APROBACIÓN INICIAL DAS BASES REGULADORAS APLICABLES Á CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDA NA AREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE SANTO TOME, EN CALDAS DE REIS - Boletín Oficial de Pontevedra de 07-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 07/12/2017 hasta ----
  • Documento en formato PDF

O Pleno do Concello de Caldas de Reis en sesión ordinaria celebrada o día 30 de novembro de 2017, acordou aprobar inicialmente as bases reguladoras aplicables á concesión de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación integral de Santo Tomé, en Caldas de Reis.

Ábrese un período de información publica polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP, a efectos de reclamacións e suxestións. O acordo de aprobación inicial publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello.

No caso de non presentarse reclamacións ou suxestións, as bases consideraranse definitivamente aprobadas, debendo publicar o seu texto íntegro no BOP e Taboleiro de anuncios do Concello.

Caldas de Reis, documento datado e asinado documentalmente ao marxe.

O Alcalde,

Juan Manuel Rey Rey

Obras de rehabilitación
Rehabilitación de vivienda
Vivienda