BASES E CONVOCATORIA PARA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS/AS DE INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA CURSO 2017-2018 - Boletín Oficial de Pontevedra de 05-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 05/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS/AS DE INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA EMPADROADOS NO CONCELLO DE MEAÑO E MATRICULADOS EN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS-CURSO 2017/2018

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria de data 9 de maio de 2017, acordou aprobar as BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS DE INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA, DO CONCELLO DE MEAÑO-CURSO 2017/2018:

'BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS/AS DE INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA EMPADROADOS NO CONCELLO DE MEAÑO E MATRICULADOS EN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS-CURSO 2017/2018

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Constitución española de 1978 consagra, no seu artigo 39, o deber dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

Pola súa parte, o Estatuto de Autonomía de Galicia lexitima a actuación lexislativa da Comunidade Autónoma no eido da protección da familia, infancia e adolescencia, nos títulos competenciais xenéricos de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario, artigo 27.

A normativa de réxime local, no artigo 25.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime local e no artigo 80.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, prevé que os municipios, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poden promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, correspondéndolle como competencia propia, entre outras, a avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Xa mais especificamente no eido da normativa sectorial, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia, atribúelle ás Corporacións locais a creación e xestión dos servizos comunitarios básicos, configurándose como servizos de carácter integrador e principal instancia do sistema galego de servizos sociais para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas, familias e de incorporación socio-laboral e habilita expresamente ós concellos para conceder axudas económicas destinadas a apoiar o coidado dos menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir un mínimo de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.

Por último, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, garante a protección total da familia; en especial, a das familias valoradas de especial consideración, ás que se lles asegura un trato preferente nos ámbitos educativos, da vivenda, cultura, novas tecnoloxías, etc.. O artigo 8 desta lei atribúe tamén competencias ós municipios para a execución de programas e proxectos destinados á atención das familias.

No exercicio da competencia propia da atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social, prevista no artigo 25.2.e) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, no Orzamento Municipal 2017 prevese crédito para a concesión de axudas municipais a adquisición de material escolar para educación infantil, primaria e secundaria, e co obxectivo de paliar as dificultades económicas que poidan atravesar as familias con menos recursos, de xeito que estas situacións non mermen o dereito ao acceso á educación en condicións de igualdade dos menores; implantando a través destas bases un sistema de axudas en función da renda co obxecto de que se beneficien as familias con menos recursos e intervindo na atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas axudas están destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as no termo municipal de Meaño e matriculados/as en centros docentes públicos e pertencentes a unidades familiares carentes de recursos económicos.

Por todo isto, convócase a concesión de axudas municipais de material escolar, no marco xurídico definido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, as Bases de execución do orzamento municipal e a demais normativa de aplicación.

B A S E S :

Primeira. Obxecto e finalidade

É obxecto das presentes Bases e convocatoria regular o procedemento para a concesión de axudas para adquisición de material escolar dos alumnos/as de educación infantil (2ª etapa), primaria e secundaria obrigatoria, empadroados no termo municipal de Meaño e matriculados en centros docentes públicos, para o curso 2017/2018.

As axudas van dirixidas a menores de familias con dificultades socioeconómicas e teñen por finalidade última apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, no poidan afrontar este gasto, de xeito que estas situacións non mermen o dereito ao acceso á educación en condicións de igualdade dos menores.

Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade establecendo un procedemento que tenta ser áxil, eficaz e breve no tempo.

Segunda. Dotación orzamentaria e programa subvencionable

a) O crédito máximo destinado á financiación destas axudas ascende a:

- 3.000,00 ¬, con cargo á partida 326.48000 do Orzamento Municipal 2017. En ningún caso, a suma das axudas concedidas para a adquisición de material escolar dos alumnos de educación infantil (2ª etapa) e primaria poderán superar esta contía.

- 1.000,00 ¬, con cargo á partida 326.48001 do Orzamento Municipal 2017. En ningún caso, a suma das axudas concedidas para a adquisición de material escolar dos alumnos de educación secundaria obrigatoria poderá superar esta contía.

b) Programa subvencionable: Axudas para adquisición de material escolar. No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para realizar as actividades do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (chándal, zapatillas deportivas, mochilas, material informático e material funxible).

Terceira. Compatibilidade

As axudas concedidas en virtude das presentes bases serán compatibles con calquera outra axuda que poida percibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos materiais subvencionados.

