Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento, durante o ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

SECCIÓN DE CULTURA E DEPORTES

Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento, durante o ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras da Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento, durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 20 de novembro de 2015.

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO, DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2016

Referencia:

FO104/2016

Aplicación orzamentaria:

0612/342/781

Importe do orzamento de gastos:

Mínimo 3.000€, máximo 85.000 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 40.000 €

Importe da solicitude:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable

Coeficiente de financiamento:

Variable entre 0,2000 e 0,8000

Base 3. Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FO104/2016

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de investimentos deportivos.

Unicamente serán obxecto de axuda os gastos por adquisición, rehabilitación ou mellora de bens inventariables, equipamentos e moblaxe.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria FO104/2016

Ademais das exclusións expresadas na base 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención neste programa:

- A adquisición ou construción de novas instalacións.

- Os investimentos culturais, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

- Os gastos financeiros.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FO104/2016

A presente convocatoria vai dirixida a entidades de carácter deportivo, sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña.

Base 6. Obrigas das entidades beneficiarias

Obrigas das entidades beneficiarias específicas da convocatoria FO104/2016

Ademais das obrigas expresadas na base 6 das bases reguladoras, as entidades beneficiarias de subvención neste programa terán as seguintes:

No suposto de rehabilitación e mellora de bens inventariables, as entidades beneficiarias quedan obrigadas a destinar os bens á fin concreta para a que foi concedida a subvención durante un período mínimo de 5 anos no caso de inmobles ou de 2 anos no caso de bens inventariables.

Base 7. Solicitude

7.1. Prazo e presentación de solicitudes específicos da convocatoria FO104/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2. Documentación e compromisos específicos da convocatoria FO104/2016

Ademais da documentación relacionada na base 7 das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

· Memoria explicativa do investimento que conterá os seguintes aspectos: breve descrición do investimento que se vai realizar, para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3; calendario de realización ao longo do ano 2016; adecuación do investimento ao interese provincial.

· No caso de obras: resumo do presuposto de execución por capítulos ou unha memoria valorada, pero unha vez concedida a axuda, de ser legalmente necesario, requirirase para a xustificación a achega do proxecto técnico. No caso de solicitar a axuda para unha fase da obra, definirase a fase no informe técnico, e garantirase que é susceptible de utilización e a posibilidade de continuidade da obra por contar con financiamento.

· No caso de obras: declaración de ter acreditada a propiedade ou dereito real que se posúa sobre o ben inmoble, propiedade ou arrendamento, con indicación do prazo de vixencia, e, no seu caso, declaración de ter autorización do propietario para a realización das obras.

· No caso de obras: compromiso de obtención de licenzas e autorizacións preceptivas para os efectos do cumprimento da legalidade urbanística e do respecto e protección do patrimonio histórico-artístico e do medio .

· Compromiso de manter a adscrición do ben ás fins que motivaron a concesión da subvención, por un prazo mínimo de cinco anos, no caso de inmobles ou de dous anos no caso de bens inventariables.

· Compromiso , cando corresponda, de inscribir o ben no rexistro público correspondente, con indicación da subvención obtida e do período de adscrición do dito ben ás fins previstas.

· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos.

· Declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto.

· Declaración do número de persoas usuarias do investimento.

· Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

· No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial dos investimentos con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado na solicitude.

Base 8. Resolución

8.1 Valoración das solicitudes específica da convocatoria FO104/2016

1.- Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 40 puntos.

2.- Adecuación dos investimentos que se han realizar ao interese provincial: ata 35 puntos.

3.- Número de persoas usuarias dos investimentos: ata 20 puntos.

4.- Emprego da lingua galega na realización da actividade: ata 5 puntos.

Base 9.- Xustificación e pagamento

9.3 Documentación específica da convocatoria FO104/2016

As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades de calquera natureza que xeren gastos de investimento, xustificaranse segundo se indica deseguido:

Subvencións de importe inferior a 3.000 €

Presentarase a seguinte documentación:

' Conta xustificativa.

' Factura dixital ou escaneada.

' Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación dos investimentos realizados, dos usuarios, dos resultados obtidos e as desviacións acaecidas, e detalle dos ingresos ou subvencións que financiasen o investimento subvencionado, con indicación do seu importe e procedencia.

A memoria deberá reflectir expresamente os seguintes termos: obtención de licenzas preceptivas e cumprimento de normas contractuais e urbanísticas, e acreditarse a recepción da obra ou o equipamento.

Subvencións de 3.000 € ou máis

Presentarase a seguinte documentación:

' Conta xustificativa.

' Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación dos investimentos realizados, dos usuarios e dos resultados obtidos, e detalle dos ingresos ou subvencións que financiasen o investimento subvencionado, con indicación do seu importe e procedencia.

A memoria deberá reflectir expresamente os seguintes termos: obtención de licenzas preceptivas e cumprimento de normas contractuais e acreditarase a recepción da obra ou o equipamento.

' Achegarase, ademais a seguinte documentación:

1.- Adquisición de bens de equipo.

- Factura dixital ou escaneada

- Acta de recepción escaneada, ou do albará de entrega e fotografía

- Declaración do acordo de aprobación da factura polo órgano competente da entidade beneficiaria.

- Se o importe do equipo supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

2.- Execución de obras:

- Certificación escaneada de obra subscrita por técnico colexiado competente

- Relación valorada dixital

- Factura dixital ou escaneada

- Acta de recepción escaneada, e fotografía

- Declaración da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria da subvención.

- Se as obras as executa a administración, na certificación de obra concretarase exclusivamente o importe da execución material, (non poderá incorporar, polo tanto, nin gastos xerais nin beneficio industrial nin o imposto sobre o valor engadido), non obstante poderá ser substituída esta por facturas dixitais ou escaneada, expedidas polos distintos provedores.

- Se as obras as executa contratista adxudicatario, á certificación de obra, que poderá conter os gastos xerais, beneficio industrial e IVE, acompañarase factura dixital ou escaneada expedida polo contratista e certificado da aprobación polo órgano competente da entidade. O importe do IVE só será gasto subvencionable se non ten o carácter de deducible para o beneficiario.

2015/11427

Deporte
Clubes y entidades deportivas
Deporte
Cultura
Acción social
Cultura e idiomas
Desarrollo económico
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Turismo
Gallego
Patrimonio cultural
Empleo y contratación
Empleo
Industrialización