Anuncio da convocatoria de subvencións a Asociacións Culturais, Deportivas, Veciñais e Educativas e para actividades de reinserción social para o ano 2015 - Boletín Oficial de A Coruña de 27-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 27/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS, VECIÑAIS E EDUCATIVAS E PARA ACTIVIDADES DE REINSERCIÓN SOCIAL DO CONCELLO DE ROIS PARA O ANO 2015

Primeira- Obxecto

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, veciñais, educativas e con fins de reinserción social, de conformidade e en desenvolvemento da Ordenanza reguladora de subvencións a asociacións, aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación e publicada no BOP de data 6 de outubro de 2004.

As actividades obxecto de subvención deberán ser aquelas que suplan ou complementen as competencias do Concello ou contribúan o fomento dos intereses da bisbarra.

Segunda- Crédito orzamentario

O Concello de Rois destinará unha cantidade máxima de 15.000,00 € consignada na partida 324 480.02 SUBVENCIÓNS ACTIVIDADES EDUCATIVAS do Orzamento do ano 2015 para asociacións educativas e Colexios; unha cantidade máxima de 12.000,00 € consignada na partida 330 480.04 SUBVENCIÓNS ACTIVIDADES CULTURAIS para asociacións culturais; unha cantidade máxima de 11.500,00 € consignada na partida 340 480.05 SUBVENCIÓNS ACTIVIDADES DEPORTIVAS para asociacións deportivas; unha cantidade máxima de 12.000,00 € consignada na partida 924 480.07 SUBVENCIÓNS ACTIVIDADES PARTICIPACIÓN CIDADÁN para asociacións veciñais, e unha cantidade máxima de 2.000,00 € consignada na partida 231 480.09 SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE REINSERCIÓN SOCIAL para asociacións de persoas con discapacidade.

Terceira- Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios de ditas subvencións as Asociacións que reúnan os seguintes requisitos:

' Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Rois e ter xustificado debidamente o gasto das subvencións concedidas por este Concello en anos anteriores.

' Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, de conformidade co disposto no artigo 8 da Ordenanza reguladora de subvencións aprobada polo Concello.

Cuarta- Solicitude

As solicitudes deberán formalizarse mediante instancia dirixida ao Sr Alcalde Presidente do Concello de Rois, conforme o modelo que se inclúe no anexo I destas bases, podendo presentarse directamente no Rexistro Xeral do Concello sito en C/ Lugar de Samil, 1 (15911) ROIS, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, de 13 de xaneiro.

Quinta- Documentación a presentar

A solicitude segundo ANEXO I das Bases, deberá acompañarse da seguinte documentación:

1. Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas e pagos coa Facenda Municipal (ANEXO 5)

2. Declaración xurada das axudas concedidas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración Publica ou ente público ou privado; no caso de non ter concedidas outras axudas, declaración de non percepción de axudas. (ANEXO 6)

3. Memoria de actividades realizadas e para as que solicitou a subvención (ANEXO 7)

4. Conta de gastos e ingresos efectivamente producidos durante o ano (ANEXO 8)

5. Facturas da actividade, xunto coa relación de facturas firmada polo representante da asociación, indicando o concepto e o importe (ANEXO 9). Ditas facturas deberán estar abonadas mediante transferencia bancaria, debendo aportarse o xustificante de dita transferencia. Unha vez empregadas ditas facturas como xustificante da subvención, o Concello de Rois estampará na factura orixinal a mención de que xa foron utilizadas para a xustificación da subvención.

6. Documento acreditativo da representación de quen actúa en nome da asociación solicitante da subvención

7. Certificado de titularidade de conta corrente, número de conta e entidade bancaria, onde debe facerse efectivo o pago da subvención

No caso de existir modificación de datos respecto da documentación que obra en poder do Concello, deberán comunicarse ao Concello para actualizar os datos aos efectos de que se faga constar no Rexistro Municipal de Asociacións.

Sexta- prazo de presentación de solicitudes e xustificacións e subsanación

1.- O prazo de presentación de solicitudes e documentación da Base quinta será de 15 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación das presentes Bases no BOP.

2.- Se a documentación aportada pola Asociación non reúne tódolos requisitos, requirirase ao interesado para que no prazo de 3 días presente os documentos ou complete a documentación. De non facelo así, perderá o dereito a percibir a subvención.

3.- O Concello de Rois, en todo momento, poderá requirir a presentación de outros documentos que garanten o cumprimento dos requisitos presentados nestas bases.

4.- A falta de presentación desta documentación no prazo anteriormente sinalado así como o incumprimento na realización de actividades ou finalidades, implicará a perda da subvención.

