BASES CONCESIÓN AXUDAS AO TRANSPORTE ALUMNADO UNIVERSITARIO E DE CICLOS DE FORMACIÓN, CURSO 2014/2015 E 2015/2016 - Boletín Oficial de Lugo de 03-12-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 03/12/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

ÿBASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS Ó TRANSPORTE DO ALUMNADO UNIVERSITARIO E DE CICLOS DE FORMACIÓN DESTE MUNICIPIO CORRESPONDENTES ÓS CURSOS ACADÉMICOS 2014/2015 E 2015/2016.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 23 de novembro de 2015, aprobou as bases que rexen a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o transporte de alumnado universitario e de ciclos de formación do Concello de Monforte de Lemos correspondentes ós cursos 2014/2015 e 2015/2016.

1º.-OBXECTO

As presentes bases teñen por obxecto rexer o concurso para a concesión de axudas para os gastos de transporte público Lemos ás distintas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia do alumnado universitario empadroado no Concello de Monforte de, así como os do alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte de Lemos, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, e sempre que se trate de desprazamento dentro da Comunidade Autónoma.

2º.-CONTÍAS

A contía das axudas fíxase en 9.000,00€ para os gastos de transporte do curso 2014-2015 (período de outubro do 2014 a xuño do 2015) e 9.000 € para o gasto de transporte correspondente ao gasto de transporte do curso 2015-2016 correspondentes ao período de outubro 2015 a xuño de 2016, con cargo aos créditos consignados na aplicación 326.48 do Orzamento Xeral Municipal para o exercicio 2015, (os gastos correspondentes ao restante ao curso universitario 2015-2016 non se abonarán ata que se presente a correspondente xustificación).

En todo caso, o importe total das axudas non poderá superar o importe máximo dos créditos habilitados ao efecto no orzamento municipal.

3º.-DESTINO

Atender os gastos de transporte público dos cursos 2014/2015 e 2015/2016 do seguinte alumnado:

1. Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e ensinanzas universitarias conducentes a títulos de Licenciados ou Diplomados, empadroado no concello de Monforte de Lemos.

2. Alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato empadroado no Concello de Monforte de Lemos que teña que desprazarse fóra do termo municipal, por non existir oferta do ciclo formativo neste municipio.

4º.- BENEFICIARIOS

1. Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e ensinanzas universitarias conducentes a títulos de Licenciados ou Diplomados, empadroado no concello de Monforte de Lemos.

2. Alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato empadroado no Concello de Monforte de Lemos que teña que desprazarse fóra do termo municipal, por non existir oferta do ciclo formativo neste municipio.

3. No caso dos menores se entenderá como beneficiario o pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a.

5º.-REQUISITOS Os/as interesados/as en participar no presente concurso, deberán xustificar documentalmente a concorrencia dos seguintes requisitos:

1. Estar empadroados no Concello de Monforte no período inmediatamente anterior á presentación da solicitude.

2. Demostrar documentalmente estar matriculado no curso 2014/2015 para os solicitantes da subvención correspondente o curso 2014/2015 ou no curso 2015/2016 para os da subvención correspondente ao curso 2015/2016, en calquera das universidades galegas, ciclos de formación ou bacharelato dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Estar ó corrente das súas obrigas tributarias (Administración Estatal, Autonómica e Local) e coa seguridade social, na data de presentación da solicitude para o que deberán presentar declaración xurada.

4. Non estar incurso en ningunha das prohibicións da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

Os solicitantes deberán reunir todos os requisitos fixados a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Estas axudas serán compatibles coas concedidas por outras administracións ou entidades privadas sempre e cando o importe total das axudas non supere o gasto total.

6º. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

As instancias para participar neste concurso atópanse a disposición dos/as interesados/as na páxina web municipal www.monfortedelemos.es.

Ditas solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral do Concello ou, no seu caso, nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común, dende a publicación da convocatoria no BOP e ata o 18 de decembro de 2015.

