Aprobación de ordenanzas de subvencións 2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 11-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Ordenanzas
  • Plazo: Ver Detalles , 11/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

APROBACIÓN ORDENANZAS SUBVENCIÓNS 2017

Aprobada en sesión ordinaria do Pleno municipal de data 29/06/2017 as ordenanzas específicas reguladoras: axudas para o apoio á natalidade, axudas para transporte escolar e axudas municipais de emerxencia social.

Realizada exposición pública e audiencia aos interesados polo prazo de trinta días hábiles dende o 17/08/2017 ata o 30/09/2017 sen que conste presentación polos interesados de reclamacións.

En aplicación do disposto no artigo 49.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril de bases do réxime local así como do 17 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais RD lexislativo 2/2004, enténdense aprobadas definitivamente sen necesidade de acordo posterior procedendo a súa publicación íntegra para a súa entrada en vigor, tal e como segue:

ORDENANZA ESPECÍFICA REGULADORA DAS BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA O APOIO Á NATALIDADE

1.- OBXECTO.

O obxecto das medidas contempladas nas presentes bases será, por un lado, establecer medidas complementarias de apoio ás unidades familiares do Concello de Boimorto e por outro, deseñar mecanismos que axuden a fixar a poboación no concello evitando así o despoboamento que ven sufrindo.

2.- REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS.

Serán beneficiarios/as destas axudas os pais/nais que estén empadroados en Boimorto que teñan ou adopten un fillo/a no período comprendido entre o 1 de decembro de 2016 e o 30 de novembro de 2017 e cumpran os seguintes requisitos:

x Os pais, ou polo menos, un deles, deberán estar empadroados no concello de Boimorto cunha antelación mínima á data do parto ou adopción de 6 meses.

x Os nenos/as nacidos, ou adoptados, deberán inscribirse no padrón de habitantes do concello de Boimorto.

x O pai/nai ou ámbolos dous deberán comprometerse a seguir empadroados no concello, tanto eles como os nenos/ as, por un período de catro anos dende o nacemento ou adopción.

x O empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto os beneficiarios como os seus fillos, deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do concello de Boimorto. Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo Concello solicitando os informes que procedan.

3.- TIPOS E CUANTIAS DAS AXUDAS.

- As axudas serán como máximo de 300 € por cada fillo nacido ou adoptado entre o 1 de decembro de 2016 e o 30 de novembro de 2017.

- No caso de nacementos ou adopcións de fillos con algunha minusvalía recoñecida nun grao igual ou superior ó 33% a cuantía da axuda poderá chegar a 500 € .

4.- FORMA E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA AXUDA.

As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, cubertas no modelo normalizado habilitado para tal fin (anexo I) presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Boimorto. As solicitudes deberán ir acompañadas, inexcusablemente da seguinte documentación (por duplicado, un deles será orixinal ou copia compulsada):

x Certificado de padrón e convivencia da unidade familiar, expedido polo Concello, donde figure a data de alta no padrón de habitantes.

x Fotocopia compulsada do libro de familia e do DNI do solicitante.

x Copia do auto xudicial de adopción.

x Declaración xurada das axudas solicitadas ou recibidas pola mesma finalidade.

x Compromiso de seguir empadroados no concello de Boimorto por un período mínimo de catro anos.

x Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumplir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do Concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos.

x Certificación dos datos bancarios donde se pretenda recibir o importe da axuda.

Prazo.- O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ó que se produxo o nacemento ou adopción e finalizará o 30 de novembro de 2017.

5.- ÓRGANOS DE RESOLUCIÓN E PRAZO DE NOTIFICACIÓN.

- A resolución do expediente, previa emisión dos informes que procedan polo departamento de servizos sociais , competerá á Xunta de Goberno Local

- O prazo para resolver será DUN MES desde a presentación da solicitude no rexistro xeral do Concello. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a concesión da axuda ou subvención.

6.- COMPATIBILIDADE CON OUTRAS AXUDAS.

A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda coa mesma finalidade que poidan obterse doutros organismos públicos.

7.- FINANCIACIÓN.

As accións incluídas nesta convocatoria financiaranse con cargo á asignación orzamentaria 231.48000 do orzamento municipal para o 2017 ata un total de 2.000 € para o exercicio.

8.- NORMATIVA SUPLETORIA.

