Anuncio convocatoria de axudas para o ensino e o transporte 2015/2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 11-09-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 12/09/2015 hasta 05/10/2015
  • Documento en formato PDF

CONVOCATORIA AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE 2015/2016

Por Resolución de Alcaldía do 24/08/2015 acordouse aprobar as bases reguladoras para a concesión de axudas para o ensino e o transporte do alumnado do Concello de Val do Dubra 2015/2016, abríndose o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA 2015/2016

' Primeira. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria de axudas favorecer a escolarización pública en familias con menos recursos económicos do Concello de Val do Dubra.

' Segunda. Destinatarias/os e requisitos.

Para poder beneficiarse destas axudas é preciso cumplir os seguintes requisitos:

a) Cursar estudos nalgún dos centros públicos de ensino para os que se solicita a axuda:

- SEGUNDO CICLO DE INFANTIL E PRIMARIA: todos os centros públicos do Concello (CPI de Bembibre e CEIP Xacinto Amigo Lera).

- ESO:( CPI de Bembibre).

- FP: (calquera centro público).

- BACHARELATO: (calquera centro público).

b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base quinta da presente convocatoria.

c) Estar empadroado no Concello de Val do Dubra e ser filla/o menor de 18 anos dependente economicamente dos pais.

d) Presentar CERTIFICADO DE MATRÍCULA da/o alumna/o para o curso 2015/2016 (agás o alumnado de segundo ciclo de Infantil, Primaria e ESO).

e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiaria/o, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais e os tutores.

g) Poderán ser beneficiarias/os da axuda de transporte o alumnado de:

- F P

- BACHARELATO.

' Terceira. Solicitudes e documentación necesaria.

Documentación obrigatoria:

a) As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse no impreso normalizado que se inclúe como Anexo I e poderá así mesmo obterse nas oficinas do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Val do Dubra.

b) Xunto coa solicitude, no modelo normalizado e debidamnente cuberto, presentarase a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI da/do solicitante (pai, nai ou tutor)

- Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

- Fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2014 dos pais ou titores legais. No caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar, deberá acreditala mediante Informe Social.

No caso de separación ou divorcio estase ao previsto na Base 6ª para a determinación dos membros da unidade familiar.

- No caso de presentar solicitudes para varios irmáns, só é necesario presentar un exemplar da fotocopia do DNI do solicitante, do libro de familia e da declaración do IRPF dos proxenitores.

- Facturas orixinais que acrediten o gasto realizado en material escolar ou libros para o alumnado de segundo ciclo de Infantil, Primaria e E.S.O. Dado o carácter finalista das axudas desta convocatoria, en ningún caso, o importe da axuda concedida polo Concello poderá ser superior ao gasto realizado pola/o beneficiaria/o.

- Certificado da matrícula expedido polo centro educativo para o alumnado de F.P. e Bacharelato.

- Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incursa/o en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria/o de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento das obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Val do Dubra para que realice as comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso, segundo o Anexo II.

Documentación complementaria:

- Certificado que acredite o grao de minusvalía e/ou incapacidade nun grao igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, se procede.

- Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante o ano 2015 dalgún membro da unidade familiar, se procede.

- Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos os dous proxenitores.

' Cuarta. Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

a) A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Val do Dubra, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:00 horas ou os sábados de 9:00 a 13:00 horas, ou a través das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

b) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

' Quinta. Contía das bolsas.

O Concello de Val do Dubra aboará as bolsas aos beneficiarios que reúnan todos os requisitos previstos na base segunda e presenten a súa solicitude dentro do prazo establecido na convocatoria xunto coa documentación requerida na base terceira.

O Concello de Val do Dubra outorgará 30 becas de ensino e 20 becas de transporte.

Os importes das axudas, por alumna/o e curso, serán de 100 € cada unha.

' Sexta. Valoración das solicitudes

Na valoración das solicitudes teranse en conta a renda per cápita familiar e o exercicio fiscal 2014.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros da unidade familiar divididos polo números de membros computables.

Para o previsto nestas bases considérase que compoñen a unidade familiar:

§ Os pais e, no seu caso, o/a titor/ra ou persoa encargada da garda e protección da/do menor.

§ As/os fillas/os menores de idade, con excepción dos emancipados.

§ No caso de familias monoparentais, para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que acompañen a unidade familiar. Considerase familia monoparental aquel ' núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento' (artigo 13 da Lei 3/2011). Para os efectos da consideración da monoparentabilidade, e sempre que a filla ou fillo teña sido recoñecido por ambos proxenitores, no caso de non existir acordo xudicial algún no referido ao outorgamento da garda e custodia así como a atribución de pensión de alimentos a favor da/do menor estimarase como xustificación suficiente a declaración xurada do/da proxenitor/ra responsable legal solicitante, sen prexuízo de que a administración poida efectuar maiores comprobacións valéndose dos medios legalmente establecidos.

§ No caso de ausencia de ambos os dous proxenitores, para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrementarase nun 1.6 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

§ Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e reúnan os requisitos do apartado anterior.

§ No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante da bolsa de axuda. En cambio, sí terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida ao pai/nai e que si conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

A valoración das solicitudes presentadas efectuarase segundo o seguinte cadro de puntuacións:

Renda per cápita familiar

Puntuación

De 0 € a 4.000 €

6

De 4.001 € a 5.000 €

4

De 5.001 a 6.000 €

2

Ademais da renda per cápita teranse en conta as seguintes circunstancias sempre que se acrediten co correspondente certificado:

a) Se algún membro da unidade familiar ten unha minusvalía igual ou superior ao 33%, puntuarase esta circunstancia con 2 puntos adicionais.

b) Cando o pai/nai ou titor/a acrediten a situación de desemprego durante máis de seis meses no ano 2015 incrementarase a valoración en 2 puntos adicionais.