A esta solicitude deberá achegarse a documentación pola orde que se sinala a continuación(Anexo I e Anexo II):

1) Solicitude de axuda para o transporte, unha para cada curso universitario para o que se pida a subvención .

2) Fotocopia do DNI do solicitante e do alumno no caso de que o alumno sexa menor de idade

3) Libro de Familia no caso de solicitarse a axuda para un menor de idade

4) Fotocopia de matrícula universitaria, matrícula do ciclo de formación ou bacharelato para o curso 2014/2015 e 2015/2016.

5) Fotocopia da condición de discapacitado dos membros da unidade familiar, recoñecidos pola administración competente, de ser o caso.

6) Certificado de Empadroamento colectivo a 31 de decembro de 2014 e a 31 de decembro de 2015.

7) Fotocopiada declaración da renda correspondente ao exercicio 2014 e ao exercicio 2015 dos membros da unidade familiar que estivesen obrigados a iso, ou na súa falta, certificación negativa de non realizar dita declaración expedida pola Delegación de Facenda. 8) No caso de que existise situación de desemprego, certificación de alta como desempregado expedida polo organismo competente e se se estivese recibindo unha pensión en calquera das súas modalidades (xubilación, viuvez, invalidez, etc.), certificación expedida pola Tesouraría da Seguridade Social.

9) Declaración xurada do solicitante de que se atopa ao corrente nas obrigacións tributarias (Administración Estatal, Autonómica e Local) e da Seguridade Social.

10) Certificado dos datos bancarios do beneficiario (expedido pola entidade bancaria).

11) Xustificación do gasto realizado.

Esta Corporación poderá comprobar directamente, polos medios que estime oportunos, a situación familiar e económica dos adxudicatarios deste concurso, entendéndose que se as circunstancias alegadas non fosen certas, aplicará o réxime de infraccións e sancións administrativas recollido no título IV da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

7º.-CRITERIOS APLICABLES:

Para a determinación do importe da subvención, teranse en conta a renda per capita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar, a 31 de decembro de 2013 para as axudas correspondentes ao curso escolar 2014-2015 e a 31 de decembro do ano 2014 para o curso escolar 2015-2016.

1. 1. RENDA PER CAPITA:

2. 1.a) Entenderase por unidade familiar :

A nai e o pai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.

O solicitante e os irmáns solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.

Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.

3. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente a 31 de decembro de 2013 para as axudas correspondentes ao curso escolar 2014-2015 e a 31 de decembro do ano 2014 para o curso escolar 2015-2016.

4. 1.b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar que se subvenciona, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

5. O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.

6. 1.c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar, que será a renda per cápita familiar e puntuarase de acordo co seguinte baremo:

Ata 3.000,00 €/anuais 10 ptos

3001 a 5.000,00 €/anuais 9 ptos

5.001 a 7.000,00 €/anuais 8 ptos

7.001 a 9.000,00 €/anuais 7 ptos

Quedarán excluídas aquelas rendas per cápitas familiares superiores a 9.000,00€.

2.SITUACIÓN LABORAL:

A puntuación pola situación laboral dos proxenitores do solicitante obterase segundo o seguinte baremo:

No caso de que un dos proxenitores se atope en situación de desemprego e perciba prestación, (deberá acreditarse debidamente): 1 punto.

No caso de que un dos proxenitores se atope en situación de desemprego, e non perciba prestación (deberá acreditarse debidamente): 3 puntos.

No caso de que ambos os proxenitores se atopen en situación de desemprego e perciban prestación (deberá acreditarse debidamente): 2 puntos.

No caso de que ambos os proxenitores se atopen en situación de desemprego e non perciban prestación (deberá acreditarse debidamente): 5 puntos.

Realizados os anteriores cálculos procederase á suma da puntuación obtida e á asignación do importe da subvención tendo en conta a cantidade solicitada e de acordo coas seguintes cantidades máximas:

15 ptos ……….…. o 100% do importe solicitado ata un máximo de 600€.

