APERTURA NOVO PRAZO DE SOLICITUDES PARA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS - Boletín Oficial de Lugo de 09-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 09/06/2017 hasta ----
  • Documento en formato PDF

MONFORTE DE LEMOS

Anuncio

No Boletín Oficial da Provincia nº 278 do 3 de decembro de 2015, foron publicadas as BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NO MARCO DO ACORDO DA COMISIÓN BILATERAL CELEBRADA O 27 DE OUTUBRO DE 2015, RELATIVA Á ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO E ZONAS DE RESPETO DE MONFORTE DE LEMOS (LUGO) 9ª FASE, NA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA. PLAN ESTATAL 2013 - 2016. PERIODO 2015 - 2016 (Aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 23 de novembro de 2015).

Tralas subvencións concedidas en dito marco, queda un remanente de crédito para esta finalidade. É por iso que en base ás mesmas condicións e requisitos do que figura no BOP de Lugo do 03/12/2015, se abre un novo prazo de solicitudes por termo de trinta días hábiles dende a publicación deste anuncio no BOP.

Monforte de Lemos, 30 de maio de 2017.- O Alcalde, José Tomé Roca

R. 1588

Rehabilitación de vivienda
Obras de rehabilitación
Vivienda