Bases e convocatoria para a concesión de subvencións para a organización de actividades culturais a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro do municipio do Carballiño para o ano 2016 - Boletín Oficial de Ourense de 20-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 20/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

Bases e convocatoria para a concesión de subvencións para a organización de actividades culturais a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro do municipio do Carballiño para o ano 2016.

BDNS(Identif.):316427 Primeira: obxectivo e finalidade da convocatoria As presentes bases teñen por obxectivo regular, tomando como marco legal a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello do Carballiño, que se rexe á súa vez pola Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro, e bases de execución do orzamento do Concello do Carballiño, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a asociacións e institucións culturais do municipio de Carballiño, destinadas á realización de actividades culturais e de animación sociocultural que contribúan ao fomento da cultura.

Segunda: beneficiarios 1. Poderán optar a estas subvencións as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Carballiño e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, polo menos cunha antigüidade de seis meses.

2. subvencionada se desenvolva no termo municipal do Carballiño, exceptuando actuacións das agrupacións das artes escénicas e musicais que se realizan a máis de 100 km do Carballiño, e que representan ao Concello do Carballiño.

3. Quedan excluídas: a) Aquelas agrupacións que na convocatoria do 2015 recibisen algunha outra subvención do concello e non xustificasen o seu investimento.

b) Aqueles que reciban subvención directa polo conxunto das súas actividades anuais por parte do Concello do Carballiño. Neste caso, a entidade poderá optar por rexeitar a subvención directa e solicitar a desta convocatoria. c) Aquelas que reciban subvención directa por parte do Concello do Carballiño polo conxunto das actividades que organicen. Neste caso, a entidade poderá optar por rexeitar a subvención directa e solicitar a de concorrencia competitiva desta convocatoria.

Terceira: crédito. 1. O importe total asignado no orzamento municipal que destina a esta finalidade ascende a 15.000 euros con cargo á partida de orzamentos 334.11.480.00 transferencias correntes do 2016.

2. A axuda máxima por beneficiario que concederá a Concellería de Cultura será de 3.000 euros.

3. Signifícase que estas subvencións poderán ser compatibles con outras para o mesmo fin, sempre que o importe total das subvencións non supere o investimento do 100% previsto para as actividades obxecto da subvención.

Cuarta: obrigas dos beneficiarios Os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a: a) Executar o proxecto ou actividades para as cales se solicitou a subvención dende o 1 de xaneiro ao 30 de novembro de 2016.

b) Destinar os fondos percibidos co obxecto concreto para o que foron concedidos, debendo comunicarlle á Área de Cultura o lugar, o día e a hora das actividades subvencionadas. A Área de Cultura poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das actividades.

c) Comunicarlle ao Concello do Carballiño a obtención doutras subvencións ou axudas solicitadas e/ou concedidas, tanto públicas como privadas, para o mesmo fin. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación de aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados, rexistros de socios activos e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ou, se é o caso, os estados contables que garanten o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Acreditar con anterioridade e ditarse a proposta de resolución de concesión, que se atope ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias coas facendas Estatal, Autonómica, Local e fronte á Seguridade Social.

g) Deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento de programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención co logotipo aprobado polo Concello do Carballiño, figurando en toda a información ao respecto (proxecto, cartaces, publicidade, publicacións, etc...) a colaboración do Concello do Carballiño.

h) No caso de incumprimentos previstos nos supostos da base oitava desta convocatoria, e de conformidade co artigo 37 da Lei xeral de subvencións (LXS), procederase ao reintegro dos fondos públicos percibidos.

Quinta: actividades ou proxectos obxecto de subvención a) Calquera actividade cultural relacionada coas artes, as ciencias e as letras.

b) Aquelas que teñan como finalidade o fomento da realización das seguintes actuación e/ou actividades:

- Animación sociocultural. - Actividades de ocio e tempo libre.

- Publicacións a excepción das publicacións publicitarias. - Celebracións artísticas: concertos, recitais, teatro, cine, danza, etc.

- Celebracións de congresos, encontros, xornadas, fórums, conferencias, charlas, mesas redondas, etc. que fomenten a cultura e manteñan o criterio do interese cidadán pola cultura.

Gastos subvencionables: - Gastos de persoal contratado especificamente para ás actividades.

- Arrendamento de servizos de empresas. - Servizos técnicos para a realización de actividades. - Edición de publicacións en distintos soportes, publicidade e difusión das actividades.

- Os gastos protocolarios e de representación, dietas, gastos de viaxe, aloxamento e manutención así como gastos de xestión e administración ordinaria (catering, agasallos, galardóns, material de oficina, teléfono, mensaxería, comunicacións postais, etc...) derivados da propia organización das actividades obxecto da axuda, e non poderán superar o 15% do importe da axuda concedida.