En todo o non previsto nestas bases, aplicarase o disposto nas Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Boimorto para o 2017, e nas normas legais e regulamentarias de aplicación, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no RD 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións e demais normativa de réxime local aplicable.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a ordenanza con bases específicas para o outorgamento destas subvencións de axuda á natalidade do ano 2016.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo ó que se refire o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei 7/85, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa. Contra esta ordenanza poderá interponerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

ANEXO I

AXUDAS PARA APOIO Á NATALIDADE

Nome e apelidos do solicitante:

DNI n.º:

Enderezo:

Teléfono:

Datos do cónxuxe ou parella (se é o caso)

Nome e apelidos:

DNI n.º:

Datos do fillo/a:

Nome e apelidos:

Data de nacemento ou adopción:

DATOS BANCARIOS:

- Caixa ou banco:

- Sucursal:

- N.º conta (con tódolos dixitos):

- Titular:

DNI:

Boimorto, ... de ... do ...

Sinatura do solicitante ou persoa que o representa

ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE BOIMORTO

COMPROMISO DE EMPADROAMENTO E DEVOLUCIÓN DA AXUDA POR INCUMPLIMENTO DALGUN REQUISITO

Don/a ................................................., con DNI n.º ........................ e domicilio en ........................

1. COMPROMÉTOME:

- A seguir empadroado e con residencia efectiva, tanto eu como o meu fillo e o meu cónxuxe ou parella, no Concello de Boimorto por un período mínimo de catro anos.

- Á devolución desta axuda por si se incumprira algún dos requisitos esixidos para a súa concesión.

Boimorto, ............. de ........... do ............

Asdo.:

DECLARACIÓN XURADA

Don/a ..........................................., con DNI n.º ..........................e domicilio en ......................

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

- Que non teño nin solicitada, nin recibida, nin pendente de resolución ningunha outra axuda pola mesma finalidade en ningunha administración pública ou organismo competente.

- Que teño solicitada, e / ou recibida, ou pendente de resolución axuda pola mesma finalidade coas seguinte identificación: -------------- ---------------------------------------

Así o fago constar donde conveña.

Boimorto, ..................... de .................... do ............

ORDENANZA ESPECÍFICA REGULADORA DAS BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA TRANSPORTE ESCOLAR

1.- OBXECTO.

É obxecto da presente ordenanza regular bases e convocatoria pública por parte do Concello de Boimorto, para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a familias para facer fronte ós gastos de transporte escolar para o curso académico 2016-2017.

2.- REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS.

Poderán solicitar esta subvención, as persoas físicas pai, nai ou titor dun ou varios nenos/as, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar empadroado/a no Concello de Boimorto durante a totalidade do curso lectivo.

b) Cursar estudos de Bacharelato ou Formación profesional, para os que sexa necesario desprazarse fóra do Concello de Boimorto durante a totalidade do curso lectivo.

c) Estar ó día no pago das obrigas tributarias co Concello de Boimorto.

d) Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Boimorto no exercicio anterior, ou ter desistido de forma motivada e por escrito.

e) Así como cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións. Non se admitirán a trámite as solicitudes que non cumpran estes requisitos.

3.- CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS.

A subvención acadará os 250 € por alumno e ano académico. No caso de que as solicitudes aceptadas superen as previsións, e se exceda o crédito destinado a esta subvención, o crédito total previsto prorratearse entre as solicitudes admitidas.

4.- DISPONIBILIDADE ORZAMENTARIA.

Para as subvencións incluídas na presente convocatoria, reservarase crédito na partida orzamentaria 326.48900 do Concello de Boimorto, por importe total de 5.000 € .

5.- DOCUMENTACIÓN.

Para a solicitude da subvención deberase presentar no Rexistro Xeral do Concello de Boimorto a seguinte documentación:

a) Solicitude normalizada (anexo I).

b) Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor.

c) Fotocopia do resgardo da matrícula correspondente ó curso 2016/2017.

d) Acreditación de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social (anexo II).

e) Certificación da conta bancaria designada para o ingreso da axuda.

6.- PRAZO.

O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. O prazo terá carácter improrrogable.

7.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

O órgano correspondente concederá as axudas e subvencións a todos os solicitantes (con límite na disponibilidade orzamentaria) que cumpran os requisitos, tendo en conta a contía establecida no apartado 3 e darase prioridade as solicitudes con número de rexistro de entrada no Concello anterior. Poderá acordarse a distribución equitativa para atender a tódalas solicitudes por importe inferior a 200 € de forma motivada.

