BASES DA CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACIÓN DE BOLSAS DE ESTUDIOS CORRESPONDENTES AO CURSO ACADÉMICO 2015-2016 - Boletín Oficial de Lugo de 20-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Becas
  • Plazo: Ver Detalles , 20/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA BOLSAS DE ESTUDOS DO CURSO ACADÉMICO 2015/2016

De acordo co establecido nos artigos 53 e concordantes do Acordo Marco Único para o persoal funcionario e 56 e concordantes do Convenio Colectivo para o persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Lugo, publicados no BOP de Lugo de datas 31-01-91 e 30-08-90 respectivamente, convócase o seguinte:

Concurso para a adxudicación de bolsas de estudos para os empregados públicos da Excma. Deputación Provincial, correspondente ao curso académico 2015-2016, que se rexerá polas seguintes bases:

Primeira.- Serán beneficiarios destas bolsas de estudos: os empregados públicos desta Deputación, aos que lles é de aplicación o Acordo Marco Único e o Convenio Colectivo Único e aos seus fillos ou orfos.

Segunda.-

As axudas a conceder aos alumnos (fillos ou orfos dos empregados públicos da Deputación que residan no concello do Centro Académico), consistirán en bolsas de estudos para as seguintes ensinanzas e nas contías que se indican e que se clasifican, en tres tramos, segundo o total importe retributivo ordinario anual (soldo ou pensión) do/a empregado/a provincial co que gardan a relación de parentesco filial:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

As axudas que se recollen no cadro anterior tamén serán de aplicación para aqueles fillos ou orfos de empregados provinciais que sigan estudos de ensinanzas non reguladas e teñan acreditada legalmente a condición de persoas con capacidades diferentes.

Terceira.- Estas contías rexerán para o curso 2015-2016

Cuarta.- Criterios para a adxudicación das bolsas de estudos:

1º.- Soamente se concederá unha bolsa de estudo por estudante e curso académico, debendo presentar unha solicitude acompañada da documentación que se refire na base sétima.

2º.- Se o traballador non prestara servizos durante o período que corresponde ao ano escolar, a axuda será proporcional ao tempo traballado.

3º.-Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, debidamente acreditado, poderán solicitar a axuda para o mesmo curso para o que xa a tivesen concedida.

Na concesión de axudas terán preferencia os cursos e ensinanzas de carácter obrigatorio.

4º- Se no presente ano se solicita unha axuda para un curso ou carreira distinta da que se cobrou o ano anterior, poderase renovar a axuda para o mesmo curso, sempre que se xustifique aprobar o 100% do curso para o que se solicitou e percibiu a bolsa de estudo anterior.

5º.- As devanditas cantidades incrementaranse en 213,33 € para cada curso cando os alumnos non residan no mesmo concello onde figuran empadroados e, en 119,16 € cando non estean matriculados no mesmo concello onde estean empadroados, aínda que residan neste.

6º.- As contías de todas estas bolsas de estudos serán elevadas ata o dobre do seu importe cando o beneficiario sexa orfo de empregado público provincial.

Quinta.- As axudas a conceder aos empregados públicos en activo desta Excma. Deputación Provincial, consistirán en bolsas de estudo para as seguintes ensinanzas e nas contías que se indican:

. Aboarase o importe xustificado como gastado, ata un máximo de 72,89 €, para as ensinanzas previstas no apartado e) da base segunda, que teñan carácter oficial ou homologado.

. Aboarase o importe xustificado como gastado, ata un máximo de 251,38 €, para as ensinanzas comprendidas na base segunda, apartados c) e d) excluídas as ensinanzas universitarias que teñan carácter oficial ou homologado.

. Aboarase o importe xustificado como gastado, ata un máximo de 681,11 €, para as ensinanzas universitarias (curso de acceso á UNED, diplomatura, licenciatura e similares, grao universitario, máster universitario e doutorado) que teñan carácter oficial ou homologado.

Concédese a devandita axuda para sufragar os gastos de matrícula e libros, sendo necesaria a presentación de facturas, fotocopia compulsada de matrícula e cualificación do curso anterior, con cada instancia presentada.

As contías máximas das axudas sinaladas nos anteriores parágrafos desta base quinta, veranse incrementadas nun 30 % para o persoal cuxas retribucións ordinarias anuais sexan inferiores a 20.000 € en un 20% para o persoal cuxas retribucións ordinarias anuais estean comprendidas entre 20.000 e 30.000 €, tomando como referencia as retribucións do exercicio económico 2014. A estes efectos entenderase como retribucións ordinarias a suma dos importes das retribucións polos conceptos de soldo base, trienios, complemento de destino, complemento específico e paga extraordinaria.

