Anuncio da convocatoria do certame de debuxo 'Ollando o teu Concello' - Boletín Oficial de A Coruña de 08-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 08/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Particulares
  • Documento en formato PDF

Por acordo da Xunta de Goberno Local de 31 de maio de 2018 foi aprobada a convocatoria e as bases do certame de debuxo Ollando o teu Concello . Edición 2018, cuxo texto se transcribe en galego e en castelán:

BASES DA CONVOCATORIA

O Concello de Boimorto, co fin de promover as diferentes manifestacións culturais e fomentar o cultivo desta entre a poboación en etapa escolar, convoca este certame de debuxo.

Participantes

Poden concorrer todos os/as nenos/as do Concello de Boimorto matriculados nas etapas de infantil, primaria e secundaria.

O alumnado matriculado no CEIP Armando Cotarelo Valledor poden entregar os traballos no propio centro. Os nenos/as do concello das etapas de infantil, primaria e secundaria que non acoden a este centro escolar poderán facer entrega dos seus debuxos no Concello de Boimorto á animadora sociocultural.

As persoas premiadas non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións nin en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.

Temática

Os traballos, debuxos e/ou pinturas deberán ser orixinais e inéditos; e no caso de levar algún texto, este deberá estar redactado en lingua galega.

Elaborarase un debuxo/pintura na que presenten o patrimonio, as persoas, a paisaxe, un lugar segredo, etc. do Concello de Boimorto. Cada concursante poderá entregar no centro escolar/concello un máximo dunha obra.

Todos os participantes indicaran xunto co traballo o seu nome e apelidos, domicilio, idade e teléfono de contacto.

Prazos de entrega

A data límite de entrega será o 20 de xuño de 2018.

Selección das obras e fallo

Dos debuxos presentados seleccionaranse dous en cada unha das seguintes etapas:

- Infantil

- 1.º e 2.º de primaria.

- 3.º e 4.º de primaria.

- 5.º e 6.º de primaria.

- 1.º e 2.º de secundaria.

- 3.º e 4.º de secundaria.

Os 12 debuxos seleccionados formarán parte do calendario do concello para o ano 2019.

Xurado

O xurado estará formado polas seguintes persoas:

- Dous mestres/as do CEIP Armando Cotarelo Valledor con formación en debuxo.

- A animadora sociocultural do Concello de Boimorto.

Será valorada a orixinalidade e a creatividade das obras presentadas así como o que se transmita nos traballos.

Os membros do xurado deberán formalizar unha acta coas valoracións na que se propoña a concesión dos premios.

Entrega de premios

A entrega de premios realizarase a finais do mes de xuño.

Premios e publicación dos debuxos

Os doce debuxos seleccionados por cada categoría recibirán un agasallo en material escolar, o gasto total será de 360 € (30 € cada debuxo) será con cargo á aplicación orzamentaria 340.48100 do orzamento municipal do vixente exercicio 2018.

Dereitos sobre os debuxos

As obras premiadas quedarán en propiedade do Concello de Boimorto que se reservará o dereito para reproducir en soportes informativos e promocionais propios e expoñer de maneira libre calquera dos 12 debuxos finalistas. En ningún caso cederanse a terceiros salvo autorización expresa dos autores. Os organizadores comprométense a indicar o nome do autor/a cada vez que o seu debuxo sexa reproducido.

Publicación das bases

Unha vez aprobadas as bases do Certame de debuxo estas estarán publicadas na sede electrónica do Concello de Boimorto, na páxina web do Concello, no Boletín Oficial da Coruña e na Base Nacional de Subvencións.

Boimorto, 5 de xuño de 2018.

A alcaldesa

Asdo.: María Jesús Novo Gómez

BASES DE LA CONVOCATORIA

El Ayuntamiento de Boimorto, con el fin de promover las diferentes manifestaciones culturales y fomentar el cultivo de esta entre la población en etapa escolar, convoca este certamen de dibujo.

Participantes

Pueden concurrir todos los/las niños/as del Ayuntamiento de Boimorto matriculados en las etapas de infantil, primaria y secundaria.

El alumnado matriculado en el CEIP Armando Cotarelo Valledor pueden entregar los trabajos en el propio centro. Los/as niños/as del Ayuntamiento de las etapas de infantil, primaria y secundaria que no acuden a este centro escolar podrán hacer entrega de sus dibujos en el Ayuntamiento de Boimorto a la animadora sociocultural.

Las personas premiadas no podrán estar incursas en ninguna de las circunstancias previstas en el artículos 13 de la Ley 38/2003, del 17 de noviembre, general de subvencione ni en ninguna clase de inhabilitación para la obtención de ayudas prevista en el artículo 10 de la Ley 9/2007, del 13 de junio, de subvenciones de Galicia.

La participación en este concurso implica la total aceptación de estas bases.

Temática

Los trabajos, dibujos e/o pinturas deberán ser originales e inéditos; en el caso de llevar algún texto, este deberá estar redactado en lengua gallega.

Se elaborará un dibujo/pintura en la que presenten el patrimonio, las personas, el paisaje, un lugar secreto, etc. del Ayuntamiento de Boimorto. Cada concursante podrá entregar en el centro escolar/Ayuntamiento un máximo de una obra.

Todos los participantes indicaran junto con el trabajo o su nombre y sus apellidos, domicilio, edad y teléfono de contacto.

Plazos de entrega

La fecha límite de entrega será el 20 de junio de 2018.

Selección de las obras y fallo

De los dibujos presentados se seleccionaran dos en cada una de las siguientes etapas:

- Infantil

- 1.º y 2.º de primaria.

- 3.º y 4.º de primaria.

- 5.º y 6.º de primaria.

- 1.º y 2.º de secundaria.

- 3.º y 4.º de secundaria.

Los 12 dibujos seleccionados formarán parte del calendario del Ayuntamiento para el año 2019.

Jurado

El jurado estará formado por las siguientes personas:

- Dos maestros/as del CEIP Armando Cotarelo Valledor con formación en dibujo.

- La animadora sociocultural del Ayuntamiento de Boimorto.

Será valorada la originalidad y la creatividad de las obras presentadas así como lo que se transmita en los trabajos.

Los miembros del jurado deberán formalizar una acta con las valoraciones en la que se proponga la concesión de los premios.

Entrega de premios

La entrega de premios se realizara a finales del mes de junio.

Premios y Publicación de los dibujos

Los doce dibujos seleccionados por cada categoría recibirán un regalo en material escolar, el gasto total será de 360 € (30 € cada dibujo) será con cargo a la aplicación presupuestaria 340.48100 do presupuesto municipal do vigente ejercicio 2018.

Derechos sobre los dibujos

Las obras premiadas quedarán en propiedad del Ayuntamiento de Boimorto que se reservará el derecho para reproducir en soportes informativos y promocionales propios y exponer de manera libre cualquiera de los 12 dibujos finalistas. En ningún caso se cederán a terceros salvo autorización expresa de los autores. Los organizadores se comprometen a indicar el nombre del autor/a cada vez que su dibujo sea reproducido.

Publicación de las bases

Una vez aprobadas las bases del Certamen de dibujo estas estarán publicadas en la sede electrónica do Ayuntamiento de Boimorto, en la página web del Ayuntamiento, en el Boletín Oficial da Coruña y en la Base Nacional de Subvenciones.

Boimorto, 5 de junio de 2018.

La alcaldesa

Fdo.: María Jesús Novo Gómez

2018/4110

Escuelas
Infancia
Alumnado
Gallego
Pintura
Formación
Material escolar
Certámenes
Cultura
Cultura e idiomas
Empleo
Empleo y contratación