Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

SECCIÓN DE CULTURA E DEPORTES

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais, durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 20 de novembro de 2015.

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA REALIZAR INVESTIMENTOS CULTURAIS DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2016

Referencia:

FO204/2016

Aplicación orzamentaria:

0612/3339/781

Importe do orzamento de gastos:

Mínimo 3.000 €, máximo 75.000 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 30.000 €

Importe da solicitude:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionables

Coeficiente de financiamento:

Variable entre 0,2000 e 0,8000

Base 3. Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FO204/2016

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles, equipamentos e moblaxe.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria FO204/2016

Ademais das exclusións expresadas na base 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención neste programa:

· A adquisición ou construción de novos locais.

· Os investimentos deportivos e de tempo libre, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

· Os investimentos no patrimonio arquitectónico.

· Os gastos financeiros.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FO204/2016

· A presente convocatoria vai dirixida a entidades de carácter cultural, sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.

· Quedan excluidas as fundacións e asociacións de ámbito galego e as entidades adicadas á cultura popular ( bandas de música, corais, colectivos de música e baile tradicional ) que terán convocatorias específicas.

Base 6. Obrigas das entidades

Obrigas específicas das entidades beneficiarias da convocatoria FO204/2016

Ademais das obrigas expresadas na base 6 das bases reguladoras, as entidades beneficiarias de subvención neste programa terán as seguintes:

As entidades beneficiarias quedan obrigadas a destinar os bens ás fins concretas para a que foi concedida a subvención durante un período mínimo de cinco anos no caso de inmobles ou de dous anos no caso de bens inventariables.

Base 7. Solicitude

7.1 Prazo e presentación de solicitudes específicos da convocatoria FO204/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2 Documentación específica da convocatoria FO204/2016

Ademais da documentación relacionada na base 7.2 das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

· Memoria explicativa do investimento que conterá os seguintes aspectos: breve descrición do investimento que se vai realizar, para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3; calendario de realización ao longo do ano 2016; adecuación do investimento ao interese provincial.

· No caso de obras: resumo do presuposto de execución por capítulos ou unha memoria valorada, pero unha vez concedida a axuda, de ser legalmente necesario, requirirase para a xustificación a achega do proxecto técnico. No caso de solicitar a axuda para unha fase da obra, definirase a fase no informe técnico, e garantirase que é susceptible de utilización e a posibilidade de continuidade da obra por contar con financiamento.

· No caso de obras: declaración de ter acreditada a propiedade ou dereito real que se posúa sobre o ben inmoble, propiedade ou arrendamento, con indicación do prazo de vixencia, e, no seu caso, declaración de ter autorización do propietario para a realización das obras.

· No caso de obras: compromiso de obtención de licenzas e autorizacións preceptivas para os efectos do cumprimento da legalidade urbanística e do respecto e protección do patrimonio histórico-artístico e do medio.

· Compromiso de manter a adscrición do ben ás fins que motivaron a concesión da subvención, por un prazo mínimo de cinco anos, no caso de inmobles ou de dous anos no caso de bens inventariables.

· Compromiso, cando corresponda, de inscribir o ben no rexistro público correspondente, con indicación da subvención obtida e do período de adscrición do dito ben ás fins previstas.

· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos.

· Declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto.

· Declaración do número de persoas usuarias do investimento.

· Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

· No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial dos investimentos con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado na solicitude.

Base 8. Resolución

8.1 Valoración das solicitudes específica da convocatoria FO204/2016

· Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 50 puntos

· Adecuación dos investimentos que se han realizar ao interese provincial: ata 10 puntos

· Número de persoas usuarias do investimento: ata 25 puntos

· Emprego da lingua galega na realización da actividade: ata 15 puntos

Base 9. Xustificación e pagamento

9.3 Documentación específica da convocatoria FO204/2016

As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades de calquera natureza que xeren gastos de investimento, xustificaranse segundo se indica deseguido:

Subvencións de importe inferior a 3.000 €

Presentarase a seguinte documentación:

' Conta xustificativa.

' Factura dixital ou escaneada.

' Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación dos investimentos realizados, dos usuarios, dos resultados obtidos e as desviacións acaecidas, e detalle dos ingresos ou subvencións que financiasen o investimento subvencionado, con indicación do seu importe e procedencia.

A memoria deberá reflectir expresamente os seguintes termos: obtención de licenzas preceptivas e cumprimento de normas contractuais e urbanísticas, e acreditarse a recepción da obra ou o equipamento.

Subvencións de 3.000 € ou máis

Presentarase a seguinte documentación:

' Conta xustificativa.

' Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación dos investimentos realizados, dos usuarios e dos resultados obtidos, e detalle dos ingresos ou subvencións que financiasen o investimento subvencionado, con indicación do seu importe e procedencia.

A memoria deberá reflectir expresamente os seguintes termos: obtención de licenzas preceptivas e cumprimento de normas contractuais e acreditarse a recepción da obra ou o equipamento.

' Achegarase, ademais a seguinte documentación:

1.- Adquisición de bens de equipo.

- Factura dixital ou escaneada

- Acta de recepción escaneada, ou do albará de entrega e fotografía

- Declaración do acordo de aprobación da factura polo órgano competente da entidade beneficiaria.

- Se o importe do equipo supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

2.- Execución de obras:

- Certificación escaneada de obra subscrita por técnico colexiado competente

- Relación valorada dixital

- Factura dixital ou escaneada

- Acta de recepción escaneada, e fotografía

- Declaración da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria da subvención.

- Se as obras as executa a administración, na certificación de obra concretarase exclusivamente o importe da execución material, (non poderá incorporar, polo tanto, nin gastos xerais nin beneficio industrial nin o

imposto sobre o valor engadido), non obstante poderá ser substituída esta por facturas dixitais ou escaneada, expedidas polos distintos provedores.

- Se as obras as executa contratista adxudicatario, á certificación de obra, que poderá conter os gastos xerais, beneficio industrial e IVE, acompañarase factura dixital ou escaneada expedida polo contratista e certificado da aprobación polo órgano competente da entidade. O importe do IVE só será gasto subvencionable se non ten o carácter de deducible para o beneficiario.

2015/11429

Cultura
Deporte
Deporte
Cultura e idiomas
Música
Acción social
Desarrollo económico
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Turismo
Gallego
Patrimonio cultural
Empleo y contratación
Empleo
Industrialización