APROBACIÓN BASES CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A FAMILIAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO&, CURSO ESCOLAR 2016-2017 - Boletín Oficial de Lugo de 15-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 15/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

De conformidade co acordo da xunta de Goberno Local número 12/586 do 7/09/2016 apróbanse as bases polas que se regula a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo no Segundo Ciclo de Educación Infantil para o curso escolar 2016-2017 incluídas no IV Plan Estratéxico de subvencións do Excmo Concello de Lugo, aprobado en Xunta de Goberno Local do 24 de agosto de 2016, acordo nº 20/556 que consta do seguinte teor literal:

'Vistos: 1.Certificación da Tesourería Municipal do día 6 de xullo de 2016, coa consignación de 31.500 € e certificación da mesma do 23 de agosto de 2016, onde se amplia a cantidade en 5000 €, na aplicación 32600.48100 do vixente presuposto municipal.

2. Informe-proposta da pedagoga do Servizo de Educación do día 24 de agosto de 2016 ao que prestou a súa conformidade o Tenente de Alcalde Delegado da Área de Educación e Infraestructuras e o Xefe de Servizo de Contratación.

3. Informe de Intervención do día 2 de setembro de 2016, e número de referencia 353/2016 coa fiscalización favorable, que tamén consta no expediente.

PROPÓNSE á Xunta de Goberno Local a aprobación dos seguintes extremos:

1.- Aprobación das bases polas que se regula a concesión de subvencións ás familias con escasos recursos destinadas á adquisición de libros de texto e material educativo para o Segundo Ciclo de Educación Infantil correspondente ó curso 2016-17, cuio teor literal se transcribe:

ANTECEDENTES DE FEITO

1º.- O outorgamento de subvencións é unha técnica utilizada polo Concello de Lugo para o fomento e protección dos dereitos fundamentais, a través dun procedemento de concorrencia competitiva, axustada aos principios de obxectividade, transparencia e publicidade, que permite, neste caso concreto, a prestación de 'axudas á familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo no segundo ciclo de educación infantil.'

2º.- A experiencia dos últimos anos e o aumento do número de persoas que solicitaron axudas e a vista dos resultados acadados, fan procedente a convocatoria para este exercicio 2016/17 de subvencións para a compra de libros, como unha forma de apoio a aquelas familias que teñan serios problemas para poder cumprir co obxectivo fundamental de dotar aos seus fillos dunha educación digna.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

1º.- Visto o artigo 25 da Ordenanza Xeral Municipal reguladora da concesión de subvencións do Concello de Lugo, no que se establece para os procedementos de concesións de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, que con carácter previo ao outorgamento de subvencións se aprobarán as correspondentes bases reguladoras das subvencións.

2º.- Considerando que o Concello de Lugo ten aprobado o IV Plan estratéxico de subvencións, que estas bases se axustan a él, por acordo núm 20/556 da Xunta de Goberno Local na súa sesión celebrada o día 24 de agosto de 2016, e

3º.- Visto que, de conformidade co establecido nas bases de execución do presuposto municipal (base nº 24) a Xunta de Goberno Local ten a competencia para a aprobación das bases que rexerán a convocatoria pública de subvencións, nas que se determinarán os requisitos para acceder a elas así como os criterios e baremos para a súa adxudicación.

E polo que, logo dos trámites oportunos, se lle propón á Xunta de Goberno Local a adopción da seguinte resolución:

PRIMEIRO.- Que se proceda á convocatoria de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2016- 2017, de conformidade co establecido nas presentes bases.

SEGUNDO.- Aprobar o gasto inicial de 36.500 euros, con cargo á partida 32600.48100 do vixente orzamento municipal.

TERCEIRO.- Esta convocatoria rexerase polo establecido nas seguintes 'BASES POLAS QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL EDUCATIVO NO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO ESCOLAR 2016-2017.'

1º.- Obxecto e finalidade da subvención.

Esta bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo (fichas, estoxos, mochilas e material de papelería) para educación infantil, para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

2º.- Contía que se vai subvencionar.

O importe inicial destinado a estas axudas ascende inicialmente a 36.500 €.

A contía individual das axudas será de 80 €, consistente nun vale desconto para trocar nas librerías do Concello de Lugo. A convocatoria financiarase con cargo á partida 32600.48100 do vixente presuposto do Concello de Lugo.

3º.- Persoas beneficiarias.

As axudas poderán ser solicitadas polas familias do alumnado que reúna os seguintes requisitos:

3.1. Estar empadroado no municipio de Lugo. A Área de Educación solicitará de oficio a Estatística os xustificantes de covivencia das/os membros da unidade familiar dos solicitantes destas axudas.

