BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS Á EDUCACIÓN INFANTIL PARA FAMILIAS CON ALUMNOS MATRICULADOS EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS E ESCOLAS INFANTÍS AUTORIZADAS, CURSO 2016/2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 08-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 08/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A educación infantil, como etapa educativa que comprende a educación dos nenos e nenas dende os tres meses de idade ata os 6 anos, contribúe ao desenvolvemento psicosocial e físico das persoas, constituíndose como un espazo de socialización e afectividade fundamental no crecemento do/a neno/a e da súa autonomía.

O desenvolvemento das capacidades afectivas, a exploración do medio natural e social, o coñecemento das diferentes linguaxes e forma de expresión, o movemento e ritmo, a motricidade e a aprendizaxe relacional e de convivencia, o inicio na lecto-escritura e habilidades lóxico-matemáticas& constitúen contidos e obxectivos básicos da educación infantil. Neste senso, a escolarización dos nenos e nenas nesta etapa, non obrigatoria pero sí universalizada, é fonte fundamental do proceso de ensinanza e aprendizaxe futuro.´

Por outra banda, o borrador da Estratexia Galega para a Infancia e Adolescencia 2016-2020 sinala, entre os seus principios en relación á persoa menor de idade, 'asegurar o respecto completo e efectivo de todos os seus dereitos, así como o seu desenvolvemento integral', incidindo en medidas enfocadas a procurar o benestar físico, psíquico e emocional.

A escolarización dos/as menores nesta etapa infantil permite cumprir con este principio e garante que dende os primeiros meses de vida a prevención e a detección precoz de factores de risco que poidan comprometer o seu desenvolvemento integral; unha educación que asegure as súas potencialidades, cun modelo educativo inclusivo e de igualdade de oportunidades.

Neste contexto, co obxecto de axudar ás familias máis desfavorecidas economicamente a facer fronte ós gastos derivados da escolarización non obrigatoria dos seus fillos, que é a Educación Infantil pero que supón para os rapaces un avance no seu aprendizaxe e no seu proceso de socialización, e tendo en conta que os programas de axudas para libros xa están implantados en toda a Ensinanza Primaria e Secundaria Obrigatoria, proponse á Xunta de Goberno aprobar a convocatoria de axudas á Educación Infantil, para as súas dúas etapas (0-3 anos e 3-6 anos), dos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e Escolas Infantís debidamente autorizadas de Vilagarcía de Arousa, de acordo coas seguintes:

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS Á EDUCACIÓN INFANTIL PARA FAMILIAS CON ALUMNOS MATRICULADOS EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS E ESCOLAS INFANTÍS AUTORIZADAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURSO 2016/2017

Artigo 1.-OBXECTO

O obxecto da presente convocatoria é o financiamento dos gastos que se derivan da escolarización non obrigatoria dos alumnos de Educación Infantil, nas etapas 1ª e 2ª, matriculados nos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

Artigo 2. - BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as unidades familiares de convivencia residentes no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil, dos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

2.1. Requisitos Xerais dos Beneficiarios:

' Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Vilagarcía de Arousa.

' Ter fillos en idade escolar matriculados en 1ª ou 2ª etapa de Educación Infantil en Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

' Non supera-los ingresos económicos fixados no baremo destas bases

' Presentar toda a documentación requirida, e no prazo establecido, nestas bases.

' Convivir co menor a cargo.

' Estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

En ningún caso poderán ser beneficiarios os que teñan axuda concedida noutras convocatorias municipais e non as teñan debidamente xustificadas e/ou estean incursos en expedientes de reintegro.

Excepcionalmente poderán ser beneficiarios aqueles que ostenten débedas coa facenda local sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

- Que as débedas non teñan unha antigüidade anterior ao ano 2014,

- Que xunto coa solicitude da presente axuda, xustifique ter solicitado o fraccionamento ou aprazamento das débedas existentes.

