Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de eventos deportivos singulares de especial interese na provincia, durante o ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

ÁREA DE SERVIZOS PROVINCIAIS

SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de eventos deportivos singulares de especial interese na provincia, durante o ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras da Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de eventos deportivos singulares de especial interese na provincia, durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 20 de novembro de 2015.

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA O DESENVOLVEMENTO DE EVENTOS DEPORTIVOS SINGULARES DE ESPECIAL INTERESE NA PROVINCIA, DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de eventos deportivos singulares de especial interese na provincia, durante o ano 2016

Referencia:

FO103D/2016

Aplicación orzamentaria:

0612/3411/481

Importe do orzamento de gastos:

Mínimo 3.000 €, máximo 100.000 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 30.000 €

Importe da solicitude:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable

Coeficiente de financiamento:

Variable entre 0,2000 e 0,8000

Base 3. Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FO103D/2016

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse a sufragar os gastos inherentes á organización de eventos deportivos de carácter relevante (pola súa incidencia en términos deportivos, sociais e económicos) na provincia, e que servan para o fomento e promoción das distintas modalidades deportivas.

Serán de exclusiva responsabilidade da entidade a organización do evento e as obrigas fiscais e de Seguridade Social que se deriven. Así mesmo a obtención de todas as autorizacións necesarias para a súa realización (ocupación de vías públicas, etc.).

Os gastos subvencionables para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención serán unicamente os gastos de carácter corrente e gastos de adquisición de materiais funxibles xerados pola realización das actividades deportivas, en ningún caso bens inventariables.

Serán gastos subvencionables os relacionados no orzamento da solicitude telemática.

Respecto dos gastos de transporte de materiais, de desprazamentos en vehículo propio, aloxamentos e manutención de equipos ou deportistas, terán que estar directamente vinculados coa realización das actividades subvencionadas. Deberá acreditarse esta vinculación na memoria da actividade no trámite da xustificación.

Poderán tamén ser gastos subvencionables aqueles de carácter xeral da entidade (persoal administrativo e gastos de subministros, auga, luz, etc... ) que se adscriban directamente á realización da actividade subvencionada, co límite máximo do 13% dos gastos directos da actividade. Estes gastos teñen que especificarse motivadamente no orzamento.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria FO103D/2016

Ademais das exclusións expresadas na base 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención neste programa:

· As actividades culturais, deportivas obxecto das convocatorias 103A, 103B e 103C,de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

· Adquisición de bens inventariables.

· Os gastos derivados de viaxes de ocio.

· Os gastos financeiros.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FO103D/2016

A presente convocatoria vai dirixida a entidades deportivas, sen ánimo de lucro e a federacións deportivas, que acrediten ser as organizadoras do evento deportivo para o que solicitan a subvención.

Como excepción ao establecido nas bases reguladoras xerais, as entidades que opten por este programa poderán tamén solicitar subvencións polos programas FO103A, FO103B e FO103C do presente ano.

Base 7. Solicitude

7.1. Prazo e presentación de solicitudes específicos da convocatoria FO103D/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2. Documentación e compromisos específicos da convocatoria FO103D/2016

Ademais da documentación relacionada na base 7ª das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

· Memoria explicativa da actividade que se vai realizar. O dito documento conterá, como mínimo, os aspectos que deseguido se expoñen:

- Título do evento.

- Obxectivos xerais e descrición das actividades.

- Ámbito territorial do evento e lugar de realización.

- Categorías e procedencia dos equipos e/ou participantes previstos.

- Recursos materiais e humanos necesarios, facendo mención ás titulacións requiridas no persoal á fronte do proxecto

- Impacto deportivo, social e económico previsto para a poboación na que teña lugar o evento e para a provincia.

- Adecuación das actividades que se van realizar ao interese provincial.

· Declaración do ámbito territorial do evento (provincial, autonómico, nacional, internacional).

· Declaración do nº de xornadas do evento.

· Declaración do nº de deportistas/equipos que participan no evento.

· Declaración da inclusión do evento no calendario oficial de competicións, se é o caso.

· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos.

· Declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto.

· Declaración do nº de persoas participantes previstos nas actividades.

· Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

· No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado na solicitude.

Base 8. Resolución

8.1 Valoración das solicitudes específica da convocatoria FO103D/2016

· Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 30 puntos.

· Nº de xornadas do evento: ata 10 puntos.

· Nº de deportistas/equipos que participan no evento: ata 10 puntos.

· O ámbito territorial do evento é provincial: ata 5 puntos.

· O ámbito territorial do evento é autonómico: ata 10 puntos.

· O ámbito territorial do evento é nacional: ata 15 puntos.

· O ámbito territorial do evento é internacional: ata 20 puntos.

· A inclusión do evento no calendario oficial de competicións. ata 5 puntos.

· O número de persoas participantes nas actividades: ata 5 puntos.

· Adecuación das actividades que se van realizar ao interese provincial: ata 15 puntos.

· Utilización da lingua galega na realización do proxecto: ata 5 puntos.

Base 9. Xustificación e pagamento

9.3 Documentación específica da convocatoria FO103D/2016

· Memoria xustificativa da realización do evento e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: actividades desenvoltas; temporalización; recursos humanos (persoal de organización, técnico, de seguridade, etc.); cuantificación e perfil dos participantes; resultados técnicos-deportivos obtidos; repercusión nos medios de comunicación (prensa, radio, TV e medios dixitais).

· Acreditación da utilización do anagrama da Deputación da Coruña no material gráfico de difusión e na páxina web da entidade.

2015/11426

Eventos deportivos
Clubes y entidades deportivas
Eventos
Deporte
Deporte
Cultura e idiomas
Deportistas y técnicos
Acción social
Cultura
Transporte
Actividades deportivas
Vehículos
Actividad cultural
Actividades de ocio y tiempo libre
Desarrollo económico
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Turismo
Ocio y tiempo libre
Gallego
Prensa
Radio
Medios de comunicación