Cuarta. Requisitos necesarios

Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas os seguintes:

a) Non estar incurso en ningunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia que impiden obter a condición de beneficiario.

b) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil (2ª etapa), primaria ou secundaria obrigatoria nun centro público durante o curso escolar 2017/2018.

c) A unidade familiar de convivencia deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no municipio de Meaño (A comprobación realizarase polo propio Concello).

d) Convivir co/ca alumno/a para os que se solicitan as axudas.

e) Que os alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula en centros docentes públicos, de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

f) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.500,00 ¬. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 5.

g) Non dispoñer ningún membro da unidade familiar de vehículo propio cunha potencia superior aos 15,99 cabalos fiscais e que conte cunha antigüidade inferior a 10 anos.

g) Que a vivenda propia coa que conte a unidade familiar teña un valor catastral inferior a 100.000,00 ¬ no caso de vivenda unifamiliar e 60.000,00 ¬ no caso de piso

h) Non ser titular calquera dos membros da unidade familiar de ningún outro ben inmoble de natureza urbana distinto da vivenda familiar, agás solar.

Quinta. Renda per cápita familiar

1. Enténdese por renda per cápita familiar a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade computables.

2. Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Segundo o establecido nos artigos 38 e 42 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral de violencia de xénero, para os efectos do cálculo da renda per cápita nos casos de violencia de xénero no ámbito familiar, quedarán excluídos do cómputo das rendas os ingresos do agresor, considerándose a familia como monoparental.

3. Nesta convocatoria, para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2016 e a renta per cápita do exercicio fiscal 2016.

Nos casos en que a capacidade económica da unidade familiar experimentase un deterioro significativo en relación coa que consta na declaración de IRFP do 2016, os interesados terán que manifestar esta circunstancia e acreditar a nova situación económica achegando a documentación xustificativa correspondente ós 4 meses anteriores á convocatoria.

4. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda do 2016, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumaran os recadros da base impoñible xeral e o da base impoñible do aforro da declaración.

No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

5. No caso de familias monoparentais en que conviva un só proxenitor ou titor co causante, deberá acreditarse documentalmente esta circunstancia.

No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

Sexta. Determinación da unidade familiar

1. Para os efectos previstos nesta orde, e con referencia á situación familiar en 31 de decembro de 2016, considérase que conforman a unidade familiar:

- Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou titora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor.

- Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos emancipados.

- Os fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os fillos ou fillas solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

- A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico ou outras causas semellantes non rompen a convivencia para estes efectos.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles, e que reúnan os requisitos do punto anterior. Esta situación deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente xustificante de empadroamento.

3. No caso de falecemento dalgún dos proxenitores que convivan co causante, acreditarase a circunstancia mediante un certificado de defunción.

4. Os casos de separación ou divorcio acreditaranse mediante sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

5. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos os proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

6. En casos especiais en que a unidade familiar non estea conformada do xeito establecido no punto 1 deste artigo, deberá achegarse xustificante de empadroamento en que figure o/a alumno/a polo que se solicita a axuda e todos os familiares que convivan con el.

7. Nos supostos en que o causante da axuda sexa un menor en situación de acollemento, será de aplicación á familia de acollida o disposto nos puntos anteriores.

Séptima. Contía das axudas

As axudas a conceder ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde ao amparo das presentes bases, segundo a renda per cápita familiar no ano 2016, son:

EDUCACIÓN INFANTIL

Familias monoparentais:

- Renda per cápita familiar ata 3.500,00 ¬: 70,00 ¬

- Renda per cápita familiar desde 3.501,00 ¬ ata 5.500,00 ¬: 50,00 ¬

Resto de familias:

- Renda per cápita familiar ata 3.000,00 ¬: 60,00 ¬

- Renda per cápita familiar desde 3.001,00 ¬ ata 5.500,00 ¬: 40,00 ¬

EDUCACIÓN PRIMARIA

Familias monoparentais:

- Renda per cápita familiar ata 3.500,00 ¬: 90,00 ¬

- Renda per cápita familiar desde 3.501,00 ¬ ata 5.500,00 ¬: 70,00 ¬

Resto de familias:

- Renda per cápita familiar ata 3.000,00 ¬: 80,00 ¬

- Renda per cápita familiar desde 3.001,00 ¬ ata 5.500,00 ¬: 60,00 ¬

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Familias monoparentais:

- Renda per cápita familiar ata 3.500,00 ¬: 80,00 ¬

- Renda per cápita familiar desde 3.501,00 ¬ ata 5.500,00 ¬: 60,00 ¬

Resto de familias:

- Renda per cápita familiar ata 3.000,00 ¬: 70,00 ¬

- Renda per cápita familiar desde 3.001,00 ¬ ata 5.500,00 ¬: 50,00 ¬

Oitava. Criterios de valoración

As solicitudes valoraranse tendo en conta a renda per cápita dos compoñentes da unidade familiar do ano 2016.