Sexta.- Motivos para denegar ou renunciar á axuda

1º.- Non comezar os seus estudos dentro do primeiro trimestre escolar do curso para o que foi concedida, salvo casos de forza maior.

2º.- Non presentarse aos exames dos estudos nos que estea matriculado e para os que solicita a bolsa de estudos.

No caso de que se aprecie no solicitante intención fraudulenta, ou este cometera calquera tipo de acción tendente a confundir, ocultar ou aparentar circunstancias, a Comisión de Valoración propoñerá á Xunta de Goberno que esixa o reintegro das cantidades percibidas dende a comisión do acto fraudulento, quedando inhabilitado durante cinco anos para percibir calquera outra axuda das reguladas nestas bases e outros regulamentos da Deputación, sen prexuízo das responsabilidades que, por outra vía, se poidan esixir.

Sétima.- Documentación que deberán presentar obrigatoriamente dentro do prazo de presentación de instancias, para a concesión da bolsa de estudos

1º.- Cualificacións do curso para o que solicitou e cobrou a axuda o ano anterior.

2º.- Documentación acreditativa de estar matriculado no curso para o que solicita a bolsa de estudos este ano.

3º.- O empregados públicos deberán presentar os xustificantes dos gastos realizados.

4º.- Certificado de empadroamento, se é o caso.

5º.- Para xustificar o punto terceiro da base cuarta, acreditación documental da residencia do municipio onde estean matriculados (factura da residencia universitaria, factura do pagamento do aluguer da vivenda, etc).

6º.- Cando se observe que algún requisito dos esixidos nas presentes bases non está suficientemente acreditado, poderáselle pedir ao solicitante que entregue, a maiores do sinalado nos puntos anteriores, a xustificación que se estime suficiente, expresando na notificación o motivo da petición e outorgándolle un prazo non inferior a 5 días hábiles.

7º.- Documentación acreditativa oficial dos ingresos por pensión de xubilación, invalidez, viudedade ou orfandade nos casos de solicitantes que non estean en situación administrativa de servizo activo. Nestes supostos, se non se achega a citada documentación coa solicitude, enténderase de aplicación a contía básica.

Oitava.- Presentación das instancias

A bolsa de estudos deberá ser solicitada mediante instancia, dirixida ao Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, de acordo co modelo oficial que se facilitará no Rexistro Xeral, no que figura tamén a declaración xurada.

Deberá acompañarse necesariamente á instancia, a documentación á que se refire a base Sétima anterior.

Novena.- Prazo de presentación

A instancia para optar a esta axuda será presentada no prazo de UN MES, que contará dende o día seguinte ao da data de publicación no BOP de Lugo, do que se remitirá unha copia a todos os servizos e centros da Deputación.

Décima.- Comisión de Valoración

a) A Comisión de Valoración do concurso estará integrado polos seguintes membros:

PRESIDENTE: O deputado delegado da Área de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación ou membro da Corporación que o substitúa

VOGAIS:

- A deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda ou membro da Corporación que a substitúa

- O xefe do servizo de Recursos Humanos ou funcionario que o substitúa

- Un membro da Xunta de Persoal

- Un membro do Comité de Empresa

SECRETARIO: O da Corporación, con voz e voto, podendo ser substituído por funcionario con habilitación de carácter estatal que preste servizos nesta Entidade ou por funcionario que regulamentariamente o substitúa.

b) Incorporación de asesores e persoal de colaboración

A Comisión de Valoración poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naqueles casos nos que se demande oír a opinión de técnicos especialistas, así como de colaboradores en tarefas de asistencia e colaboración.

c) Pagamento de asistencias aos membros da Comisión de Valoración.

Os membros da Comisión de Valoración, así como os asesores ou persoal de colaboración que se incorporen, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida no RD 462/2002 de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta vixentes na data do feito causante, na categoría primeira.

Undécima.- A Comisión de Valoración, unha vez realizado o seu cometido, formulará á Xunta de Goberno proposta das bolsas de estudos que se concederán, e que se resolverá tendo en conta que, non poderá exceder do límite da cantidade de crédito orzamentario dispoñible para tal fin.

Duodécima.- As cantidades asignadas serán de carácter fixo, segundo os niveis para os que se solicitan e de conformidade coa táboa que figura nas bases podendo, no suposto de non ser suficiente a cantidade presupostada, reducir as asignacións individuais nunha proporción equivalente ao exceso que resulte da suma total en relación co tope máximo establecido.

Pazo Provincial de Lugo, 12 de setembro de 2016.- O Secretario, Manuel Castiñeira Castiñeira

R. 2750

Alumnado
Escuelas
Educación
Master universitario
Residencias universitarias
Alquiler de vivienda
Vivienda
Formación
Empresa
Estudios