Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 215 de 22 de junio de 2000
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2000

Última revisión

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 215 de 22 de junio de 2000

Tiempo de lectura: 62 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/06/2000

Num. Resolución: 215

Tiempo de lectura: 62 min


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona A. L. V., ATS no Hospital Xeral de Santiago de Compostela, por enfermidade profesional consistente en hepatite C.

Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Xunta de Galicia).

Letrado: Bouso Montero

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Gómez y Díaz - Castroverde

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Mediante escrito presentado na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais o 6.10.99, por dona A. L. V., solicítase

a declaración de responsabilidade patrimonial da Administración Sanitaria.

Sinala a reclamante que, como auxiliar técnico sanitario dependente do Sergas prestou servicios dende o 1.12.77 ata o 23.02.92

no hospital universitario de Santiago de Compostela e dende esa data no equipo de atención primaria de Muros.

Que no ano 1998 se lle diagnostica unha unha hepatite crónica persistente compatible con etioloxía por virus C, causando

baixa laboral o 12.06.98, e confirmándose posteriormente a existencia dunha hepatite crónica como causa da doenza. Tralo correspondente

expediente administrativo incoado pola Seguridade Social, declárase a interesada en situación de incapacidade permanente en

grado de total derivada de enfermidade profesional o 24.04.99, fixando como doenzas determinantes de tal declaración, hepatite

crónica por virus C e síndrome ansioso depresivo reactivo. Actualmente percibe unha pensión do 55 por cen da súa base reguladora.

Fundamenta a súa solicitude na necesaria relación de causalidade entre a enfermidade diagnosticada e o seu traballo no

Sergas, polo que solicita unha indemnización de 40.000.000 de pesetas.

2.- Tramitado o expediente administrativo, incorporase a historia clínica da interesada así como informe do xefe de servicio

de medicina interna do hospital Xeral de Galicia.

3.- Logo de proceder ó trámite de audiencia, elabórase proposta de resolución favorable á desestimación da reclamación

presentada por dona A. L. V. por canto "tal reclamación ha de ser derivada a otras instancias relacionadas con la enfermedad

profesional en lo relativo a su incapacidad permanente total para su profesión".

4.- O expediente de razón foi remitido polo Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia, para preceptivo dictame deste Consello

Consultivo de Galicia, tendo entrada neste organismo o 22.05.00.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do dictame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente ó que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto no artigo 11, j) da Lei de Galicia 9/1995, do 10 de novembro, e 10 e 17.1, e) do seu Regulamento, aprobado polo

Decreto 287/1996, do 12 de xullo.

O citado expediente está suxeito ó procedemento previsto nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante LRXPAC), e no Real decreto

429/1993, do 26 de marzo. Particularmente a disposición duodécima da Lei sinala que "... la responsabilidad patrimonial de

las entidades gestoras y servicios comunes de la Seguridad Social, sean estatales o autonómicos, así como de las demás entidades,

servicios y organismos del Sistema Nacional de Salud y de los centros sanitarios concertados con ellas, por los daños y perjuicios

causados por o con ocasión de la asistencia sanitaria, y las correspondientes reclamaciones, seguirán la tramitación administrativa

prevista en esta Ley, correspondiendo su revisión jurisdiccional al orden contencioso-administrativo en todo caso".

Segunda.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC, se inspiran

no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elementos esenciais, que non únicos, para que a reclamación de

responsabilidade patrimonial da Administración prospere en primeiro lugar, a demostrada existencia dun resultado danoso, que

haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas, e, por outra parte,

a existencia dun nexo causal directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe

ser exclusivo sen interferencias estrañas de terceiros ou do lesionado. En definitiva e en esencia, para que a responsabilidade

se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine a existencia do dano e a conexión entre este e a concreta

actuación administrativa.

De maneira particularizada, no que concerne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello

Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o máis recente dictame núm. 218/99), concretáronse as modulacións

ás que está sometida esta con relación ó sistema xeral de responsabilidade noutras esferas de actuación pública, bastando

recordar neste momento, que con respecto ó dito sistema existen certas variacións relativas ós requisitos precisos para poder

esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de

resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme á denominada

lex artis ad hoc, ou aqueloutra, que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo

e, en relación con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Terceira.-

A través do seu escrito inicial a interesada presenta unha reclamación na que, logo de aludir ó contaxio da hepatite C

no centro hospitalario no que prestaba os seus servicios, feito recoñecido mediante a correspondente declaración de enfermidade

profesional, solicita unha indemnización reparadora do dano causado.

