Bases da convocatoria de axudas para actividades deportivas no ano 2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 31-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 31/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

APROBACIÓN BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades de carácter deportivo sen ánimo de lucro.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contado dende o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS, PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER DEPORTIVO A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE ARZUA.

Primeiro.- Disposicións xerais.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de obxectividade, publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio.

Rexeranse polo disposto na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa, aprobada inicialmente polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2005; e cuxa aprobación definitiva e texto da ordenanza foi publicada no BOP n .º 95 de data 28 de abril de 2005, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións; R.D. 887/2006 de 21 de xullo e Lei 9/2007 de 13 de xuño de subvencións de Galicia.

Segundo.- Obxecto e imputación orzamentaria.

Con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias, o obxecto das axudas e subvencións comprenderá para o presente ano 2018:

2.1.- Promoción de actividades deportivas: fomentaranse actividades deportivas abertas á participación cidadá tales como escolas, cursos, competicións, campus deportivos e, en xeral, actividades relacionadas coa promoción do deporte; a realizar por clubes ou outras asociacións que realicen actividades deportivas, segundo se desprenda dos seus estatutos.

As subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado non poderán superar, na súa totalidade, o crédito inicial da aplicación orzamentaria 341.480.00 do Orzamento Xeral do Concello de Arzúa para o ano 2018 (32.000 euros).

Terceiro.- Destinatarios.

3.1.- Poderán concorrer e optar a estas subvencións as entidades, organismos ou asociacións xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos e fins:

1) Carecer de fins de lucro.

2) Estar debidamente inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello nos termos previstos no artigo 236, parágrafos 2, 3 e 4 do vixente ROF; ou telo solicitado na data da petición.

3) Non ter débedas co Concello de Arzúa por calquera concepto.

4) As demais obrigas reguladas nos artigos 7 e 8 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa.

As entidades ou asociacións non poderán simultanear a solicitude destas axudas coa solicitude de axudas municipais para actividades culturais e educativas. No suposto de que a mesma entidade concurra a ambas liñas de subvencións requeriráselle dende o Concello para que no prazo de dez días hábiles opten por unha ou outra liña de axudas.

Cuarto.- Actuacións a subvencionar.

4.1.- As subvencións e axudas que se outorguen ao abeiro da presente convocatoria, terán como finalidade a realización de actividades deportivas.

4.2.- Non poderán ser obxecto de axuda ou subvención na correspondente convocatoria as actividades subvencionadas no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans doutras AAPP así como de axentes privados, cando o importe destas últimas cubra o 100% da actividade a realizar. En caso contrario, poderá ser subvencionable e complementado o importe da actividade na contía restante ata chegar ao total do importe da actuación.

Quinto.- Prazo de solicitude.

O prazo para presentar as solicitudes será de 30 días naturais, no rexistro xeral do Concello, a partir do día seguinte á publicación no BOP, en horario de nove a catorce horas.

No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de dez días para a súa corrección ou emenda, arquivándose sen máis trámite, cando non se emenden as deficiencias advertidas no prazo sinalado. Non se terán en conta as solicitudes presentadas fóra dos prazos fixados na convocatoria.

Sexto.- Documentación.

As solicitudes de subvención ou axuda deberán presentarse no modelo normalizado n.º 1 que se facilitará no Rexistro do Concello, que irá achegada dos seguintes documentos:

x Fotocopia compulsada do cartón do Código de Identificación Fiscal (CIF) da entidade.

x Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade.

x Certificación de datos bancarios da entidade, segundo o modelo normalizado n.º 3.

x Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade (DNI) do representante legal.

x Certificación acreditativa do acordo de solicitude, do nomeamento do representante para as relacións co Concello e de non estar incursa a entidade nos supostos de prohibicións para percibir axudas públicas, segundo o modelo normalizado n.º 2.

x Declaración xurada ou certificación do representante legal ou representante para as relacións co Concello de Arzúa da entidade de aceptar as condicións da convocatoria, segundo modelo normalizado n.º 4.

x Memoria explicativa da actividade que se vai a desenvolver, indicando en cada unha delas:

1. Nome da actividade e explicación do seu contido.

2. Duración (data ou datas de realización).

3. Lugar ou lugares onde se desenvolve.

4. Orzamento de gastos e ingresos e forma de financiamento previsto (mediante fondos propios, doutros organismos públicos ou privados...).

5. Obxectivos e fins que se pretenden coa realización da mesma.

x Documento que acredite o número de socios que compoñen a entidade no momento da solicitude, segundo modelo normalizado n.º 5.

x Autorización para recabar certificado de estar ao corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social, segundo o modelo normalizado n.º 6; así como autorización ao Concello de Arzúa para recabar datos na Base de datos de xestión tributaria e de Recadación da Deputación Provincial de A Coruña, aos efectos de verificar o cumprimento das obrigas co Concello. Achégase modelo normalizado n.º 7.

Non será precisa a presentación dos documentos aos que fan referencia os puntos 1), 2), e 4); sempre que obren en poder da Administración, debendo o solicitante indicar o expediente para o cal se aportaron e declarar que os mesmos non sufriron variación ata o momento de presentación da solicitude de axuda.

