Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 249 de 16 de marzo de 2016
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...zo de 2016

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 249 de 16 de marzo de 2016

Tiempo de lectura: 32 min

Tiempo de lectura: 32 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 16/03/2016

Num. Resolución: 249


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona G. polos danos e secuelas causados logo de ser intervida dunha fractura do pé esquerdo

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 10.07.2009, dona G. presentou unha reclamación de esixencia de responsabilidade patrimonial da Administración pública

por danos derivados da asistencia sanitaria prestada no Hospital Povisa de Vigo, logo dunha caída fortuíta no seu domicilio.

Solicita unha indemnización de 600.000,00 ?.

2.- Instruído o procedemento formulouse unha proposta de resolución, con data 27.01.2014, en sentido desestimatorio da reclamación

presentada.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira

de Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data 16 de xullo de 2015.

4.- Na Sección de Ditames do día 05.08.2015 acordouse ampliar o prazo de emisión do ditame ao abeiro do artigo 39.2 do Decreto

91/2015, do 18 de xuño.

5.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 26.08.2015 acordouse devolver o expediente, de conformidade co artigo 34 do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, para a emenda dos defectos observados.

6.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 16 de febreiro de 2016.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais, o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

(no sucesivo, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible

ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación

cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa

concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

á denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, e entrando a examinar o fondo da reclamación presentada, procede partir da regra

xeral, reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames ?por todos, cítase o CCG 148/06?, segundo a cal, con carácter

xeral, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde á reclamante.

Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, que

grava ao actor coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a

eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

Como xa se sostivo en anteriores ditames, entre outros, no CCG 1101/07, con esta regra xeral interactúa outro criterio básico aplicable no eido das reclamacións de responsabilidade patrimonial no ámbito

sanitario, que, polo marcado carácter técnico da materia sobre a que versan, introduce importantes restricións na marxe de

apreciación dos feitos e o material probatorio a eles atinente.

Así, fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento

civil, o accionante ten a carga de probar aqueles feitos nos que basea a súa reclamación, que dado o ámbito que se analiza,

insístese, en boa parte das ocasións terán carácter técnico e precisarán, por iso, dunha xustificación de tal natureza, que

dote a aquelas alegacións de verosimilitude suficiente.

Trasladando estas consideracións xerais ao caso que se analiza, e como resulta da nova documentación incorporada ao expediente logo do acordo de devolución ao que se fixo referencia nos antecedentes, importa

sinalar que a adecuación dos medios empregados á lex artis do caso xa foi obxecto de detallada análise en dilixencias previas núm. 91/2008 do Xulgado de Instrución núm. 6 de Vigo.

Procede, daquela reproducir, pola súa claridade e contundencia, o que ao respecto da imputación de mala praxe manifesta o Auto da Audiencia Provincial de Pontevedra núm. 181/08, do 12 de decembro, que resolveu o recurso de apelación

interposto pola representación da señora G. fronte á desestimación do recurso de reforma contra o Auto de sobresemento provisional

e arquivo, do 15.10.2008, do aludido Xulgado de Instrución.

No seu Auto, a Audiencia Provincial razoa:

?[?]

UNO.- En el recurso interpuesto por la acusación particular contra el auto que desestimó la reforma de la resolución en que se acordaba el sobreseimiento provisional del artículo 641.1 de la Ley de Enjuiciamiento

Criminal y archivo de las actuaciones se viene a alegar, en esencia, que ?existen o concurren indicios de una actuación ilícita

o con repercusiones penales pues, la propia denunciada y la médico forense viene a reconocer que las secuelas que sufre la

denunciante se han causado por el tratamiento prescrito por dicha doctora denunciada' .

Debe recordarse que la existencia de un nexo de causalidad entre una conducta y un resultado lesivo no es suficiente para que pueda apreciarse la imprudencia punible (en cualquiera de formas, delito,

artículo 152 del Código penal, o falta, artículo 621 del Código Penal), sino que, además, se requiere la concurrencia de una

infracción de los deberes objetivo y subjetivo de cuidado. Como señalaba la s. T.S. De 26 de septiembre de 1997 ?la jurisprudencia

y la doctrina han venido a determinar como requisitos base e imprescindibles que deben acompañar a la figura jurídica de la

imprudencia en cualquiera de sus facetas (temeraria, simple, hoy «grave» o «leve» ), los siguientes: a) la previsión o la

posibilidad de un resultado dañoso por parte del sujeto activo de la acción; b) que este resultado no sea querido por dicho

sujeto, pues, si así fuese, lo simplemente culposo se convertiría en actividad dolosa, con las consecuencias calificadoras

del tipo delictivo y subsiguiente diferencia de penas a imponer; c) esa actuación ha de infringir una «norma de cuidado»;

d) la causación de un resultado que constituya infracción legal, y e) finalmente, un enlace lógico entre la actividad inicial

y ese resultado, que constituye el requisito de lo que se ha dado en llamar «relación de causalidad».

Pues bien, en el presente caso, el informe de las médicos forenses solo aprecia relación de causalidad entre el tratamiento dado por la doctora denunciada a la fractura conminuta de la base del segundo

y tercer metatarsiano del pié izquierdo de la denunciante y la secuela de lesión del nervio tibial anterior, pues respecto

a la distrófica simpático refleja concluye que ?no tiene relación causa-efecto con el tratamiento empleado ni con ninguna

otra conducta médica sino con el traumatismo perse?.

Ahora bien, constatada la relación causal entre el tratamiento de la fractura y la lesión del nervio tibial, el mismo informe de las médicos forenses no permite apreciar que concurriera en la doctora que

prescribió el tratamiento la infracción de un deber objetivo de cuidado pues en el mismo se concluye que ?siendo ésta lesión

nerviosa una complicación secundaria al tratamiento empleado, no se encuentra en relación con una conducta médica inadecuada,

ya que su indicación y beneficio es claro según la evidencia científica?.

A lo anterior ha de añadirse que, fuera cual fuese la fecha en que la denunciante hubiera manifestado por vez primera quejas respecto a la rodilla, no existe en autos ningún otra pericia médica

(ni la recurrente la propone) que permita desvirtuar la conclusión de las médicos forenses de que ?la conducta médica realizada

ha sido acorde a la lex artis ad hoc?. Al no poderse apreciar la infracción de un deber objetivo de cuido por parte de la

denunciada en la causac1on de la lesión en el nervio tibial, no cabe reformar el sobreseimiento provisional acordado en la

resolución que se recurre [?]?.

A reclamante non compareceu no trámite de audiencia ofrecido, nin fixo achega a este procedemento de responsabilidade patrimonial de novos datos ou probas que non se tiveran en conta nas actuacións practicadas

na vía penal, e tampouco suscita cuestións distintas das xa resoltas na referida vía para fundamentar as imputacións de mala

praxe que dirixe aos facultativos do sistema público de saúde.

Así as cousas, do actuado tan só cabe concluír que a actuación médica controvertida, ademais de adecuada ao caso, se levou a efecto con plena adecuación á lex artis, polo que este Consello Consultivo debe amosar a súa coincidencia co sentido desestimatorio ao que se orienta a proposta

de resolución analizada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade de todos os seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información