3.2. A orde de preferencia para a adxudicación das axudas será:

Primeiro. Aquelas alumnas e aqueles alumnos cuxa renda 'per cápita' neta anual do núcleo familiar non supere os 5.000 €, e establécese como único criterio de baremo a contía da renda de menor a maior.

Segundo. No caso de que o número de solicitudes non supere o número de bolsas ofertadas, seguiranse dando bolsas a aqueles beneficiarios e beneficiarias cuxa renda sexa superior a 5.000 € pero que non supere os 6.000€.

3.3. Ter presentada a solicitude de reserva de praza ou solicitude de admisión para un posto escolar no centro sostido con fondos públicos no Concello de Lugo.

3.4. Non gozar doutras axudas, bolsas ou subvencións de igual ou semellante finalidade outorgada por organismos ou institucións públicas ou privadas, sendo polo tanto estas axudas incompatibles con calquera outra axuda.

3.5. A renda familiar para os efectos de bolsa obterase por agregación das rendas do exercicio 2014 de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os datos económicos para ter en conta nas rendas familiares para determinar os ingresos serán os calculados por agregación da base impoñible xeral (casiña 430) coa base impoñible do aforro (casiña 445), calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para o cálculo da renda familiar para os efectos de bolsa, son membros computables da familia: o pai, a nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do/a menor, se é o caso, a persoa solicitante, as e os irmáns solteiros menores de vinte e cinco anos, e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do 2015 ou as e os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, así como ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores, co certificado municipal correspondente.

No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independentes, tamén se consideran membros computables o/a cónxuxe ou a persoa á que estea unida por análoga relación, así como as e os fillos, se os houbese.

No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais, non se considerará membro computable aquel deles que non conviva coa persoa solicitante da bolsa, sen prexuízo de que na renda familiar se inclúa a súa contribución económica.

Terá a consideración de membro computable, se é o caso, o/a novo/a cónxuxe ou persoa unida por análoga relación cuxas rendas e patrimonio se incluirán dentro do cómputo da renda e patrimonio familiares.

4º.- Forma e prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto destas no BDNS, que tamén se publicarán no Boletín Oficial da Provincia e se inserirán no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do Concello, acompañada dos documentos e informacións que procedan.

2. A persoa interesada deberá acompañar a solicitude da seguinte información:

a) Solicitude en modelo específico subscrita pola persoa interesada.

b) Fotocopia do DNI da nai e do pai, ou persoas que representen legalmente á nena ou neno.

c) Fotocopia cotexada do libro de familia ou, de ser o caso, da resolución xudicial ou administrativa pola que se lle confía a garda e protección do/s menor/es da persoa solicitante.

d) Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola persoa solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais, ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.

e) Declaración responsable de non estar incurso/a en prohibición para obter a condición de beneficiario/a da subvención conforme o establecido no artigo 13.7 da Lei 38/2003.

f) Certificación de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal; e certificación de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social. A unidade administrativa obterá de oficio da Tesourería Municipal a información de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias municipais. Así mesmo comprobará, tras autorización da persoa interesada, incluída na solicitude, da circunstancia de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias fronte ao Estado e Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Certificación expedida pola Delegación de Facenda expresiva da declaración da renda do exercicio 2014 (ver punto 3.5)

h) Documentación acreditativa dos ingresos daquelas persoas en situación de divorcio, separación ou

nulidade matrimonial (sentenza xudicial e convenio regulador).

i) Certificación ou certificacións do centro onde as e os alumnos realicen os estudos e na que se xustifique o curso no que están matriculadas e matriculados. Tal certificación aportarase por aqueles solicitantes aos que lles sexa concedida axuda dentro do período establecido para a entrega de vales.

A Área de Educación presentará unha memoria explicativa da actividade que se vai levar a cabo.

5º.- Procedemento.

O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 28, 29 e 30 da Ordenanza municipal de Subvencións coas seguintes precisións:

1. Presentadas as solicitudes en calquera dos Rexistros Públicos establecidos legalmente, remitiránselle á Área de Educación, que procederá en función do obxecto e finalidade da subvención solicitada.

2. O órgano instrutor será un/unha técnico/a competente da Delegación Municipal de Educación, que realizará as actuacións que se sinalan no artigo 28 da Ordenanza municipal de subvencións. 3. A Comisión de Valoración constituída para o efecto terá a seguinte composición: - Presidenta: Pedagoga da Área de Educación. - Vogais: Vicepresidenta do Concello do Lugo. - Secretario/a: persoal do servizo correspondente designado para o efecto. 4. Valoradas as solicitudes recibidas procederase á publicación das listaxes provisionais cun prazo de 10 días naturais no que as persoas interesadas poderán realizar as alegacións que consideren oportunas. Resoltas as reclamacións pola Comisión de Valoración, de ser o caso, procederase á publicación definitiva das axudas, unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local a concesión das mesmas. 5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BDNS e no Boletín Oficial da Provincia. Transcorrido o dito prazo sen que se adopte resolución expresa, poderase entender desestimada.

