BASES DA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA A REDE DE OFICINAS DE TURISMO RÍAS BAIXAS-INFO RIAS BAIXAS, 2018 - Boletín Oficial de Pontevedra de 22-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Becas
  • Plazo: Ver Detalles , 22/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos, Particulares
  • Documento en formato PDF

Primeira. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 10 bolsas de práctica laboral e crear unha lista de reserva con destino a rede de oficinas de Turismo Rías Baixas-INFO RIAS BAIXAS, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística, entre outras, nas oficinas e puntos de información turística citados, nos seguintes termos:

Segunda. Condicións das e dos aspirantes

Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

a. Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea

b. Estar en posesión do título de grado ou diplomatura en Turismo, de técnica ou técnico superior en Información e Comercialización Turísticas ou en Guía, Información e Asistencias Turísticas, ou ter o Certificado de Profesionalidade en Promoción Turística Local e Información ao visitante (Código HOTI0108) ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes

c. Non ter rematados os seus estudos con data anterior ao 1 de xaneiro de 2009

d. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa

e. Non ser beneficiaria nin beneficiario con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a un ano na Deputación de Pontevedra nin nos seus extinguidos organismos autónomos

f. Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorra dende a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día da adxudicación das bolsas

g. Non renunciar con anterioridade de forma inxustificada a bolsas do organismo provincial nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia

h. Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego

i. Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra desde antes do 1 de xaneiro de 2017, ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos

j. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non estar contratado polo grupo 1, 2, 3 e 4 de cotización por un período de tempo de duración non superior a 12 meses

k. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV (no caso dos titulados universitarios) ou nivel Celga III (no caso dos titulados no ciclo superior e dos que accedan co Certificado de Profesionalidade)

l. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino

m. Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS)

Terceira. Dotación económica

A dotación económica das bolsas será de 840 ¬ ao mes para as e os graduados e diplomados, de 740 ¬ ao mes para as e os técnicos superiores, e de 640 ¬ ao mes para quen acceda á bolsa co Certificado de Profesionalidade. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 18/433.4320.481.01 e 18/433.4320.160.03.

O pagamento das bolsas, por mensualidades completas ou por fraccións, realizarase a partir da incorporación das persoas beneficiarias e será proporcional ao tempo que duren as súas prácticas para os casos nos que se inicie ou finalice a súa bolsa nunha data que non coincida co mes natural.

Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, independentemente da súa natureza, excepto as asistencias e indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar a entidade correspondente.

Cuarta. Presentación de solicitudes

As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse do seguinte xeito:

1) En primeiro lugar será necesario realizar unha preinscrición, a través da páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es), do seguinte xeito:

' Cubrir os datos solicitados na web, correspondentes ao modelo oficial de solicitude, e pulsar o botón 'enviar'

' Descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado pola páxina web trala realización do envío. Este xustificante incluirá un código único de preinscrición

2) A continuación deberase presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición, debidamente asinado e dentro do prazo establecido, no Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra (avenida Montero Ríos, s/n), en horario de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas de luns a venres; no da súa sede de Vigo (rúa Oporto, 3), de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. ou a través dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou de calquera outro que o substitúa

b) Documento acreditativo do certificado ou titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo para presentar as solicitudes

c) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R. d. 1125/2003, de 5 de setembro, para a súa valoración na fase de concurso ou, no caso dos ciclos formativos, segundo o previsto no R. d. 1147/2011, de 29 de xullo, ou o que corresponda no caso dos certificados de profesionalidade

d) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega

e) Fotocopia da tarxeta de demanda de emprego ou de mellora de emprego

f) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado, con data igual ou posterior ao día da publicación desta convocatoria (entregar todas as páxinas)

g) Certificado ou volante de empadroamento actualizado con data posterior ao 1 de xaneiro de 2017 no que se acredite a data de alta ou antigüidade no padrón municipal

h) Certificado que acredite non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física que poida impedir o desenvolvemento da actividade, ou declaración xurada da persoa solicitante de que cumpre este requisito

i) Declaración xurada do compromiso de renunciar, en caso de ser seleccionada, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa

j) Declaración xurada de non estarse beneficiando na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia

k) Declaración xurada de que non se beneficiou anteriormente dunha bolsa de duración superior a 12 meses das bolsas do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia

l) Declaración xurada de ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino

m) Declaración xurada de que os datos consignados na solicitude son certos e que reúne as condicións esixidas para o acceso ás bolsas desta convocatoria

As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para seren seladas e datadas pola funcionaria ou funcionario correspondente antes de seren certificadas. As solicitudes de participación deberán estar sempre seladas, con independencia do órgano no que se presenten.