Tamén serán subvencionables os gastos de viaxe das agrupacións das artes escénicas e musicais, en actuacións que represente ao Concello do Carballiño, sempre que a distancia do lugar de destino sexa superior ós 100 km con respecto á Casa do Concello.

Gastos non subvencionables: - Realización de obras de construción ou rehabilitación de locais, e os gastos derivados de xantares entre os membros da asociación.

- Gastos realizados en equipamentos (maquinarias, mobiliarios, equipos informáticos...) e en xeral, calquera outro que incremente o patrimonio da entidade beneficiaria.

- Premios en metálico. - Gastos financeiros, gastos de amortización e gastos por tributos.

c) Os gastos para os que se solicite a subvención deberán ter sido efectuados dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro, data límite de xustificación.

Sexta: presentación de solicitudes, prazo e documentación 1. Os que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude en modelo normalizado (anexo I) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Boletín Oficial da Provincia, mediante instancia dirixida ao alcalde ou concelleiro delegado da Área de Cultura, no Rexistro Xeral municipal do Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito dos establecidos na Lei 30/1992 , do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Ás solicitudes deberán formularse achegando a seguinte documentación:

a) Documentación administrativa: 1.- Solicitude dirixida ao alcalde ou concelleiro delegado de cultura no modelo oficial, recollido no anexo I destas bases.

2.- Copia cotexada do CIF da entidade. 3.- Certificado de inscrición no Rexistro de Asociacións. 4.- Estatutos sociais da entidade. 5.- Fotocopia DNI do representante da entidade. 6.- Declaración responsable do feito de non atoparse incurso o solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, incluíndo unha referencia expresa á circunstancia de atoparse a entidade ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social e coa Administración local do Concello do Carballiño. Para a formulación desta declaración poderá utilizarase o modelo recollido no anexo II destas bases, e o Departamento de Cultura xestionará de oficio o certificado municipal de estar ao corrente das obrigas fiscais coa Administración local.

7.- Declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para os mesmos fins, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo III.

As entidades solicitantes estarán eximidos de presentar os documentos sinalados nos apartados 2, 3 e 4 cando estes documentos xa obrasen en poder do Concello do Carballiño, agás no caso en que se producisen modificacións no contido dos ditos documentos ou nas circunstancias de feito ou de dereito que se reflicten neles, suposto no que se deberá presentar o novo documento que substitúa ao anterior.

b) Documentación para a valoración das solicitudes: Presentarase un proxecto de actividades descritivo a realizar, que conterá, polo menos, a seguinte información:

1.- Memoria descritiva da actividades, na que deberán figurar mínimo os seguintes apartados:

- Descricións das actividades que se van realizar. - Obxectivos que se pretenden acadar coa organización da actividade, cuantificados e valorados na medida do posible.

- Datas de realización das actividades. 2.- Anexo IV (Resumo do proxecto). 3.- Orzamento individualizado e detallado de gastos e ingresos para as actividades que se van realizar (anexo V).

4.- Se é o caso, memoria-resumo do desenvolvemento en exercicios anteriores da mesma actividade para a que se solicita subvención, achegando recortes de prensa, fotos, datos sobre o desenvolvemento da actividade e calquera información que sirva para constatar a evolución e incidencia social do programa ou actividade.

Advírtese expresamente que non serán obxecto de valoración aquelas solicitudes nas que non se acheguen, cando menos, a memoria descritiva co contido definido no apartado 1) e o orzamento do apartado 3).

Sétima: procedemento de concesión 1. O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva.

2. A instrución do procedemento corresponderalles a os servizos administrativos da Concellería de Cultura.

3. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes o órgano de instrución comprobará a corrección da documentación administrativa achegada. Examinada a documentación, o órgano instrutor concederá ao interesado un prazo de ata dez días hábiles para a emenda das deficiencias detectadas, indicándolle que se non o fixese se lle terá por desistido da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no art. 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común. Para a achega da documentación poderá utilizarse como oficio de remisión o modelo do anexo VI destas bases.

3. Transcorrido o prazo de emenda de deficiencias, procederá conforme ás seguintes regras:

a. Para os proxectos nos que non se achegase de modo completo e no prazo establecido a documentación necesaria, formularase proposta de non admisión a trámite das súas solicitudes.

b. O resto dos proxectos, proporase a súa admisión a trámite, pasando á Comisión de Valoración para que formule a proposta de valoración das solicitudes conforme cos criterios de valoración recollidos na base novena.

Oitava: Comisión de Valoración A Comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:

- O concelleiro delegado en materia de cultura. - O responsable técnico do Departamento de Cultura. Actuará como secretario/a da comisión un/unha funcionario/a coas funcións propias dun/ha secretario/a de actas.

