Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento do deporte, durante o ano 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

SECCION DE CULTURA E DEPORTES

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento do deporte, durante o ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento do deporte, durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 20 de novembro de 2015.

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FOMENTO DO DEPORTE, DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento do deporte, durante o ano 2016

Referencia:

FO103A/2016

Aplicación orzamentaria:

0612/3411/481

Importe do orzamento de gastos:

Mínimo 3.000 €, máximo 75.000 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 30.000 €

Importe da solicitude:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable

Coeficiente de financiamento:

Variable entre 0,2000 e 0,8000

Base 3. Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FO103A/2016

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de actividades físicas deportivas cuxo obxectivo sexa mellorar a condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, o fomento do deporte ou actividades formativas no ámbito deportivo.

A realización do programa de actividades para a que se concede a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade, así como as obrigas fiscais e de seguridade social que delas se deriven.

Os gastos subvencionables para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención serán unicamente os gastos de carácter corrente e gastos de adquisición de materiais funxibles xerados pola realización das actividades deportivas, en ningún caso bens inventariables.

Serán gastos subvencionables os relacionados no orzamento da solicitude telemática.

Respecto dos gastos de viaxes, transporte de materiais, de desprazamentos en vehículo propio, terán que estar directamente vinculados coa realización das actividades subvencionadas. Deberá acreditarse esta vinculación na memoria da actividade, no trámite da xustificación.

Poderán tamén ser gastos subvencionables aqueles de carácter xeral da entidade (persoal administrativo e gastos de subministracións, auga, luz, etc...) que se adscriban directamente á realización da actividade subvencionada, co límite máximo do 13% dos gastos directos da actividade. Estes gastos teñen que especificarse motivadamente no orzamento.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria FO103A/2016

Ademais das exclusións expresadas na base 4 das bases reguladoras, non serán subvencionables neste programa:

· As actividades culturais, deportivas obxecto das convocatorias 103B e 103C, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

· Os eventos deportivos singulares, que poidan ser obxecto de subvención a través da convocatoria FO103D/2016.

· Adquisición de bens inventariables.

· Os gastos de manutención/avituallamento, aloxamento e atencións protocolarias; por iso, este tipo de gastos, tampouco poderán incluírse nos orzamentos que se presenten, salvo cando sexan para actividades formativas.

· Os gastos derivados de viaxes de ocio.

· Os gastos financeiros.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FO103A/2016

A presente convocatoria vai dirixida a entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia, e que teñan entre os seus obxectivos o fomento de actividades físicas deportivas, a ocupación activa do tempo de lecer, de fomento do deporte ou actividades formativas deportivas.

Como excepción ao establecido nas bases reguladoras xerais, as entidades que opten por este programa poderán tamén solicitar subvencións no programa FO103D do presente ano.

Base 7. Solicitude

7.1 Prazo e presentación de solicitudes específicos da convocatoria FO103A/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2 Documentación e compromisos específicos da convocatoria FO103A/2016

Ademais da documentación relacionada na base 7.2 das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

· Memoria explicativa da actividade que se vai realizar, que conterá como mínimo, os seguintes aspectos:

- Título do programa e/ou actividades.

- Obxectivos xerais e específicos do proxecto presentado e no seu caso número de equipos/deportistas implicados, coas diferentes categorías detalladas.

- Ámbito xeográfico das actividades e, no seu caso, nivel de participación.

- Calendario e, no seu caso, planificación deportiva.

- Recursos materiais e humanos necesarios, facendo mención ás titulacións requiridas no persoal á fronte do proxecto.

· Declaración do nº de actividades diferentes que se realizarán no proxecto presentado.

· Declaración do nº de participantes nas actividades.

· Declaración da temporalidade do proxecto ( temporalidade total expresada en meses).

· Declaración do nº de categorías de base que contempla o proxecto, se as houber (benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil).

· Declaración de requisitos de participación nas actividades (participación gratuíta e libre, pago de inscrición e/ou obriga de licenza federativa, reservada só a socios da entidade organizadora).

· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos.

· Declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto.

· No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado na solicitude.

Base 8. Resolución

8.1 Valoración das solicitudes específica da convocatoria FO103A/2016

· Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 30 puntos.

· O nº de actividades diferentes que se realizan no proxecto presentado: ata 10 puntos.

· A temporalidade das actividades: ata 10 puntos.

· O grao de implicación no fomento do deporte base: ata 10 puntos.

· Ámbito territorial das actividades: ata 5 puntos.

· Os requisitos de participación (gratuíta e libre, cota de inscrición e/ou obriga de licenza federativa, reservada só a socios da entidade organizadora): ata 5 puntos.

· O número de persoas participantes previstos nas actividades: ata 10 puntos.

· Adecuación das actividades que se van realizar ao interese provincial: ata 15 puntos.

· Utilización da lingua galega na súa realización: ata 5 puntos.

Base 9. Xustificación e pagamento

9.3 Documentación específica da convocatoria FO103A/2016

· Memoria xustificativa da realización da actividade e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: actividades desenvoltas; temporalización; cuantificación e perfil dos participantes; resultados obtidos.

2015/11419

Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Cultura
Actividades deportivas
Cultura e idiomas
Acción social
Transporte
Vehículos
Desarrollo económico
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Actividad cultural
Eventos deportivos
Turismo
Actividades de ocio y tiempo libre
Ocio y tiempo libre
Deportistas y técnicos
Gallego
Infancia