Así mesmo, por razón de urxencia, para as solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos ou nun rexistro diferente ao da Deputación de Pontevedra será necesario remitir unha copia da solicitude rexistrada ao correo persoal@depo.es ou por fax ao número 986 804 141.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO.

Para presentaren as instancias as persoas solicitantes estarán ao disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da LXS en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula.

Quinta. Emendas

Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias a Deputación ditará unha resolución na que se declarará aprobada a lista de persoas admitidas e excluídas, especificando no seu caso os motivos de exclusión. Este documento publicarase en www.depo.es.

As persoas excluídas ou omitidas disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar o defecto que motivase a exclusión. No suposto de se produciren reclamacións deberá ditarse unha nova resolución que as estime ou desestime e que aprobe a lista definitiva, que será publicada na web da institución provincial.

Dentro deste prazo poderán emendar os defectos formais da documentación acreditativa dos méritos alegados na presentación de instancias.

O feito de figurar na relación de admisión non significa que se lles recoñeza ás persoas interesadas o cumprimento dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que poderán ser requiridos documentalmente no suposto de que as candidaturas que fosen admitidas superen as probas selectivas.

Sexta. Comisión de selección

Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros:

' Presidenta: a persoa que exerza a xefatura do servizo ou centro ou un membro do funcionariado en quen delegue

' Vogais: dous membros do persoal técnico da Deputación e un da universidade ou centro de formación profesional

' Secretario: o secretario da Deputación ou un membro do funcionariado de carreira con titulación superior en quen delegue

Sétima. Selección das e dos bolseiros

O proceso de selección desenvolverase en tres fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos; a segunda, dunha proba tipo test, e a terceira da entrevista persoal.

Primeira fase: baremo de méritos. Os méritos acreditados polas persoas interesadas valoraranse conforme os seguintes criterios:

1. Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada para as titulacións universitarias polo R. d. 1125/2003, e para os ciclos de formación profesional segundo o establecido no R. d. 1147/2011, de 29 de xullo, valorarase con 0,00 puntos. No caso de que algunha das titulacións ou certificados convocados non estean calculados polas referidas normas ou estas non se especifiquen poderase establecer un sistema de valoración proporcional

2. Por posuír outra titulación de nivel igual ou superior á esixida nas bases da convocatoria e relacionada co obxecto da bolsa: 0,50 por título, ata un máximo de 1 punto

3. Por ter máster universitario, ou doutoramento relacionado co contido da bolsa, 0,50 por cada un ata un máximo de 2 puntos

4. Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios, de formación profesional ou certificado de profesionalidade que dan acceso á convocatoria, 1 punto

5. Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios, de formación profesional ou certificado de profesionalidade que dan acceso á convocatoria, 0,90 puntos

6. Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios, de formación profesional ou certificado de profesionalidade que dan acceso á convocatoria, 0,80 puntos

7. Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios, de formación profesional ou certificado de profesionalidade que dan acceso á convocatoria, 0,70 puntos

8. Por transcorrer menos dun ano desde a finalización dos estudos universitarios, de formación profesional ou certificado de profesionalidade que dan acceso á convocatoria, 0,60 puntos

9. Cursos de formación: neste apartado computarase a asistencia a cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, comunidade autónoma e Administración local, universidades, colexios profesionais ou escolas de Administración pública, directamente relacionados coas bolsas que se convocan, incluídos os de coñecemento de idiomas. Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas, nin os cursos de formación de duración inferior a 5 horas

A valoración destes será a seguinte, ata un máximo de 2 puntos:

De 10 ou máis créditos/100 horas ou máis

0,25 puntos

De 6 a 9 créditos/de 60 a 99 horas

0,20 puntos

De 3 a 5 créditos/de 30 a 59 horas

0,15 puntos

De 1 a 2 créditos/de 15 a 29 horas

0,10 puntos

De 5 a 14 horas

0,05 puntos

As puntuacións outorgadas publicaranse en www.depo.es polo menos tres días hábiles antes da realización do exame tipo test.

Segunda fase: proba tipo test. De carácter obrigatoria e non eliminatoria. Consistirá en contestar por escrito un test de 20 preguntas, con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes á seguinte materia, nun tempo máximo de 20 minutos:

- Coñecemento dos recursos turísticos da provincia de Pontevedra

Esta proba valorarase de cero (0,00) a tres (3,00) puntos.