No caso de acreditar un deterioro da capacidade económica da unidade familiar, no sentido indicado na base 5, a renda per cápita considerada será a correspondente ós 4 últimos meses anteriores a convocatoria.

Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Segundo o establecido nos artigos 38 e 42 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral de violencia de xénero, para os efectos do cálculo da renda per cápita nos casos de violencia de xénero no ámbito familiar, quedarán excluídos do cómputo das rendas os ingresos do agresor, considerándose a familia como monoparental.

A lista de concesión farase por orde inversa ó da contía da renda per cápita da unidade familiar, de menor a maior contía. O límite de renda é o establecido nas bases 4 e 7 e o límite do número de axudas a conceder virá determinado polo crédito da aplicación orzamentaria. No caso de igualdade de ingresos, concederase por maior número de membros da unidade familiar.

Novena. Publicidade e forma e prazo de presentación de solicitudes

a) Publicidade

A publicación das presentes Bases realizarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, na páxina web do Concello de Meaño www.concellodemeano.com e no Boletín Oficial de Pontevedra.

As axudas que se concedan a través deste programa unha vez resoltas, publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con expresión do DNI (ordenado numericamente) do solicitante e a resolución recaída (concedida-denegada ou lista de agarda e importe concedido).

b) Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles, contados desde o seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, segundo a LXS (arts. 17.3.b), 18 e 20.8 en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións (Resolución IGAE do 7, 9 e 10 de decembro de 2015).

c) Forma de presentación

As solicitudes, segundo o anexo I, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

As solicitudes formalizaranse no impreso normalizado que figura no anexo I, que incluirá autorización expresa para que o Concello poida realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, e virán acompañadas da seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante.

b) Fotocopia do libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.

c) Certificado de vida laboral de todos os membros que compoñan a unidade maiores de 18 anos.

d) Copia do recibo do Imposto de Bens Inmobles de Natureza Urbana da vivenda da unidade familiar onde figure o valor catastral da mesma, ano 2016; de non aportase será comprobado polo Concello.

e) Copia do recibo do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica dos vehículos con que conte a unidade familiar na que conste a potencia fiscal; de non aportase será comprobado polo Concello.

f) Relación de bens inmobles de natureza urbana de tódolos membros da unidade familiar, expedido pola Deputación Provincial (ORAL xestión de tributos locais), que abranga a provincia.

f) Fotocopia da declaración da renda do exercicio económico 2016 de todos os membros maiores de 18 anos que compoñan a unidade familiar ou certificación negativa expedida pola Administración Tributaria. Neste último caso os ingresos poderán xustificaranse coa seguinte documentación:

TRABALLADORES EN ACTIVO NON OBRIGADOS A PRESENTAR DECLARACIÓN DA RENDA:

Traballadores por conta allea: fotocopias das nóminas de 2016.

En caso de empeoramento da situación familiar fotocopias das nóminas xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2017.

Traballadores autónomos: Fotocopia declaracións trimestrais de 2016.

En caso de empeoramento da situación familiar fotocopias das declaración trimestrais realizadas en 2017.

PARA PENSIONISTAS:

Xustificante da pensión/s anual ou certificado negativo emitido polo INSS correspondente ao ano 2016.

PARA DEMANDANTES DE EMPREGO CON/SIN PRESTACIÓNS:

- Certificado das prestacións do INEM correspondente ó ano 2016.

- Vida laboral da tesourería da Seguridade Social.

- Fotocopia tarxeta demanda de emprego

PARA PERCEPTORES DA RISGA:

- Aportarán unicamente o xustificante da contía mensual que percibe.

Nos supostos en que exista imposibilidade de documentar determinadas situacións de carencia económica, esta deberá acreditarse mediante declaración xurada dos interesados, que será avaliada mediante informe de signos externos da Policía Municipal e polos servizos sociais do Concello .

No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2016, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

2. Certificado de convivencia.

3. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de Meaño que acredite a situación familiar.

No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia, ata a data de presentación de Solicitudes:

1. Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

2. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.

3. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

O Concello de Meaño poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

d) Calquera outra que se considere conveniente na instrución do procedemento da resolución.

No caso de que algúns documentos requiridos non poidan presentarse por impedimento legal ou administrativo, substituirase por unha declaración de compromiso/xurada.

