AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2016/2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 12-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 12/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE MOS PARA O CURSO 2016/2017

BASE I.- CRÉDITOS ORZAMENTARIOS

Para a concesión destas axudas existe na partida orzamentaria 231-4890007 crédito suficiente para 3.000 ¬, que será o importe máximo que se poderá outorgar por esta liña de axudas.

BASE II .- OBXECTO DA SUBVENCIÓN

É obxecto da presente convocatoria regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado, de educación infantil(primeiro e segundo ciclo), primaria e secundaria , sempre e cando estes non gocen de subvención ou sexan cedidos por outras administracións. O outorgamento destas subvencións se realizarán en réxime de concorrencia competitiva de acordo cos criterios recollidos.

O concepto subvencionable será o material escolar , considerado este como aquel necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte , material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, excluíndo expresamente os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións

BASE III.- BENEFICIARIOS

Para poder optar a estas Axudas, os interesados deberán de cumprir os seguintes requisitos:

' Ser pai, nai ou titor/a dun/dunha alumno/a que este matriculado para o curso 2016/2017 nun dos cursos obxecto da axuda.

' Que o/a solicitante das axudas e o/a alumno/a estean empadroados no Concello de Mos.

' Non ter débedas coa administración local de Mos.

' Cumprir co baremo económico recollido na base V.

BASE IV .- PUBLICIDADE, PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES,

PRAZO E DOCUMENTACIÓN

A publicación das presentes bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro de anuncios do Concello de Mos e anunciaranse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria, así como o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado no Concello, no prazo de 20 días, contando dende o día seguinte a publicación do anuncio no BOPPO., e as mesmas poderán presentarse no Rexistro do Concello de Mos ou nalgún dos lugares que permite o artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As axudas que se concedan a través desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, con expresión do/a solicitante,do/a alumno/a, curso,colexio,importe, finalidade da subvención e resolución recaída (concedida-denegada ou lista de espera).

Non se admitirá ningunha solicitude presentada fora de prazo.

A mera presentación da solicitude suporá que o/a solicitante coñece e acepta as presentes bases de convocatoria.

Xunto coa solicitude e os anexos correspondentes, os interesados deberán de presentar os seguintes Documentos:

' Copia do D.N.I. do solicitante, do cónxuxe, ou titores no seu caso.

' Fotocopia do libro de Familia.En caso de separación ou divorcio entregarase tamén copia da sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor

' Fotocopias dos salarios dos seis primeiros meses do ano 2016 de todos aqueles membros da unidade familiar que perciban rendas do traballo. No caso de ser pensionista ou desempregado, achegarase o certificado do organismo correspondente. No caso de ser Autónomo, presentará segunda declaración trimestral do IRPF e declaración da renda do ano 2015.

' Xustificante de matricula do/a alumno/a.

' Orixinal das facturas detallada do material e, no seu caso xustificante de ANPA ou Centro Escolar do gasto realizado.

' Vida laboral daqueles que formen a unidade familiar e aleguen estar desempregados, así como das amas de casa e as beneficiarias dunha pensión de viuvez ou de invalidez total.

' Certificación bancaria ou fotocopia da cartilla bancaria do solicitante.

' Xustificante de aluguer ou préstamo hipotecario da vivenda.

Documentación a presentar pola Administración Local:

' Certificado expedido pola Tesourería do Concello de non ter débedas coa entidade municipal os titores legais do alumnado.

' Certificado de Convivencia

BASE V.- CRITERIOS DE VALORACIÓN E CONTÍAS

Os ingresos económicos que se computarán serán os dos seis primeiros meses do ano 2016.

Para a concesión da axuda terase en conta , o número de membros e a renda per cápita da familia , partindo do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples ( IPREM = 532,51¬)

O promedio de ingresos mensuais, da unidade familiar, dos seis primeiros meses do ano 2016 no poderá superar estas cantidades:

' Unidade familiar de dous membros: 1065,02 ¬

' Unidade familiar de tres membros : 1597,53 ¬

' Unidade familiar de catro membros: 2130,04 ¬

' Unidade familiar de cinco membros: 2662,55 ¬

' Unidade familiar de seis membros : 3195,06 ¬

' Unidade familiar de sete membros : 3727,57 ¬

Excepcionalmente e para aqueles casos que así se xustifique, poderase admitir, previo informe favorable do equipo de Servizos Sociais, a aqueles solicitantes que superen o baremo económico, non cumpran algunha das condicións esixidas nas presentes bases ou non acheguen algunha da documentación esixida, e así o fagan recomendable para garantir a educación dos/as menores.

