APROBACIÓN PLAN DE FOMENTO E ESTÍMULO DO EMPREGO 2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 23-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 23/03/2017 hasta 12/04/2017
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada en data 09 de marzo de 2017, acordou a aprobación das Bases reguladoras do Plan de Fomento e Estímulo do Emprego para o ano 2017 que se transcribe a continuación:

BASES REGULADORAS

PLAN DE FOMENTO E ESTÍMULO DO EMPREGO 2017

1.- FUNDAMENTO

O Plan de Fomento e Estímulo do Emprego se fundamenta na gran demanda de postos de traballo derivada da situación de crise económica internacional na que se atopa a sociedade na actualidade, que provocou un aumento do desemprego e unha reducción da capacidade do mercado para absorber a man de obra desempregada, o que dificulta o acceso ó emprego e que trae como consecuencia a dificultade na percura de traballo, especialmente no que atinxe ás persoas que perseguen o seu primeiro emprego, desempregados de longa duración ou persoas con cargas familiares que ven restrinxidas as súas posibilidades laborais.

Con este Plan o Concello plantexa unha especie de alianza cos sectores productivos máis emprendedores capaces de xerar empregos máis productivos e de maior calidade, así como contribuir á creación dun mercado de traballo máis igualitario e socialmente cohesionado, ó tempo que se desenvolve unha economía máis flexible, productiva e competitiva.

2.- OBXECTO

A través do Plan de Fomento e Estímulo do Emprego establécense un conxunto de medidas que, con carácter extraordinario e a corto prazo, se destinan a favorecer a xeración de emprego así como a mellora da empregabilidade das personas en situación de desemprego, mediante a contratación destas persoas por parte das pequenas e medianas empresas radicadas na Comarca do Salnés e especialmente no municipio de A Illa de Arousa, e establecendo unha serie de incentivos de índole económica que favorezan a contratación por parte das empresas deste colectivo de persoas.

3.- FINANCIACIÓN

Este Plan está subvencionado polo Concello de A Illa de Arousa, existindo unha consignación na partida 241.47000 do vixente orzamento de gastos, aprobado por acordo do Pleno do Concello en sesión celebrada en data 26 de xaneiro de 2017, por importe de 25.000,00 euros, e sendo esta a cantidade máxima a aplicar ó presente Plan.

Non obstante procurarase a participación das distintas Administracións Públicas no mesmo, mediante a subscrición de convenios de colaboración que posibiliten o cumprimento dos obxectivos previstos.

4.- OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS

Serán obrigas das entidades beneficiarias as seguintes:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das axudas contempladas no presente Plan, na forma e prazos que se establezan.

b) Xustificar en prazo o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, a efectuar polo órgano concedente.

d) Comunicar a obtención de outras axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e en todo caso, con anterioridade á xustificación dos fondos percibidos.

e) Acreditar atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, de Seguridade Social e ca Administración da Xunta de Galicia e Concello de A Illa de Arousa.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamentos auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ó beneficiario.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión que no seu caso se establezan para a adecuada publicidade do carácter público da financiación outorgada.

i) Proceder ó reintegro das axudas recibidas no suposto de incumprimento das normas reguladoras das mesmas.

j) Cumprir co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, en relación con todos aqueles documentos que conteñan datos persoais ou que afecten ás libertades públicas e os dereitos fundamentais respecto de outras persoas.

k) Aportar unha vez rematado o obxecto da subvención un informe ou memoria no que se especifique as accións levadas a cabo e o cumprimento dos obxectivos.

l) Someterse ás actuacións de fiscalización e ós controis financeiros que correspondan a este Concello.

m) Non discriminación por razón de sexo no importe económico dos salarios a abonar ós traballadores da empresa que representa,

n) Compromiso do non despido de traballadores contratados a data da aprobación do presente Plan para beneficiarse das axudas concedidas polo mesmo.