8.- TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES.

Recibidas as solicitudes e comprobados os requisitos, a Xunta de Goberno Local, previo informe da técnica en intervención familiar-psicóloga con proposta de beneficiarios adoptará a resolución motivada que proceda. Dita proposta conterá a relación de solicitantes, as subvencións acordadas e a súa contía, e as denegadas co seu motivo.

9.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

a) Estar empadroados no Concello de Boimorto. Este extremo comprobarase de oficio polo propio Concello.

b) Asistir ás clases. Para acreditar este extremo, no mes de xuño remitarase ó Concello de Boimorto unha certificación expedida polo colexio onde se acredite a asistencia.

c) Comunicarlle ó Concello, tan pronto como se coñeza, a concesión de subvencións solicitadas a outras entidades públicas ou privadas para o mesmo fin.

d) Cumprir con calquera outra obriga disposta no artigo 14 da Lei xeral de subvencións. O incumprimento dalgunha destas obrigas poderase resolver coa suspensión do pagamento da subvención ou co seu reintegro.

10.- NOTIFICACIÓN E PUBLICIDADE DA RESOLUCIÓN.

Unha vez concedida a subvención, procederase a súa notificación a tódolos solicitantes nun prazo máximo de 15 días desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas, poderanse formular os recursos que procedan.

11.- DOCUMENTACIÓN PARA A XUSTIFICACIÓN.

A xustificación da subvención farase ca presentación no Rexistro xeral do concello do seguinte documento:

a) Certificación do colexio onde se atope matriculado o estudante nos termos do apartado 9.

b) Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras entidades públicas ou privadas para o mesmo fin, se é o caso. No suposto de non presentala, entenderase que o beneficiario non obtivo ningunha.

12.- PRAZO DE XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.

12.1.- No mes de novembro de 20167 presentarase a xustificación nos termos establecidos nesta convocatoria. Este prazo é improrrogable e finaliza o 30/11/2017. De non presentar a xustificación dentro do prazo establecido nestas bases, ou non desistir de forma motivada e por escrito dentro do mesmo prazo, entenderase que desiste da súa petición, dando lugar á perda do dereito ao seu cobramento e procedéndose á anulación do correspondente compromiso, por resolución da Alcaldía. Estes prazos, entenderanse sen prexuízo do prazo de dez días, que se concederá no caso de presentación de documentación incompleta.

12.2.- O pagamento da subvención concedida farase efectivo unha vez xustificado o obxeto da subvención. Vista a documentación xustificativa presentada, o órgano competente valorará se se cumpriu a finalidade básica obxeto da subvención e neste caso proporá que se efectúe o aboamento da subvención mediante ingreso por transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario.

13.- REINTEGRO.

13.1.- Procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

- Falta de xustificación ou xustificación insuficiente.

- Variación nas circunstancias que motivaron a concesión da axuda.

- Demáis supostos previstos no artigo 37 da Lei xeral de subvencións.

13.2.- O reintegro estará suxeito ás disposicións previstas ao respecto nos artigos 36 e seguintes da Lei xeral de subvencións. O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias, constituirán causa determinante para a cancelación da subvención e a obriga do reintegro das cantidades recibidas.

Procederá a revocación da subvención e o reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas máis o interese legal do diñeiro que resulte de aplicación, dende o momento do abono da subvención ou axuda, nos seguintes supostos: a) Incumprimento da obriga de xustificar.

b) Ocultación ou falsedade de datos ou documentos que servirán de base para a concesión ou obtención da subvención ou axuda sen reunir as condicións requeridas para elo ou o incumprimento de obrigas e requisitos establecidos con carácter xeral nestas bases.

c) Incumprimento da finalidade para a que se concedeu, dado que as subvencións ou axudas de toda índole non poderán ser aplicadas a actividades distintas para as que foron outorgadas, o cal poderá ser verificado polo Ilmo. Concello de Boimorto. d) Incumprimento das condicións impostas con motivo da concesión.

Nos casos anteriormente sinalados o Ilmo. Concello de Boimorto poderá esixir o reintegro do importe total ou parcial da subvención ou axuda ou poderá compensalo con outras subvencións ou transferencias ás que tivese dereito a Entidade, con independencia das respondabilidades a que haxa lugar.

