Axudas transporte escolar - Boletín Oficial de A Coruña de 19-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 19/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lousame, en sesión de data 23 de agosto de 2016, acordou efectuar a convocatoria pública e aprobar as bases para a concesión de subvencións municipais a asociacións sen fins de lucro para o desenvenvolmento de programas e actividades de interese xeral e sectorial para o ano 2016, que se insiren a seguir:

'BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN MATERIA DE AXUDAS PARA TRANSPORTE A ESTUDANTES, CURSO 2015/2016.

1. Bases Reguladoras.

As presentes bases teñen por obxecto establecer as normas reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, daquel alumnado que, empadroado e con residencia efectiva no Concello de Lousame, curse estudios universitarios ou de ciclos superiores en centros públicos de Galicia durante o curso 2015/2016.

2. Obxecto, Condicións e Finalidade da Subvención.

A subvención ten por finalidade favorecer o desprazamento do alumnado empadroado e con residencia efectiva en Lousame que curse estudos Universitarios ou de Ciclos Superiores en centros públicos de Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención os gastos de transporte daquel alumnado que curse Estudios Universitarios ou estudios de Ciclo Superior en centros públicos, no curso 2015/2016.

3. Créditos Orzamentarios.

O crédito orzamentario ó que se imputa a subvención é a aplicación orzamentaria 326.480.00, co importe de 4.000,00 €.

4. Requisitos das persoas solicitantes.

· Estar empadroado/a e con residencia efectiva no Concello de Lousame, cun mínimo dun ano de antigüidade.

· Cursar estudios Universitarios ou de Ciclos Superiores en centros públicos de Galicia no curso académico 2015/2016.

· Non superar a unidade familiar a renda per cápita anual de 9.000,00 euros (referida a renda do ano 2015).

Ós efectos da presente convocatoria entenderase por unidade familiar os proxenitores, fillos/as menores de idade, fillos/as maiores con discapacidade e fillos/as solteiros/as menores de 25 anos que convivan coa familia a data 31/12/2015.

Nos supostos de unidades familiares distintas á anterior, poderán ser consideradas mediante informe de servizos sociais.

Ademais dos requisitos incluídos no apartado anterior, será preciso que a puntuación global obtida polo/a solicitante en virtude do disposto na base décima 'Criterios de valoración de solicitudes' o sitúe dentro do crédito orzamentario dispoñible.

En caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita anual máis baixa.

5. Contía das axudas.

O Concello de Lousame aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, segundo a renda per cápita familiar no ano 2015:

· Renda per cápita familiar anual ata 5.400 €: 250,00€

· Renda per cápita familiar anual dende 5.401€ ata 9.000 €: 150,00€

6. Órgano Competente para a Instrución e Resolución.

O órgano competente para a instrución do expediente é a concelleira delegada de educación. O órgano competente para resolver será a Xunta de Goberno Local.

7. Prazo de Presentación de Solicitudes e Documentación.

As solicitudes formularanse no modelo que figura como Anexo I desta convocatoria. Dirixiranse á Sra. alcaldesa-presidenta do Concello, e presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, no prazo de vinte días naturais dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Deberá acompañarse a solicitude dos seguintes/documentos:

- Fotocopia cotexada do D.N.I. do/a estudante, e da persoa que o representa no caso de menores de idade.

- Acreditación da condición de estudante mediante a entrega de copia cotexada da matrícula do curso 2015/2016, xunto coa carta de pagamento ou, no seu defecto, certificado do centro onde figure curso académico, nome do alumno/a, materia que estuda, e que ten aboado ou está exento do pago das taxas correspondentes.

- Certificación de convivencia da unidade familiar.

- Fotocopia cotexada das páxinas escritas do Libro de Familia.

- Declaración da Renda correspondente ao exercicio 2015 de tódolos membros computables da unidade familiar, ou de non facela, certificacións de imputación de rendas correspondente ao exercicio 2015 expedida pola Axencia Tributaria, de tódolos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos de calquera natureza.

- Certificación de importe anual de pensións; invalidez, orfandade, estranxeiro e/ou outras, correspondente ao ano 2015.

- Certificación bancaria da conta corrente da persoa interesada, para o ingreso da axuda, si é o caso.

Documentación complementaria:

- No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia cotexada dun dos seguintes documentos:

1. Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalía cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.

2. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social da pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.

3. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

- No caso de familia numerosa: copia cotexada do título de familia numerosa en vigor.

- No caso de situacións de desemprego: certificación do Servizo Público de Emprego.

- No caso de orfandade: xustificante que acredite dita situación.

8. Procedemento, Prazo de Resolución e Notificación.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes a Concelleira Delegada da Área de Educación procederá ó exame das solicitudes presentadas, que implicará a comprobación previa para verificar que as persoas solicitantes reúnen os requisitos esixidos.

No caso de que algunha das solicitudes tivese algún erro ou omisión subsanable, seralle comunicado a persoa interesada para que no prazo máximo e improrrogable de dez días hábiles poida emendar a falta. Se os erros non se corrixisen ou non se cumprisen os requisitos mínimos establecidos, non se admitirá a solicitude.

Rematada a dita comprobación, procederá ó estudo e valoración das solicitudes e emitirá unha Proposta que deberá ser aprobada e resolta definitivamente polo órgano competente.

O prazo de resolución e notificación será de 3 meses dende a data de finalización da presentación de solicitudes, e deberá conter a relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención.

A resolución definitiva notificarase ás persoas interesadas que foran propostas como persoas beneficiarias na fase de instrución, para que no prazo de dez días naturais comuniquen a súa aceptación.

