APROBACIÓN BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS DE TRANSPORTE Ó ALUMNADO CURSO 2016-2017 - Boletín Oficial de Lugo de 13-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 13/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de setembro de 2017, prestou aprobación ás bases reguladoras para a convocatoria de axudas de transporte ó alumnado do Concello do Vicedo que realiza estudos fóra do termo municipal (curso 2016-2017). De conformidade co establecido no artigo 9 da ordenanza xeral reguladora da concesión de subvencións do Concello do Vicedo, procédese á súa integra publicación no BOP de Lugo.

Bases reguladoras para a convocatoria de axudas de transporte ó alumnado do Concello do Vicedo que realiza estudos fóra do termo municipal (curso académico 2016-2017).-

1. OBXECTO E FINALIDADE DAS AXUDAS.

Convocatoria de concesión de axudas económicas individuais destinadas a sufragar os gastos de desprazamento daqueles alumnos/as do Concello que estudian fóra do termo municipal durante o curso 2016 - 2017.

2. BENEFICIARIOS/AS

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas aqueles xoves do Concello do Vicedo que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grado medio ou superior e graos, másters, teses ou doutorados universitarios, expectuando os realizados na modalidade de formación a distancia ou on- line.

3. REQUISITOS

Serán requisitos necesarios para a concesión das axudas:

1) Estar empadroado e residir no Concello do Vicedo, o beneficiario, o seu pai ou nai, e, no seu caso, o seu titor, con seis meses de anterioridade á data de solicitude.

2) Figurar matriculado no curso académico 2016 - 2017 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudios relacionados na base 2.

4. TIPO DE AXUDAS

Os xoves que cumpran os requisitos anteriormente mencionados serán beneficiarios/as dunha axuda económica de pagamento único, sendo esa cantidade idéntica para cada beneficiario/a, segundo quilometraxe no que estea incluído. A cantidade concedida será aprobada posteriormente en Xunta de Goberno Local con arranxo ós seguintes criterios:

- De 1 qm. a 15 qm 120 euros

- De 15 qm. a 50 qm 150 euros

- De 50 qm. a 175 qm 200 euros

- De máis de 175 qm 250 euros

As axudas financiaranse con cargo á partida 326.480 do presuposto municipal aprobado para o ano 2017.

5. SOLICITUDES, DOCUMENTACIÓN E XUSTIFICACIÓN DA AXUDA.

As solicitudes formularanse mediante instancia subscrita polo/a interesado/a segundo o modelo oficial que será distribuído ós interesados que así o desexen no rexistro xeral do Concello do Vicedo.

As solicitudes e demais documentación correspondente serán presentadas no rexistro xeral de entrada do Concello do Vicedo, dentro do prazo indicado, aportando a seguinte documentación:

1) Solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo interesado (se é menor de idade, polo seu pai, nai ou titor)

2) Fotocopia do DNI do/a solicitante, debidamente cotexada coa súa orixinal.

3) Certificación bancaria da conta corrente do interesado, no seu caso.

Xustificación para o cobro da axuda.-

A documentación a aportar será a seguinte:

1. Para as/os alumnas/os Universitarios:

1) Fotocopia de matrícula cotexada co seu orixinal.

2) Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado alomenos ó 50% das materias correspondentes á matrícula no curso 2016/2017.

2. Para as/os alumnas/os de Bacharalato ou Formación Profesional.

1) Fotocopia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado alomenos ó 50% das materias correspondentes á matrícula no curso 2016/2017.

6. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E XUSTIFICACIÓN DA AXUDA.

As solicitudes e a documentación requirida presentaranse no rexistro xeral do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación xustificativa da axuda, é de 30 días naturais, que se computarán a partir do día seguinte ó da publicación das bases desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

7. PUBLICIDADE.

A presente convocatoria de axudas publicarase no Boletín oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

8. INSTRUCCIÓN E ÓRGANO INSTRUCTOR.

O órgano competente para a instrucción do procedemento, así como para a realización de cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que deberá pronunciarse a proposta de resolución, será a Concelleira Delegada de educación. O órgano instructor, á vista do expediente e do informe da Comisión Avaliadora formulará a proposta de resolución provisional, na que expresará o cumprimento dos requisitos e a relación nominal dos/as solicitantes para a concesión das axudas.

Se na instrucción fosen tidos en conta outros feitos ou datos distintos dos achegados polos/as interesados/as, notificaráselle a estes a proposta de resolución, concedéndolles un prazo de dez días para que presenten as alegacións que estimen pertinentes. Á vista das alegacións presentadas, o órgano instructor formulará a proposta de resolución definitiva.

De non presentarse alegacións, ou no caso de que este trámite non fose necesario con arranxo ó parágrafo anterior, a proposta de resolución provisional terá automaticamente o carácter de proposta de resolución definitiva.

9. COMISIÓN AVALIADORA

A Comisión Avaliadora estará composta polo Alcalde - Presidente da Corporación municipal, como Presidente, como vogais, a Traballadora Social, a Concelleira delegada de asuntos sociais, e o Encargado da Casa de Cultura, actuando como Secretario o Secretario - Interventor da Corporación.

A Comisión Avaliadora elevará a proposta de concesión á Xunta de Goberno Local a través do órgano instrutor na que se concretará individualmente para cada beneficiario/a o resultado da avaliación realizada.

10. RESOLUCIÓN

O órgano competente para a concesión das axudas será a Xunta de Goberno Local, previo informe da Intervención municipal. O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente e publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello. A modificación de calquera das circunstancias que se tiveran en conta para a concesión das mesmas, que deberá ser posta en coñecemento do Concello, poderá dar lugar á modificación da resolución.

O Vicedo, a 3 de outubro de 2017.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez

R. 2938

Transporte escolar
Alumnado
Formación
Estudios
Formación profesional
Educación
Cultura