Terceira fase: entrevista persoal. Terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e o exame tipo test e realizarase unicamente coas persoas candidatas que acaden a maior puntuación total, sumadas as dúas primeiras fases do proceso, nunha porcentaxe que garanta un mínimo de tres persoas candidatas por bolsa, aínda que se poderá ampliar esta porcentaxe no caso de estimarse conveniente.

As persoas candidatas serán convocadas para a entrevista persoal por resolución presidencial nun único chamamento, coa perda do dereito para aquelas que non comparezan no lugar e día sinalados.

A entrevista versará sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, coñecemento de idiomas, coñecemento dos recursos turísticos da provincia e outras cuestións, e permitirá comprobar a preparación das persoas candidatas en materias correspondentes á súa formación relacionada coas bolsas convocadas.

A entrevista valorarase de cero (0,00) a dous (2,00) puntos.

Finalizadas as tres fases do proceso de selección a Comisión de selección asignará os destinos as persoas candidatas seleccionadas tendo en conta a súa preferencia, a puntuación acadada no proceso de selección e a distancia entre o lugar de residencia das persoas seleccionadas e o destino.

De producirse unha ampliación do número de bolsas convocadas, os novos destinos adxudicaráselles ás candidaturas suplentes seguindo o criterio descrito.

Oitava. Adxudicación das bolsas

O servizo de Recursos Humanos e Formación, á vista das actas da Comisión de selección, formularalle a proposta de adxudicación das bolsas convocadas ao órgano competente para a resolución do procedemento que lle porá fin á vía administrativa e publicarase en www.depo.es a lista definitiva coa identidade da persoa bolseira, destino, contía da bolsa, duración e data de efectos.

Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 112, 123 e 124 da LPACAP, ou directamente, un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade coa Lei 29/118, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Condicións xerais

1. As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que as persoas adxudicatarias comecen na entidade correspondente, e poderán prorrogarse por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderán prorrogarse por resolución presidencial dando conta á Xunta de Goberno

2. O Servizo de Turismo Rías Baixas deberá facilitar a realización da práctica laboral dentro da rede de oficinas de Turismo Rías Baixas-INFO RIAS BAIXAS na provincia de Pontevedra e desenvolver un proxecto ou programa formativo que lles permita ás persoas bolseiras aplicar os coñecementos adquiridos na universidade, nos estudos académicos de ciclo superior de formación profesional ou na formación asociada aos certificados de profesionalidade

3. Nomearase unha titora ou titor da persoa bolseira destinada aos puntos ou oficinas de turismo da provincia, coa finalidade de resolver as incidencias e dúbidas que se produzan no seu desenvolvemento, garantindo o correcto desenvolvemento da actividade da rede de oficinas de Turismo Rías Baixas-INFO RIAS BAIXAS

4. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, sexa cal sexa a súa natureza, excepto as asistencias e indemnizacións por razón do servizo que deberá sufragar a entidade correspondente

5. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina imposta polo Servizo de Turismo Rías Baixas, tendo en conta as necesidades do lugar de localización, dentro da rede de oficinas de Turismo Rías Baixas-INFO RIAS BAIXAS na provincia de Pontevedra

6. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial

7. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R. d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde ESS/55/2018, de 26 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para o ano 2018

Décima. Xustificación da bolsa

Para tramitar a prórroga da bolsa será necesaria a seguinte documentación:

- Memoria sobre o conxunto das prácticas realizadas, na que se especifiquen os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados

- Informe de avaliación da titora ou titor no que se deberá indicar se procede ou non a prórroga

Esta documentación (a memoria e o informe) deberá presentarse no Rexistro xeral da institución provincial cun mes de antelación á data prevista de finalización.

2. A Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, resolverá esta solicitude tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado pola persoa bolseira.

Décimo primeira. Revogación e reintegro da bolsa

En calquera momento, o órgano competente poderá, a proposta da xefatura de servizo correspondente e mediante unha resolución motivada, revogarlle a bolsa á persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ao establecido nos artigos 36 e seguintes da LXS e suspendendo o aboamento da bolsa.

En caso de concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da LXS corresponderá o reintegro total cando a persoa beneficiaria incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa.

Décimo segunda. Suspensión

En caso de maternidade, enfermidade ou accidente, a bolseira ou bolseiro percibirá a prestación correspondente da Seguridade Social. Nese caso, a Deputación non complementará ningunha cantidade adicional á citada prestación.