Así mesmo, procederá o reintegro do exceso, nos supostos en que, por concesión de subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, a contía das subvencións ou axudas outorgadas supere o coste da actividade a desenvolver polo beneficiario.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e a súa cobranza levarase a efectos segundo o establecido para este tipo de ingresos na normativa de aplicación ás entidades locais.

14.- COMPATIBILIDADE DA SUBVENCIÓN.

A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de becas ou subvencións, agás as que se entreguen coa mesma finalidade.

15.- NORMATIVA SUPLETORIA.

En todo o non previsto nesta ordenanza, aplicarase o disposto nas Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Boimorto para o 2017, e nas normas legais e regulamentarias de aplicación, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no RD 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, e demais normativa de réxime local aplicable.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a ordenanza con bases específicas para o outorgamento destas subvencións do ano 2016.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo ó que se refire o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei 7/85, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa. Contra esta Ordenanza poderá interponerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

ANEXO I

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA TRANSPORTE ESCOLAR. ANUALIDADE 2017 CONCELLO DE BOIMORTO

I.- DATOS DO ALUMNO

Nome e apelidos do alumno

DNI:

Data nacemento:

Enderezo a efectos de notificación

Nome apelidos do pai nati ou titor

DNI

Teléfono/s de contacto

II.- TRANSPORTE

Percorrido a realizar:

Transporte empregado:

¿Cantas viaxes realizas ó día?:

¿Cantas viaxes realizas á semana?

III.- RELACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ADXUNTA:

x

x

Boimorto, a ... de ... de 2017.

Sinatura:

SRA. ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE BOIMORTO

DECLARACIÓNS REALIZADAS POR REPRESENTANTE/S

Don/dona ..., con DNI ..., como representante de ..., con DNI (ou directamente o solicitante maior de idade)

DECLARA:

- Que estou ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

- Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitacion para a obtención de subvencións conforme o artigo 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e que coñezo e acepto as bases da convocatoria.

- Que o conxunto de axudas solicitadas ou concedidas relacionadas coas subvención solicitada, procedente de calquera adminsitración ou ente público ou privado son as seguintes:

Entidade concedente

Cantidade solicitada

Cantidade concedida

£ NINGUNHA OUTRA AXUDA (marcar este recadro en caso afirmativo)

_____________________ a __________ de __________________ de 2017.

Sinatura:

SRA. ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE BOIMORTO

ORDENANZA ESPECÍFICA REGULADORA DAS BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA SOCIAL

Artigo 1.- Obxecto.

Constitúe o obxecto desta ordenanza o outorgamento dunha prestación non periódica de carácter económico destinada a sufragar gastos específicos de carácter extraordinario necesarios para previr, evitar ou paliar situacións carencias, urxencias sociais ou situacións de marxinación social.

Artigo 2.- Tipos de beneficiarios/as.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as persoas físicas para si ou para a súa unidade familiar que reúnan os requisitos que se mencionan no apartado seguinte.

Enténdese por unidade familiar a formada por máis de unha persoa cuxos membros, convivan no mesmo domicilio.

Artigo 3.- Requisitos dos beneficiarios/as.

x Ser maior de idade ou menor emancipado.

x Estar empadroado no Concello de Boimorto de forma ininterrompida polo menos cun ano de antigüidade. Excepcionalmente poderán ser beneficiarias, logo de informe dos técnicos municipais de servizos sociais, aquelas persoas que carecendo deste tempo de empadroamento en Boimorto a súa situación de urxencia social faga necesaria esta axuda.

x Acreditar a situación de necesidade.

x Achegar a documentación requirida en cada caso.

x Aceptación expresa, por parte da persoa usuaria, das condicións que figuran no deseño de intervención social.

x Acreditar mediante documento de declaración responsable de estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, así coma a declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda solicitada

Artigo 4.- Tipos de axudas.

Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección:

a) Cobertura de necesidades básicas con carácter xeral: - Alimentos, vestiario, aloxamento e demais indispensables para o desenvolvemento da vida diaria. - Gastos sanitarios: próteses oculares, prótese e arranxos dentais e gastos farmacéuticos e outros de análoga natureza que non poidan ser realizados pola Seguridade Social.

b) Axudas de uso e mantemento de vivenda: - Fianzas para alugueres de vivendas. - Importes pendentes para evitar o desafiuzamento. - Pequenos arranxos na vivenda habitual cando estes se consideren imprescindibles para a permanencia no domicilio. - Limpezas e desentullos en vivendas.

c) Outros gastos excepcionais, valorados polas persoas técnicas municipais de servizos sociais como indispensables para previr a marxinación e favorecer a normalización de individuos e familias.

d) Desenvolvemento de actividades de inserción socio- laboral tales como:

- Asistencia a cursos de formación: matrículas, material e transporte.