' Sétima. Importe máximo e crédito orzamentario

O importe total para as axudas de ensino e transporte prevese en 5.000 €, e levarase a cabo mediante a tramitación anticipada de gasto que se computará ao crédito do exercicio 2015, á aplicación orzamentaria 326/48.000, ao abeiro do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo). De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

' Oitava. Do procedemento de concesión das axudas

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas serán valoradas pola comisión avaliadora conforme aos criterios da base 6ª. Posteriormente publicarase no taboeiro de edictos do Concello unha lista provisional e abrirase un prazo de 10 días para a subsanación de documentación. Transcurrido este prazo a Comisión emitirá unha proposta definitiva que será fiscalizada pola Intervención municipal e de seguido procederase á súa aprobación por Decreto de Alcaldía así como á súa publicación no taboleiro de edictos do Concello.

' Novena. Compatibilidade

A percepción destas axudas será compatible coa percepción doutras coa mesma finalidade que se poidan percibir doutras administracións.

' Décima. Comisión avaliadora

A comisión avaliadora das solicitudes e documentación estará formada por:

- A Concelleira de Educación.

- A Secretaria - Interventora municipal.

- A Educadora Familiar .

- A Concelleira de Benestar Social.

' Onceava. Xustificación

A documentación xustificativa presentarase no mesmo momento da solicitude.

- Xustificantes esixidos para as axudas de ensino:

Alumnos de:

Tipo de xustificante

Segundo ciclo de Infantil, Primaria e E.S.O.

Facturas orixinais que acrediten o gasto realizado en material escolar e libros

- Xustificantes esixidos para as axudas de transporte:

Alumnos de:

Tipos de xustificante

Bacharelato e F.P.

Certificado da matrícula expedido polo centro educativo

' Disposición derradeira

Concederanse as presentes axudas ata o límite orzamentario previsto na aplicación orzamentaria destinada para tal fin no Orzamento Xeral do Concello de Val do Dubra para o ano 2015 ( como tramitación anticipada de gasto). De verse superada esta contía na valoración das solicitudes, priorizarase a concesión de axudas ás unidades familiares que obteñan maior puntuación na valoración das solicitudes.

En caso de empate priorizarase a renda per cápita mais baixa e de persistir empate o maior número de membros da unidade familiar.

Val do Dubra, 24 de agosto de 2015

O alcalde

Antonio Negreira Noya

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE - CONVOCATORIA PÚBLICA COMPLEMENTARIA CURSO 2015/2016

DATOS DA/DO SOLICITANTE (NAI/PAI-TITOR/TITORA)

NOME E APELIDOS

NIF

ENDEREZO

TELÉFONO

IBAN: CC:

DATOS DA/DO ALUMNA/O

NOME E APELIDOS

CURSO

CENTRO DE ESTUDOS

£ AXUDA DE ENSINO

AXUDA SOLICITADA:

£ AXUDA DE TRANSPORTE

' DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA QUE SE ACHEGA (marque cun X) (unha soa fotocopia para todas as solicitudes da mesma unidade familiar):

£ Fotocopia do DNI do/da solicitante (nai/pai-titor/titora).

£ Fotocopia do libro de familiar no que figuren todos os membros da unidade familiar.

' Ingresos da unidade familiar (elixir a opción que corresponda): (unha soa fotocopia para todas as solicitudes da mesma unidade familiar):

£ Fotocopia da declaración da renda (IRPF) 2014. Declaración responsable segundo o anexo II.

£ Certificado de AEAT de non ter presentado a declaración no que se acrediten os ingresos obtidos no exercicio 2014.

£ Outra documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar.

' DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA QUE SE ACHEGA (marque cun X):

£ Certificado que acredite o grao de minusvalía dalgún membro da unidade familiar (se procede).

£ Certificado que acredite a situación de desemprego por período superior a 6 meses dalgún membro da unidade familiar ( se procede) durante o ano 2015.

£ Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou ausencia de ambos os dous proxenitores.

' XUSTIFICACIÓN OBRIGATORIA DAS AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE

£ Facturas orixinais do gasto realizado en material ou libros (segundo ciclo de Infantil, Primaria e ESO).

£ Certificado da matrícula expedido polo centro educativo ( Bacharelato e F.P.)

Val do Dubra, .......... de........................................ de 2015.

Asdo:

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA (A CORUÑA).

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D./D.ª _________________________________________________________________________________________________,

Con NIF/ Pasaporte _______________________, en calidade de nai/pai, titor/titora da/o alumna/o, alumnas/alumnos

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________,

DECLARO:

1.- Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

2.- Non estar incursa/o en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria/o de subvencións públicas recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

3.- Estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións.

AUTORIZO:

Ao Concello de Val do Dubra para que realice as comprobacións oportunas en relación cós apartados anteriores, durante todo o período que dure o proceso de concesión e pago das axudas para o curso 2015/2016 e comprobe no Padrón municipal o empadroamento do beneficiario da beca.

En _______________________, a ______de ____________________________de 2015.

Asdo:____________________________________________

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA (A CORUÑA)

2015/9162

Alumnado
Transporte
Familia
Infancia
Transporte escolar
Educación
Familia monoparental
Escolarización
Material escolar
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Bienestar social