13 a 11 ptos…..... o 65% do importe solicitado ata un máximo de 400€.

10 a 8 ptos………. o 50% do importe solicitado ata un máximo de 300€.

7 ptos…………….. o 35% do importe solicitado ata un máximo de 200€.

No caso de que se supere o importe fixado no orzamento municipal a porcentaxe ou importe establecida reducirase proporcionalmente tendo en conta o número de solicitudes presentadas.

7º.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e ata o 18 de decembro de 2015 para as axudas de ambos cursos universitarios.

8º.ÓRGANO INSTRUCTOR

Esta función corresponderá á persoa responsable do expediente da área de Xuventude.

Será o competente para comprobar que a xustificación presentada é conforme ós requisitos esixidos nas presentes bases, así como, para a comprobación da realización das actividades subvencionadas e polo tanto o cumprimento da finalidade que determina a concesión da subvención.

O órgano instrutor emitirá un informe co resultado da súa avaliación que remitirá á comisión de Valoración.

9º.-COMISIÓN DE VALORACIÓN E SELECCIÓN.

A vista do informe do órgano instrutor procederá á valoración das solicitudes presentadas e emitirá unha proposta de Resolución na que figurará a relación de persoas beneficiarias indicando as cuantías que se propoñen conceder e a relación de solicitudes desestimadas debidamente motivadas.

Se a documentación é correcta constituirase unha Comisión de Valoración e Selección formada por:

Presidenta:

A Concelleira de Xuventude.

Vogais:

Un funcionario ou persoal laboral da Área de Xuventude ou Deportes.

Un funcionario da Intervención Municipal.

Secretario:

Un funcionario da Concellería de Cultura.

Constituída validamente a citada Comisión, procederá a examinar, comprobar e verificar a documentación presentada, elaborando, para ese efecto, unha relación das axudas a conceder e denegar conforme aos requisitos expostos nas bases que elevará ao órgano competente a relación definitiva de aspirantes á concesión dos bonos.

10º.- CONCESIÓN

Unha vez ditada a proposta de Resolución pola comisión de Valoración, remitirase á Intervención Municipal para que se proceda á fiscalización previa á adopción do acordo de Concesión pola Xunta de Goberno Local.

A Xunta de Goberno Local á vista da proposta emitida pola Comisión de Valoración e Selección, acordará a concesión das axudas de transporte.

En todo caso o expediente quedará resolto antes do fin do exercicio en curso.

11º. RÉXIME DE PAGAMENTO.

En aplicación do disposto no artigo 34.4 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións e dada a natureza desta subvención concederán pagos a conta que responderán ó ritmo de execución da actividade subvencionada abonándose á contía que corresponda á xustificación presentada antes das seguintes datas:

-Para as axudas para gastos do curso 2014-2015: antes do 31 de decembro do corrente.

-Para as axudas para gastos do curso 2015-2016: antes do 31 de decembro do 2016

12º XUSTIFICACIÓN

12º.A) Para a axuda correspondente ao curso universitario 2014-2015 xunto coa solicitude da axuda por parte do alumno presentará a xustificación dos gastos e a presentación solicitude suporá a aceptación das normas fixadas nas presentes bases reguladoras, así como as sinaladas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións para a xustificación dos fondos públicos percibidos, e demais normas que sexan de aplicación.

12º.B) Para a axuda correspondente ao curso universitario 2015-2016 a solicitude se presentará antes do 18 de decembro de 2015, quedando a obriga recoñecida con cargo ao orzamento do exercicio 2015 para aqueles que cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases e o pago quedará condicionado a que se presente a xustificación conforme ao disposto nos parágrafos seguintes antes do 31 de agosto de 2016.