5.- REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar no Plan de Estímulo e Fomento do Emprego as pequenas e medianas empresas existentes no municipio de A Illa de Arousa e na Comarca do Salnés, que contraten traballadores en situación legal de desemprego empadroados no Concello de A Illa de Arousa, entendendo por tal aqueles que se atopen inscritos como demandantes de emprego nas oficinas de emprego, e que teñan unha antigüidade no padrón de habitantes de alomenos un ano.

As empresas participantes deberán reunir os seguintes requisitos:

- Estar dadas de alta en Facenda.

- Estar ó corrente no pago das súas obrigas ante a Axencia Tributaria, Seguridade Social, Xunta de Galicia e Concello de A Illa de Arousa.

6.- AXUDAS

As axudas serán de índole económica, para as contratacións que se realicen a partires do 01 de xaneiro de 2017, mediante a aportación de unha parte do importe que cada empresa deba abonar en concepto de cotización empresarial á Seguridade Social por cada traballador que contrate.

Establécense diferentes porcentaxes de aportación en función do período de duración do contrato e tipo de xornada a realizar:

1.- Xornada completa

- De 3 a 5 meses: Ata o 40%

- De 6 a 9 meses: Ata o 60%

- De 9 a 12 meses: Ata o 75%

Estas porcentaxes se reducirán nun 10% por cento no suposto de prórroga no contrato de traballo, cunha duración máxima de 12 meses, sempre e cando exista consignación orzamentaria ó respecto.

2.- Xornada parcial

- De 3 a 5 meses: Ata o 25%

- De 6 a 9 meses: Ata o 40%

- De 10 a 12 meses: Ata o 60%

Estas porcentaxes se reducirán nun 10% por cento no suposto de prórroga no contrato de traballo, cunha duración máxima de 12 meses, sempre e cando exista consignación orzamentaria ó respecto.

Para a concesión das axudas se terá preferencia polas empresas que contraten a traballadores con contratos de maior duración así como as que contraten maior número de traballadores.

Así mesmo priorizase a contratación por pequenas e medianas empresa radicadas na Illa de Arousa sobre as radicadas no resto da Comarca do Salnés e primarase a contratación de persoas en situación de risco ou exclusión social, incorporando informe da técnico municipal sobre a situación. Do mesmo xeito primararase a contratación de persoas que se atopen en algunha destas circunstancias: parados de longa duración, menores de 30 anos e maiores de 45 anos, mulleres, persoas con cargas familiares e minusválidos.

7.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Todas aquelas empresas interesadas disporán dun PRAZO DE VINTE DÍAS NATURAIS dende a inserción do presente Plan no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (O PRIMEIRO DÍA A EFECTOS DO CÓMPUTO DO PRAZO SERÁ O DA INSERCIÓN DO ANUNCIO NO BOP) para a presentación de instancias no modelo que se acompaña como Anexo I e dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Illa de Arousa, indicando:

- Nome e apelidos ou razón social.

- Enderezo.

- CIF da empresa.

- Actividade á que se dedica.

- Número de persoas a contratar, prazo de duración e tipo de xornada.

- Categoría profesional.

- Importe del contrato mensual, que incluirá a prorrata nas pagas extra, e que non poderá ser inferior en todo caso o salario mínimo interprofesional (ou convenio de aplicación), así como a porcentaxe e cuota empresarial á Seguridade Social.

- Certificado acreditativo das altas e baixas dos traballadores contratados no ano inmediatamente anterior, tomando como referencia a data de publicación deste Plan no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

- Declaración xurada da existencia de igualdade salarial entre traballadores contratados de distinto sexo e para o mesmo traballo.

Ademais se acompañará a seguinte documentación:

Documentos acreditativos da personalidade xurídica: Os empresarios individuais, copia auténtica do DNI; os empresarios personas xurídicas, a escritura ou os documentos nos que conste a constitución da entidade e os estatutos polos que se rixa, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda.

Documentos acreditativos da representación: Poder outorgado a favor de quen ou quenes suscriban a petición xunto cunha copia auténtica do Documento Nacional de Identidade do ou dos apoderados.