Sétimo.- Instrución do procedemento e comisión técnica de valoración.

A instrución do procedemento de concesión de subvencións corresponde ao persoal dos servizos administrativos do departamento de Deportes. Realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deberá formularse a proposta de resolución.

Aos efectos previstos no artigo 24 da Lei Xeral de Subvencións, o órgano instructor emitirá un informe no que se faga constar qeu da información que obra no seu poder despréndese que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

A comisión técnica de valoración das subvencións estará constituída polo alcalde-presidente, a concelleira en materia de Deportes e un traballador ou funcionario da área determinada nomeado polo alcalde-presidente. A dita comisión emitirá informe concretando o resultado da avaliación das solicitudes, motivando o resultado final da valoración en base á aplicación dos criterios establecidos no artigo seguinte.

Oitavo.- Órgano competente e criterios para a concesión de subvencións.

8.1.- A Xunta de Goberno Local, logo da proposta da Comisión técnica avaliadora e informe de intervención; será o órgano competente para a resolución das peticións de axudas.

8.2.- Os criterios a ter en conta para a concesión das subvencións serán os seguintes:

1) Representatividade da entidade peticionaria no Concello, atendendo ao número de actividades desenvolvidas ou proxectadas de xeito conxunto con varias entidades: ata 10 puntos.

2) Grao de interese xeral ou sectorial da actividade que se propoña realizar e a súa coordinación e complementariedade cos programas municipais: ata 10 puntos.

3) Número de posibles beneficiarios directos ou indirectos: ata 10 puntos.

4) Número de actividades propostas e número de equipos e categorías dos mesmos (no caso de actividades deportivas): ata 15 puntos.

5) O fomento da participación da muller nas actividades deportivas: ata 10 puntos.

6) Carácter periódico ou permanente das actividades desenvolvidas, tendo en conta os actos puntuais que animan á participación social mediante actividades deportivas: ata 10 puntos.

7) A utilización da lingua galega na realización e na promoción de actividades: ata 10 puntos.

8) Forma de financiamento: subvencións ou axudas recibidas doutros organismos públicos ou privados. Primarase o maior esforzo de financiamento propio: ata 10 puntos.

8.3.- Posteriormente, logo dos informes da Comisión avaliadora e de fiscalización emitido pola intervención municipal, a Xunta de Goberno Local adoptará o acordo que proceda.

8.4.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder os tres meses contados a partir da publicación da convocatoria. O vencemento deste prazo sen notificarse a resolución lexitima ao interesado para entender desestimada a solicitude por silencio administrativo. A falta de notificación da resolución producirá a desestimación e contra a desestimación, expresa ou presunta, poderán formularse os recursos que procedan.

Noveno.- Obrigas do beneficiario.

Son obrigas do beneficiario as sinaladas no artigo oitavo da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa e que se relacionan deseguido:

1.- Cumprir o proxecto ou actividade que fundamenta a concesión da subvención.

2.- Xustificar ante o Concello de Arzúa, o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e finalidade que determine a concesión da subvención.

3.- Someterse ás actuacións de comprobación e control que sexan debidamente requiridas polos órganos municipais, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio destas actuacións e que estean relacionadas coa concesión da subvención.

4.- Comunicar ao Concello a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada dos fondos percibidos.

5.- Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social. A acreditación de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias do Concello de Arzúa efecturase de oficio polo Concello.

6.- Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable, ou no seu caso, os estados contables que garantan o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

7.- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de control e comprobación.

8.- Deberán dar a axeitada publicidade do carácter público de financiamento de programas, actividades, inversións ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, coa expresión subvenciona o Concello de Arzúa ou equivalente.

9.- Proceder ao reintegro dos fondos públicos percibidos nos supostos contemplados no art. 37 da LXS.

Décimo.- Pagamento das subvencións concedidas e xustificación dos gastos.

10.1.- Rematado o prazo de presentación de solicitudes procederase ao exame e valoración das mesmas mediante a aplicación dos criterios relacionados no artigo sétimo; procedendo a Xunta de Goberno Local á resolución das peticións de axudas.

O outorgamento da subvención, así como a contía a subvencionar, será notificado aos interesados.

10.2.- O pagamento efectuarse da seguinte maneira:

1. 80% da contía a subvencionar dende a notificación do outorgamento da axuda, previa solicitude.

2. 20% unha vez xustificada a subvención, de acordo co disposto nos apartados seguintes.

De conformidade co artigo 24 da Ordenanza Xeral de Subvencións, non se esixirá a previa constitución de garantía para a realización de pagos anticipados, por concorrer circunstancias de precariedade económica das entidades que habitualmente veñen solicitando as axudas, que xustifican a excepción da mesma.

10.3.- O importe a xustificar non será inferior ao 130% do importe da subvención concedida polo Concello. Cando para a mesma finalidade se obtiveran axudas doutras AAPP ou existisen ingresos de naturaleza privada, deberá xustificarse un importe, non inferior ao 130% antes indicado, igual á suma de todos os ingresos.