Para percibir estas axudas os beneficiarios deberán presentar os seguintes documentos:

- Billetes ou bonos do medio de transporte utilizado no que consten, de forma lexible, a data do billete ou bono, o percorrido e o importe da viaxe ou factura da empresa de transporte utilizado, correspondentes a cada un dos cursos que se subvencionan.

Non se admitirán billetes ou bonos deteriorados, ilexibles ou nos que non conste a data de emisión. Así mesmo tampouco se admitirán billetes correspondentes a festivos ou vacacións segundo o calendario académico.

Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora, desde o momento do pago da subvención nos casos e de conformidade co establecido no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Os alumnos beneficiarios desta axuda obríganse a facilitar canta información lle sexa requirida pola Intervención deste Concello e, en particular, a obriga de asumir os extremos regulados no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

13º. RECURSOS.

Contra a resolución de concesión das axudas poderase interpor no prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución ou ben interpor directamente ante a Xurisdición Contenciosa-Administrativa recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que estime procedente.

14º. RÉXIME XURÍDICO.

De conformidade coa disposición adicional quinta da Lei Xeral de Subvencións, o réxime xurídico será conforme, no que resulte aplicable, á Lei 38/2003 de 17 de decembro Xeral de Subvencións, Real Decreto 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento da Lei de Subvencións e demais normas concordantes.

Monforte de Lemos a 24 de novembro de 2015.- O Alcalde, José Tomé Roca

ANEXO I

SOLICITUDE DE AXUDA Ó TRANSPORTE UNIVERSITARIO OU CICLOS DE FORMACIÓN DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS CURSO 2014/2015 ou 2015/2016 (táchese o que non proceda).

D. ____________________________________________________________ con domicilio a efectos de notificacións, na rúa _______________________________________________________________________________________________

e DNI _____________________________, teléfono______________________

No caso de que o alumno sexa menor deberán indicarse tamén os seguintes datos referidos ó pai, nai, titor ou persoa encargada da súa garda e custodia:

D. ____________________________________________________________ con domicilio a efectos de notificacións, na rúa _______________________________________________________________________________________________

e DNI _____________________________, teléfono______________________

EXPÓN:

Que tendo coñecemento da convocatoria de axudas ao transporte público para os alumnos universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os do alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte de Lemos, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, e sempre dentro da Comunidade Autónoma durante o curso 2014/2015 ou 2015/2016(táchese o que non proceda). .

Que reunindo as condicións da convocatoria me teño que desprazar a______________________________ xa que curso estudos de ______________________________________________________

Que tendo coñecemento de que para percibir estas axudas os beneficiarios deberán presentar no Concello de Monforte de Lemos ordenados por data (días e meses), os billetes ou bonos do medio de transporte utilizado, así como a documentación específica contemplada no punto 5 das bases.

SOLICITA:

Que tendo en conta que o custe estimado dos desprazamentos ascende a ______________________, solicito a concesión dunha axuda ó transporte por importe de ______________________, para o cal acompaña as seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do solicitante e do alumno no caso de que este sexa menor de idade

- Libro de Familia no caso de solicitarse a axuda para un menor de idade - Fotocopia de matrícula universitaria, matrícula do ciclo de formación ou bacharelato para o curso 2015/2016.

- Fotocopia da condición de discapacitado dos membros da unidade familiar, recoñecidos pola administración competente, de selo caso.

- Certificado de Convivencia

- Fotocopiada declaración da renda correspondente ao exercicio 2014 dos membros da unidade familiar que estivesen obrigados a iso, ou na súa falta, certificación negativa de non realizar dita declaración expedida pola Delegación de Facenda.

- No caso de que existise situación de desemprego, certificación de alta como desempregado expedida polo organismo competente e se se estivese recibindo unha pensión en calquera das súas modalidades (xubilación, viuvez, invalidez, etc.), certificación expedida pola Tesouraría da Seguridade Social.

- Declaración xurada do solicitante de que se atopa ao corrente nas obrigacións tributarias e da Seguridade Social (Anexo II).