Alta en Facenda.

Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca axencia Tributaria e Seguridade Social.

Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca Xunta de Galicia e Concello de A Illa de Arousa.

Declaración de axudas ou subvencións solicitadas e/ou concedidas de calquera Administración Pública.

8.- COMISIÓN DE VALORACIÓN

Estará constituída por:

- Presidente: O Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Illa de Arousa.

- Vocais: Os Voceiros dos tres grupos políticos do Concello.

- Secretario: O Secretario-Interventor do Concello, que terá voz e voto.

Os membros da Comisión deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Sr. Alcalde-Presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.

Para actuar validamente a Comisión, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros.

A Comisión de valoración adoptará os seus acordos por maioría simple, entendendo por tal cando os votos afirmativos son máis que os negativos, resolvendo os empates o Sr. Alcalde-Presidente co voto de calidade.

9.- TRAMITACIÓN

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias reunirase a Comisión de Valoración, previa convocatoria realizada polo Sr. Alcalde-Presidente.

A Comisión analizará cada unha das solicitudes presentadas, e no caso de que a mesma se atope incompleta, inexacta ou existan dúbidas na súa interpretación, requerirase ó interesado para que proceda á súa subsanación nun prazo máximo de dez días hábiles, indicando que de non facelo se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas .

Unha vez baremadas todas as solicitudes, a Comisión de Valoración fará unha proposta, que será aprobada por Decreto de Alcaldía, na que se sinalarán as solicitudes aprobadas e as súas condicións, así como as denegadas.

Unha vez recibida a confirmación da axuda, o beneficiario dispón dun prazo de DEZ DÍAS HÁBILES para comunicar a aceptación da mesma, e de UN MES dende a citada confirmación da concesión da axuda para proceder á/ás contratacións, que deberán realizarse obrigatoriamente con persoas inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do INEM. Transcorrido este prazo de un mes, no prazo dos DEZ DÍAS HÁBILES SEGUINTES deberá presentar no Concello:

- Copia compulsada do/s contrato/s de traballo dos traballadores contratados rexistrados nas oficinas do INEM.

- Copia compulsada do documento de alta na Seguridade Social.

- Número de conta bancaria para o ingreso da axuda concedida (primeira folla da cartilla ou certificado da entidade bancaria).

Unha vez recibida esta documentación o Concello librará o cincuenta por cento do importe concedido, quedando a cantidade restante pendente ata a xustificación total da axuda.

10.- XUSTIFICACIÓN

A xustificación da axuda recibida deberá realizarse no prazo de DOUS MESES dende o remate do/s contrato/s de traballo.

Para iso deberá presentar a seguinte documentación:

- Solicitude subscrita polo representante legal da empresa e dirixida ó Sr. Alcalde-Presidente.

- Declaración actualizada das axudas ou subvencións solicitadas e/ou recibidas de calquera Administración Pública.

- Copia compulsada da comunicación de fin de contrato.

- Copia compulsada do documento de baixa na Seguridade Social.

- Copia compulsada dos boletíns de cotizacións (TC1 e TC2).

- Memoria das actividades obxecto de subvención.

- Declaración do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención.

- Certificado actualizado das altas e baixas dos traballadores contratados no ano inmediatamente anterior.

11.- PRÓRROGA DO/S CONTRATO/S

No caso de prórroga do contrato, ésta deberá comunicarse ó Concello dentro dos quince días hábiles anteriores ó remate do contrato, acompañando copia compulsada do documento no que se formalice a citada prórroga.

Nos casos de prórroga o Concello librará o cincuenta por cento da axuda inicial unha vez presentada a documentación a que fai referencia este punto e dentro do prazo de dous meses sinalado. O pago da cantidade restante realizarase unha vez rematada a prórroga ou no seu caso o prazo máximo de subvención da/s contratacións, que será de doce meses.

