de la indicada voluntad se vendría, en suma, a sustituir

de este modo y a defraudar la voluntad legal en la determinación del plazo de prescripción.

Entendemos, pues, que la sola declaración de la intención de formular una reclamación con el objeto de interrumpir la prescripción no puede producir dicho efecto interruptivo?, non é admisible aplicar mimeticamente en sede administrativa as mesmas regras que puidesen deducirse da normativa civil, sen

que sexa suficiente para producir a interrupción do prazo de prescrición da acción de reclamación a soa manifestación da vontade

de reclamar, e do fundamento sobre o que descansa dita reclamación.

A interrupción do prazo dun ano para a presentación de reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración só se produce polos dous citados motivos: a) A iniciación dun proceso penal

que verse sobre feitos delituosos aos que poida estar ligado o exercicio da responsabilidade civil ou, b) Pola pendencia dunha

acción civil dirixida a esixir a responsabilidade patrimonial da Administración, excepto no caso de que resulte manifestamente

inadecuada. É evidente que, neste último caso, a reclamación do dano ou prexuízo debe dirixirse necesariamente contra a Administración

responsable (Sentenzas do Tribunal Supremo do 21.3.2000 e 18.3.2009, entre outras moitas).

Neste sentido o Tribunal Supremo, en numerosas sentenzas, estimou como medio idóneo para a interrupción do prazo de prescrición da reclamación de danos e perdas fronte á Administración, a formulación

de demanda civil contra o organismo responsable do dano ou prexuízo obxecto de reclamación, a pesar de que o litixio finalizase

-como é natural- por sentenza declaratoria de incompetencia da xurisdición civil para o coñecemento da reclamación (por todas,

a Sentenza do Tribunal Supremo do 26.5.1998). Pola contra, non recoñeceu eficacia interruptiva da prescrición ás reclamacións

efectuadas en vía civil contra terceiros ou suxeitos privados posibles corresponsábeis coa Administración dos danos e prexuízos

obxecto da reclamación administrativa (Sentenza do Tribunal Supremo do 18.3.2009, entre outras).

En resumo, parece razoable soster que as únicas causas de interrupción da prescrición do dereito a reclamar contra a Administración son única e exclusivamente as indicadas.

Á vista desta consolidada e uniforme xurisprudencia da Sala 3ª Administrativo do Tribunal Supremo sobre a interrupción do prazo de prescrición da acción de reclamación por responsabilidade patrimonial

da Administración, non cabe, xa que logo, atribuír efectos interruptivos do prazo de prescrición ao burofax remitido pola

parte reclamante á compañía aseguradora do Servizo Galego de Saúde, polos seguintes motivos, ademais dos xa expostos, que

deseguido se expoñen, de suficiente peso xurídico por si mesmos para desestimar a súa pretensión:

En primeiro lugar, a Sentenza da Sala 3.ª do Tribunal Supremo, de data 14.6.2005, resolutoria e desestimatoria dun recurso de casación interposto para a unificación de doutrina, que a representación

da parte reclamante cita en apoio dos seus argumentos para atribuír ao burofax remitido á compañía aseguradora virtualidade

interruptiva da prescrición, non é doutrina emanada do Tribunal, senón que a sentenza citada limítase a transcribir, nun texto

entre comiñas, o razoamento xurídico quinto da sentenza ditada pola Sección 8.ª da Sala do Contencioso da Audiencia Nacional

que, polo demais, non só non contradí senón que establece claramente que:

?[?] cuando se ha admitido, excepcionalmente, un efecto interruptivo de la prescripción en supuestos de envío de telegramas (así,

las sentencias de otras Secciones de este Tribunal de 9 de enero y 16 de mayo de 2002 ), ha sido por asignar a la comunicación

telegráfica la consideración de reclamación cuando en ella se contienen los elementos precisos para propiciar una reacción

de la Administración, es decir, cuando se informe del lugar, momento y circunstancias en que se produjo el daño, así como

la identidad del perjudicado y la entidad y alcance de los daños, informaciones todas ellas que aquí brillan por su ausencia.