A diferencia dos supostos típicos de responsabilidade patrimonial, no presente caso atopámonos diante dun dano sufrido

por unha persoa que, alomenos desde unha perspectiva formal, non ten o carácter de "particular" a que se refire o artigo 139

da Lei 30/1992, é dicir, un particular alleo á esfera da actividade administrativa. O dano que se reclama afectou a unha persoa

vinculada, como traballador, coa Administración Pública a través do Servicio Galego de Saúde, desenvolvendo, pois, unha actividade

estatutaria, e precisamente con ocasión desta.

En efecto, o artigo 139 da LRXPAC, que contén, no que á legalidade ordinaria se refire, o enunciado básico do instituto

da responsabilidade patrimonial, sinala no seu apartado 1 que "los particulares tendrán derecho a ser indemnizados por las

Administraciones Públicas correspondientes, de toda lesión que sufran en cualquiera de sus bienes y derechos, salvo en los

casos de fuerza mayor, siempre que la lesión sea consecuencia del funcionamiento normal o anormal del servicio público".

Xurde, pois, inmediatamente como principal interrogante se o funcionario ou, en termos máis amplos, o empregado público,

cando o dano ten lugar con ocasión e como consecuencia do exercicio das súas funcións, pode encaixar dentro do concepto de

particulares á que a Lei se refire e, polo tanto, se pode resultar lexitimado como tal para emprender fronte á Administración

Pública á que sirve, unha acción de responsabilidade patrimonial pola vía dos artigos 106.2 da Constitución e 139 da LRXPAC.

A resposta á cuestión presentada xa foi manifestada por este Consello en anteriores dictames, nos que en liña co criterio

interpretativo do Consejo de Estado, se sinalou que, a referencia que a Lei fai á "los particulares", non é como puidera pensarse

a primeira vista, unha referencia aleatoria; ó contrario, encerra unha das claves conceptuais da institución da que tratamos

e, ademais, e de aí o seu maior interese, do propio expediente que temos que analizar. En efecto, cando a Lei cita ós particulares

estase a referir ós cidadáns en xeral, en contraposición á Administración prestadora de servicios públicos. Polo tanto o concepto

de particular aquí está estreitamente vinculado ó de usuario de servicios públicos, ou ás actividades administrativas.

Consecuentemente, vén afirmando este Consello que, con carácter xeral os danos que o empregado público poida sufrir como

consecuencia ou con ocasión directa do desempeño dos servicios que lle estean encomendados, non teñen o seu adecuado encaixe

no instituto da responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas. E é que, nestes casos, o empregado público, cando

está no exercicio das súas funcións, confúndese coa propia Administración da que forma parte integrante, consideraándo os

actos que realiza como actos propios desta. En efecto, a natureza da relación que vincula a todo empregado público coa Administración

da que forma parte, é de carácter especial, de natureza legal e regulamentaria, e, na súa virtude detenta fronte a aquela

os dereitos e deberes determinados polo seu estatuto.

En consecuencia, calquera responsabilidade da Administración que poida xurdir como resultado da súa actuación debe dilucidarse,

no estricto ámbito desa relación estatutaria, non podendo pois partir, como presuposto, dunha situación de "extracontractualidade"

ou, o que é o mesmo, dunha situación na que non existe unha relación específica. É pois, nese estricto ámbito de relación

específica onde o funcionario ou empregado público, debe obter protección fronte a calquera eventual dano sufrido no desempeño

do seu cargo.

Nesta liña argumental, o Consejo de Estado vén sostendo que, con carácter xeral, as indemnizacións solicitadas no seo de

específicas relacións xurídicas téñense que definir e se substancian no ámbito desa relación e segundo o réxime propio dela

e non no ámbito da xenérica responsabilidade patrimonial da Administración (DCE, núm. 269/95). Deste xeito os artigos 106.2

CE e 139 da Lei 30/1992, recollen un procedemento xeral que só é aplicable en defecto doutro especial, téndose que aplicar

con prioridade ás normas específicas reguladoras da relación xurídica en virtude da que se produciron os danos.

Iso non obstante, sinálase así mesmo que os danos sufridos polos servidores públicos sí poden ser reparados con fundamento

nos artigos reguladores da responsabilidade patrimonial da Administración, cando non exista unha regulación específica ou

cando nembargantes existir tal réxime específico a súa aplicación non repare integralmente os danos causados.

Cuarta.-

Dende a perspectiva exposta e no asunto consultado, a reparación dos prexuízos tense que buscar, pois, na específica relación

que liga a reclamante coa Administración sanitaria. Tal relación especial é precisamente a que se regulamenta na lexislación

en materia de Seguridade Social.

En efecto, e no ámbito da acción protectora da seguridade social regulada no RD lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo

que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, vense distinguindo, como conceptos fundamentais da dita

protección, entre continxencia determinante, situación protexida e prestación, nocións que enlazan cos conceptos de risco,

dano, necesidade pecuniaria e achegamento do substitutivo económico destinado a repara-lo dano.

