Anuncio bases convocatoria axudas a familias educación secundaria - Boletín Oficial de A Coruña de 03-06-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 03/06/2015 hasta 03/12/2015
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

Bases da convocatoria de axudas para familias con nenos cursando estudos de educación secundaria (curso 2014-2015)

Por Resolución de Alcaldía número 221 de data 15 de maio 2015, acordouse aprobar as bases da convocatoria de axudas para familias con rapaces/as cursando estudos de educación secundaria (curso 2014- 2015).

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA FAMILIAS CON RAPACES/AS CURSANDO ESTUDOS DE EDUCACIÓN secundaria obrigatoria (CURSO 2014 - 2015)

PRIMEIRA - OBXECTO DA CONVOCATORIA

A presente convocatoria ten por obxecto a regulación das axudas para as familias con rapaces/as cursando estudos de educación secundaria obrigatoria e con menor poder adquisitivo. As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo á aplicación orzamentaria 23148900.

SEGUNDA - DESTINATARIOS DAS AXUDAS

1. Poderán solicitar estas axudas aqueles cidadáns que reúnan os requisitos previstos no párrafo terceiro deste apartado.

2. As axudas cubrirán, por un importe máximo de noventa euros, necesidades nas áreas de instrucción ou educación, material didáctico complementario, actividades extraescolares, ensinanza non reglada e pasantías, prótesis y órtesis, ortodoncia dental, gafas, plantillas, calzado especial, audífonos cando non sexa cuberto por outras institucións.

3. Requisitos que deberá reúnir o solicitante con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes:

a) Estar empadroado no Concello de Cedeira

b) Ostentar a patria potestade do menor.

c) Que o menor esté matriculado en cursos de educación secundaria obrigatoria en centros de ensinanza pública.

d) Que o menor fora xa beneficiario das axudas para as familias con renda per cápita de ata seis mil euros no caso das monoparentais, e ata cinco mil cuatrocentos euros para o resto das familias, previstas na ORDE do 28 de maio de 2014 da CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15 (DOG nº 102, 30-05-2014).

e) Estar ó corrente no pago dos tributos municipais.

TERCEIRA - SOLICITUDE

1. Os solicitantes cumprimentarán o modelo de solicitude, unha por cada unidade familiar, que poderán atopar nas Oficinas Xerais do Concello.

2. A presentación de solicitudes implicará a autorización ó Concello para a comprobación dos datos declarados nas mesmas e a aceptación das condicións destas bases.

3. O modelo de solicitude deberá ir acompañado polos seguintes documentos (orixinais ou copias compulsadas):

- DNI do solicitante

- Libro de Familia, certificación literal de nacemento ou calquera outro documento público que garantice a cualidade de titular da patria potestade.

- Certificado do Centro docente onde esté escolarizado o alumno comprensivo da súa matriculación e de ser beneficiario da correspondente beca sinalada na base segunda 3.d).

- Declaración responsable de que no momento da presentación da solicitude mantéñense as condicións que deron lugar á concesión da beca sinalada na base segunda 3.d).

4. O prazo de presentación de solicitudes é de veinte días naturais, contados a partires do día seguinté á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

5. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira ou nos outros lugares previstos no artígo 38.4 da Ley 30/1992, de 26 de novembro.

6. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

CUARTA - ESTUDO DAS SOLICITUDES E ADXUDICACIÓN

1. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, procederase a verificación de que están completas e que ningún documento adolece de erros.

2. A continuación procederase a confeccionar á relación de solicitudes que fosen declaradas completas e de seguido dictarase unha proposta de resolución dándose traslado ó órgano competente para á súa aprobación.

3. Concedida a axuda, o Concello efectuará a oportuna notificación ós beneficiarios.

QUINTA - ABONO DA AXUDA, XUSTIFICACIÓN E REINTEGRO

1. As axudas concedidas serán ingresadas na conta bancaria facilitada no modelo de solicitude.

2. Antes do 12 de xullo de 2015 deberase xustificar a axuda mediante facturas que acrediten a realización dos gastos para os que foi concedida.

3. A non xustificación de todo ou parte da axuda dará lugar ó reintegro do importe non xustificado xunto cos xuros de demora que correspondan.

4. A pérdida da condición de beneficiario das axudas ao abeiro da Orde do 28 de maio de 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 102, 30-05-2014) dará lugar ó reintegro da axuda concedida por este concello.

DISPOSICIÓN FINAL

Para o non regulado nestas bases estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Cedeira a 22 de maio de 2015

O Alcalde,

Asinado

Luis Rubido Ramnde

2015/5900

Educación
Familia
Material escolar
Industria del calzado, curtidos y marroquineria
Prótesis
Actividades extraescolares
Cultura
Libros de texto
Alumnado
Escuelas