2.2. Requisitos Económicos dos beneficiarios:

As axudas poderán ser solicitadas polas unidades familiares nas que os ingresos non superen os seguinte límites máximos de rendas obtidas no ano 2015:

Unidade familiar

Límite de ingresos mensuais

Límite de ingresos anuais

2 membros

1.014,92 €

12.179,01 €

3 membros

1.296,83 €

15.562,06 €

4 membros

1.522,38 €

18.268,50 €

5 membros

1.691,53 €

20.298,34 €

6 membros

1.804,29 €

21.651,56 €

7 membros

1.917,06 €

23.004,79 €

8 membros

2.029,84 €

24.358,01 €

A renda familiar para os efectos de bolsa obterase por agregación das rendas do exercicio 2015 de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os datos económicos para ter en conta nas rendas familiares para determinar os ingresos serán os calculados por agregación da base impoñible xeral (casiña 430) coa base impoñible do aforro (casiña 445), calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para o cálculo da renda familiar, son membros computables da familia: o pai, a nai,titor ou persoa encargada da garda e protección do/a menor, se é o caso, as e os irmáns solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do 2015 e os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.

No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independentes, tamén se consideran membros computables o/a cónxuxe ou a persoa á que estea unida por análoga relación, así como as e os fillos, se os houbese.

No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais, non se considerará membro computable aquel deles que non conviva coa persoa solicitante da bolsa, sen prexuízo de que na renda familiar se inclúa a súa contribución económica.

Terá a consideración de membro computable, se é o caso, o/a novo/a, cónxuxe ou persoa unida por análoga relación co solicitante e as súas rendas e patrimonio se incluirán dentro do cómputo das familiares.

Desta cantidade, deduciranse os gastos derivados do alugamento ou hipoteca de vivenda habitual, ata un máximo de 250 euros mensuais, previa presentación da documentación acreditativa correspondente.

No caso de familias monoparentaiis, incrementarase nun 0,8 o número de membros que compoñen a unidade familiar.

Artigo 3. - CONTÍA DAS AXUDAS

O importe da axuda por cada alumno/a matriculado será de 60 €.

Artigo 4. - PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS

4.1. Lugar e prazo de recollida e de presentación das solicitudes

' As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou titores do alumnado ó que fai referencia o artigo 1.

' As solicitudes poderán obterse no departamento de Servizos Sociais, no de Educación e no servizo de información municipal e tamén se poderán descargar na páxina web do Concello de Vilagarcía de Arousa no enderezo electrónico www.vilagarcia.es .

' As solicitudes presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Vilagarcía de Arousa, dende o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ata o 30 de setembro de 2016, en horario de 9 a 14 horas.

4.2. Documentación a presentar

' Acreditación da situación socioeconómica e a xustificación do gasto coa presentación da documentación que de seguido se detalla:

' Impreso de solicitude, segundo modelo que figura como ANEXO I

' Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante.

' Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.

' En casos de separación ou divorcio, certificado de convivencia actualizado á data da presentación da solicitude e fotocopia do Convenio Regulador ou Resolución de medidas paterno-filiais cando se trate de parellas non casadas que cesaron a convivencia.

' De ser o caso, certificado de recoñecemento de minusvalía ou do grao e nivel de dependencia, dos maiores de 25 anos que convivan no domicilio.

' Certificado de matrícula ou reserva de matrícula expedido polo centro, para o curso 2016/2017.

' Se é o caso, xustificante de pago de aluguer ou de hipoteca (primeira vivenda).

' Autorización para solicitar datos tributarios en relación ao IRPF de tódolos membros computables da unidade familiar maiores de 16 anos, segundo o modelo anexo á solicitude

' Declaración xurada de acharse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter débedas pendentes coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

' Certificación bancaria (IBAN) do número de conta na que o/a solicitante sexa titular ou cotitular na mesma.