A noción de continxencia aproxímase o feito constitutivo da situación de risco de sorte que a súa actualización produce

a necesidade social protexida, o dano. Este, pola súa parte, tradúcese nunha necesidade pecuniaria a que van a dar resposta

as prestacións. Neste senso, as prestacións contributivas veñen a constituír o mecanismo que a normativa da seguridade social

establece para facer fronte o dano, xa substituíndo unha renda perdida, xa compensando un gasto.

Entre as continxencias protexidas pola Lei de Seguridade Social atópanse as continxencias profesionais, os accidentes de

traballo e as enfermidades profesionais que veñen precisamente a cubrir riscos profesionais e nos que concorren necesariamente

os elementos do traballo, a lesión e a relación causal entre ambos. Na enfermidade profesional só o traballo realizado en

determinadas actividades listadas e para as enfermidades correspondentes e susceptible de producir unha enfermidade profesional.

Pois ben, é no contexto normativo exposto no que se debe resolver a reclamación presentada. Para os ditos efectos e necesario

recordar, como se expuxo nos antecentes, que como consecuencia da enfermidade profesional declarada, a reclamante percibe

unha prestación económica por incapacidade permanente total para a profesión habitual.

En efecto, a enfermidade padecida pola reclamante, hepatite C vírica, está expresamente incluída no RD 1995/1978, do 12

maio, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social, en relación co artigo 116 do

RD lexislativo 1/1994; en concreto, recóllese no apartado 4, d) no que se integran as enfermidades infecciosas e parasitarias

do persoal que se ocupa da prevención, asistencia e coidado dos enfermos e na investigación: traballos de persoal sanitario

e auxiliar que contacten con estes enfermos.

Consecuentemente coa dita cualificación a interesada e perceptora dunha prestación económica por incapacidade permanente

total para a profesión habitual que, como renda de substitución, vén a buscar a maior proximidade entre esta e a renda substituída.

Como afirma o Tribunal Supremo nun suposto análogo, na súa sentencia do 26.01.88, trátase dun "supuesto que, al estar previsto

y encuadrado en el régimen general laboral de la seguridad social, tiene que ser éste contemplado desde la perspectiva que

ofrece su propio ordenamiento, ya que la normativa a que nos hemos referido al principio, instauradora de la responsabilidad

civil de la Administración trata de cubrir responsabilidades de ésta no garantizadas por los ordenamientos sectoriales".

O criterio xurisprudencial exposto é o que se debe seguir no caso do dictame, en canto os danos que se reclaman xorden

con ocasión e por consecuencia da realización do traballo no ámbito da Administración sanitaria; estando, por tanto, a persoa

damnificada en exercicio das súas funcións profesionais, polo que debe, por principio, coidarse excluída a presente reclamación

como propia dun expediente de responsabilidade patrimonial.

Quinta.-

Nembargantes o exposto a reclamante vén a engadir, como fundamento da súa reclamación, unha consideración que deben ser

obxecto de análise. Así, afirmarse que a enfermidade padecida é resultado da inobservancia pola Administración sanitaria dos

mecanismos de seguridade e hixiene no traballo de obrigado cumprimento. Trátase de introducir, pois, a referencia ó funcionamento

anormal dos servicios públicos como criterio determinante dunha responsabilidade patrimonial da Administración.

Nesta orde de cousas tense que afirmar que a posible reparación dos prexuízos causados, de se-lo caso, pola inobservancia

da normativa na materia de seguridade e hixiene, aparece así mesmo recollida e garantida na regulación específica da seguridade

social, en concreto no artigo 123 do texto refundido o sinalar que "Todas as prestación económicas que teñan a súa causa en

accidente de traballo ou enfermidade profesional aumentaránse, segundo a gravidade da falta, dun 30 a un 50 por cento, cando

a lesión se produza por máquinas, artefactos ou en inslatacións, centros ou lugares de traballo que carezan dos dispositivos

de precaución regulamentarios, os teñan inutilizados ou en malas condicións, ou cando non se observaran as medidas xerais

ou particulares de seguridade e hixiene no traballo, ou as elementais de salubridade ou as de adecuación persoal a cada traballo,

habida conta das súas características e da idade, sexo e demais condicións do traballador".

Será, pois, como se expuxo, no réxime específico a que se fai referencia e contido no citado texto refundido da lexislación

da seguridade social, onde deban repararse os danos sufridos polo persoal sanitario derivados da inobservancia das medidas

de seguridade e hixiene no traballo.

Sexta.-

De conformidade co exposto a reclamación da interesada relativa a indemnización dos danos causados polo contaxio da hepatite

C con ocasión do desempeño do seu traballo tense que substanciar e resolver no ámbito da específica regulación da materia

de seguridade social.