6. A resolución porá fin á vía administrativa, e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo. A notificación da resolución do procedemento efectuarase mediante pola súa publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, baseándose nos artigos 59.6 e 60 da 'Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común'.

6º.- Criterios de valoración.

O único criterio de valoración será a contía da renda 'per cápita' neta anual familiar referidos no punto 3.2.

7º.- Xustificación do gasto

Unha vez ditada a resolución pola que se concede a axuda, procederase á entrega do 'vale para libros', durante 15 días naturais, despois da presentación da certificación onde conste que o/a alumno/a está matriculado/a para o curso 2016/2017, coa indicación do curso e do centro docente. No vale constará que a persoa beneficiaria cede o dereito de cobro á librería onde merque o material escolar, facéndose responsable o Concello de pagarlle á librería á que foi cedido o dereito de cobro.

A Área de Educación presentará unha Memoria explicativa da realización da totalidade do proxecto ou actividade, obxectivo ou adopción do comportamento, con expresa mención dos resultados obtidos e coas indicacións, contidos e documentos que se determinen nos acordos reguladores da convocatoria ou na concesión da subvención.

Ademais, as persoas beneficiarias achegarán :

- Certificado escolar onde conste que o/a alumno/a está matriculado/a para o curso 2016/2017, coa indicación do curso e do centro docente.

As librerías onde se merquen os libros e material escolar presentarán no Rexistro Xeral do Concello escrito de presentación xunto a:

- Albará do material mercado con cada vale, detallando o material ou libros mercados, con indicación do curso ao que fai referencia, así como o nome e os datos da persoa solicitante.

- Os vales de desconto emitidos pola Área de Educación, indicando o nome, apelidos, firma e DNI da persoa solicitante.

- Factura individualizada a nome de cada persoa beneficiaria. No caso que a persoa beneficiaria teña concedida mais dunha axuda poderase presentar factura única.

En ningún caso as librerías cobrarán aos beneficiarios o valor do vale.

O Concello non admitirá xustificación das librerias onde figure abono dos 80€ aos beneficiarios.

A data límite para xustificar a subvención concedida será a do 30 de novembro, do exercicio económico correspondente á súa concesión, agás por causas forzosas e debidamente xustificadas, a criterio do servizo, que impidan a presentación da xustificación no prazo establecido. No caso de non presentar a xustificación dentro deste prazo, incoarase expediente de anulación do correspondente compromiso que comportará a perda do dereito de cobro da subvención.

Non se realizarán pagamentos a conta nin anticipados.

No caso de circunstancias extraordinarias nas que o Concello non puidese cumprir os prazos mencionados no anterior parágrafo, as librerías deberán presentar a facturación sempre antes do 31 de decembro do exercicio económico correspondente á subvención.

8º.- Revogación

A adxudicación das axudas será revogada totalmente no caso de que se comprobase que na súa concesión concorreu ocultación ou falsidade de datos, ou que existen incompatibilidades con outros beneficios desta clase procedentes doutras persoas físicas ou xurídicas.

CUARTO.- Que se proceda á publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia e no BDNS, e con indicación de que esta pon fin á vía administrativa, e de que contra ela poden interpoñerse os seguintes recursos:

Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo (artigo 8 da Lei 29/1998 do 13 de xullo) nun prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ao da notificación deste acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo).

Non obstante o anterior, e con carácter previo a esta resolución, poderase interpoñer:

O recurso potestativo de reposición previsto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ante a Alcaldía e no prazo de UN MES, contado dende o día seguinte ao da notificación deste acto.

Dáse traslado do presente informe-proposta para a súa aprobación de conformidade co acordo 4/455 da Xunta de Goberno no seu punto primeiro u) relativo ao exercizo das atribucións reservadas a tal órgano.'

Lugo, 8 de setembro de 2016.- O TENENTE DE ALCALDE DE EDUCACIÓN E INFRAESTRUCTURAS URBANAS, Manuel Núñez López

SOLICITUDE: SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL EDUCATIVO NO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO ESCOLAR 2015-2016

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

R. 2719

Educación
Familia
Libros de texto
Escuelas Infantiles
Escuelas
Alumnado
Sector del libro
Material escolar