Esta situación non ocasionará a finalización das prácticas, agás cando a ausencia exceda os trinta días continuados nos casos de enfermidade ou accidente e, no caso de maternidade, unha vez transcorridas as seis semanas de descanso obrigatorio, salvo reincorporación voluntaria por renuncia presentada no INSS ao tempo restante que corresponda. No suposto de que se supere este prazo a Deputación poderá dar por concluída a práctica laboral.

Décimo terceira. Renuncia

No caso de que a persoa beneficiaria da bolsa renuncie antes da finalización do período de prácticas deberá informar previamente a súa titora ou titor e presentar no Rexistro xeral da institución provincial a correspondente solicitude dirixida ao Servizo de Recursos Humanos e Formación.

Nesta situación o Servizo de Turismo Rías Baixas poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante, cunha candidata ou un candidato suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección.

Décimo cuarta. Obrigas e dereitos da persoa bolseira

As súas obrigas son as seguintes:

1. Incorporarse na data sinalada

2. Asistir á formación inicial do Servizo de Turismo Rías Baixas para o correcto desempeño das funcións

3. Respectar a normativa da entidade seguindo as instrucións

4. Desenvolver unha actitude favorable e aplicarse con total dilixencia e aproveitamento

5. Cumprir o horario establecido

6. Utilizar os medios facilitados pola entidade, de acordo coas instrucións recibidas na formación inicial

7. Gardar con absoluto rigor o segredo profesional sobre as información que poidan chegar a coñecer en relación coa actividade que resolvan

8. Cumprir as medidas de prevención que en cada caso se deben adoptar, pola súa propia seguridade e saúde e pola das demais persoas ás que lles poida afectar a súa actividade por causa dos seus actos ou omisións

9. En caso de enfermidade ou accidente, comunicarlle a situación á institución provincial presentando o oportuno parte médico xustificativo

10. En caso de renuncia, comunicarllo á Deputación de Pontevedra cunha antelación mínima de 7 días hábiles

Os seus dereitos son:

1. Recibir formación en materia turística trala incorporación, así como sobre o manexo das ferramentas de traballo

2. Recibir formación e información en materia preventiva sobre as instalacións onde desempeña a actividade turística

3. Gozar do permiso necesario para a realización de exames de carácter oficial e asistencia médica, achegando sempre a correspondente xustificación

4. Gozar dun permiso de 2 días hábiles de descanso por cada mes de prácticas, que se poderán solicitar de forma independente por meses ou ao final do período

Décimo quinta. Obrigas das entidades participantes

1. Facilitar os medios e recursos necesarios para a aprendizaxe e a realización das actividades relacionadas coa información turística

2. Controlar o cumprimento do horario e das tarefas que se desenvolvan

3. Garantir unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde

4. Velar polo cumprimento das medidas de prevención

5. Conceder permiso para a realización de exames oficiais e a asistencia a accións formativas relacionadas co seu posto

6. Respectar os descansos semanais correspondentes e conceder os días hábiles ao mes de descanso

Décimo sexta. Devolución da documentación

Transcorridos seis meses desde o final do proceso selectivo destruirase a documentación presentada, excepto a instancia, polo que se lles recomenda ás persoas interesadas que a retiren dentro dese prazo. A documentación das persoas seleccionadas non se destruirá e tampouco se devolverá, senón que se arquivará no seu expediente correspondente.

Décimo sétima. Comisión de seguimento

Para a supervisión e control das prácticas constituirase unha Comisión de seguimento, coa finalidade de resolver as incidencias e dúbidas que se produzan no seu desenvolvemento.

A Comisión estará presidida por unha deputada ou deputado provincial ou a persoa en quen delegue, e estará integrada por dous membros do persoal técnico da Deputación.

A Comisión terá as seguintes competencias no desenvolvemento do programa de prácticas:

1. Garantir que as prácticas se correspondan cos compromisos asumidos polas entidades

2. Resolver os problemas que poidan xurdir na súa execución

3. Propoñer medidas con respecto ás incidencias que xurdan durante a súa realización

Décimo oitava. Dereitos supletorios

A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas estarán suxeitas ao previsto nestas bases, na LXS, na LPACAP e na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Pontevedra, 8 de maio de 2018

O deputado delegado O secretario

Carlos López Font Carlos Cuadrado Romay

Turismo
Formación
Formación profesional
Empleo
Empleo y contratación
Empresa
Gallego
Comercio
Promoción turística
Idiomas
Master universitario