Cabe indicar, además, que constituye un fraude de ley la sucesiva remisión a la Administración de varios telegramas cuando

no existen razones que impidan o dificulten el ejercicio de la reclamación, pues el único eventual obstáculo para deducirla?.

É claro, en liña con reiterada xurisprudencia da Sala 3.ª do Tribunal Supremo, que os telegramas (e outro tanto se pode dicir dos burofax), poden interromper o prazo de prescrición cando reúnan os elementos

e circunstancias suficientes para que poidan ser considerados como unha reclamación. O telegrama, o burofax e calquera outro

soporte distinto do papel pode ser un instrumento idóneo para tal fin.

En definitiva, aplicando a xurisprudencia emanada da Sala 3ª do Tribunal Supremo sobre esta cuestión, o burofax remitido á entidade aseguradora, si podería ter efectos interruptivos da prescrición

da acción de reclamación, no suposto de que esta se atopase vixente ao tempo de súa remisión -cuestión que se abordará deseguido-,

de ter sido dirixido igualmente á Administración responsable, pois o seu texto reúne tódolos requisitos básicos para a súa

consideración como reclamación por responsabilidade patrimonial fronte á Administración.

Quinta.

Por outra banda, tampouco cabería deducir do expediente que na data de remisión do aludido burofax, e por tanto moito menos na de interposición da reclamación, o 11.1.2009, subsistise a vixencia do dereito

a reclamar, nos termos prescritos polo artigo 67.1 da LPAC.

A respecto do cómputo do prazo de prescrición en ausencia de curación, e para a determinación do dies a quo, procede analizar os presupostos delimitados xurisprudencialmente a partir do criterio legal da ?determinación do alcance das secuelas?.

Así, en primeiro lugar, a xurisprudencia establece que para que poida entenderse determinado o alcance das secuelas é preciso que poida establecerse o alcance do dano real polo que se reclama.

Así, en sentenza do 27.5.2016 o Tribunal Supremo razoou que:

?La determinación del ?dies a quo? para el cómputo del plazo de prescripción parte de la teoría de la ?actio nata?, que tal y como ha sido formulada

por nuestra jurisprudencia se basa en el completo conocimiento de las consecuencias dañosas, y, que en el caso de lesiones

y secuelas se sitúa en el momento en el que el lesionado conoció el alcance de las mismas, tal y como expresamente dispone

el art. 142.5 de la Ley 30/1992. Y este conocimiento dependerá de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar

que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible conocer el alcance real del daño que se reclama. La determinación

de cuándo se produce esta circunstancia y, por lo tanto, cuando es posible ejercitar la acción, comenzando el computo del

plazo de prescripción, depende de las circunstancias de cada caso, y de las pruebas practicadas (por todas, sentencias de

esta Sección Sexta de 28 de febrero de 2007 (RJ 2007, 3678), casación 5536/03; de 24 de febrero de 2009 (RJ 2009, 1098), casación

8524/09; de la Sección Cuarta de esta Sala Tercera de 20 de diciembre de 2013 (RJ 2013, 8231), casación 4606/12)?.

Por outra parte, o Tribunal Supremo admite a temporaneidade dunha reclamación cando se producen secuelas imprevisibles no tempo pretérito do diagnóstico (superado o prazo do ano dende o dito diagnóstico)

pola imprevisible evolución deste, e distingue entre danos permanentes e danos continuados.

