Acordo da Xunta de Goberno do 01/12/17, polo que se aproba a modificación das Bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades privadas, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 05-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 05/12/2017 hasta ----
  • Documento en formato PDF

Modificación das Bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil), da Deputación Provincial da Coruña, ano 2017.

Na sesión celebrada o día 1 de decembro de 2017, a Xunta de Goberno acordou aprobar a modificación das Bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil), da Deputación Provincial da Coruña, ano 2017, para engadir o seguinte párrafo á base 3:

Base 3. Obxecto.

No caso dos programas de subvencións para investimentos que non teñan notificada a resolución de concesión definitiva antes do día 7 de decembro de 2017, non será necesaria a petición da prórroga por parte da entidade beneficiaria e poderán incluírse na declaración de gastos xustificantes de gastos con data límite do 30 de abril de 2018.

A Coruña, 1 de decembro de 2017

O presidente, A secretaria accidental,

Valentín González Formoso Mª Amparo C. Tabaoada Gil

2017/10407

No hay voces...