Novena: criterios de valoración 1. Para a concesión de subvencións e a fixación da súa contía, a Comisión de Valoración terá en conta os seguintes criterios:

a) Importancia e interese social da actividade cultural ou recreativa en función do seu contido e obxectivos, polo seu recoñecemento oficial como actividade de interese cultural e calquera outra circunstancia análoga: ata un máximo de 10 puntos.

b) Grao de innovación das actividades: 2 puntos. c) Carácter continuado e non ocasional do proxecto: ata 10 puntos. Un punto por cada ano de antigüidade a partir do segundo ano.

d) Complementariedade cos programas desenvoltos pola Área de Cultura: 2 puntos.

e) Esforzo orzamentario da entidade sen ánimo de lucro: ata 6 puntos.

Máis de 5.000 €: 6 puntos. De 4.000 ata 4.999 €: 5 puntos. De 3.000 ata 3.999 €: 4 puntos. De 2.000 ata 2.999 €: 3 puntos. De 1.000 ata 1.999 €: 2 puntos. Menos de 1.000 €: 1 punto. f) Esforzo de autofinanciamento realizado polo solicitantes, determinado pola existencia de fonte de autofinanciamento ou financiamento privada da actividade, ata un máximo de 10 puntos.

- Máis do 80%: 10 puntos - Entre 80% e o 61%: 8 puntos - Entre 60% e o 41%: 6 puntos - Entre o 40% e o 21%: 4 puntos - Ata o 20%: 2 puntos - Sen autofinanciamento: 0 puntos g) Repercusión social e territorial do proxecto: 6 puntos como máximo.

- Local: 1 punto - Comarcal: 2 puntos - Provincial: 3 puntos - Autonómica: 4 puntos - Nacional: 5 puntos - Internacional: 6 puntos h) Número potencial de beneficiarios: máximo 4 puntos - Ata 25 participantes: 1 punto - De 26 a 50 participantes: 2 puntos - De 51 a 100 participantes: 3 puntos - Máis de 100 participantes: 4 puntos 2. Os criterios aplicaranse mediante o emprego de fórmulas obxectivas de carácter automático. O criterio do apartado a) responderá a un xuízo de valor motivado da comisión. O emprego deste criterio considérase xustificado, a fin de poder valorar elementos cualitativos das actividades obxecto de subvención, de imposible valoración obxectiva dada a súa peculiar índole, ao tratarse de actividades culturais.

4. A Comisión de Valoración establecerá a necesidade de obter unha puntuación mínima de 10 puntos para a concesión de subvencións. Quedan excluídas aquelas solicitudes que non acaden a puntuación mínima establecida.

Décima: resolución 1. A proposta de resolución seralles comunicada aos interesados mediante notificación, co fin de que poidan formular as alegacións que estimen oportunas no prazo de 10 días, e que serán resoltas pola Comisión de Valoración a través da proposta definitiva. No caso de non formularse alegacións, a proposta provisional considerarase definitiva.

2. Examinadas, se é o caso, as alegacións, a Comisión de Valoración emitirá un informe/ditame, que á vista deste o órgano instrutor formulará proposta de resolución definitiva, onde deberán expresarse a relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención e a contía.

3. O órgano competente, á vista da proposta de resolución definitiva, resolverá o procedemento. A resolución, ademais do solicitante ou relación de solicitantes aos que se concede a subvención, fará constar, se é o caso, e de maneira expresa, a desestimación do resto das solicitudes. En todo caso expresarase o beneficiario e o importe da subvención outorgada, o orzamento subvencionado, o coeficiente de financiamento e a finalidade ou investimento que constitúe o obxecto concreto da subvención outorgada e demais referencias relevantes.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de 6 meses nos termos establecidos nos artigos 25 e 26 da Lei 38/203, xeral de subvencións, e nos artigos 62 e 63 do seu regulamento e, en ningún caso, poderá exceder do 17 de decembro de 2016. O prazo computarase a partir da publicación da correspondente convocatoria, salvo que esta pospoña os seus efectos a unha data posterior. O vencemento do prazo máximo sen notificarse a resolución lexitima aos interesados para entender desestimado por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención. De non facelo, entenderase desistido da súa petición, circunstancia que deberá notificarse segundo o previsto na LRXPAC.