Décima. Enmenda de solicitudes

De acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, para aquelas solicitudes que non estean correctamente cubertas ou non acheguen os documentos preceptivos, o Concello requirirá a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos na citada lei.

Décima primeira. Instrución e resolución

O procedemento será instruído pola informadora xuvenil e/ou da educadora familiar deste Concello, ou na súa ausencia o empregado público que a Alcaldía propuxera, que realizarán de oficio cantas actuacións estimen necesarias para o coñecemento e comprobación dos datos así coma os requirimentos de subsanación de deficiencias da documentación.

Recibidas as solicitudes procederase a súa tramitación. Comprobado que os solicitantes cumpren os requisitos esixidos nestas bases e que se achega a documentación requirida darase traslado dos expedientes de solicitude ao departamento de servizos sociais para a súa avaliación e informe.

Avaliadas as solicitudes, segundo os criterios regulados na base 8 os expedientes serán elevados a Comisión Informativa Permanente de Asuntos Sociais, que formulará proposta de resolución, que conterá todos/as os/as solicitantes que participan na convocatoria, os/as alumnos/as, renda per cápita, expediente, colexio, curso e proposta de resolución das axudas no sentido que proceda (concedida, denegada ou lista de garda:

- Concedidas: reseñarase a subvención individual de cada beneficiario/a, a modalidade (educación infantil, primaria ou secundaria obrigatoria) e importe; tendo en conta que o importe total das mesmas non pode superar o crédito consignado.

- Denegadas: farase constar algúns dos seguinte motivos:

- A solicitude foi presentada fora de prazo.

- Non achegan a documentación requirida.

- Non estar empadroados/as.

- Non matriculado nun centro de ensino público.

- Supera ingresos.

- O/a alumno/a non está matriculado/a.

- Outros, especificar.

- Lista de garda: coa súa correpondente orde de menor a maior, por renda per capita.

A Xunta de Goberno Local, coa proposta da Comisión Informativa Permanente da Comisión Informativa de Asuntos Sociais, acordará a concesión definitiva das axudas con cargo ás aplicacións orzamentarias do Orzamento Municipal do Concello de Meaño sinaladas na base 2.

Décima segunda. Recursos

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes dende o día seguinte ó da súa notificación de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ou ben directamente recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, conforme ós artigos 8.1 y 46.1 da Lei 29/98, de 3 de xuño, Contencioso-Administrativa. De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este se resolverá e notificará no prazo dun mes segundo establece o artigo 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados dende o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, de acordo co artigo 46.1 y 4 de la 29/98.

O acordo de concesión non terá obrigatoriamente que distribuír a totalidade do crédito.

Transcorridos tres meses, a partires do día seguinte do remate do prazo de presentación das solicitudes, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

Décima terceira. Obrigas dos beneficiarios

A concesión da axuda comporta, ademais das obrigas previstas nestas Bases e das sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, as seguintes:

1.-Seguir as directrices que marcan as bases da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición do material escolar propios do curso académico para o cal se solicitou a axuda, segundo a relación que para tal efecto teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.

2.-Someterse ás actuacións de comprobación e control financiero que poidan realizar os órganos de control competentes, achegando canta información lle sexa requerida no exercicio das actuacións anteriores.

3.-Comunicar ao Concello de Meaño a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza.

4.-Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, segundo se establece no artigo 38 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

O Concello de Meaño poderá en calquera momento do procedemento do expediente adminitrativo da subvención solicitar maior información ou verificar calquera aspecto relacionado coa solicitude subvencionada.

Décimo cuarta. Adquisición de material escolar

Unha vez concedidas as correspondentes axudas por parte do Concello procederase a xerar un vale, segundo o anexo III, que despois de ser selado e asinado pola alcaldesa será entregado aos/as beneficiarios/as.

1. Unha vez que a persoa beneficiaría estea en posesión do vale, poderá adquirir o material escolar nos correspondentes establecementos, á súa libre elección e que se acollan a estas bases, e polo importe máximo que figura no documento.

Se o importe do material escolar adquirido é inferior ao valor do vale, o persoal do establecemento deberá introducir no recadro establecido para o efecto a contía exacta da venda; se o importe for superior ao valor do vale a diferenza será aboada polo solicitante. O Concello non asume máis que o importe consignado no vale.

2. O establecemento receptor dos vales non poderá, en ningún caso, requirirlle á persoa que lle anticipe o importe do vale. O solicitante deberá asinar o vale no momento da recepción do material, dando a súa conformidade ao material escolar entregados, así como, se fose o caso, ao importe indicado polo establecemento no recadro establecido para tal efecto.