- Atención ao menor: actividades extraescolares, libros e material escolar.

Artigo 5.- Criterios xerais para a concesión das axudas.

Para a concesión de axudas económicas haberanse de cumprir os seguintes criterios xerais:

a) Situacións acreditadas de necesidade.

b) Que a necesidade obxecto da axuda estea valorada por unha persoa técnica de servizos sociais e integrada nun proceso de intervención social.

c) O pagamento da axuda efectuarase á entidade ou profesional que presta o servizo, cabendo a excepción deste requisito en casos moi xustificados e debidamente salientados no expediente que poderán ser aboadas á persoa solicitante.

Artigo 5.- Criterios de valoración.

Para a concesión da axuda de emerxencia social teranse en conta os seguintes indicadores:

a) Indicador económico: Con carácter excluínte. Carecer de ingresos anuais superiores ao IPREM que se fixe anualmente, incrementado nun 15% por cada un dos membros da unidade familiar. Para os efectos do cómputo dos ingresos para o recoñecemento da prestación, terase en conta a base impoñible da última declaración da Renda das persoas físicas, previa aplicación ao mínimo persoal e familiar do imposto; e cando non sexa obrigatorio realizala, acreditará ingresos anuais inferiores ao límite establecido a través de nóminas, certificados do INEM, certificados da Seguridade Social sobre vida laboral ou percepción de pensións, certificación de xuros bancarios e os últimos movementos bancarios e calquera outra que se considere necesaria para acreditar os recursos económicos familiares. Computaranse como recursos a totalidade de ingresos que se obteñan polos conceptos de rendemento de traballo, retribucións, renda, prestacións nos 6 meses anteriores á data da solicitude. Descontarase o gasto de vivenda: alugueiro ou hipoteca, até un máximo de 350 € /mes. No suposto de que sexa unha familia monoparental con máis de un menor a cargo, ou con persoa con eivas ou dependente a cargo, incrementarase nun 0,8 o número de persoas computábeis.

b) Situacións de risco e/ou exclusión social. Valoraranse as situacións de desatención ou problemas de conduta nos menores que integran a unidade familiar; situacións carencias ou de conduta desarraigada que afectan aos proxenitores ou outros adultos integrantes da unidade familiar; situacións de violencia de xénero e outras circunstancias de risco non recollidas nos ítems anteriores.

c) Proceso de Intervención social, individual ou familiar. É para aplicar con persoas e/ou familias en proceso de atención nas que se dan situacións de especial necesidade.

Artigo 6.- Contía da axuda.

A contía máxima da axuda será do 300% dunha mensualidade do IPREM.

Artigo 7.- Dispoñibilidade orzamentaria.

A xestión orzamentaria das axudas recollidas na presente Ordenanza efectuarase con cargo á partida 231.48000, destinada para este fin e co límite dos créditos consignados nesta por un importe total de 5.000 € .

Artigo 8.- Documentación.

x Orixinal e fotocopia para compulsar o Documento Nacional de Identidade dos membros da unidade familiar que o posúan. No suposto de estranxeiros tarxeta de residente, de asilo ou refuxio ou calquera outro documento que permita súa estadía legal no país.

x Orixinal e fotocopia para compulsar do Libro de Familia ou calquera outro documento que acredite convivencia.

x Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade familiar a través de: a) Nóminas, recibos, xustificantes de pensións, certificados do INEM ou calquera outro documento que acredite os ingresos da persoa ou unidade familiar. b) Declaración responsable do interesado/a na que se faga constar, se é o caso, a carencia absoluta de rendas familiares. c) En todo caso, asinarase por todos os membros da unidade de convivencia unha autorización para o acceso aos seus datos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. d) Declaración da persoa interesada de estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social (artigo 24.4 e 24.5 do Real decreto 887/2006 do 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións), así coma a declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda que se solicita. e) Declaración de non estar incurso en ningunha das causas de prohibición para obter a condición de beneficiario/a da axuda.

x Achega dos movementos da conta bancaria dos últimos seis meses.