Undécima: xustificación e pagamento da subvención 1. A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos na concesión da subvención, documentarase a través da rendición da conta xustificativa, integrada polos seguintes documentos segundo a base 30ª.1 das bases de execución.

a) Memoria das actividades realizadas e resultados obtidos. b) Acreditación das medidas de difusión adoptadas (mediante presentación de copia de impresións, folletos, cartelería, prensa, etc.)

c) Relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acredor e do documento, concepto, importe e data de emisión.

d) Relación detallada dos ingresos obtidos para a actividade. No caso de haber desviacións acaecidas verbo do orzamento que se presentou na solicitude, o beneficiario deberá facelo constar na xustificación e motivalo.

e) Facturas xustificativas dos gastos (copias cotexadas) que permitan acreditar o cumprimento do obxecto da subvención e estarán datadas no período subvencionable.

f) O pago a terceiros poderase acreditar mediante un documento expedido por entidade financeira no que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pago (cartóns bancarios de crédito ou débito, talóns nominativos, transferencias bancarias, cheques, etc.), e só excepcionalmente poderán utilizar o pago en metálico en cuxo gasto no documento deberán constar o selo de pagado, selo do provedor debidamente asinado, con nome, apelidos e DNI da persoa que recibiu o pagamento.

g) Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras entidades públicas ou privadas para o mesmo fin indicando o importe e procedencias ou, pola contra, declaración de non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo fin (anexo III).

h) Certificación do número de conta expedida pola entidade financeira correspondente.

2. O órgano competente para a comprobación da xustificación da subvención será o órgano instrutor, e materializarase na emisión dun informe que acredite a adecuación da xustificación, así como a realización da/das actividade/s e o cumprimento da finalidade que determinou a concesión ou aproveitamento da subvención. Este informe achegarase á conta xustificativa.

3. Os beneficiarios das subvencións presentarán inescusablemente, no Rexistro Xeral do concello, as xustificacións antes do 30 de novembro de 2016. En ningún caso poderá efectuar o pagamento das subvencións sen que se teña presentada e aprobada a xustificación correspondente ao orzamento total do proxecto de actividades.

4. No caso de que a entidade beneficiaria non dispoña de recursos económicos suficientes para realizar os pagos necesarios antes do vencemento do prazo de xustificación, non será preciso acreditar a realización do pago na conta xustificativa.

Non obstante, e no exercicio das súas facultades de control financeiro, a Intervención municipal poderá realizar procedementos de control financeiro, consistentes en esixir, a partir do mes seguinte ao do pago da subvención, a acreditación do pago da totalidade dos gastos incluídos na conta xustificativa. O incumprimento desta obriga dará lugar á obriga de reintegro por parte do beneficiario.

5. No suposto en que só se xustifique a execucións parcial do orzamento total do proxecto, a subvención reducirase proporcionalmente.

6. Poderanse presentar xustificacións parciais que darán lugar ao libramento parcial polo importe debidamente xustificado do proxecto.

7. De haber deficiencias emendables na conta xustificativa, concederase un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda conforme ao disposto na Lei de réxime xurídico das administracións pública e procedemento administrativo común.

8. Se a conta xustificativa fose presentada correctamente, mediante resolución de Alcaldía, declararase xustificada a subvención.

Disposicións finais Primeira: en todo o non disposto nestas bases seralles de aplicación á presente convocatoria e ás subvencións que se concedan ao seu abeiro o disposto na normativa de subvencións aplicable á Administración local, así como na lexislación vixente en materia de réxime xurídico das administracións pública e procedemento administrativo común.

Segunda: a presente convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia para os efectos de cumprimento do requisito de publicidade.

O Carballiño, 13 de maio de 2016. Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro. (Ver anexos páx. 6-12)

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Bases y convocatoria para la concesión de subvenciones para la organización de actividades culturales a asociaciones e instituciones culturales sin ánimo de lucro del municipio de O Carballiño para el año 2016.

BDNS (Identif.):316427 Primera: objetivo y finalidad de la convocatoria Las presentes bases tienen por objetivo regular, tomando como marco legal la Ordenanza General Reguladora de las Subvenciones del Ayuntamiento de O Carballiño, que se rige su vez por la Ley General de Subvenciones 38/2003, de 17 de noviembre, y Bases de Ejecución de Presupuesto del Ayuntamiento de O Carballiño, para la concesión en régimen de concurrencia competitiva de subvenciones a asociaciones e instituciones culturales del municipio de O Carballiño, destinadas a la realización de actividades culturales y de animación sociocultural que contribuyan al fomento de la cultura.

Segunda: beneficiarios 1. Podrán optar por estas subvenciones las asociaciones e instituciones culturales legalmente constituidas, sin ánimo de lucro, con domicilio social en O Carballiño e inscritas en el Registro Municipal de Asociaciones, al menos con una antigüedad de seis meses.

2. Será requisito para solicitar la subvención que la actividad subvencionada se desarrolle en el término municipal de O Carballiño, exceptuando actuaciones de las agrupaciones de las artes escénicas y musicales que se realizan a más de 100 km de O Carballiño, y que representan al Ayuntamiento de O Carballiño.

