BASE DE AXUDAS A ESTUDIANTES, APROBACIÓN EXPEDIENTE DE CRÉDITO ECOMPLEMENTOS - Boletín Oficial de Lugo de 01-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 01/12/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

MURAS

Anuncio

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESTUDANTES PARA O CURSO 2017-2018

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O artigo 80 do capítulo II da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, refírese á compensación das desigualdades na Educación especificando que co fin de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, as Administracións públicas desenvolverán accións de carácter compensatorio en relación coas persoas, grupos e ámbitos territoriais que se encontren en situacións desfavorábeis e proverán os recursos económicos e os apoios precisos para iso .

Máis concretamente, o artigo 83 da citada Lei establece taxativamente que para garantir a igualdade a todos as persoas no exercicio do dereito á educación, os estudantes con condicións socioeconómicas desfavorábeis terán dereito a obter becas e axudas ao estudo. Na ensinanza postobrigatoria as becas e axudas ó estudo terán en conta ademais o rendemento escolar do alumnado .

O acceso ó ensino é un dereito de toda a cidadanía, independentemente da súa situación económica e do seu lugar de residencia. Ao grande esforzo que lle supón ás familias a compra do material escolar, roupa, calzado..., para os seus fillos e fillas, hai que engadirlle os gastos de transporte no ensino postobrigatorio, gastos estes últimos, moi superiores pola nosa condición de concello rural.

O Concello, como Administración pública máis próxima á cidadanía, pode e debe poñer todos os recursos económicos dos que poida dispoñer para contribuír, mediante o establecemento de bolsas de estudos, aos gastos que lles supón ás familias o ensino dos seus fillos/as. O investimento na educación é sempre unha garantía de futuro para calquera sociedade.

Xa que logo, desde o Concello de Muras considérase necesaria a creación dun sistema regrado de bolsas escolares para estudantes do noso Concello.

1.- OBXECTO.

É obxecto das presentes Bases regular a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a estudantes do Concello de Muras para:

a) Compra de libros e material didáctico complementario para alumnos/as de educación infantil, primaria e secundaria.

b) Compra de libros e material didáctico, así como gastos de vivenda e transporte para alumnos de bacharelato, formación profesional e estudos universitarios.

O orzamento máximo para as devanditas axudas é de 9.600€ euros con cargo á aplicación 326.48100. dos orzamentos do concello de Muras.

2.- BENEFICIARIOS.

2.1.- Teñen a condición de beneficiarios os estudantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o estudante estea empadroado no Concello de Muras durante a totalidade do curso lectivo.

b) No caso de axuda para material didáctico complementario, que o alumno curse estudos de educación infantil ou primaria, en centros situados no Concello de Muras.

c) No caso de axuda por transporte e vivenda, que o estudante curse estudos para os que fora necesario desprazarse ou aloxarse fóra do Concello durante a totalidade do curso lectivo.

d) No caso de axuda a estudantes que cursen estudos universitarios, que o estudante estea matriculado en titulacións de estudos oficiais ou propios da Universidade fóra do Concello durante a totalidade do curse lectivo.

e) No caso de educación postobrigatoria, que os estudantes teñan superado o curso e pasen ao seguinte e no caso de estudantes universitarios que teñan superado o 50% dos créditos das materias nas que se matricularon, sempre e cando a matricula sexa superior a 48 créditos.

f) Que o beneficiario non teña axudas ou subvencións pendentes de xustificar ante o Concello de Muras.

Nos supostos dos estudantes que, cumprindo os anteriores requisitos, sexan menores de idade, terá a condición de beneficiario o pai, nai ou titor do mesmo.

2.2.- Os beneficiarios terán as seguintes obrigas ante o Concello de Muras:

- Cumprir a actividade obxecto da subvención

- Someterse ás actividades de control realizadas por parte do Concello para comprobar a veracidade dos actos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda e colaborar co Concello en ditas actuacións.

- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social.

-Comunicar ante o Concello calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.

3.- SOLICITUDES.

3.1.- As solicitudes para a concesión da presente axuda formalizaranse no modelo de solicitude establecido a tal fin no ANEXO I e presentarse no rexistro xeral do Concello e deberán acompañarase da seguinte documentación:

- Fotocopia compulsada do DNI do solicitante e do estudante. Fotocopia compulsada do libro de familia, no caso de que os nenos/as aínda non teñan DNI.

- Autorización para a comprobación por parte do concello do empadroamento no Concello de Muras do estudante.

- Fotocopia compulsada da matrícula oficial de estudos ou certificado expedido polo centro, acreditativo de que o solicitante cursa estudos no mesmo.

- Certificado ou copia cotexada do expediente académico do curso anterior

- No caso de axudas para material didáctico complementario, factura de compra dos libros e material didáctico na que deberá constar a identificación do solicitante (ou pai/ nai/ titor/ gardador de feito) e o detalle do material adquirido, expedida cos requisitos previstos no RD 1496/2003, do 28 de novembro, Regulamento de facturación.

-No caso de axudas para aloxarse fora do municipio por motivos de estudo, copia do contrato de aluguer, onde figure como titular do contrato o solicitante así como copia dos xustificantes do pagamento (deberanse aportar ao remate do curso escolar)

- Certificado do solicitante de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social.

- Copia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio presentado de todos os membros da unidade familiar, só no caso dos solicitantes de axudas para estudos universitarios. Nos casos en que non exista obriga de presentar declaración do IRPF, presentarase o certificado de renda emitido pola AEAT. En base aos datos proporcionados nese certificado, deducirase a cantidade correspondente por cónxuxe e/ou por fillos/as sobre os rendementos brutos especificados.

- Datos bancarios do beneficiario para recibir a subvención.

