Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

SECCIÓN DE CULTURA E DEPORTES

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais, durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 20 de novembro de 2015.

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA REALIZAR ACTIVIDADES CULTURAIS DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2016

Referencia:

FO203/2016

Aplicación orzamentaria:

0612/3341/481

Importe do orzamento de gastos:

Mínimo 3.000 €, máximo 75.000 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 30.000 €

Importe da solicitude:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable

Coeficiente de financiamento:

Variable entre 0,2000 e 0,8000

Base 3. Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FO203/2016

As axudas económicas, obxecto da presente convocatoria, destinaranse á realización de actividades culturais.

En relación ás actividades culturais, as solicitudes poderán ter dobre carácter:

a) Proxectos específicos, é dicir, nos que se prevexa a realización de actividades concretas.

b) Programacións anuais, é dicir, as que se desenvolvan durante todo o exercicio económico.

Unicamente serán obxecto de axuda os gastos de carácter corrente, en ningún caso bens inventariables.

A realización do programa de actividades para o que fose concedida a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade, así como as obrigas fiscais e de seguridade social que delas se deriven.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria FO203/2016

Ademais das exclusións expresadas na base 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención neste programa:

· Os eventos e festivais musicais, eventos audiovisuais, eventos e festivais de artes escénicas, eventos de artes plásticas e visuais, e proxectos singulares de especial interese cultural, que serán obxecto de convocatorias específicas.

· As actuacións solicitadas por agrupacións artísticas, dado que existe unha convocatoria específica para estas actividades: a Rede Cultural.

· Os gastos de carácter xeral da entidade (persoal e gastos correntes). Só serán subvencionables os gastos que se adscriban directamente á realización da actividade obxecto da subvención, co límite máximo do 13% dos gastos directos da actividade. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no orzamento.

· Os gastos de manutención, aloxamento e atención protocolarias; por iso, este tipo de gastos, tampouco poderán incluírse nos orzamentos que se presenten para calquera outra finalidade.

· Os gastos financeiros.

· As viaxes de ocio e as festas.

· As actividades deportivas e de tempo libre, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FO203/2016

· A presente convocatoria vai dirixida a entidades de carácter cultural, sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.

· Quedan excluidas as fundacións e asociacións de ámbito galego e as entidades adicadas á cultura popular ( bandas de música, corais, colectivos de música e baile tradicional ) que terán convocatorias específicas.

Base 7. Solicitude

7.1 Prazo e presentación de solicitudes específicos da convocatoria FO203/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2 Documentación específica da convocatoria FO203/2016

Ademais da documentación relacionada na base 7.2 das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

· Memoria explicativa da actividade que conterá como mínimo os seguintes aspectos: breve descrición da actividade que se vai realizar, para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3; calendario de realización ao longo do ano 2016; adecuación da actividade ao interese provincial.

· Orzamento estimado dos gastos derivados da realización da actividade, desagregado por conceptos.

· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos.

· Declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto.

· Declaración do número de persoas participantes previstos nas actividades.

· Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

· No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado na solicitude.

Base 8. Resolución

8.1 Valoración das solicitudes específicas da convocatoria FO203/2016

· Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 50 puntos

· Adecuación das actividades que se han realizar ao interese provincial: ata 10 puntos

· Número de persoas participantes na actividade: ata 25 puntos

· Emprego da lingua galega na realización da actividade: ata 15 puntos

Base 9. Xustificación e pagamento

9.3 Documentación específica da convocatoria FO203/2016

· Memoria xustificativa da realización da actividade e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: actividades desenvoltas; temporalización; cuantificación e perfil dos participantes; resultados obtidos.

2015/11428

Actividad cultural
Cultura
Cultura e idiomas
Eventos
Deporte
Deporte
Artes
Acción social
Música
Artes Escénicas
Actividades de ocio y tiempo libre
Actividades deportivas
Ocio y tiempo libre
Desarrollo económico
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Turismo
Gallego
Empleo y contratación
Empleo