3. Quedan excluidas: a) Aquellas agrupaciones que en la convocatoria del 2015 recibieran alguna otra subvención del ayuntamiento y no justificaran su inversión.

b) Aquellos que reciban subvención directa por el conjunto de sus actividades anuales por parte del Ayuntamiento de O Carballiño. En este caso, la entidad podrá optar por rechazar la subvención directa y solicitar la de esta convocatoria.

c) Aquellas que reciban subvención directa por parte del Ayuntamiento de O Carballiño por el conjunto de las actividades que organicen. En este caso, la entidad podrá optar por rechazar la subvención directa y solicitar la de concurrencia competitiva de esta convocatoria.

Tercera: crédito 1. El importe total asignado en el presupuesto municipal que destina a esta finalidad asciende a 15.000 euros con cargo a la partida de presupuestos 334.11.480.00 transferencias corrientes del 2016.

2. La ayuda máxima por beneficiario que concederá la Concejalía de Cultura será de 3.000 euros.

3. Se significa que estas subvenciones podrán ser compatibles con otras para el mismo fin, siempre que el importe total de las subvenciones no supere la inversión del 100% previsto para las actividades objeto de la subvención.

Cuarta: deberes de los beneficiarios Los beneficiarios de las subvenciones quedarán obligados a: a) Ejecutar el proyecto o actividades para las cuáles se solicitó la subvención desde el 1 de enero a 30 de noviembre de 2016.

b) Destinar los fondos percibidos con el objeto concreto para el cual fueron concedidos, debiendo comunicar al Área de Cultura el lugar, el día y la hora de las actividades subvencionadas. El Área de Cultura podrá comprobar, cuando lo considere conveniente, la ejecución de las actividades.

c) Comunicar al Ayuntamiento de O Carballiño la obtención de otras subvenciones o ayudas solicitadas y/o concedidas, tanto públicas como privadas, para el mismo fin. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se conozca y, en todo caso, con anterioridad a la justificación de aplicación dada a los fondos percibidos.

d) Disponer de los libros contables, registros diligenciados, registros de socios activos y demás documentos debidamente auditados en los términos exigidos por la legislación mercantil y sectorial aplicable o, en su caso, los estados contables que garantizan el adecuado ejercicio de las facultades de comprobación y control.

e) Conservar los documentos justificativos de la aplicación de los fondos recibidos, incluidos los documentos electrónicos, en tanto puedan ser objeto de las actuaciones de comprobación y control.

f) Acreditar con anterioridad y dictarse la propuesta de resolución de concesión, que se encuentre al corriente del cumplimiento de los deberes tributarios con las haciendas Estatal, Autonómica, Local y frente a la Seguridad Social.

g) Deberán dar la adecuada publicidad del carácter público de la financiación de programas, actividades, inversiones o actuaciones de cualquier tipo que sean objeto de subvención con el logotipo aprobado por el Ayuntamiento de O Carballiño, figurando en toda la información al respeto (proyecto, carteles, publicidad, publicaciones, etc...) la colaboración del Ayuntamiento de O Carballiño.

h) En el caso de incumplimientos previstos en los supuestos de la base octava de esta convocatoria, y de conformidad con el artículo 37 de la Ley General de Subvenciones (LGS), se procederá al reintegro de los fondos públicos percibidos.

Quinta: actividades o proyectos objeto de subvención. a) Cualquier actividad cultural relacionada con las artes, las ciencias y las letras.

b) Aquellas que tengan como finalidad el fomento de la realización de las siguientes actuaciones y/o actividades:

- Animación sociocultural. - Actividades de ocio y tiempo libre. - Publicaciones, a excepción de las publicaciones publicitarias.

- Celebraciones artísticas: conciertos, recitales, teatro, cine, danza, etc.

- Celebraciones de congresos, encuentros, jornadas, fórums, conferencias, charlas, mesas redondas, etc. que fomenten la cultura y mantengan el criterio del interés ciudadano por la cultura.

Gastos subvencionables: - Gastos de personal contratado específicamente para a las actividades.

- Arrendamiento de servicios de empresas. - Servicios técnicos para la realización de actividades. - Edición de publicaciones en distintos soportes, publicidad y difusión de las actividades.

- Los gastos protocolarios y de representación, dietas, gastos de viaje, alojamiento y mantenimiento, así como gastos de gestión y administración ordinaria (catering, regalos, galardones, material de oficina, teléfono, mensajería, comunicaciones postales, etc…) derivados de la propia organización de las actividades objeto de la ayuda, y no podrán superar el 15% del importe de la ayuda concedida.

También serán subvencionables los gastos de viaje de las agrupaciones de las artes escénicas y musicales, en actuaciones que represente al Ayuntamiento de O Carballiño, siempre que la distancia del lugar de destino sea superior a los 100 km con respeto a la Casa Consistorial.

Gastos no subvencionables: - Realización de obras de construcción o rehabilitación de locales, y los gastos derivados de almorzar entre los miembros de la asociación.

- Gastos realizados en equipamientos (maquinarias, mobiliarios, equipos informáticos...) y en general, cualquier otro que incremente el patrimonio de la entidad beneficiaria.

- Premios en metálico. - Gastos financieros, gastos de amortización y gastos por tributos.

c) Los gastos para los que se solicite la subvención deberán haber sido efectuados desde el 1 de enero hasta el 30 de noviembre, fecha límite de justificación.

Sexta: presentación de solicitudes, plazo y documentación 1. Los que deseen acogerse a esta orden deberán presentar la correspondiente solicitud en modelo normalizado (anexo I) en el plazo de un mes, contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Boletín Oficial de la Provincia, mediante instancia dirigida al alcalde-presidente o concejal delegado del Área de Cultura, en el Registro General municipal del Ayuntamiento de O Carballiño o de cualquier otra manera de las establecidos en la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.

2. Las solicitudes deberán formularse acercando la siguiente documentación:

a) Documentación administrativa: 1.- Solicitud dirigida al alcalde-presidente o concejal delegado de Cultura en el modelo oficial, recogido en el anexo I de estas bases.

2.- Copia comparada del CIF de la entidad. 3.- Certificado de inscripción en el registro de asociaciones. 4.- Estatutos sociales de la entidad. 5.- Fotocopia DNI del representante de la entidad. 6.- Declaración responsable del hecho de no encontrarse incurso el solicitante en las prohibiciones recogidas en el artículo 13 de la Ley General de Subvenciones, incluyendo una referencia expresa a la circunstancia de encontrarse la entidad al día en sus deberes tributarios y de Seguridad Social y con la Administración local del Ayuntamiento de O Carballiño. Para el planteamiento de esta declaración se utilizará el modelo recogido en el anexo II de estas bases, y el Departamento de Cultura gestionará de oficio el certificado municipal de estar al corriente de los deberes fiscales con la Administración local.

7.- Declaración del solicitante de la subvención en la que figure el conjunto de subvenciones y ayudas solicitadas para los mismos fines, tanto las aprobadas o concedidas, como las pendientes, sean públicas o privadas, según el modelo anexo III.

Las entidades solicitantes estarán eximidas de presentar los documentos señalados en los apartados 2, 3 y 4 cuando estos documentos ya obraran en poder del Ayuntamiento de O Carballiño, excepto en el caso en que se produjeran modificaciones en el contenido de dichos documentos o en las circunstancias de hecho o de derecho que se reflejan en ellos, supuesto en el que se deberá presentar el nuevo documento que sustituya al anterior.

b) Documentación para la valoración de las solicitudes: Se presentará un proyecto de actividades descriptivo a realizar, que contendrá, por lo menos, la siguiente información:

1.- Memoria descriptiva de las actividades, en la que deberán figurar mínimo los siguientes apartados:

- Descripciones de las actividades que se van a realizar. - Objetivos que se pretenden conseguir con la organización de la actividad, cuantificados y valorados en la medida del posible.

- Fechas de realización de las actividades. 2.- Anexo IV (Resumen del proyecto). 3.- Presupuesto individualizado y detallado de gastos e ingresos para las actividades que se van a realizar (anexo V).

4.- En su caso, memoria-resumen del desarrollo en ejercicios anteriores de la misma actividad para la que se solicita subvención, aportando recortes de prensa, fotos, datos sobre el desarrollo de la actividad y cualquier información que sirva para constatar la evolución e incidente social del programa o actividad.

Se advierte expresamente que no serán objeto de valoración aquellas solicitudes en las que no se aporten, cuando menos, la memoria descriptiva con el contenido definido en el apartado 1) y el presupuesto del apartado 3).

Séptima. Procedimiento de concesión 1. El procedimiento de concesión será lo de concurrencia competitiva.

2. La instrucción del procedimiento les corresponderá a los servicios administrativos de la Concejalía de Cultura.

3. Una vez finalizado el plazo de presentación de solicitudes el órgano de instrucción comprobará la corrección de la documentación administrativa aportada. Una vez examinada la documentación, el órgano instructor concederá al interesado un plazo de hasta diez días hábiles para la enmienda de las deficiencias detectadas, indicándole que, si no lo hiciera se le tendrá por desistido de su solicitud, previa resolución que deberá ser dictada en los términos previstos en el art. 71 de la Ley 30/1992, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común. Para la aportación de la documentación podrá utilizarse como oficio de remisión el modelo del anexo VI de estas bases.

3. Transcurrido el plazo de enmienda de deficiencias, procederá conforme a las siguientes reglas:

a. Para los proyectos en los que no se acercará de modo completo y en el plazo establecido la documentación necesaria, se formulará propuesta de no admisión a trámite de sus solicitudes.

b. El resto de los proyectos, se propondrá su admisión a trámite, pasando a la Comisión de Valoración para que formule la propuesta de valoración de las solicitudes conforme con los criterios de valoración recogidos en la base novena.

Octava: Comisión de Valoración La Comisión evaluadora estará compuesta por los siguientes miembros:

- El concejal delegado en materia de cultura - El responsable técnico del Departamento de Cultura Actuará como secretario/a de la comisión un/una funcionario/a con las funciones propias de un/una secretario/a de actas. Novena: criterios de valoración 1. Para la concesión de subvenciones y la fijación de su cuantía, la Comisión de Valoración tendrá en cuenta los siguientes criterios:

a) Importancia e interés social de la actividad cultural o recreativa en función de su contenido y objetivos, por su reconocimiento oficial como actividad de interés cultural y cualquier otra circunstancia análoga: hasta un máximo de 10 puntos.

b) Grado de innovación de las actividades: 2 puntos. c) Carácter continuado y no ocasional del proyecto: hasta 10 puntos. Un punto por cada año de antigüedad a partir del según año.

d) Complementariedad con los programas desenvueltos por el área de cultura: 2 puntos.

e) Esfuerzo presupuestario de la entidad sin ánimo de lucro: hasta 6 puntos

Más de 5.000 €: 6 puntos De 4.000 hasta 4.999 €: 5 puntos De 3.000 hasta 3.999 €: 4 puntos De 2.000 hasta 2.999 €: 3 puntos De 1.000 hasta 1.999 €: 2 puntos Menos de 1.000 €: 1 punto f) Esfuerzo de autofinanciación realizado por el solicitante, determinado por la existencia de fuente de autofinanciación o financiación privada de la actividad, hasta un máximo de 10 puntos.

- Más del 80%: 10 puntos - Entre 80% y el 61%: 8 puntos - Entre 60% y el 41%: 6 puntos - Entre el 40% y el 21%: 4 puntos - Hasta el 20%: 2 puntos - Sin autofinanciación: 0 puntos g) Repercusión social y territorial del proyecto: 6 puntos como máximo.

- Local: 1 punto - Comarcal: 2 puntos - Provincial: 3 puntos - Autonómica: 4 puntos - Nacional: 5 puntos - Internacional: 6 puntos h) Número potencial de beneficiarios: máximo 4 puntos - Hasta 25 participantes: 1 puntos - De 26 a 50 participantes: 2 puntos - De 51 a 100 participantes: 3 puntos - Más de 100 participantes: 4 puntos 2. Los criterios se aplicarán mediante el empleo de fórmulas objetivas de carácter automático. El criterio del apartado a) responderá a un juicio de valor motivado de la comisión. El empleo de este criterio se considera justificado, con el fin de poder valorar elementos cualitativos de las actividades objeto de subvención, de imposible valoración objetiva dada su peculiar índole, al tratarse de actividades culturales.

4. La Comisión de Valoración establecerá la necesidad de obtener una puntuación mínima de 10 puntos para la concesión de subvenciones. Quedan excluidas aquellas solicitudes que no consigan la puntuación mínima establecida.

Décima: resolución 1. La propuesta de resolución será comunicada a los interesados mediante notificación, con el fin de que puedan formular las alegaciones que estimen oportunas en el plazo de 10 días, y que serán resueltas por la Comisión de Valoración

a través de la propuesta definitiva. En el caso de no formularse alegaciones, la propuesta provisional se considerará definitiva.

2. Examinadas, en su caso, las alegaciones, la Comisión de Valoración emitirá un informe/dictamen que, a la vista de este, el órgano instructor formulará propuesta de resolución definitiva, donde deberán expresarse la relación de solicitantes para los que se propone la concesión de la subvención y la cuantía.

3. El órgano competente, a la vista de la propuesta de resolución definitiva, resolverá el procedimiento. La resolución, además del solicitante o relación de solicitantes a los que se concede la subvención, hará constar, en su caso, y de manera expresa, la desestimación del resto de las solicitudes. En todo caso, se expresará el beneficiario y, el importe de la subvención otorgada, el presupuesto subvencionado, el coeficiente de financiación y la finalidad o inversión que constituye el objeto concreto de la subvención otorgada y demás referencias relevantes.

4. El plazo máximo para resolver y notificar la resolución del procedimiento no podrá exceder de 6 meses en los términos establecidos en los artículos 25 y 26 de la Ley 38/203, General de Subvenciones y en los artículos 62 y 63 de su reglamento y, en ningún caso, podrá exceder de 17 de diciembre de 2016. El plazo se computará a partir de la publicación de la correspondiente convocatoria, salvo que esta posponga sus efectos a una fecha posterior. El vencimiento del plazo máximo sin notificarse la resolución, legitima a los interesados para entender desestimado por silencio administrativo la solicitud de concesión de la subvención. De no hacerlo, se entenderá desistido de su petición, circunstancia que deberá notificarse según lo previsto en la LRJPAC.

Undécima: justificación y pago de la subvención 1. La justificación del cumplimiento de las condiciones impuestas y de la consecución de los objetivos previstos en la concesión de la subvención, se documentará a través de la rendición de la cuenta justificativa, integrada por los siguientes documentos según la base 30ª.1 de las bases de ejecución.

a) Memoria de las actividades realizadas y resultados obtenidos.

b) Acreditación de las medidas de difusión adoptadas (mediante presentación de copia de impresiones, folletos, cartelería, prensa, etc.)

c) Relación clasificada de los gastos de la actividad, con identificación del acreedor y del documento, concepto, importe y fecha de emisión.

d) Relación detallada de los ingresos obtenidos para la actividad. En el caso de haber desviaciones acaecidas verbo del presupuesto que se presentó en la solicitud, el beneficiario deberá hacerlo constar en la justificación y motivarlo.

e) Facturas justificativas de los gastos (copias comparadas) que permitan acreditar el cumplimiento del objeto de la subvención y estarán datadas en el período subvencionable.

f) El pago a terceros se podrá acreditar mediante un documento expedido por entidad financiera en el que quede identificado el beneficiario, el importe y la fecha de pago (cartones bancarios de crédito o débito, talones nominativos, transferencias bancarias, cheques, etc.), y sólo excepcionalmente podrán utilizar el pago en metálico en cuyo gasto en el documento deberán constar el sello de pagado, sello del proveedor debidamente firmado, con nombre, apellidos y DNI de la persona que recibió el pago.

g) Relación detallada de las subvenciones o ayudas obtenidas de otras entidades públicas o privadas para lo mismo fin indicando el importe y orígenes o, por el contrario, declaración de no tener otras subvenciones públicas o privadas para lo mismo fin (anexo III).

h) Certificación del número de cuenta expedida por la entidad financiera correspondiente.

2. El órgano competente para la comprobación de la justificación de la subvención será el órgano instructor, y se materializará en la emisión de un informe que acredite la adecuación de la justificación, así como la realización de la/de las actividad/es y el cumplimiento de la finalidad que determinó la concesión o aprovechamiento de la subvención. Este informe se acercará a la cuenta justificativa.

3. Los beneficiarios de las subvenciones presentarán inexcusablemente, en el registro general del ayuntamiento, las justificaciones antes de 30 de noviembre de 2016. En ningún caso podrá efectuar el pago de las subvenciones sin que se tenga presentada y aprobada la justificación correspondiente al presupuesto total del proyecto de actividades.

4. En caso de que la entidad beneficiaria no disponga de recursos económicos suficientes para realizar los pagos necesarios antes del vencimiento del plazo de justificación, no será preciso acreditar la realización del pagado en la cuenta justificativa.

No obstante, y en el ejercicio de sus facultades de control financiero, la Intervención municipal podrá realizar procedimientos de control financiero, consistentes en exigir, a partir del mes siguiente al del pagado de la subvención, la acreditación del pagado de la totalidad de los gastos incluidos en la

cuenta justificativa. El incumplimiento de este deber dará lugar al deber de reintegro por parte del beneficiario.

5. En el supuesto en que sólo se justifique a ejecuciones parcial del presupuesto total del proyecto, la subvención se reducirá proporcionalmente.

6. Se podrán presentar justificaciones parciales que darán lugar al libramiento parcial por el importe debidamente justificado del proyecto.

7. De haber deficiencias enmendables en la cuenta justificativa, se concederá un plazo de 10 días hábiles para su enmienda conforme al dispuesto en la Ley de Régimen Jurídico de las administraciones pública y procedimiento administrativo común.

8. Si la cuenta justificativa fuera presentada correctamente, mediante resolución de Alcaldía, se declarará justificada la subvención.

Disposiciones finales Primera.- En todo lo no dispuesto en estas bases les será de aplicación a la presente convocatoria y a las subvenciones que se concedan a su amparo lo dispuesto en la normativa de subvenciones aplicable a la Administración local, así como en la legislación vigente en materia de régimen jurídico de las administraciones pública y procedimiento administrativo común.

Segunda.- La presente convocatoria se publicará en el Boletín Oficial de la Provincia a los efectos de cumplimiento del requisito de publicidad.

O Carballiño, 13 de mayo de 2016. Fdo.: Francisco José Fumega Piñeiro. (Ver anexos páx. 17-23)

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

R. 2.855

Cultura
Actividad cultural
Cultura e idiomas
Artes Escénicas
Artes
Prensa
Empleo
Actividades de ocio y tiempo libre
Empleo y contratación
Empresa
Equipamiento informático
Ciencia
Realización de obras
Congresos
Danza
Teatro
Innovación
Ocio y tiempo libre
Música
Seguridad Social
Alquiler de vivienda
Actividades de servicios sociales