AMPLIACIÓN DO PRAZO SOLICITUDES DA CONVOCATORIA ÁREA DE REHABILITACIÓN - Boletín Oficial de Pontevedra de 02-12-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 02/12/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do martes 3 de novembro de 2015 publicouse a convocatoria das axudas á conservación e rehabilitación de vivendas na área de rexeneración e renovación urbana do conxunto histórico artístico de Combarro-área de rehabilitación integral de Combarro (7ª Fase).

No artigo 16 de dita convocatoria establécese un prazo de 30 días naturais, a contar desde o seguinte ao de publicación, para que as persoas interesadas formularan no Rexistro Xeral as solicitudes correspondentes. Dito prazo remata o vindeiro 03 de decembro de 2015.

Coa finalidade de crear unha listaxe o suficientemente ampla que poida dar cobertura as posibles cuestións plantexadas durante o exercicio 2016 a Xunta de Goberno Local en sesión realizada o 30 de novembro de 2015 aprobou unha ampliación de prazo de 15 días naturais para a presentación de solicitudes é dicir ata o 18 de decembro de 2015.

Poio, a 30 de novembro de 2015.-O Alcalde, Luciano Sobral Fernández.

Rehabilitación de vivienda
Regeneración urbana
Artes