Ó vencemento do prazo máximo sen haberse notificado a resolución lexítima ás persoas interesadas, entenderase desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

9. Fin da Vía Administrativa.

O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa. De acordo co que dispón o artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante [o Alcalde/Pleno] deste Concello, no termo dun mes a contar desde o día seguinte da recepción da notificación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo competente.

10. Criterios de Valoración de Solicitudes.

A valoración das solicitudes realizarase aplicando o seguinte baremo:

1º SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR

1.1 - Por cada membro da unidade familiar, afectado por minusvalía física, psíquica ou sensorial…………....... 2 ptos.

1.2 - Pola condición de familia numerosa..................................................................................................... 2 ptos.

1.3 - Pola condición de familia monoparental ………………….…………......................................................... 3 ptos.

1.4 - Pola condición de orfandade …………………………………….......................................................…….. 3 ptos.

2º SITUACIÓN LABORAL

2.1 - Situación de desemprego:

- Pai…………….......................................................................................................................................... 3 ptos.

- Nai.......................................................................................................................................................... 3 ptos.

2.2 - No caso de familias monoparentais, adxudicaráselles a puntuación da epígrafe correspondente multiplicada por dous.

3º INGRESOS ECONÓMICOS

Para a ponderación dos mesmos tomarase como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) 2015 anual, fixando como importe máximo de ingresos a cantidade de 9.000€.

INGRESOS PER CÁPITA ANUAL

Ata

1.597,53€

10 puntos

1.597,54 €

3.195,06 €

8 puntos

3.195,07 €

4.792,60 €

6 puntos

4.792,61 €

6.390,13€

4 puntos

6.390,14 €

7.987,66 €

2 puntos

7.987,67 €

9.000,00 €

1 punto

11. Xestión e medidas de garantía.

Unha vez ditada e notificada a resolución de concesión da subvención deberase comunicar por parte da persoa beneficiaria a aceptación da mesma.

O órgano concedente poderá realizar os controis administrativos e inspeccións que considere oportunos co fin de comprobar a veracidade dos datos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda. A persoa beneficiaria terá a obriga de colaborar en dita inspección, proporcionando os datos requiridos.

Lousame, a 23 de agosto de 2016.

A Alcaldesa.

Mª Teresa Villaverde Pais.

ANEXO I. SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN MATERIA DE AXUDAS PARA TRANSPORTE A ESTUDANTES, CURSO 2015/2016.

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

Nome e apelidos

DNI

Enderezo

Teléfono

Centro Universitario /Centro Ciclo Superior

Localidade e provincia do Centro

DATOS DO REPRESENTANTE (si o/a solicitante é menor de idade)

Nome e apelidos

DNI

Enderezo

Teléfono

DATOS DOS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR: (Entenderase por unidade familiar os proxenitores, os/as fillos/as menores de idade, os/as fillos/as maiores con discapacidade e os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos)

Nome e apelidos

Parentesco co solicitante

Idade

Ocupación/

situación laboral

Observacións

SOLICITANTE

Documentación que se xunta:

a) Fotocopia cotexada do D.N.I. en vigor do/a estudante, e da persoa que o representa no caso de menores de idade.

b) Acreditación da condición de estudante en centros públicos mediante a entrega de copia cotexada da matrícula do curso 2015/2016, xunto coa carta de pagamento ou, no seu defecto, certificado do centro onde figure curso académico, nome do alumno/a, materia que estuda, e que ten aboado ou está exento do pago das taxas correspondentes.

c) Certificación de convivencia da unidade familiar.

d) Fotocopia cotexada das páxinas escritas do Libro de Familia.

e) Declaración da Renda do ano 2015 de tódolos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos de calquera natureza, ou de non facela Certificacións de imputación de rendas correspondente ao exercicio 2015 expedida pola Axencia Tributaria, ou autorización para a obtención de datos fiscais segundo o Anexo II.

f) Certificación de importe anual de pensións; invalidez, orfandade, estranxeiro e/ou outras, correspondente ao ano 2015.

g) Certificación bancaria da conta corrente da persoa interesada, para o ingreso da axuda, si é o caso.

Documentación complementaria:

h) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia cotexada dun dos seguintes documentos:

- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalía cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.

- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social da pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.

- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

- No caso de familia numerosa: copia cotexada do título de familia numerosa en vigor.

- No caso de situacións de desemprego: certificación do Servizo Público de Emprego.

- No caso de orfandade: xustificante que acredite dita situación.

Por todo o cal declaro que son certos os datos consignados na presente solicitude.

En ______________, a _____ de ___________ de 2016.

Asdo.: A persoa solicitante, ou quen o representa si esta é menor de idade.

De conformidade co disposto no artigo 5.1. da LOPD 15/1999 do 13 de decembro, os datos persoais facilitados serán incorporados a un ficheiro de titularidade pública, do que é responsable o Concello de Lousame, coa finalidade de aplicalos ás actividades relacionadas coas súas competencias segundo se especifica no Regulamento municipal de protección de datos de carácter persoal.

En relación cos seus datos persoais, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na LOPD 15/1999 e no RD 1720/2007, dirixíndose ao Concello de Lousame (Portobravo C.P. 15214 Lousame - A Coruña).

Os datos facilitados poderán ser comunicados a terceiros dentro dos fins directamente relacionados que poden ser consultados na disposición de creación do ficheiro.

Alumnado
Estudios Superiores
Transporte
Familia
Familia numerosa
Educación
Estudios
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Empleo y contratación
Empleo
Familia monoparental
Transporte escolar