Sétima- Criterios de valoración

A concesión de subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva, por resolución da Alcaldía- Presidencia, da Xunta de Goberno Local ou do Pleno, segundo quen sexa o órgano competente, a proposta motivada da Comisión avaliadora.

Os membros integrantes de dita Comisión Avaliadora acolleranse ás causas de abstención ou recusación, de acordo ao disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

A Comisión avaliadora estará integrada polos seguintes membros:

- Presidente: D. Ramón Tojo Lens, Alcalde-Presidente do Concello.

Suplente: D. Carlos Ares Villar, Concelleiro de Obras e Urbanismo

- Vogais: 1. Dn. Manuel Dos Santos Rodríguez, 1º Tenente de Alcalde

Suplente: D. Manuel Cobas Rey, Concelleiro de Medio Ambiente

2. Dna. Mª Mercedes Basante Ares, Concelleira de Asuntos Sociais e Emprego

Suplente: D. Carlos Ares Villar, Concelleiro de Obras e Urbanismo

3. Dn Martín Del Río Gestoso, Concelleiro de Educación, Cultura, Xuventude e Deportes

Suplente: Mª Victoria Quiroga Ramallo, Concelleira

- Secretario: D. Diego Losada Romero

Suplente: Mª Pilar Esparís Abaña

- Interventor: Dna. Begoña Collazo Ortega

Suplente: José Ángel Sorribas Bustelo

A selección das peticións e a contía das subvencións determinaranse unha vez consideradas as actividades e investimentos que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

' Que as actividades estean dirixidas á poboación do Concello de Rois, e non só aos asociados, ata 2 puntos

' Interese sociocultural da actividade, ata 2 puntos

' Continuidade e estabilidade da actividade, ata 2 puntos

' Adecuación do Orzamento presentado ao custo real da actividade, ata 1 punto

' Maior número de socios, ata 2 puntos

' Maior cantidade de poboación destinataria da actividade a subvencionar, ata 2 puntos

' A participación de persoas con minusvalía, ata 1 punto.

' Adecuación das actividades que se van a realizar ao interese local, ata 4 puntos

' Beneficios para o medio ambiente, ata 2 puntos

' Potenciamento do idioma e da cultura galega, ata 2 puntos

' Colaboración nas actividades organizadas polo Concello, ata 3 puntos

' Colaboración en actividades parroquiais e/ou veciñais, ata 2 puntos

Oitava- Resolución

A documentación presentada estudarase e valorarase en base as solicitudes presentadas ante a Comisión avaliadora, ditándose a correspondente Resolución.

A resolución da convocatoria ditarase por Alcaldía no caso de que subvención non exceda de 3.005,06 €, da Xunta de Goberno Local se excede de 3.005,06 € e é inferior a 12.000,00 € ou do Pleno no caso de subvencións cun importe superior a 12.000,00 €.

A notificación da Resolución axustarase ás disposicións contidas no artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Novena- Contía da subvención

A contía das subvencións determinarase en función do orzamento destinado ás mesmas.

A axuda económica concedida polo Concello poderá financiar como máximo ata o 70% do orzamento das actividades que se van a realizar.

Concedida a subvención, esta poderase abonar unha vez xustificado o gasto total da/s actividade/es para a/s que se concedeu a subvención dentro do ano en curso.

A asociación deberá xustificar o orzamento total de cada unha das actividades que pretenden ser subvencionadas.

No caso de que actividade executada se reduza respecto á previsión inicial, a subvención municipal reducirase proporcionalmente.

O importe da subvención non poderá ser, en ningún caso, de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo da actividade que se vaia a desenvolver.

Décima- Pago e anticipos

O pago da subvención realizarase previa xustificación polos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención.

Previa petición polo interesado, resultando beneficiario da concesión da subvención e con carácter previo a xustificación total, tamén poderán realizarse pagos anticipados ata un 50 % da cantidade concedida, presentando facturas acreditativas do gasto de ese importe e acreditando estar o corrente cos pagos do Concello.

O resto da subvención percibirase unha vez se xustifique o total do gasto.

Undécima- Reintegro

Procederase ao reintegro das cantidades percibidas nos seguintes casos:

' Incumprimento da obriga de xustificación

' Obter a subvención sen reunir os requisitos para elo

' Non realizar as actividades obxecto da subvención

Nota: Todos os anexos estarán a disposición nas oficinas municipais

Rois, a 18 de novembro de 2015

Ante min,

O ALCALDE, O SECRETARIO,

RAMÓN TOJO LENS DIEGO LOSADA ROMERO

2015/11366

Educación
Deporte
Reinserción social
Actividad cultural
Actividades educativas
Actividades deportivas
Medio Ambiente
Cultura
Deporte
Empleo y contratación
Empleo
Idiomas