Unha vez entregado o material escolar o establecemento quedará en posesión do correspondente vale.

3. Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.

4. A admisión por parte dos establecementos dos vales presentados implica a aceptación das condicións da orde.

Décimo quinta. presentación de facturación e pagamento

1. Os establecementos expedirán as facturas a nome dos beneficiarios/as das axudas e dirixirannas ao Concello de Meaño, Rúa Campo da Feira nº 1, CP 36968 (Meaño).

2. Por cada vale emitirase unha soa factura. En cada factura deberán figurar, polo menos, os seguintes datos:

* O CIF, NIF ou NIE do establecemento.

* O nome do titular do establecemento (empresa/apelidos e nome).

* Os datos do establecemento (denominación comercial, enderezo completo, concello e provincia).

* A data da factura.

* O número de factura.

* O importe total do vale facturado e conceptos facturados.

* O tipo ou tipos impositivos aplicables ás operacións (base impoñible e IVE do total da factura desagregado).

* Descripción do material.

* Número de conta para efectuar o aboamento do importe.

3. Os vales deben ir grampados coa factura na mesma orde en que se relacionaron. Os vales deben ser orixinais e ter as sinaturas da alcaldesa, do responsable do establecemento e da persoa solicitante. Non se aceptan vales fotocopiados nin os que carezan dalgunha das sinaturas indicadas.

4. O persoal do Concello tramitará as facturas e as ordes de pago. Se na factura se observa algún defecto de forma ou se o importe desta non coincide co do vale que a acompañan non se poderá proceder á tramitación do pagamento, e requirirase o establecemento para que proceda á súa emenda.

5. O pagamento destas axudas efectuarase directamente polo Concello ao establecemento subministrador do material escolar.

Décimo sexta. Prazos para a tramitación dos vales e para a presentación de facturas

Os vales deberán ser entregados nos establecementos comerciais o antes posible. E todos aquelas facturas correspóndetes a un mesmo beneficiario deberán ter a mesma data de facturación, e serán entregados no Concello polo beneficiario o antes posible, en todo caso, antes do 31 de outubro de 2017.

Décimo séptima. Control, aplicación e revisión das axudas

1. O Concello de Meaño poderá requirirlle á persoa solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para complementar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos consignados polos peticionarios.

2. Procederá o reintegro, total ou parcial, da axuda percibida, xunto cos xuros de demora, nos casos indicados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especialmente no caso de que se detectase que o importe recibido non fose empregado na adquisición dos materiais obxecto desta orde. Para estes efectos, os centros docentes informarán ao Concello de Meaño no caso de que detecten que algún alumno ou alumna causante da axuda do cal consta a recepción do vale expedido, non dispoña dos libros de texto e materiais correspondentes.

3. O Concello de Meaño poderá realizar, mediante os procedementos legais pertinentes, as comprobacións oportunas respecto ao destino e aplicación das subvencións, para o cal, tanto as persoas beneficiarias, os establecementos como os centros docentes quedan obrigados a facilitarlles canta información lles sexa requirida.

4. Calquera alteración que se produza nos datos contidos na solicitude ou na documentación que a acompaña será comunicada polo solicitante ao Concello de Meaño.

Décimo oitava. Cancelación

Poderán ser canceladas as axudas a aqueles beneficiarios que incumpran ou falseen algún dos requisitos esenciais que figuran nestas bases, mediante resolución do órgano competente.

Décimo novena. Devolución e reintegro

As axudas concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención sen reunir as condicións requiridas para a súa concesión

b) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda

c) Demais supostos sinalados no artigo 33 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).

Duodécima.-Interpretación

Calquera dúbida que puidera xurdir en torno á interpretación destas bases será resolta pola Xunta de Goberno.

Duodécima primeira. Norma final

En todo o non previsto nas presentes bases, serán de aplicación: Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Bases de execución do Orzamento do Concello de Meaño e demais normativa aplicable.'

Meaño, 29 de maio de 2017

A alcaldesa

Asdo. Mª Lourdes Ucha Varela

Familia
Material escolar
Educación
Alumnado
Escuelas Infantiles
Infancia
Inclusión social
Vivienda
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Vehículos
Asistencia social
Exposiciones
Equipamiento informático
Deporte
Cultura
Empleo y contratación
Escuelas
Empleo
Discapacidad
Tercera edad
Libros de texto
Comercio y marketing
Empresa
Comercio
Ferias