· x Documentos acreditativos da situación de necesidade determinantes da solicitude que deben ser orixinais e se precisan devolución, indicar nestes que se concedeu a axuda para o seu pagamento, así coma o xustificante do seu custo ou presuposto.

Artigo 9.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte da publicación desta ordenanza no BOP ata o 30 de novembro de 2017.

Artigo 10.- Tramitación, resolución e notificación ós interesados.

x Presentarase solicitude en modelo oficial dirixida a Excelentísima Sra. Alcaldesa e presentada no Rexistro Municipal do Concello. Así mesmo, poderase iniciar tamén de oficio mediante informe emitido polas persoas técnicas municipais de servizos sociais, que iniciará o expediente para todos os efectos.

x Estudo e valoración da petición, ou da situación no caso de terse iniciado de oficio, e das circunstancias familiares por parte dos servizos sociais municipais realizando un informe social da mesma.

x A proposta de concesión ou denegación da axuda será asinada pola Xunta de Goberno Local do Concello de Boimorto.

x A proposta de concesión deberá axustarse necesariamente ás características destas axudas e á existencia de crédito axeitado e suficiente.

x Naqueles supostos nos que a situación do beneficiario presente extrema urxencia e gravidade poderase dictar resolución provisional ata que se complete o expediente. Se transcurrido o plazo establecido non completase o expediente ou non se confirmase a urxencia procederase á revogación da axuda e reclamación da cuantía percibidas.

x A resolución adoptada do expediente noificaráselle no domicilio do interesado no prazo de tres meses.

Artigo 11.- Forma de pagamento.

- A xustificación do gasto acreditarase mediante as facturas dos pagamentos e dos gastos realizados que deberán cumprir os requisitos regulamentarios establecidos antes do 31/12/2017.

- Os usuarios nunca percibirán as cuantías económicas directamente, o Concello efectuará o pago directamente ó proveedor, trala comprobación da factura correspondente.

Artigo 12.- Obriga dos beneficiarios.

- Destinar as axudas para o fin que foron outorgadas.

- Permitir e facilitar a labor das persoas que foron designadas para verificar a súa situación familiar e económicas.

- Comunicar ó departamento de servizos sociais todas aquelas variacións acaecidas na situación socio-familiar que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude.

Artigo 13.- Reintegro das axudas.

Será causa de reintegro da axuda concedida o falseamento ou ocultación de datos para obter a axuda ou a baixa no padrón municipal

Artigo 14.- Incompatibilidade das axudas.

Será incompatible a concesión da axuda económica co goce gratuíto de servizos que cubran as mesmas necesidades. Así mesmo, non poderán outorgarse axudas polo mesmo concepto que fosen concedidas por outras Administracións ou organismo público. Exceptuarase este último requisito se a axuda concedida non solucionase a necesidade, podendo neste caso complementarse desde esta Administración sen que en ningún caso poida superar o custo total do obxecto da axuda.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a ordenanza con bases específicas para o outorgamento destas subvencións do ano 2016.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo ó que se refire o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei 7/85, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.

Contra esta Ordenanza poderá interponerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

ANEXO I

SOLICITUDE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE BOIMORTO

Nome e apelidos do solicitante .......................................................................

DNI ............................................ Teléfono ...................................................

Enderezo ...................................................................................................

Unidade económica de convivencia

Nome e apelidos

DNI

Idade

Parentesco

Ingresos mensuais

Nome e apelidos

Cantidade

Vivenda

Propia ..........., Alugada ...........

Descrición da a solicitada e o importe da mesma

Declaro: Que son certos os datos que consigno na presenta solicitudes

Documentación que acompaño:

x

x

x

x

x

x

x

x

x

Boimorto, a ... de ... de 2017.

Asdo.:

SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE BOIMORTO

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D./Dna. .........................................................................., con DNI ............................ e domicilio en .......................................................................................

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE.

Que non percibo nin percibín no mesmo ano ningunha axuda para a mesma finalidade para a que solicito.

Boimorto, a ........ de ................... de 2017.

Asdo.:

En Boimorto, 6 de outubro de 2017.

A alcaldesa

Asdo.: M.ª Jesús Novo Gómez

2017/8593

Nacimiento, adopción y acogimiento
Transporte escolar
Actividades de servicios sociales
Servicios Sociales
Emergencia social
Vivienda
Familia
Exposiciones
Transporte
Formación profesional
Actividades extraescolares
Formación
Material escolar
Hipotecas
Familia monoparental
Inclusión social