10.4..- A xustificación insuficiente dará lugar á redución proporcional da subvención no importe non xustificado.

10.5.- A xustificación da subvención, ante a alcaldía-presidencia, farase coa presentación no Rexistro Xeral do Concello dos seguintes documentos:

x Modelo normalizado n.º 8, debidamente cuberto.

x Certificado do secretario/a co v. e pr. do/a presidente/a, segundo modelo normalizado n.º 9.

x Relación clasificada de gastos obxecto da subvención, segundo modelo normalizado n.º 10; achegando facturas orixinais debidamente cubertas ou fotocopias compulsadas comprensivas dos gastos realizados no exercicio da actividade, cos requisitos establecidos pola lexislación do IVE e o Regulamento de Facturación; ou outros documentos de valor probatorio contemplados no Real decreto 1619/2012. Para o caso de que no desenvolvemento da actividade se satisfagan rendementos de actividades profesionais, deberá acompañarse a factura, ademais de cos requisitos establecidos no regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, coa retención correspondente en concepto de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, en cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto 1775/2004, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas.

As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades que xeren gastos de persoal, xustificaranse por medio de facturas ou nóminas orixinais, ou fotocopias compulsadas. Igualmente, deberán achegarse as fotocopias dos NIF pertencentes ás persoas que imparten cursos, clases, conferencias, etc; así como árbitros, monitores, adestradores, etc.

Non se admitirán como xustificantes de gasto:

x As cantidades satisfeitas ao Concello polo uso das instalacións deportivas, culturais ou ocupación de dominio público.

x Os relacionados no parágrafo 2 do artigo 22 da Ordenanza Xeral de Subvención.

x Os gastos en investimento como mobiliario, vehículos, maquinaria,etc.

x Os gastos en bebidas alcohólicas e tabacos.

Os xustificantes de gasto deberán facer mención ás actividades financiadas, e estas coincidirán coas expostas na memoria que se acompañou á solicitude.Neste sentido serán determinantes os conceptos que figuran nas facturas ou documentos xustificativos dos gastos Só se considerará gasto a subvencionar o efectivamente pagado. Se realizada a actividade e rematado o prazo para xustificar, só se acredita o pago dunha parte dos gastos, aos efectos de perda do dereito ao cobro, aplicarase o principio de proporcionalidade.

x Certificación do representante da entidade subvencionada, de ter cumprida a finalidade da subvención ou axuda, mediante a realización das actividades.

x Certificados acreditativos, expedidos polos organismos oficiais correspondentes, de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración Tributaria e coa Seguridade Social. Admitirase a substitución destes documentos por unha autorización ao Concello de Arzúa para obter directamente da Axencia Tributaria e da Seguridade Social os devanditos certificados. A tal fin cumprimentarase os modelos normalizados números 6 e 7.

x Memoria da actividade subvencionada e copia da publicidade onde apareza o financiamento do Concello mediante o cartel publicitario do evento/actividade coa expresión subvenciona o Concello de Arzúa ou expresión equivalente.

Á vista da documentación presentada, o órgano instructor emitirá un informe no que se poñerá de manifesto, no seu caso, que da documentación que obra no seu poder despréndese que se produciu o cumprimento das actividades subvencionadas. Se a documentación xustificativa se estima correcta procederase ao pago do 20% restante do importe concedido, logo da notificación ao interesado.

A aprobación da xustificación presentada polos beneficiarios e a ordenación do pago da subvención corresponde ao alcalde-presidente, logo do informe de intervención.

O aboamento da subvención farase efectivo por medio de ingreso na conta bancaria da entidade financeira sinalada polo beneficiario na documentación achegada.

Os documentos xustificativos corresponderanse con gastos feitos durante o ano natural do exercicio 2018 ata o límite da data de finalización do prazo de xustificación. O dito prazo rematará o día 30 de novembro de 2018, salvo que por causas debidamente xustificadas se solicitase prórroga e fose concedida pola Xunta de Goberno Local. En todo caso, a prórroga deberá solicitarse antes do remate do prazo de xustificación e, en ningún caso, poderá ser obxecto de prórroga un prazo xa vencido.

10.6.- Os beneficiarios quedan sometidos á responsabilidade e ao réxime sancionador establecido na Lei Xeral de Subvencións.

Undécimo.- Colaboración do beneficiario.

O beneficiario está obrigado a facilitar canta información lle sexa requirida polo Concello de Arzúa e polo Consello de contas de Galicia, someténdose á responsabilidade e ao réxime sancionador establecido na Lei Xeral de Subvencións, e no seu caso, ao disposto no vixente código penal.

Décimo segundo.- Control e revogación da subvención.

Estarase ao disposto no Título III da ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa.

DISPOSICIÓN FINAL

Para o non previsto nesta convocatoria será de aplicación a Lei Xeral de Subvencións, Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa e Bases de Execución do Orzamento do exercicio 2018.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2018/3815

Actividades deportivas
Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Participación ciudadana
Movimiento asociativo
Fomento de la participación ciudadana
Educación
Actividad cultural
Participación social
Gallego
Vehículos
Eventos