A concesión de axudas no caso de prórrogas estará condicionada á existencia de crédito suficiente, e sempre tendo en conta que a cantidade máxima para a financiación deste Plan será de 20.000 euros.

12.- REINTEGRO DAS AXUDAS

Son causas de reintegro das axudas recibidas e a esixencia de intereses de demora correspondente dende o momento do pagamento da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, nos seguintes casos:

a) Obtención da axuda falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da axuda.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente.

d) Resistencia, excusa, obstrucción ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado ós fondos percibidos.

13.- PUBLICIDADE

A relación de axudas concedidas, ca identificación da empresa/s beneficiaria/s, prazo de duración e importe das mesmas publicarase na páxina web do Concello de A Illa de Arousa.

Así mesmo serán publicadas as solicitudes denegadas, indicando os motivos da súa denegación.

14.- NORMATIVA DE APLICACIÓN

O Plan de Estímulo e Fomento do Emprego regularase polo establecido nas presentes bases. En todo o non previsto nelas aplicarase o disposto na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, de 08 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

15.- XURISDICCIÓN

A interpretación, modificación, resolución e todas as cuestións que se susciten en relación ca aplicación do presente Plan corresponde á comisión de valoración, e serán resoltas pola Alcaldía-Presidencia, a proposta da comisión de valoración. Os acordos adoptados para a súa resolución porán fin á vía administrativa, e poderán ser impugnados ante a Xurisdicción contencioso-administrativa.

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE PARA A PARTICIPACIÓN NO PLAN DE ESTÍMULO

E FOMENTO DO EMPREGO 2017

D./Dña. ________________________________________________________, maior de idade, con DNI nº _______________________________________ en representación da entidade ____________________________, con CIF nº ____________________ e domicilio social en ____________________________________, (teléfono __________________), adicada á actividade de _________________________________________________, ante o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Illa de Arousa, comparece e di:

a) Que coñece e acepta as Bases reguladoras do Plan de Estímulo e Fomento do Emprego e que van rexir o outorgamento de axudas ou subvencións a empresas do Concello de A Illa de Arousa e Comarca do Salnés para a contratación de traballadores en situación de desemprego durante o ano 2017.

b) Que desexa ser admitido/a no proceso de concesión das citadas axudas.

c) Que son certos todos os datos e documentos que aporta.

d) Que adxunta á presente orixinal ou copia compulsada de:

- DNI da persoa solicitante.

- CIF da empresa.

- Escritura ou os documentos nos que conste a constitución da entidade e os estatutos polos que se rixa, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda.

- Alta en Facenda.

- Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca axencia Tributaria e Seguridade Social.

- Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca Xunta de Galicia e Concello de A Illa de Arousa.

- Declaración de axudas ou subvencións solicitadas e/ou concedidas de calquera Administración Pública.

- Memoria explicativa, con indicación do número de persoas a contratar, prazo de duración e tipo de xornada, categoría profesional e importe del contrato mensual, que incluirá a prorrata nas pagas extra, así como porcentaxe e cuota empresarial á Seguridade Social.

- Certificado acreditativo das altas e baixas dos traballadores contratados no ano inmediatamente anterior, tomando como referencia a data de publicación deste Plan no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

- Declaración xurada da existencia de igualdade salarial entre traballadores contratados de distinto sexo e para o mesmo traballo.

Por todo o sinalado, SOLICITO se teña por presentada esta solicitude y sexa admitido/a na convocatoria de axudas para a contratación de persoal en situación de desemprego ó amparo das bases reguladoras do Plan de Estímulo e Fomento do Emprego para o ano 2017.

Na Illa de Arousa, a ........... de ............................. de 2017.

Asdo.

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA (PONTEVEDRA)

Na Illa de Arousa, a 10 de marzo de 2017.-O Alcalde-Presidente, Carlos Iglesias Cores.

Empleo
Empleo y contratación
Empresa
Fomento del empleo
Iniciativa emprendedora
Inclusión social