AXUDA MUNICIPAL PARA O USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR, CURSO 2016/2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 12-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 12/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

BASES REGULADORAS DE AXUDA MUNICIPAL PARA O USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2016/2017 DO CONCELLO DE MOS

BASE I- CRÉDITOS ORZAMENTARIOS

O orzamento previsto para o financiamento desta axuda, ata o mes de decembro, ascende a contía de 5000 ¬ que se imputará con cargo a partida 321.226.1101 do orzamento de gastos do ano 2016.

BASE II- OBXECTO DA SUBVENCIÓN

É obxecto da presente convocatoria regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado de educación infantil (segundo ciclo) e educación primaria para o curso 2016/2017 para o uso do comedor escolar dos CEIP públicos do Concello de Mos, sempre e cando este non goce de gratuidade. O outorgamento destas subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva acorde cos criterios recollidos nestas bases.

BASE III.- BENEFICIARIOS/AS

Para poder optar a estas axudas, os interesados e interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

' Ser pai, nai ou titor/a dun/dunha alumno/a matriculado no curso 2016/2017 nun dos cursos e centros obxecto da axuda.

' Que o/a solicitante das axudas e o alumno/a estean empadroados no Concello de Mos.

' Non ter débedas con ningunha entidade pública.

' Cumprir o baremo económico recollido na Base V.

BASE IV.- PUBLICIDADE, PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES,

PRAZO E DOCUMENTACIÓN

A publicación das presentes bases e da resolución das axudas realizarase no taboleiro de anuncios do Concello de Mos e anunciaranse no Boletín oficial da Provincia a convocatoria, así como o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado no Concello, e o prazo de presentación das solicitudes será de 20 días contados a partir do día seguinte da publicación no BOP.

Con carácter excepcional e co fin de dar protección ás situacións carenciais ou excepcionais do alumnado xurdidas unha vez pechado o prazo ordinario da convocatoria e resoltas as axudas da convocatoria ordinaria, poderán solicitarse axudas con carácter excepcional a partir do 1 de outubro de 2016, debidamente xustificadas polos técnicos do Departamento de Benestar social. A Comisión de Valoración proporá a súa concesión á Xunta de Goberno Local sempre e cando cumpran cos requisitos esixidos, acheguen a documentación requirida, reseñen a causa da excepcionalidade da solicitude e exista dispoñibilidade orzamentaria.

As axudas que se concedan a través desta convocatoria, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, se o importe da subvención, individualmente considerada, supera os 3.000¬, ou no taboleiro de anuncios do Concello nos restantes casos, co D.N.I do solicitante/ expediente/ colexio/ finalidade da subvención, a resolución recaída (Concedida- denegada ou en lista de espera).

A mera presentación da solicitude suporá que o/a solicitante coñece e acepta as presentes bases de convocatoria.

Xunto coa solicitude e os anexos correspondentes, os/as interesados/as deberán presentar os seguintes documentos:

' Copia do D.N.I do pai, da nai ou titores no seu caso.

' Fotocopia do libro de familia.

' Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio ou certificado de non convivencia emitido pola policía local, no caso de alegar non convivencia coa parella e o/a menor estea recoñecido legalmente.

' Declaración da renda do exercicio 2015. No caso de non habela feito presentarase un certificado negativo emitido por facenda, así como os xustificantes de ingresos do ano 2015 dos organismos dos que perciba ingresos. Seguridade Social, INEM,...

' Vida laboral daqueles que formen a unidade familiar e non fagan a declaración da renda.

' Certificación emitida pola ANPA conforme solicitou o servizo de comedor.

' Declaración responsable do/a solicitante de non ter débedas con ningunha das distintas administracións públicas nin coa Seguridade Social.( Anexo III)

' Declaración das axudas solicitadas ou percibidas das outras administracións públicas (Anexo IV)

' Documentación a presentar polo Concello:

' Certificado de empadroamento e convivencia do solicitante e dos/as menores para os que se solicita a axuda.

' Certificado expedido pola Tesourería do Concello de non ter débedas coa entidade municipal os titores legais dos menores.

BASE V. CRITERIO DE VALORACIÓN

Os ingresos económicos que se computarán son os do ano 2015.

Nos casos en que a capacidade económica da unidade familiar experimentase unha deterioración significativa en relación coa que consta na declaración de IRPF do último exercicio, os interesados terán que manifestar esta circunstancia e acreditar a nova situación económica achegando a documentación xustificativa correspondente ó primeiro trimestre do ano 2016.

Para a concesión da axuda terase en conta, o número de membros e a renda per cápita da familia, partindo do indicador público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM= 7.455,14 ¬ anuais).

Segundo isto, a renda familiar para o cálculo dos ingresos que se computarán é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

' Casiña 380 (base impoñible xeral) + casiña 395 ( base impoñible de aforro)-casiña 532(cota resultante da autoliquidación)

No caso de non presentar declaración da renda teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

Concederáselles a axuda ás unidades familiares que non superaran no ano 2015 os seguintes ingresos:

' Unidade familiar de dous membros: 14.910,28 ¬

' Unidade familiar de tres membros: 22.365,42 ¬

' Unidade familiar de catro membros: 29.820,56 ¬

' Unidade familiar de cinco ou máis membros: 37.275,70 ¬

Considérase unidade familiar, á formada polo pai, nai, titores ou persoas encargadas da garda e protección do menor e aqueles fillos solteiros do/a solicitante menores de 25 anos se estudan ou están desempregados, sen ter conta aqueles outros fillos/as que convivan no domicilio.