Razóase, así, en STS do 24.4.2012 que:

?También es evidente que surgen casos en la realidad sanitaria en que ni existe auténtica curación ni la posibilidad de determinación

del alcance de las secuelas; y ello bien porque la propia naturaleza de la enfermedad no permita prever la posible evolución

de las mismas, bien porque en el devenir de su desarrollo se produzcan secuelas imprevistas y no determinadas, en cuyos supuestos

este Tribunal ha venido aceptando la posibilidad de la existencia de una temporánea reclamación a pesar de haberse producido

la misma fuera del periodo del año desde que inicialmente se produjo el diagnóstico en atención a esa imposibilidad de determinación

concreta en toda su extensión del daño sufrido. Es el supuesto de enfermedades de evolución imprevisible como son las derivadas

del contagio de la hepatitis C o del SIDA o aquellos otros ocasionales casos en que la enfermedad inicialmente diagnosticada

se traduce en unas secuelas de imposible predeterminación en su origen. En estos últimos casos ha afirmado, efectivamente,

esta Sala que si del hecho originador de la responsabilidad se infieren perjuicios o daños que no pueden ser determinados

en su alcance o cuantía en el momento de ocurrir el acontecimiento dañoso, el plazo de prescripción no comienza a computarse

sino a partir del momento en que dicha determinación es posible, aceptando igualmente que en aquellas enfermedades excepcionales

de imprevisible evolución, el daño pueda ser reclamado, como continuado, en cualquier momento?.

A tradicional distinción entre danos continuados e danos permanentes recóllese en sentenzas como a STS do 6.5.2015, na que se predica dos primeiros ?que no permiten conocer en el momento en que se producen los efectos definitivos de una lesión y en los que, por tanto, el

dies a quo será aquél en que ese conocimiento se alcance?, fronte ao caso dos danos permanentes ?que aluden a lesiones irreversibles e incurables, aunque no intratables?.

En terceiro lugar hai que considerar que para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que estas sexan perfectamente uniformes e homoxéneas no tempo, pois

o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo de prescrición cando se coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (STS do 3.10.2014).

Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 6.5.2015).

Por tal razón a existencia de procesos asistenciais en curso, como pode ser unha secuencia de rehabilitación, ou a realización de controis periódicos da doenza, non supoñen necesariamente a suspensión

do cómputo de prescrición, e de feito non o suspenden cando existe un cabal coñecemento do dano e este é razoablemente previsible.

Así o entende o Tribunal Supremo en sentenzas como a do 30.6.2009 ou a do 6.5.2015 na que, logo de distinguir os supostos

de danos continuados e danos permanentes, se establece respecto destes últimos, como vai dito, que aluden a lesións irreversibles

e incurables, aínda que non intratables ?por lo que los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o

a evitar eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de

que el daño ya se manifestó con todo su alcance?.

A este respecto, a proposta de resolución razoa que no relato dos feitos do escrito de reclamación fálase xa das ?graves secuelas? do paciente ao tempo da alta hospitalaria, que se produce aos tres días da intervención.

Igualmente sinala que en relación con este proceso de saúde o paciente acudiu por última vez ás consultas externas de Cirurxía

Xeral do Hospital San Rafael o 30.10.2014, e ás consultas externas de Cirurxía Xeral do CHUAC o 26.9.2016, e que posteriormente

a estas datas, cando acudiu a consultas de Cirurxía Xeral o 23.1.2018, o fixo por unha patoloxía distinta, en concreto un

lipoma no ombreiro dereito.

Xa que logo, atendida a data en que se levou a efecto a intervención cirúrxica cuestionada, o 2.12.2014, así como na vista do informe do servizo de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo, do 20.12.2019,

pondo de manifesto a previsibilidade da evolución experimentada polo paciente como consecuencia da intervención referida,

constátase no expediente a pertinencia de tomar en consideración a posible prescrición do dereito a reclamar, de conformidade

coa xurisprudencia que ven de consignarse.

Acreditada, por tanto, a extemporaneidade da reclamación presentada, este será o motivo da súa desestimación, sen que para tal suposto proceda un pronunciamento en canto ao fondo.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Principio de no discriminación y contrato
Disponible

Principio de no discriminación y contrato

Vincenzo Barba

13.60€

12.92€

+ Información

Los daños punitivos en el Derecho del trabajo
Disponible

Los daños punitivos en el Derecho del trabajo

María Elisa Cuadros Garrido

13.60€

12.92€

+ Información

El contrato de seguro. Elementos, forma y obligaciones de las partes
Disponible

El contrato de seguro. Elementos, forma y obligaciones de las partes

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información