3.2.- O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contando dende o día seguinte da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, publicación que irá acompañada de bandos no termo municipal para unha mellor difusión e publicidade da mesma e na páxina web oficial do concello www.muras.gal

4.- PROCEDEMENTO

4.1.- A instrución do procedemento corresponderalle a un traballador do Departamento de Servizos Sociais, que deberá avaliar as solicitudes presentadas e requirir as emendas que procedan para que as mesmas cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases. O prazo de emendas será de dez días improrrogables; no suposto de que os defectos se consideren non emendables, o órgano instrutor proporá a non admisión.

4.2.- Avaliadas as solicitudes polo órgano instrutor, emitirase proposta de resolución por parte da Alcaldía.

4.3.- Contía máxima:

O importe máximo da axuda para cada un dos solicitantes admitidos será:

- Ata 50 euros de axuda para compra de material didáctico a estudantes de infantil e primaria

- Ata 200 euros de axuda para compra de libros, material didáctico a estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria.

- Ata 900 euros de axuda para compra de libros, material didáctico, transporte e vivenda a estudantes de F.P. e Bacharelato.

-No caso de estudantes Universitarios:

-1.000€ si os ingresos da unidade familiar non son superiores a 3 veces o IPREM

-500€ si os ingresos da unidade familiar quedan entre 3 e 4 veces o IPREM

-350€ si os ingresos da unidade familiar superan 4 veces o IPREM

En caso de que a suma de todos os importes das solicitudes superen o crédito reservado para tal fin, efectuarase un prorrateo proporcional a todas as solicitudes.

5.- RESOLUCIÓN.

5.1.- O Alcalde, en base á proposta da Concellería correspondente, e previo o informe da Intervención Municipal, resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas. A resolución conterá a relación dos beneficiarios e os importes das axudas, así como as solicitudes desestimadas coa motivación que proceda.

5.2.- A notificación da resolución definitiva realizarase antes do remate do curso en vigor. Esta resolución notificarase ós beneficiarios, de acordo co artigo 42 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A falta de notificación no prazo establecido lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

Asemade, a resolución de concesión publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello.

5.3.- Contra a resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer, de conformidade co preceptuado no artigo 123 e ss. da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da notificación da presente resolución, ou directamente recurso contencioso administrativo ante ao Xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o seguinte ao da notificación do acordo.

Todo iso, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime conveniente en defensa dos seus intereses.

6.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

6.1.- Tratándose de axudas concedidas para aloxamento fora do municipio por motivos de estudo, requirirase a presentación de copia cotexada do contrato de aluguer onde figure como titular do contrato o solicitante, así como os xustificantes de pagamento do aluguer. Xunto coa solicitude deberase asinar unha declaración xurada de que o solicitante formalizou un contrato de alugueiro ou que o vai formalizar durante o curso. Deberase aportar esta documentación ao finalizar o curso escolar, e no caso de non ser aportada a axuda quedará revogada e procederá o reintegro da mesma.

Tratándose de axudas concedidas para libros e material didáctico a xustificación entenderase realizada coa presentación da factura dos gastos de adquisición dos libros, a unir á solicitude, de acordo co artigo 3 da ordenanza.

A falta de xustificación ou xustificación insuficiente dará lugar á perda do dereito da subvención por parte do beneficiario, polo que procederá a tramitación do reintegro da axuda por parte do órgano concedente e previo o informe da Intervención Municipal.

6.2.- O aboamento da subvención realizarase mediante ingreso por transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario, no prazo de un mes dende o día seguinte a data da resolución.

7.- REINTEGRO

7.1.- Procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

- Falta de xustificación ou xustificación insuficiente

- Variación nas circunstancias que motivaron a concesión da axuda

- Demáis supostos previstos no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións

7.2.- O reintegro estará suxeito ás disposicións previstas ao respecto nos artigos 36 e seguintes da Lei Xeral de Subvencións.

8.- COMPATIBILIDADE DA SUBVENCIÓN

A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de becas ou subvencións.

Muras, a 23 de novembro de 2017.- O ALCALDE, Manuel Requeijo Arnejo.

ANEXO 1- SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESTUDANTES PARA O CURSO 2017-2018

Nome e apelidos da persoa que presenta a solicitude:

D./Dª___________________________________________________________________________NIF__________________________

Enderezo________________________________________________________________________Municipio___________________

Tfno. ou nº móbil__________________________Enderezo electrónico______________________________________________

Nome e apelidos da persoa PAI, NAI OU TITOR do alumno(no caso de menores de 18 anos):

D./Dª___________________________________________________________________________NIF__________________________

Enderezo________________________________________________________________________Municipio___________________

Tfno. ou nº móbil__________________________Enderezo electrónico______________________________________________

Tendo coñecemento da liña de axudas convocada polo Concello de Muras para a axuda ao estudo durante o curso 2017-2018, SOLICITO ao abeiro da mesma a concesión dunha achega para:

¡% a) Compra de libros e material didáctico complementario para alumnos/as de educación infantil, primaria e secundaria.

¡% b) Compra de libros e material didáctico, así como gastos de vivenda e transporte para alumnos de bacharelato, formación profesional e estudos universitarios.

E AUTORIZO ao Concello de Muras a realizar a comprobación do empadroamento neste concello do solicitante da axuda

NOTA: Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente a documentación requirida apartado 3 das bases desta convocatoria. no

Muras, _______ de __________________ de 2017

Sinatura do solicitante ou do pai, nai ou titor

AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MURAS

Educación
Material escolar
Transporte
Alumnado
Sector del libro
Escuelas
Vivienda
Escuelas Infantiles
Exposiciones
Industria del calzado, curtidos y marroquineria
Alquiler de vivienda
Formación profesional
Familia
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Infancia