' En caso de realizar cesión de pago, documento de transmisión de dereitos de pago ( Anexo II) xunto con:

' Copia do DNI da persoa representativa do endosatario

' Certificado bancario do nº de conta do endosatario

' Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na norma da convocatoria, o órgano competente requirirá ó interesado para que a emende no prazo máximo de 10 días, contados a partir da data da notificación, indicándolle que si non o fixese se lle dará por desistida a súa solicitude e arquivarase o expediente.

' O departamento Servizos Sociais ou o de Educación poderán esixir calquera outra documentación que consideren precisa para valorar a situación socioeconómica dos solicitantes.

4.3. Valoración das solicitudes

Logo de rematado o prazo de presentación das solicitudes, o 30 de setembro, o departamento de Educación emitirá informe cales teñen dereito a axuda e aquelas que non e sinalando a causa.

4.4. Criterios de Valoración

Establécese como único criterio de baremo a contía da renda per cápita, de menor a maior e calculada segundo o establecido nestas bases.

Concederase as axudas nese orde ata o límite da consignación presupostaria establecido no artigo 6 destas bases.

4.5. Resolución e notificación da concesión ou denegación das axudas

Cumpridos os trámites para a instrución do procedemento e fiscalizada a proposta de concesión ou denegación de tódalas axudas pola Intervención municipal, esta proposta será sometida á Xunta de Goberno Local, que adoptará o acordo correspondente.

A resolución do procedemento notificarase aos/ás interesados/as de acordo co previsto no artigo 58 da LRJAP-PAC, a cuxos efectos bastará practicar a notificación de acordo co previsto no artigo 59 do mesmo texto legal, no domicilio ou correo electrónico que a persoa interesada tivera sinalado ao efecto no momento de cursar a súa solicitude. En todo caso, a resolución será publicada nos taboleiros de anuncios do Concello de Vilagarcía de Arousa e na páxina web do Concello de Vilagarcía de Arousa

A resolución estimatoria ou desestimatoria pon fin á vía administrativa. Contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ó da notificación do acordo de concesión, ou directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses, a contar dende o seguinte ó da notificación da resolución se é expresa e se non o é, o prazo será de seis meses a contar dende o día seguinte ó que se entenda producida a desestimación por acto presunto.

Artigo 5. - FORMA DE PAGO

O pago da axuda concedida farase en metálico por cada fillo/a podendo ser:

- Directo, por un importe total o parcial: a favor do solicitante da axuda, por medio de transferencia bancaria.

- Indirecto, por un importe total ou parcial: a favor do provedor, dunha entidade, asociación ou centro educativo, tras comprobar a documentación correspondente. Neste caso, o solicitante da axuda deberá asinar declaración xurada facendo constar a cesión do pago.( Anexo II).

Artigo 6. - FINANCIACIÓN

As obrigas económicas que se derivan da presente convocatoria imputaranse á partida 231.481.00 da Concellería de Benestar Social e Igualdade, por un importe máximo de 4.500 €, para financiar as axudas da 1ª etapa da Educación Infantil, e á partida 320.481.00, da Concellería de Educación, por un importe máximo de 4.500 €, para as axudas á segunda etapa de Educación Infantil, do orzamento municipal de 2016.

Non entanto, dito importe poderá incrementarse cunha contía adicional de 2.000 euros en cada unha das partidas, cando, como consecuencia da concorrencia dalgunha das circunstancias previstas na letra a) do apartado 2 do artigo 58 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, se produza un incremento de crédito dispoñible antes da concesión definitiva das axudas que se convocan por dito importe adicional.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

Para todo o non disposto nestas bases estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro e no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo.

ANEXOS

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

O contido destas bases e os anexos exporanse na páxina web do Concello de Vilagarcía de Arousa: www.vilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, a 24 de agosto de 2016.-O Alcalde-Presidente, Alberto Varela Paz.

Escuelas Infantiles
Educación
Familia
Escolarización
Alumnado
Infancia
Exposiciones
Detección precoz de enfermedades
Alquiler de vivienda
Escuelas
Vivienda
Hipotecas
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Dependencia
Bienestar social