O importe das axudas non superarán en ningún caso o 100 % do gasto xustificado nin o importe seguinte:

' Educación Infantil (0- ata 3 anos)................Ata 20,00 ¬

' Educación Infantil (3- ata 6 anos)................Ata 50,00 ¬

' Educación Primaria.......................................Ata 40,00 ¬

' Educación Secundaria .................................Ata 40,00 ¬

No caso que o importe das axudas solicitadas sexa superior o crédito de 3.000 ¬, existente na partida orzamentaria 231-489.0007 , empregarase o seguinte criterio para a concesión das axudas:

1º.- Situación económica: menor renda per cápita

2º.- Número de fillos: maior número de fillos/as

3º.- Familia monoparental

(NOTA: entendéndose por ingresos mensuais a efectos destas axudas, o promedio de ingresos mensuais netos dos seis primeiros meses do ano 2016 de todos os membros computables da unidade familiar en concepto de salario, alugueiros, prestacións , pensións, etc.; descontando no seu caso, o importe do aluguer da vivenda ou a amortización do préstamo hipotecario de vivenda, ata un máximo de 500¬.)

Considerase unidade familiar, a formada polo pai, nai titores ou persoas encargadas da garda e protección do menor e aqueles fillos solteiros do solicitante menores de 25 anos si estudan ou están desempregados, sen ter en conta aqueles outros que convivan no domicilio.

En caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais , non se considerará membro computable aquel deles que non conviva co solicitante da axuda. Sen embargo terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, cuxas rendas incluiranse no cómputo da renda familiar.

BASE VI.- OBRIGAS

Os solicitantes das subvencións quedan obrigados a :

- Cumprir coas estipulacións recollidas na Lei xeral de subvencións como na Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Mos

- Responder legalmente da veracidade da datos expostos e documentación presentada.

- Compromiso de comunicar tódalas axudas percibidas para o financiamento dos libros.

BASE VII.- PROCEDEMENTO

A xestión do procedemento administrativo se levará a cabo pola Departamento de Benestar Social ao que iran dirixidas as solicitudes para acollerse ás presentes subvencións.

Unha vez rematado o prazo de presentación das mesmas, e revisada a documentación presentada ,requirirase para presentar nun prazo improrrogable de 10 días a documentación necesaria para resolver o expediente. e de non facelo así, se desestimará e se arquivará sen mais trámite o abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 30/1992.

Unha vez valoradas tódalas solicitudes polo Departamento de Benestar Social conforme aos criterios que constan nestas bases, e previo ditame da Comisión Informativa, elevarase a proposta de adxudicación á Xunta de Goberno Local.

O prazo máximo para ditar resolución será de dous meses desde a finalización da presentación das solicitudes.

Aprobada a proposta publicarase no taboleiro de anuncios a resolución recaída.

A resolución porá fin a vía administrativa podendo os interesados interpor o recurso potestativo de reposición, ou no seu caso recurso contencioso administrativo nos termos recollidos na lexislación vixente.

BASE VIII.- FORMA E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DO CUMPRIMENTO

DOS FINS DAS SUBVENCIÓNS

Os gastos serán xustificados mediante facturas orixinais ou outros documentos admitidos no tráfico mercantil de acordo coa lexislación prevista. Cando o abeiro do artigo 35 da lei 30/1992 de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 171 do Regulamento de funcionamento organización e réxime xurídico das entidades Locais (R.D. 2568/1985 de 26 de novembro) soliciten o deglose das facturas orixinais do expediente, procederase o mesmo deixando copia compulsada no expediente. En caso de que se obtivera a axuda expresarase na factura o importe da axuda outorgada pólo Concello.

BASE IX.- COMPATIBILIDADE

Serán compatibles estas axudas con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes doutras Administracións ou entes públicos ou privados, sempre que o importe global das subvencións outorgadas non sexa superior o 100 %. Os beneficiarios das subvencións deberán comunicar o Concello todas aquelas axudas solicitadas, as concedidas e o importe das mesmas.

BASE X.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS PERCIBIDAS

No caso que con posterioridade o pago dunha subvención se descubra que os beneficiarios non se atopaban nas condicións necesarias para acceder a elas, ou non xustificaran as cantidades xa percibidas en concepto de anticipo, estarán obrigadas a devolver as mesmas incrementadas no tipo de xuro do diñeiro, sen prexuízo das responsabilidades civís e penais que dean lugar.

DISPOSICIÓNS FINAIS

En todo aquilo non regulado expresamente nestas bases, rexerase polas disposicións xerais recollidas na Ordenanza xeral de subvencións e resto de normativa reguladora das subvencións.

Mos, a 11 de xullo de 2016.-A Alcaldesa,Nidia Mª. Arévalo Gómez.

Material escolar
Escuelas Infantiles
Alumnado
Familia
Vivienda
Educación
Libros de texto
Alquiler de vivienda
Hipotecas
Escuelas
Bienestar social
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Familia monoparental