Acordo Xunta e Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a clubs deportivos, sen ánimo de lucro, que participen en competición federada de ámbito nacional e internacional, durante o ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

SECCIÓN DE CULTURA E DEPORTES

Convocatoria do programa de subvencións a clubs deportivos, sen ánimo de lucro, que participen en competición federada de ámbito nacional e internacional, durante o ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras da Convocatoria do programa de subvencións a clubs deportivos, sen ánimo de lucro, que participen en competición federada de ámbito nacional e internacional, durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 20 de novembro de 2015.

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS, SEN ÁNIMO DE LUCRO, QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO NACIONAL E INTERNACIONAL, DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional, durante o ano 2016

Referencia:

FO103C/2016

Aplicación orzamentaria:

0612/3411/481

Importe do orzamento de gastos:

Mínimo 3.000 €, máximo 120.000 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 75.000

Importe da solicitude:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable

Coeficiente de financiamento:

Variable entre 0,2000 e 0,8000

Base 3. Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FO103C/2016

As axudas económicas, obxecto da presente convocatoria, destinaranse ás actividades de promoción deportiva e participación en competicións para os clubs deportivos da provincia que participen en competición federada de ámbito nacional e internacional, durante o ano 2016.

A realización do programa de actividades para a que se concede a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade, así como as obrigas fiscais e de Seguridade Social que delas se deriven.

Os gastos subvencionables para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención serán unicamente os gastos de carácter corrente e gastos de adquisición de materiais funxibles xerados pola realización das actividades deportivas, en ningún caso bens inventariables.

Serán gastos subvencionables os relacionados no orzamento da solicitude telemática.

Respecto dos gastos de transporte de materiais, de desprazamentos en vehículo propio, aloxamentos e manutención de equipos ou deportistas, terán que estar directamente vinculados coa realización das actividades subvencionadas. Deberá acreditarse esta vinculación na memoria da actividade, no trámite da xustificación.

Poderán tamén ser gastos subvencionables, aqueles de carácter xeral da entidade (persoal administrativo e gastos de subministracións, auga, luz, etc...) que se adscriban directamente á realización da actividade subvencionada, co límite máximo do 13% dos gastos directos da actividade. Estes gastos teñen que especificarse motivadamente no orzamento.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria FO103C/2016

Ademais das exclusións expresadas na base 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención neste programa:

· As actividades culturais, deportivas obxecto das convocatorias 103A e 103B, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

· Os eventos deportivos singulares, que poidan ser obxecto de subvención a través da convocatoria FO103D/2016.

· Adquisición de bens inventariables.

· Os gastos derivados das atencións protocolarias.

· Os gastos derivados de viaxes de ocio.

· Os gastos financeiros.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FO103C/2016

· Ser un club deportivo legalmente constituído, con domicilio fiscal na provincia da Coruña.

· Estar inscritos no Rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia.

· Ter equipos ou deportistas en competicións de ámbito nacional ou internacional.

· Como excepción ao establecido nas bases reguladoras xerais, as entidades que opten por este programa poderán tamén solicitar subvencións no programa FO103D do presente ano.

Base 7. Solicitude

7.1. Prazo e presentación de solicitudes específicos da convocatoria FO103C/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2. Documentación e compromisos específicos da convocatoria FO103C/2016

Ademais da documentación relacionada na base 7ª das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

· Memoria explicativa da actividade que se vai realizar. O dito documento conterá, como mínimo, os aspectos que deseguido se expoñen:

- Obxecto da subvención.

- Descrición das competicións nas que participa o club, especificando as datas e lugares das probas ou partidos, número de participantes.

- Descrición das actividades deportivas e sociais que realiza o club, así como a súa traxectoria deportiva.

- Estrutura social do club, órganos de goberno, número de socios, funcionamento e instalacións.

- Adecuación das actividades que se van realizar ao interese provincial.

· Declaración do nº de inscrición no Rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia.

· Certificación expedida pola federación correspondente, na que conste a competición ou competicións nas que estea inscrito o club.

· Declaración do nº de equipos ou deportistas en competicións de ámbito nacional.

· Declaración do nº de equipos ou deportistas en competicións de ámbito internacional.

· Declaración do nº de modalidades deportivas diferentes incluídas na solicitude presentada.

· Declaración do nº total de categorías base.

· Declaración do nº de licenzas federativas das que son titulares os equipos ou deportistas do club.

· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos.

· Declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto.

· Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

· No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado na solicitude.

Base 8. Resolución

8.1 Valoración das solicitudes específica da convocatoria FO103C/2016

· Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 30 puntos.

· O n.º de equipos ou deportistas en competicións de ámbito nacional: ata 10 puntos.

· O n.º de equipos ou deportistas en competicións de ámbito internacional: ata15 puntos.

· O n.º de modalidades deportivas diferentes incluídas na solicitude presentada: ata 10 puntos.

· O n.º total de categorías base: ata 5 puntos.

· O nº de licenzas federativas das que son titulares os equipos ou deportistas do club: ata 10 puntos

· Adecuación das actividades que se van realizar ao interese provincial: ata 15 puntos

· Utilización da lingua galega na súa realización: ata 5 puntos.

Base 9. Xustificación e pagamento

9.3 Documentación xustificativa específica da convocatoria FO103C/2016

· Memoria xustificativa da realización da actividade subvencionada e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: actividades desenvoltas; temporalización; cuantificación e perfil dos participantes; resultados obtidos.

· Acreditación da utilización do anagrama da Deputación da Coruña no material gráfico de difusión e na páxina web do club.

2015/11423

Clubes y entidades deportivas
Deporte
Deportistas y técnicos
Deporte
Cultura
Cultura e idiomas
Acción social
Actividades deportivas
Promoción deportiva
Transporte
Vehículos
Actividad cultural
Actividades de ocio y tiempo libre
Desarrollo económico
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Eventos deportivos
Turismo
Ocio y tiempo libre
Gallego