- Declaración de outras axudas (Anexo II).

- Certificado dos datos bancarios do beneficiario/a (expedido pola entidade bancaria).

DATOS DA UNIDADE FAMILIAR:

N.I.F. APELIDOS E NOME PARENTESCO(pai/nai/irmán) DATA NACEMENTO

Monforte de Lemos, _______de ___________________________ de 201__

Asdo.:__________________________

ANEXO II

SOLICITUDE DE AXUDA Ó TRANSPORTE UNIVERSITARIO OU CICLOS DE FORMACIÓN DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS CURSO 2014/2015 ou 2015/2016(táchese o que non proceda)..

DECLARACIÓN XURADA

D. ____________________________________________________________ con domicilio a efectos de notificacións, na rúa _______________________________________________________________________________________________

e DNI _____________________________, teléfono______________________

No caso de que o alumno sexa menor deberán indicarse tamén os seguintes datos referidos ó pai, nai, titor ou persoa encargada da súa garda e custodia:

D. ____________________________________________________________ con domicilio a efectos de notificacións, na rúa _______________________________________________________________________________________________

e DNI _____________________________, teléfono______________________

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

- Que solicitei a axuda para transporte público que convoca o Concello de Monforte de Lemos e que:

Non percibo axuda de transporte universitario, ciclo de formación ou bacharelato de ningún organismo público o privado.

Si percibo axuda de transporte universitario, ciclo de formación ou bacharelato (de ser o caso deberá indicar o importe), IMPORTE:

Que o total das axudas percibidas e solicitadas non supera o 100% dos custes de desprazamento.

- Que non teño débedas fiscais nin sociais pendentes coa Seguridade Social nin coa Administración Autonómica, nin me atopo en ningún dos supostos que impiden obtela condición de beneficiario de subvencións por parte das Administracións Públicas recollidos no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

- Que coñezo e acepto na súa totalidade as Bases desta convocatoria para a que solicito a axuda.

Monforte de Lemos, _______de ___________________________ de 201__

Asdo.:__________________________

ANEXO III (A presentar coa xustificación)

XUSTIFICACIÓN DE CUSTOS DE AXUDA Ó TRANSPORTE UNIVERSITARIO OU CICLOS DE FORMACIÓN DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS CURSO 2015/2015 ou 2015/2016(táchese o que non proceda). .

DECLARACIÓN XURADA

D. ____________________________________________________________ con domicilio a efectos de notificacións, na rúa _______________________________________________________________________________________________

e DNI _____________________________, teléfono______________________

No caso de que o alumno sexa menor deberán indicarse tamén os seguintes datos referidos ó pai, nai, titor ou persoa encargada da súa garda e custodia:

D. ____________________________________________________________ con domicilio a efectos de notificacións, na rúa _______________________________________________________________________________________________

e DNI _____________________________, teléfono______________________

EXPON:

Que me foi concedida unha axuda por importe de ______________________ ó transporte publico para os alumnos universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os do alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte de Lemos, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, e sempre dentro da Comunidade Autónoma para o curso 2014/2015 ou 2015/2016(táchese o que non proceda)., segundo a convocatoria realizada polo Concello de Monforte de Lemos.

Que tendo coñecemento de que para percibir estas axudas os beneficiarios deberán presentar no Concello de Monforte de Lemos ordenados por data (días e meses), os billetes ou bonos do medio de transporte utilizados correspondentes a cada período.

Presento a documentación solicitada xunto con este anexo a efectos de proceder a xustificar o importe concedido, para o período de ____________________ a _______________________

Monforte de Lemos, _______de ___________________________

Asdo-

R. 4324

Alumnado
Transporte
Formación
Formación profesional
Escuelas
Transporte público
Discapacidad
Educación
Transporte escolar
Formación para el empleo
Familia
Deporte
Deporte
Cultura
Empresa