No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, se é o caso, terán a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

O importe das axudas para cada neno/a será de 1¬ por menú/día, que será pagado mensualmente, á empresa concesionaria do servizo, tras a presentación da correspondente factura mensual, e unha vez comprobada a mesma, coa certificación emitida polas ANPAS do número de menús de cada neno/a ó que se lle concedeu a axuda.

No caso de que o importe das axudas solicitadas sexa superior o crédito existente na partida orzamentaria , empregarase o seguinte criterio para a concesión das axudas ás familias:

' 1º.- Menor renda per cápita.

' 2º.- Maior número de fillos.

' 3º.- Familia monoparental.

BASE VI.- OBRIGAS

Os/as solicitudes das subvencións quedan abrigados/as a:

' Cumprir coas estipulacións recollidas na Lei Xeral de Subvencións como na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Mos BOP nº177 do luns 14 de setembro de 2.009).

' Responder legalmente da veracidade dos datos expostos e da documentación presentada.

BASE VII.- PROCEDEMENTO

A xestión do procedemento administrativo levarase a cabo polo departamento de Educación, ao que irán dirixidas as solicitudes para acollerse ás presentes subvencións.

Unha vez recibidas tódalas solicitudes e rematado o prazo de presentación das mesmas, e unha vez estudadas as solicitudes reclamaráselles a aqueles/as persoas que non presentaran toda a documentación pertinente, para que a presenten nun prazo improrrogable de 10 días, e de non facelo así, desestimarase e arquivarase sen máis trámite o abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 30/1992.

As solicitudes poderán desestimarse polos seguintes motivos:

' Presentar a solicitude fora de prazo .

' Non entregar a documentación esixida polos servizos administrativos.

' Se teña constancia de que os datos presentados son falsos.

As solicitudes admitidas serán valoradas por una Comisión de valoración integrada pola Concelleira de Educación, a Psicóloga Municipal e Técnico de Educación, conforme os criterios que constan nestas bases, elevarase a proposta de adxudicación á Xunta de Goberno Municipal.

O prazo máximo para ditar resolución será de dous meses dende a finalización de presentación das solicitudes.

Aprobada a proposta, publicarase no taboleiro de anuncios a resolución recaída.

A resolución porá fin a vía administrativa podendo os/as interesados/as interpor o recurso potestativo de reposición, ou no seu caso recurso contencioso administrativo nos termos recollidos na lexislación vixente.

BASE VIII.- FORMA E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DO CUMPRIMENTO

DOS FINS DAS SUBVENCIÓNS

Os gastos serán xustificados mediante certificación da ANPA (ou entidade responsable) xustificativo do uso do servizo que informe dos días de asistencia de cada beneficiario/a por meses vencidos e factura da empresa concesionario do servizo do importe do gasto total realizado por cada usuario/a, ou outros documentos admitidos no tráfico mercantil acorde coa lexislación prevista. Cando o abeiro do artigo 35 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do procedemento Administrativo Común e 171 de Regulamento de funcionamento da organización e réxime xurídico das entidades e Locais (R.D. 2568/1985 de 26 de novembro).

O importe concedido a cada neno/a será ingresado á empresa concesionaria do servizo na conta bancaria facilitada.

As cantidades obxecto da subvención abonadas polos adxudicatarios das axudas durante o período que precede á notificación da correspondente resolución administrativas serán reembolsadas a aqueles, previa xustificación do gasto nos termos sinalados no parágrafo primeiro. A tal efecto, os interesados indicaran na súa solicitude de reembolso un número de conta bancaria.

BASE IX.- COMPATIBILIDADE

Serán compatibles estas axudas con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes doutras Administracións ou entes públicos privados, sempre que o importe global das subvencións outorgadas non sexa superior o 100% do gasto. Os/as beneficiarios/as deberán comunicar o Concello todas aquelas axudas solicitadas, as concedidas e o importe das mesmas.

BASE X.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS PERCIBIDAS

No caso de que con posterioridade ó pago dunha subvención se descubra que os/as beneficiarios/as non reúnen as condicións necesarias pasa acceder a elas, ou non xustificaran as cantidades xa percibidas , estarán obrigadas a devolver as mesmas incrementadas no tipo de xuro do diñeiro, sen prexuízo das responsabilidades civís e penais que dean lugar.

DISPOSICIÓNS FINAIS

En todo aquilo non regulado expresamente nestas bases, rexerase polas disposicións xerais recollidas na Ordenanza Xeral de subvencións e resto da normativa reguladora das subvencións.

Mos, a 11 de xullo do 2016.-O Concelleiro delegado de Educación, Camilo Augusto Martínez.

Familia
Comedor escolar
Alumnado
Educación
Escuelas Infantiles
Bienestar social
Policía nacional y local
Empresa
Ampas
Familia monoparental