Agora ben e como se sinalou nas consideracións precedentes os danos sufridos polos servidores públicos poderán ser reparados

con fundamento na responsabilidade patrimonial da Administración cando, nembargantes existir un réxime específico, e xa analizado

neste dictame, a aplicación deste non repare integralmente os danos causados.

No suposto examinado a reclamante percibe unha pensión de invalidez permanente por incapacidade total para o traballo habitual.

Iso non obstante, no seu escrito de reclamación afírmase que "A situación da que subscribe, divorciada e cun fillo ó seu cargo

que depende económica e emocionalmente da súa nai pese á súa maioría de idade, sendo o único sustento da unidade familiar,

preséntase grave e desalentador como consecuencia da enfermidade diagnosticada, xa que a maiores das doenzas actuais, e ó

seu estado depresivo; a curta expectativa de vida, unida ó feito de verse imposibilitada para traballar na súa profesión cunha

grave merma dos seus ingresos, e a dificultade de encontrar un novo traballo por razón tanto de medo dos empresarios a que

poida contaxia-la infección e o baixo rendemento que poida desenvolver ante o seu estado depresivo", polo que solicita unha

indemnización de 40 millóns de pesetas.

E necesario pois, abordar, en canto cuestión que pode ter influencia na decisión deste Consello, a que fai referencia a

compatibilidade entre as indemnizacións que poidan corresponder como consecuencia da responsabilidade patrimonial da Administración

Pública e as prestacións por invalidez permanente do réxime xeral da seguridade social.

Neste orde de cousas pódese afirmar que a cuestión de que se trata se ben foi orixinariamente unha cuestión fluctuante

na xurisprudencia do TS quedou definitivamente resolta trala sentencia da Sala Especial de Revisión do TS de 12 de marzo de

1991, na que se afirmou a compatibilidade no caso concreto enxuiciado dunha pensión -nese caso de clases pasivas- coa indemnización

por responsabilidade patrimonial do estado, ó considerar que se trata de dous títulos de imputación distintos, polo que, en

base ó principio de reparación integral, era posible completar a reparación ata cubri-la totalidade dos danos e perdas sufridos

e lograr a indemnidade do dereito ou interese lesionado.

Iso non obstante, e como afirma o Consejo de Estado, a non incompatibilidade non pode nin debe identificarse con unha duplicidade

ineludible. Polo contrario, tense que predicar o carácter de indemnización específica da pensión concedida conforme á normativa

sectorial de aplicación ás mesmas persoas que serían acredoras dunha indemnización de responsabilidade patrimonial. A compatibilidade

só poderá ter lugar nos casos concretos en que a reparación á que dea lugar a normativa específica de aplicación non satisfaga

o principio de indemnidade do lesionado, restituíndo integramente a súa situación patrimonial.

Nestes supostos e por outra parte a carga da proba de que a reparación que lle corresponde non vén a satisfacer o principio

de indemnidade, pesa sobre o interesado.

No caso examinado a reclamante percibe unha pensión da Seguridade Social do 55 por cento da súa base reguladora. E certo

que se ben o ideal que inspira as rendas de substitución da seguridade social é o da plenitude de substitución, o certo é

que estas non cobren plenamente o dano en canto que son inferiores a renda substituída. Agora ben, o certo é que a retribución

percibida en activo era unha contraprestación polos seus servicios que a reclamante, neste momento, non está obrigada a prestar.

Adúcese por outra parte que a reclamante, en situación legal de separación matrimonial e cun fillo maior de idade, é o

único sustento da unidade familiar. Para os ditos efectos o noso ordenamento xurídico arbitra, nos supostos de separación

as correspondentes pensións a cargo doutro cónxuxe, que non se acredita, en modo ningún non ter percibidas.

Por outra parte e respecto da alegada imposibilidade de atopar un novo traballo o certo é que a incapacidade declarada

á interesada ten efectos tan só para o desempeño da súa profesión habitual sen que poida constatarse unha imposibilidade de

prestar servicios diferentes dos que integra aquela.

Tampouco resulta acreditado que a enfermidade padecida pola reclamante supoña necesariamente "unha curta expectativa de

vida"; polo contrario consta no expediente o informe do xefe de servicio de medicina interna do Hospital Xeral de Galicia

a falta de realidade da dita manifestación.

Por todo o exposto, pode, pois afirmarse que a reparación do dano derivado da enfermidade profesional declarada pola vía

específica da lexislación de seguridade social, fai innecesario o exame da concorrencia dos requisitos da responsabilidade

patrimonial, ó non resultar acreditada a insuficiencia da pensión de incapacidade absoluta da que é perceptora.

CONCLUSIÓN

Por todo o exposto a Sección Segunda do Consello Consultivo de Galicia por unanimidade de tódolos seus membros dictamina:

"Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire".

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Enfermedad profesional. Paso a paso
Disponible

Enfermedad profesional. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información