BASES CONCESIÓN AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016/17 - Boletín Oficial de Lugo de 09-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 09/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Anuncio

A Xunta de Goberno Local do concello de Ourol, en sesión extraordinaria celebrada o día vinte e cinco de agosto de dous mil dezaseis aprobou as Bases reguladoras para a concesión de axudas para adquisición de

libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en Segundo Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial, para o Curso 2016/2017, que literalmente son as que seguen;

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO EN SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA , EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA OU EDUCACIÓN ESPECIAL, PARA O CURSO 2016/17

1. OBXECTO:

O obxecto de dita convocatoria é o de regular a concesión de axudas económicas para a adquisición de Libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, co fin de garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación para as familias en condicións socio-económicas máis desfavorecidas, a través da asignación dunha axuda económica para sufragar aqueles gastos ocasionados pola compra de libros de texto, cadernos ou material escolar que non estean subvencionados por outra administración pública.

2. REQUISITOS:

a. Requisitos xerais: As axudas deberán ser solicitadas por quen ou quenes teñan a patria potestade, tutela ou curatela do alumnado.

- Que todos os membros da unidade familiar se encontren empadronados no Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima de tres meses.

- Estar matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2016/2017. - Que ningún membro da unidade familiar teña débedas pendentes co Concello de Ourol.

b. Requisitos económicos: Que a renda per cápita anual da unidade familiar non supere os 9.000 euros.

1.- A efectos desta convocatoria considéranse membros computables da unidade familiar:

' Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

' Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

' Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados judicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

' Os fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

' A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando exista custodia compartida.

' A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a.

2.- Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

3.- Non terá a consideración de membro computable:

' A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

' O agresor nos casos de violencia de xénero.

4.- En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2015.

3.- DETERMINACIÓN DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR:

Para os efectos desta convocatoria, a renda per cápita da unidade familiar será o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2015 entre o número de membros computables.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranase a base impoñible xeral e a base impoñible de aforro; cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2015.

Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

4.- CRITERIOS DE PUNTUACIÓN:

4.1. Por nivel de renda:

a.Solicitantes con renda per cápita de ata 4000 €/ano: 15 puntos

b.Solicitantes con renda per cápita entre 4.001 e 6000 €/ano: 12 puntos

c.Solicitantes con renda per cápita entre 6.001 e 9.000 €/ano: 9 puntos

4.2. Por circunstancias socio persoais:

a. Por pertencer a familias nas que algún dos seus membros se atope en situación de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente en grao de total, absoluta ou grande invalidez ou estea afectado por unha minusvalía legalmente cualificada en grao igual ou superior ó 65%: 2 puntos por cada membro que acredite esta situación.

b. Por pertencer a familias nas que algún dos seus membros estea afectado por unha minusvalía legalmente cualificada de entre o 33% e o 64%: 1 punto por cada membro que acredite esta situación.

c. Por pertencer a familias monoparentais: 1 punto

d. Por ter a condición de familia numerosa: 1 punto

e. Por situación de violencia de xénero: 2 puntos

Cada solicitante obterá unha puntuación en función dos criterios anteriormente descritos. O valor de cada punto calcularase segundo a seguinte fórmula:

Total do presuposto / Total de puntos obtidos por tódolos solicitantes

A cantidade a conceder obterase do resultado de multiplicar o valor do punto polo número total de puntos obtidos por cada solicitante.

En ningún caso a contía da axuda económica poderá superar os 100 € por alumno/a para o/a que se solicita a axuda

5. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

6. DOCUMENTACIÓN:

a. Solicitude debidamente cumplimentada que estará a disposición d@s solicitantes no Departamento Municipal de Servizos Sociais. A solicitude será única para todos/as os/as fillos/as e nela especificarase o nivel de estudos que vai a realizar cada un/unha. Cada un/unha deles/delas recibirá a contía que lle corresponda segundo os criterios establecidos nestas bases.

b. Fotocopia do DNI d@ solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia obrigad@s a obtelo.

c. Fotocopia do libro de familia.

d. Fotocopia da declaración da renda do exercicio 2015 ou certificado de imputacións do IRPF relativo a tódolos membros computables da unidade de convivencia maiores de 18 anos.

e. Documentos acreditativos das circunstancias socio-persoais alegadas.

f. Certificado de número de conta bancaria onde se efectuará o ingreso no caso de ser beneficiari@ da axuda.

g. Documento acreditativo de atoparse matriculado/a en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2016/2017.

h. Documentación acreditativa da condición de violencia de xénero.

A persoa solicitante terá dereito a non presentar aqueles documentos que xa obren en poder desta entidade local, segundo o establecido no art. 35 f) da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procemento Administrativo Común

7. SELECCIÓN E RESOLUCIÓN

A Traballadora Social revisará as solicitudes e os documentos requeridos verificando que están completos. Nos casos en que falte documentación requirirase á persoa solicitante para que no prazo de 10 días subsane as deficiencias. De non presentar a documentación requerida no prazo indicado, a solicitude será arquivada.

Por parte da Traballadora Social se formulará unha proposta de resolución que será elevada á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación que será notificada @ solicitante.

8. XUSTIFICACIÓN:

A persoa solicitante deberá xustificar a aplicación da axuda recibida mediante a presentación da factura correspondente no prazo de 5 días como máximo dende a recepción da notificación de concesión.

Así mesmo deberá acreditar a cantidade concedida por outras administracións públicas para o mesmo concepto mediante a presentación dos xustificantes que correspondan.

9. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

a. Realizar o gasto obxecto da subvención.

b. Acreditar o cumprimento da finalidade da subvención, coa presentación das facturas correspondentes dos gastos realizados.

c. Someterse ás actuacións de comprobación por parte do Concello e ás de control financiero que corresponda á intervención municipal.

O incumprimento dalgunha destas obrigas poderase resolver coa suspensión do pagamento da subvención ou co seu reintegro.

10. RÉXIME XURÍDICO:

A concesión destas axudas axustarase ás normas contidas nesta convocatoria, á Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como á normativa de réxime local que lles puidese afectar.

11. PREVISIÓN ORZAMENTARIA:

a. Axuda que se prevé destinar na presente convocatoria: 1000 €, contía que poderá verse modificada en función do número de solicitudes presentadas co fin de adecuar as subvencións concedidas ó gasto real e ó establecido no último párrafo do artigo 4.

b. Partida orzamentaria: 326.480 do estado de gastos do orzamento municipal de 2016 DISPOSICIÓN ADICIONAL

Para o non previsto nesta convocatoria, será de aplicación o disposto na Lei xeral de Suvbvencións.

Ourol, dez de agosto de dous mil dezaseis

O alcalde-presidente

Asdº.- José Luis Pajón Camba

Ourol, trinta e un de agosto de 2016.- O Alcalde, José Luís Pajón Camba

R. 2648

Educación
Alumnado
Escuelas Infantiles
Material escolar
Libros de texto
Familia
Discapacidad
Sector del libro
Escuelas
Familia numerosa
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales